martes, 15 de septiembre de 2009

A miña opinion

Bos dias compañeiros e compañeiras.
Parece que aínda seguimos coa nosa querida tolería e crispacion, vou dar algúns datos que fun lendo por aí e vou sacar as miñas propias conclusións, non creo que ninguén se vaia tranquilizar nin sentir mellor con estos datos pero bueno que se lle vai facer.

Primeiro, tende mais que clarinete que o PEGSI vai rematar na data acordada ousexa en 2010, e vai ser substituído polo plan director de tecnoloxía da Xunta (non recordo se se chama así pero e algo polo estilo), xa o teñen planeado, fai unhas semanas sacouse no DOGA un concurso para empresas na que a finalidade e facer un estudio de todo o que ten que ver coas TIC en Galicia, ousexa Internet, fenda dixital e todas esas cousas as que nos estamos tan afeitos, en esta parte e onde vexo eu que os nosos numero son algo significativos porque son os que mellor determinan o nivel de integración das TIC dentro dos concellos, e a xente que esta en polígonos dentro das empresas do seu contorno.

Lendo algúns artigos de periódico vexo que o proxecto para os próximo 4 anos vaise compoñer (o igual que o fixo o PEGSI) de varias partes, a primeira de análise, que a realizara a empresa que salga do concurso anterior, e durante 3 meses controlaran todo e verán que partes de infraestrutura se poden aproveitar e cales non, supoño que se referira a redes publicas de concellos, a sistemas de internet rural e a aulas formativas dependentes da Xunta en xeral, aínda que aquí teño unha pequena dúbida, porque as aulas da rede son dependentes da Secretaria Xeral de innovación e modernizacion e os da CMG da de Medios, que son todas dependentes de Presidencia, así que non creo que se vaian levar mal entre as dúas secretarias para ter que facer plans en común.

Pois iso, primeira parte de Análises, así que me supoño que a segunda parte será de Acción, e en esta parte terase que contratar xente para que traballe sobre os datos obtidos na anterior fase para (de novo) loitar contra a fenda dixital e facer que as persoas con unha idade comprendida entre os 30 e os 80 que son os que todos sabemos que teñen mais dificultade para isto das novas tecnoloxías aprendan, e a pescada vaise morder a cola, farase unha nova convocatoria e volverase a coller a xente para dinamizar (ou facer o que este de moda en esa época) e ser a pe de rúa as persoas que loiten contra a fenda dixital nos concellos nas empresas e bla bla bla.

E se nos gusta o traballo de dinamizadores teremos que esta atentos a que isto pase.

E agora vai a miña opinión sobre os comentarios do artigo anterior (o do xeroglífico, que porcerto ninguén resolveu aínda, non sexades tan sosos e tentádeo)

Ganas de loitar as xustas, compañeiro/a, como ves os dinamizadores non somos nin por asomo uns Alexandres Magnos, e fronte o que dis que os naipes xa comezaron a caer durante as vacación iso era de supoñer, e que o silencio e a súa mellor baza tamén, non hai peor sentimento que o de que todo o mundo sepa algo menos ti, e así e como nos sentimos, alédame que polo menos un de nos se entere das cousas, aínda que non deas tampouco demasiados datos, no fondo ti miras por ti, e mollarse a estas alturas de tormenta pode ser sinónimo de afogar.
E con respecto a pasar a acción, aquí xa se tentaron moitas veces facer cousas e todas cairon en saco roto, dende o Blog do DinamizadorX secundaremos calquera acción que en colectivo se queira facer, aínda que se a ninguén se lle ocorre facer nada nos NON imos aconsellar que despois individualmente para o que nos queda no convento....
E o das redes sociais, se por peloteo ou por o que sexa daquela agregaches a alguén do que agora te arrepintes pois borralo e santas pascuas.

NOTA DO DINAMIZADORX:

Todo o anterior estaba escrito antes da tolería dos últimos comentarios, o único que lle teño que dicir os que se adican a tolear e que se pasen polo psicólogo un rato, que estas cousas e mellor collelas agora, despois pasan os asasinatos en masa, e ningún de nos queremos iso verdade.
E recordade, que usar mais de un signo de exclamación e un signo inequívoco de que alguén leva os calzoncillos na cabeza.
Pensade que isto non e unha conversa nun bar, canto mais claro escribades e mellor se vos vai entender.

71 comentarios:

Anónimo dijo...

Respecto ao xeroglifico: é o nome dunha persoa?

dama do castro dijo...

é

Anónimo dijo...

Richard Stallman

Anónimo dijo...

Jeje, o do home alto despistoume moitísimo. Pensaba que era high, big, Chinese, etc, pero non se me ocorreu tall.

dama do castro dijo...

Noraboa meu/miña. Oxalá tivese mil millóns de yens para darche de premio. Unha aperta

Anónimo dijo...

Aquí os dedos do personal parece que non están conectados co cerebro, ou??

Xa está visto que a ninguén lle importa unha merda unirse, senón xa o teriamos feito. Eu pola miña parte xa desistín e estoume informando con un abogado coñecido das posibilidades que temos, que parece que algunha podería haber, pero dende logo se descubro algo non me vou desgañitar aquí intentando que colla nalgunha cabeza raquítica..... direillo ós dous ou tres que considero medianamente amigos e os demais, se vos interesa, a moverse, e senón a seguir así, porque chegados a este punto...

victor.sada dijo...

Hai meu deus!! A que hai aquí montada... pasa un uns días sen ler comentarios e o que se atopa.

Mañá leo con calma a entrada que agora éche moi tarde...

Por certo, dama do castro, moi bo o xeroglífico e noraboa a/ao que acertou!

Anónimo dijo...

Quedo liberado das miñas funcións e posto que non me deron a oportunidade de despedirme dos meus compañeiros, aproveito a ocasión para facelo aquí e agora.
Ante todo grazas por a vosa colaboración e paciencia, lévome un grato recordo do traballo realizado.

E posto que o meu cese foi fulminante e sen contemplacións, aproveito desde aquí para enviarlle un besote a Maria e Marga e moitos ánimos, sento non haberme podido despedir en persoa, pero non me deron tempo nin para asimilalo.

Grazas e moita sorte a tod@s.

Anónimo dijo...

A que punto te refires??
O dis pola incertidume?? ou porque según ti non nos unimos para nada?? e no caso de unirnos que pensas que deberíamos facer??.

Se tanto che interesa a lei podes mirar estes artigos que son a mar de interesantes: Art. 52 apartado e) e artigo 51.1. do estatuto de traballadores. A incertidume esteas onde esteas a vas ter sempre, a menos que sexas funcionario/a.

Por iso digo tal e como soltaban nun comentario do anterior post, que a Rede, tal como está montada, para min é un traballo +, podo dicir que ata o de agora é o millor que tiven, pero segue sendo un traballo e dende logo a vida non remata aquí. A fin de contas suceda o que teña que suceder, os números están ahí, e o noso traballo tamén, se iso non conta para que este proxecto continúe con nós dentro (chámeses Rede de Dinamización agora ou pepito grillo nun futuro) dame a min que non vai existir outra maneira de facer cambiar de parecer aos darriba, sempre e cando teñan a decisión tomada xa, porque nin sequera iso sabemos, de feito NON SABEMOS NADA! polo tanto falar deste asunto e falar por falar. Todo son especulacións.

Saúdos a todos e todas

Nota: Que fodido era o p... xeroglífico. Moi bó por certo :)

Anónimo dijo...

Que pena. O tema esta moi chungo.

Dinamizador X dijo...

Eu e que non podo evitar partirme o cu cando leo algún dos comentarios.

Supostamente temos por un lado, a un dinamizador que esta hiper-enaxenado con todo e con todos, compañeiro, se te queres buscar a vida buscata, contrata como abogado a Matt Murdock ou a Lionel Hutz ou a quen se salga e fai o que creas oportuno, se ninguén quere unirse e problema de cada un, se ti ves que con unha acción individual ou de tres ou catro podedes sacar algo pois dádelle duro, que os que non protestaron non levaron nada, que lles dean e listo.

E por outro lado a alguén que supoño será de coordinación que se despide e mándalle un bico a María e a Marga, sinto que non o puideses facer en persoa, a verdade e que canto de botan de algo sen ter lugar a ese tipo de cousas e unha gran putada, pero bueno, se o puideches facer dende aquí pois alédome de que este blog tamén valga para estas cousas.

E polo outro lado que nos queda estamos todos os demais, dinamizadores que o que facemos e levar mais ou menos ben o que nos toca, algúns enteranse de algo outros de nada, algúns pasan de todo outros xa teñen planeadas cousas (que non se crea o noso querido enaxenado que e o único que coñece a algún abogado, e que xa falou con tres ou catro dinamizadores de confianza).

E con respecto o poder que se di que dende aquí temos e do que non sabemos facer uso, so teño que dicir que "O que ten un gran poder tamén ten unha gran responsabilidade", e dende o primeiro dia dixemos que a intención deste blog era a de servir para que os dinamizadores tivesen un sitio onde desafogarse e contar as súas penas, nin mais nin menos.

E remato que me esta quedando moi longo.

Anónimo dijo...

Novo correo de administración?
Despediron a Marta?

Anónimo dijo...

Con tanto cambio, ben podían mandar un directorio actualizado. Marta non está conectada, así que posiblemente a despediron ou se foi, vai ti a saber.

Anónimo dijo...

Marta,Julian,Marga... Donde esta Willy'

Anónimo dijo...

Marga está de vacaccións

Anónimo dijo...

Recordámoslle que o seu contrato finaliza o 31 de decembro de 2009.
Branco e en botella...

Leticia dijo...

Correo de despido, final de contrato o 31 de decembro. Vaia, víase vir.

Anónimo dijo...

Correo de despido? que eu sepa poñen no teu coñecemento algo que deberias ter sabido e asumido. Iso e unha realidade, independentemente de que despois pase o que pase.

Leticia dijo...

Cada un que o interprete como queira, eu o fago da miña maneira. Saúdos ao anónimo de coordinación

Anónimo dijo...

Si neniña si interpreta como queiras, faltaria mas. A paranoia a compraches o xa a tiñas "de serie"?

Anónimo dijo...

Non é despido, é remate de contrato, algo que xa se sabía.

Se o din nese plan, eu intepertoo como que non hai renovación,penso que non poden renovarnos coas mesmas condicións (mesmo tipo de contrato, e mesma duración).

Leticia dijo...

Non te mereces nin contestación e este será o meu último comentario para ti(e que conste que eu cando comento é con nome).
Simplemente, se queres lume non o vas a ter. Asegúrote que eu estou moi tranquila pola noticia, que xa contaba con iso e que alégrome de que por fin nolo comuniquen por escrito.
Nin máis nin menos, chegado decembro xa se verá o que hai.

Anónimo dijo...

Cristina:
Hai falaches Leticia.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Anónimo que lle contestou a Leticia,preguntoche eu: e a túa tontería que che veu "de serie"?

Anónimo dijo...

vale pois aceptamos remate de contrato. Que máis da como se diga. E dende coordinación siguen caladiños coma petos. Os responsables dos concellos,os usuarios, as asociacións preguntan e nos que decimos. Pois eu personalmente lles comento claramente como estan as cousas sen omitir nada.

Anónimo dijo...

cito:

Anónimo que lle contestou a Leticia,preguntoche eu: e a túa tontería que che veu "de serie"?

amig@, o da paranoia o dixen porque se referiu a min coma "anónimo da coordinación", penso que non falei en ningún momento de maneira ofensiva ou fora de lugar.

Aqui ó/á únic@ que lle sobra a tontería e a ti, que andas a mexar fora do tiesto.

Anónimo dijo...

Ese tipo de comentarios sobran. Vai ser verdade q nos estamos volvendo tolos

Anónimo dijo...

Eu penso que Letica non se refería a ti co de "anónimo de coordinación", senón a persoa que entrou a despedirse.

Anónimo dijo...

Para o anónimo que dixo: "Non é despido, é remate de contrato, algo que xa se sabía."
Sento decepcionarte pero non é un despedimento por fin de contrato (eles non se andan con parvadas), senón un despedimento sen contemplar as regras do xogo, iso sábeno facer moi ben

Anónimo dijo...

Mi madriña como está o panorama.
Penso que non é o momento de que nos botemos uns contra os outros.
Esto e un traballo coma outro e sabíamos que tiña un final, non estamos contratados para toda a vida.
Certo é que se podía pensar que esto tiña unha continuidade pero non podedes botar as máns a cabeza por que non vaia ser así nin podedes metervos cos compañeiros que non opinen coma vos.
So espero que teñamos sorte e sigamos tendo traballo nesto ou en algo mellor.
Un saúdo dende ourense

Anónimo dijo...

Non entendo ese correo como un "non renovado" ou similar, tan só parece, en principio un correo informativo da relación contractual coa Fundación. A directiva é nova e andarán a revisar os contratos da xente.
Compañeir@s tampouco pasa nada porque se acabe, xa virá outra cousa. Veña ánimo

Anónimo dijo...

a zapatero e mailos demais poñiaos eu a traballar nalgún concello para que comprovasen de primeira man como se aproveitan os cartos de europa. unha vergoña.

sempre na miseria , gracias a nos mesmos

Anónimo dijo...

Estámonos volvendo loucos!!!!

Anónimo dijo...

Weno, menos queixarse que inda tendes tempo e tempo de buscar traballo, ata decembro e sumando os meses de paro, sobra. Pois a poñerse as pilas!!!

Anónimo dijo...

A ver, pero a cal botaron, a Marcos ou a Julián? Sexa ó que sexa, saúdos tamén para ti

Anónimo dijo...

Meu pai!!! ningún dos dous están na Rede, pasaron á lista de baixas incomprensibles

Anónimo dijo...

E Marta tamén??

Anónimo dijo...

Onde está Miguel, o dinamizador de O Porriño?

Anónimo dijo...

De baixa, a ver se vai ter que dar parte akí

Anónimo dijo...

jajajajaja,esa foi boa. Imos ter que conectar coa oficina do SPEE para saber quen está de baixa, e quen está no paro..... para que así polo menos algunha xente esté tranquila.

Non dramaticemos, que a partires de decembro só sabemos unha cousa (e xa desde fai tempo, non é de agora): non imos traballar na fundación calidade... pero iso non quita que traballemos para outro ente realizando a mesma función (segue sendo unha posibilidade).A incrtidume ímola ter sempre, aquí, alá, e no infinito, teñamos contrato por obra ou servizo, fixo ou indefinido. Soamente sendo funcionario, poderíase estar tranquilo nese aspecto.

Así que teñamos tranquilidade e non saquemos as cousas de quicio, que polo menos temos tempo de buscarnos a vida (se non comezamos antes a facelo) que polo menos temos asegurada a paga extra de decembro e unha indemnización de 8 días de salario por ano traballado === 640€ (non é gran cousa, pero bueno) + 8 meses de paro :).

Veña ánimo!!!

Nota: Por outro lado, e deixando a nosa situación de lado, dicir que foderíame bastante, que ao final tiraran este proxecto abaixo.Para unha cousa que + ou - funciona ben, e co que a xente síntese satisfeita... dame bastante pena, a verdade, agardo que polo menos isto vaia a + e os de arriba non traten de reinventar a roda con novos estudos e novos gastos para refacer o que xa está feito... simplemente que o prosigan e o milloren.

Anónimo dijo...

o cálculo darriba físeno sobre a marcha, poden ser varios € arriba ou varios € abaixo jejeje.

Dinamizador X dijo...

E hora de ir pa cama e vouno facer, pero antes dicirlle o compañeiro que escribiu antes que se lea o artigo que conten estos comentarios.

Van comezar de novo e se non xa veras.

Anónimo dijo...

CLaro que van comezar de novo. Personalmente creo q os telecentros de comunicación van ter máis apoio que as nosas aulas. por qué, pois porque en cada unha invertiuse máis cartos, estan mellor montadas, porque non traballan co software libre e porque as condicions laborais dos seus traballadores listan moito das nosas.
Nos facemos un traballo máis completo: estudios de campo, obradoiros, iniciativas, charlas, ... somos un poco de todo. O esforzo e o traballo valóranse nos tempos que corren?. iso xa se verá o 15 de decembro.

Saudos e ánimos a todos/as

Anónimo dijo...

Bo día a todas/os, en referente ao que se especulou e falou aqui, eu estou tan perdida coma tod@s vos pero o que non debemos facer e tirar pedras uns a outros, e si colaborar e compartir a información que teñamos, eu xa pensei en mandarlle un mail a nova xerente da fundación, pero non creo que sexa boa idea :-)

Anónimo dijo...

Eu non se no voso caso, pero no meu propio sei que a cando os usuarios se vaian enterando do suposto peche das aulas non o van a tomar moi ben. A xente ven a aula con moitas ganas e ademais ven a persoa dinamizadora coma alguén de confianza onde poden consultarlle as dúbidas qeu teñen.

Creo que, neste caso, deberían de ser os propios usuarios os que poñeran en coñecemento a todos os de arriba o importante que son as nosas aulas.

Anónimo dijo...

Podemos poñernos de acordo e mandar un correo a carme para que nos conten o porque de tanto cambio. Eu me apunto

Anónimo dijo...

Ola Compañeiros, son Aida ex dinamizadora de Maceda. Bicos para todos, que da miña promoción quedamos 3...en fin, que acabouse.
Agora sacarán outro plan estratéxico, ou non, e daranlle a concesión da Rede a unha empresa privada... en fin que estaba visto.
Bicos para tod@s

Anónimo dijo...

A min tamén me comentaron alfgo de que van privatizar o tema

dama do castro dijo...

Pois non me extrañaría o da empresa. Ao fin e ao cabo a Rede en certo modo xa traballa como unha empresa. Mírase a productividade, temos unha certificación de calidade, inspeccións..., vamos, que a supervisión que temos nós xa me gustaría que a tivese o funcionariado, outro galo cantaría.

Anónimo dijo...

A-L-U-C-I-N-O!!

Anónimo dijo...

A verdade é que me sinto perdidísima, dame a sensación que non me entero da misa a metade.
Vexamos, entón en coordinación xa non están Julián, Bea e Marcos ou queda algún?
E a nós, despois de xaneiro poden pasar mil cousas (que nos contrate unha subcontrata, que saquen outra convocatoria, que non conten con nós...) pero, en principio o 1 de xaneiro somos desempregados, así que o máis prudente é que vaimos buscándonos a vida.

Anónimo dijo...

Bea sí
Xulián sí
Marcos parece que rematou contrato
Marga vacaccións
Marta non se sabe, pode que mesmo caso de Marcos
Miguel está de baixa

e eu estou.... pero cunha dor de cabeza do agovio que teño na aula hoxe.

Non sei porque alguna xente se escandaliza e se volve tola con este tema, pois isto xa se sabía .

Coincido coa idea de que isto ao final, vaino coller unha empresa privada, pero como dixen antes, agardo que continúen co proxecto e non reinventen a roda inda que son bastante excéptico.

Anónimo dijo...

O da empresa privada que xestione a nova iniciativa que vai crear a secretaría xeral é unha opción que ten moitas probavilidades.

Anónimo dijo...

Marga de vacacións ou baixa de maternidade??

Anónimo dijo...

Marga embarazada?
Non era Alejandra a que tivo o nen@?
A este paso prefiro ver o culebrón da tele que non me perdo tanto.

Anónimo dijo...

pois se marga está de vacacións xa flipo... a nós non nos deixan escoller as vacacións.... Afortunada ela, e ollo, que non se enfurezan as fieras que non estou cargando contra marga senón contra a desigualdade de privilexios fronte a un mesmo posto...

Xa etán confirmadas eses despidos en coordinación?

Anónimo dijo...

bufff, vaia peliculaaaa.... e o que vai a durar!! imaxino que marga estará de baixa por maternidade, no por vacacións,,, era boa que tivese vacacións en setembro tendo parado nós no mes de agosto... sería unha DES-coordinación...

Anónimo dijo...

bueno, tecnicamente marga non está no mesmo posto que nos, anque sairamos tod@s do mesmo saco.

Anónimo dijo...

menudo envolado
julian creo q por ahi anda
marga e marta deben estar de vacacións

Anónimo dijo...

Marga ultimamente era a nosa coordinadora. Todos iguais non somos ni entre dinamizadores/as de a pe.

Axente 69 dijo...

Bea, si
Marga, si
Alexandra, si
Marta, non
Marcos, non
Xulián, non
Xosé, non

Anónimo dijo...

A ver, parecemos parvos de todo.
Marcos marchou en agosto porque lle rematou o contrato. Non nos enteramos porque Alba mandáranos un correo de despedida, pero el largouse e punto.
A Julián despedírono o martes, e para corroboralo, está o comentario neste mesmo post, escrito por el (o único "masculino" que quedaba na coordinación--> "Quedo liberado das miñas funcións...").
Marta tamén falta dende o martes e non está de vacacións, nin enferma nin de días de asuntos propios, porque cando preguntas por ela simplemente din "non está".
Marga está embarazada, pois que ben. Non creo que iso nos importe nin que teña por qué comentalo, son cousas da vida privada, e se ben que estea de vacacións esta semana (que o está, ou iso din na coordinación, non vexo porqué ían mentir nisto en concreto) nos pode mosquear, o feito de que non nos comunique que está embarazada non vexo en qué nos importa, é a súa vida privada. Eu se onte deixei á miña moza non vexo que vos vai importar ó resto. O das vacacións si que mosquea, pero tamén na coordinación, en agosto, houbo xente todo o mes, así que supoño que se turnarían para non deixar iso baleiro. O ano pasado creo que non pasara, e supoño que será debido á situación de incertidume, por se alguén pedía datos, informes, etc.
Dito isto, é incrible que teñamos que facer estas cábalas (bastante fáciles, por outra parte) e non sexa alguén que nolo comunique oficialmente, dado que somos (ou así nos din) un equipo.
Ánimo, compañeiros, e ide xa metendo datiños no Infojobs, que eu xa os teño dende abril...

casper dijo...

Como está o patio, se o que se comenta aquí dos de coordinación é certo, parece que se está a desmontar o chiringuito, en fin... nada que non agardaramos.

Anónimo dijo...

Por sorte xa é venres, temos dous días para desconectar de todo.
O mellor penso que é non darlle moitas voltas nin crisparnos por todo, ao fin e ao cabo, non nos estamos facendo moito favor encendéndonos entre nós.

dama do castro dijo...

Pois se Julián está fóra do asunto,parece que oficialmente así é, eu quérolle mandar unha aperta, porque sempre foi agradable e atento.
O dito. E aos demáis que pasedes unha boa finde e mirámonos nas trincheiras o luns!

Anónimo dijo...

Outra aperta. Un dos poucos que falaba en vez de berrar.

Anónimo dijo...

Visto o visto deberiades pensar en sacarlle o máximo partido á tarxeta Adeslas e ós días de asuntos propios antes de que sexa demasiado tarde ;)

Anónimo dijo...

Alguen me pode dicir quen é lucia

Óscar Clapés dijo...

Outra aperta para Julián e moita sorte no que fagas. un saúdo .

Anónimo dijo...

Non o teño nada claro, pero Lucía creo que leva o tema da web (fai máis ou menos o mesmo que Bea).
Se Marga está de vacacións ou de baixa, a que conta se envía a planificación?

Anónimo dijo...

A Feijoo .. e lojoo

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo