martes, 29 de septiembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 37 - Voando vou.









Pulsa na Imaxe para agrandala.

45 comentarios:

Anónimo dijo...

Certo é que ningún dinamizador sabe nada. Uns dicen que si non nos renovan (ese que ten un amigo na xunta que nin él o sabe), ou si nos renovan con outro tipo de contrato mediante unha empresa privada (unha opción moi válida, certo é). Escribindo así parezo o "Dinamizador X". Buff, isto cheira. Tantas cousas... seguramente os que andan na Fundación continúen para o ano dando guerra pero mirando para o aire non se fai nada.

Anónimo dijo...

Vixía máis a ortografía, dinamizadorx!!

Anónimo dijo...

Haber si nos acalaramos . Non nos van renovar. E se fan novas convocatorias públicas ou privadas será para o 2010, e se saen . Non vaia ser o conto como os bolseiros dinamizadores do 2008.

Dinamizador X dijo...

Falta de ortografía correxida, gracias pola axuda.

Anónimo dijo...

Eu penso que ninguen sabe nada, nin nos os dinamizadores/as nin coordinación... que o sabe e a señora directora da fundación Covadonga, a cal lle podemos enviar un escrito entre todos/as preguntandolle se van contar con nos para o futuro ou se a nosa andaina pola rede xa rematou?¿ porque o que facemos neste blogue a parte de expresarnos libremente e poñernos nerviosos dando paus de cego, esta ben mostrar a nosa opinión,e especular co futuro pero podemos preguntar directamente e despois seguimoslle comentando o tema.... ai queda pa ver si a alguen lle interesa o que eu opino que penso que non porque tampouco vo digo nada novo....

Anónimo dijo...

Fai tempo que estou fora do proxecto, pero dígovos que se chego a cobrar por todo o que levo ensinado de NNTT a compañeir@s, amig@s, etc, estaba forrada. O voso traballo é moi necesario e se estes pailarocos da Chunta non o saben ver, seguro que tedes sorte en calquera cousa que vos propoñades, experiencia non vos falta!

Anónimo dijo...

Unha carta conxunta? O que temos é que enviar, cada un, un mail a Mar Pereira e outro a Covadonga, que recibir 50 fai bastante máis efecto ca un no que saian 50 nomes. Redactamos un texto, con toda a educación do mundo, dicíndolle que somos traballadores de proxectos seus, baixo a súa responsabilidade, que queremos saber qué vai pasar coa Rede.
Non vexo que mal facemos con iso. A min o que me parece demencial é quedar quietos sen facer nada. Se outros non o queren facer, alá eles, pero estar así a velas vir sen mover un dedo...
Eu lanzo a proposta e cantos máis se unan, mellor, pero senón eu pola miña banda vouno facer. Non fago mal ninguén e se cadra ata teño resposta, porque eu creo que o tapón que non deixa pasar a información non está na consellería nin na fundación, senón nun punto intermedio. E se a miña proposición non sae adiante, ademais de mandar os dous mails pola miña conta, suscribo a d@ compañeir@ de arriba

Anónimo dijo...

Mandamos dúas notas de prensa ao mes a mar de protocolarias. Do mesmo xeito que estamos "obrigados" a proporcionar información sobre a nosa actividade, non deberiamos facer o mesmo para comunicarlle a nosa situación a poboación?
Despois de tanto tempo creo que tanto nós como os usuari@s merécense saber que a Rede deixa de existir e unha boa vía igual son os medios de comunicación, non credes?

Anónimo dijo...

O de mandar un correo electrónico a Secretaría de innovación e a funda está moi ben. Suscríbome a proposta. O das notas de prensa non o teño tan claro. Primero temos que saber con certeza qué é o que pasa e logo obrar en consecuencia.

Dinamizador X dijo...

O de mandarlle un escrito cada un de nos paréceme a medida mais adecuada.

Se algún dinamizador/a ten algo xa redactado pode poñelo no blog para que todos nos mandemos o mesmo ou para que os que teñan menos facilidade de escritura se poidan facer unha idea.

Non sei se todos vos compartiredes a opinión dos anteriores comentarios, dende logo eu si, e penso que se valen mais 50 correos que 1 con 50 nomes.

Anónimo dijo...

Vale. Eu tamén me apunto.

Anónimo dijo...

Covadonga verá o dinamizadorX?

Anónimo dijo...

Covadonga -- covadonga.toca.carus@xunta.es --, empezemos pola directora da fundación a ver que nos comenta.

Mar Pereira --
sxmit@xunta.es--,
e se non a ver si nos contesta a secretaria xeral.
Un saúdo

Anónimo dijo...

Esta ben que poñas os correos pero eu paso de mandalo eu so como podemos facer para ver quen o manda realmente?¿

Anónimo dijo...

Mandemos os correos logo.

Dinamizador X dijo...

Non sei pero isto non me parece como para andar con paridas, de "paso de mandalo eu so", compañeiro o que queira que o mande e o que non se fíe dos demais que non o faga, pero dende logo non existe maneira algunha de saber quen manda as cousas e quen non.

Eu vouno facer e vexo que moitos opinan igual que min.

Anónimo dijo...

Xa o mandei . A la vai agora a esperar ghaber si me contestan

Anónimo dijo...

Podedes poñer o modelo que estades a mandar?
O mandades as dúas?
Graciñas

Anónimo dijo...

os que mandastes algo poñedeo aquí para poñer todos o mesmo porfa

Anónimo dijo...

Comentoume un usuario que podiamos recoller firmas de apoio por parte de tódolos usuarios que crean que a Rede é importante e máis a nos labor. Tampouco é unha idea mala

Anónimo dijo...

A min o das firmas xa mo comentou bastante xente!

Anónimo dijo...

Como espabilamos agora, soamente nos fixo falla que a xunta actuase para arrancar. Agora que xa os nosos compañeiros están fora... o vexo complicado... pero hai que facer algo..

Anónimo dijo...

por certo, o das formas podese facer, ainda que non sigamos é importante facerlle saber a xunta o importante que é este proxecto.. Facemos un escrito común?

Anónimo dijo...

Nesta revista de código cero número 72, fixeron unha entrevista a Mar Pereira, encargada da secretaría de Innovación. Na entrevista fala das dúas iniciativas: Rede de Telecentros e Rede de Dinamización. Parece que o que vai suceder é unha especie de fusión (fuuuuuuuuuusión!!!!), pero bueno, como sempre nunca se sabe:
Déixovos as ligazóns cara o PDF (mirade a páx.13):
http://issuu.com/marcusfernandez/docs/codigocero72/3

http://www.google.es/url?sa=t&source=web&ct=res&cd=1&ved=0CAYQFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.codigocero.com%2Fcodigoceropapel72.pdf&ei=o0XDSu2xEcvZ-QbUh4DvCw&usg=AFQjCNHjLri9VOOL95_VO_Y-gg6WCbhY8A&sig2=FSzg7mGitiQBeeET9Ms6hA

Saúdos

eliana dijo...

Bo día,
como xa moitas e moitos de vos sabedes as dinamizadoras dos Centros Comarcais non nos renovan contrato. Aínda que oficialmente remato o 7, hoxe é o meu último día de traballo na rede, así que desde aquí quería aproveitar para despedirme de todos e todas vos. Ao fin e ao cabo fai 3 anos que estamos metidos neste fregado no que houbo de todo.
Non me rollo máis. Unha aperta para dinamizadoras e dinamizadores.

dama do castro dijo...

era visto era visto. Pois a ver como fusionan e como funcionan.
Estou a favor do escrito común.

Anónimo dijo...

Dicir teño sobre o enlace que fai referencia á entreviste de Mar Pereira, que si é verdá que van facer unha fusión xa non se sabe que pensar. Ocaso é que a min dame esperanzas de poder seguir con este traballo

Anónimo dijo...

Boa sorte Eliana, espero que pronto volvamos a estar no mesmo barco.
Un saúdo e ata pronto.

Anónimo dijo...

Non quero ser cenizo pero é mellor ir pensando en que este proxecto chegou o seu fin.

Anónimo dijo...

Non é ser cenizo senón realista, diría eu!!

Anónimo dijo...

Estimada Mar Pereira / Covadonga Toca (eu mandeino ás dúas):

Son XXXX, traballador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Ante a falta de novas por parte dos nosos superiores e debido á intranquilidade que xeran algunhas das últimas novas aparecidas na prensa ó respecto do futuro da Rede de Dinamización, diríxome a vostede coa esperanza de que me poida aclarar, na medida do posible, cales son as perspectivas de futuro para esta despois do 31 de decembro deste ano, así como para os traballadores que a integramos.

Gracias de antemán.

Atentamente,

XXX XXX XXX

Dinamizador da Sociedade da Información



Isto é o que mandei eu xa onte.

Saúdos e sorte a Eliana!!!

Dinamizador X dijo...

Dende este blog queremos saudar as Dinamizadoras dos Centros comarcais, e desexarlles moita sorte a todas, unha moi forte aperta.

Anónimo dijo...

Jaja, non sei se Covadonga verá o Dinamizador X, compañeir@, pero se tal, poñémoslle a ligazón de posdata

Anónimo dijo...

Aparte dos mails (que espero todos mandemos), algén sabe que estamos esperando para tomar exemplo??

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=60767

Anónimo dijo...

Xa lle contestaron algo a alguen, eu envieino hoxe e de momento nada, gracias pola "plantilla". Un saúdo a todos/as e tamen @s dinamizador@s dos centros comarcais

Anónimo dijo...

Tomar exemplo de qué. O enlace creo q non esta ben , xa que me leva a un articulo de desarticulación dunha banda en canarias

Anónimo dijo...

Para o blog:

A Xunta desmantela os proxectos tecnolóxicos do bipartito

A Rede de Dinamización é o proxecto máis afectado

http://www.xornal.com/artigo/2009/09/30/sociedad/xunta-desfaios-proxectos-tecnoloxicos-do-bipartito/2009093022455236900.html

Anónimo dijo...

80 dinamizadores, dame a risa.

Anónimo dijo...

Co de 80 dinamizadores refirome a nova que se cita antes.

Anónimo dijo...

Moito coa tira non ten que ver, pero coido que será de interese:

http://www.xornal.com/artigo/2009/09/30/sociedad/xunta-desfaios-proxectos-tecnoloxicos-do-bipartito/2009093022455236900.html

http://www.xornal.com/artigo/2009/09/30/sociedad/programas-mais-afectados/2009093022455237932.html

Anónimo dijo...

Era millo que puxeras unha entrada nova no blog con esto para podela comentar ben comentadiña senón é un lío...

Anónimo dijo...

Aquí poñen 45 dinamizadores deberon correxilo.

Anónimo dijo...

So quería decir que non todos os dinamizadores que están nos Centros Comarcais rematan o sei contrato o día 7, os que estamos contratados por a Fundación seguimos coma o resto.
E o de recoller firmas dos usuarios paréceme estupendo.
Non importan os datos e as cifras pra todo??'pois que lle cheguen unha morea de firmas de xente disconforme por o menos, e se non chámase a Caiga quien Caiga :P

Anónimo dijo...

venga, facemos un escrito común para o tema das firmas?

Anónimo dijo...

Non sei se o víchedes, pero nun dos comentarios dunha noticia de O Xornal un tal Juan puxo o seguinte: "Na Rede de Dinamización foron despedidas dúas persoas hai dúas semanas. Os dinamizadores teñen contratos moi diversos, pero algúns deles xa o rematan agora en outubro e non se van prorrogar, quedando a cifra arredor dos 40" Polo tanto queda confirmado que Marta e Julián están despedidos. Marga e Alejandra están de baixa e o resto non se sabe...

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo