lunes, 21 de septiembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 36 - Especulando co futuro









Pulsa na Imaxe para agrandala.

NOTA: Calquera parecido coa realidade e pura coincidencia.

80 comentarios:

Anónimo dijo...

jajajaja. Non me esperaba menos de descoordinación

Anónimo dijo...

Non sei que me da máis medo: se o paro ou os cans.

Anónimo dijo...

A min dame medo a desinformación!!

Anónimo dijo...

Pois a min medo non me da, pero paréceme fatal que Coordinación non sexa capaz de mandar un email dicíndonos algo inda que solo sexan mentiras, coma por exemplo, que están traballando no tema.

A tira cómica, coma sempre, é perfecta. Ja, Ja

Anónimo dijo...

Carallo, a foto de Terminator é unha boa indirecta!

Anónimo dijo...

Dinamizadores son vosa nai "Carme", o lado escuro estase apoderando de nós.....

Anónimo dijo...

As relacións coa coordinación nunca foron maravillosas, pero agora estan quedando realmente mal con nos. E q agora nin sequera nos informan dos cambios sino q o fai directamente a fundación. Hay alguen por ahi arriba traballando ? as veces o dubido.

Anónimo dijo...

jajajajajajja I'm a cold heartbreaker
Fit ta burn and I'll rip your heart in two yeahhhh!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

é increible que falte xente en coordinación e non se nos informe. NON VALEMOS NADA NOS?? porque creo que isto é unha "REDE" e por motivos laborais, temos o dereito de saber quen non forma parte do proxecto.

Anónimo dijo...

juasjuasjuas

Anónimo dijo...

Cando se lles acaba o contrato a os dos centros comarcais?.

Déborah dijo...

O 7 de outubro

Anónimo dijo...

Só espero que polo menos nos os boten pola porta de atras e lles alarguen o tema ata finais de ano coma a o resto

Anónimo dijo...

Pois xa foron botados algúns pola porta de servizo e non lles deron 5 minutos como din a viñeta, se non que foi Iso Facto.
Terminator ao lado destes é u aficionado.

Anónimo dijo...

Pois inda kedan un par de bolseiras k rematan en outubro tamén!

Anónimo dijo...

Pois o que pase con eles pode ser un bo preludio do que nos vai ocorrer ao resto.

Anónimo dijo...

Son eu a única persoa que a estas alturas está totalmente desmotivada ou é un malestar xeral?
Sóbranme os motivos para andar a mínimos.

Anónimo dijo...

Creo que estamos todos baixo mínimos e desmotivados. Motivos sobran. Pasamos os dias pendentes do correo e de haber si o dia seguinte non siguen aparecendo malas novas.
E moi facil botarlle as culpas a outros e a o cambio de gorberno , pero esta situación de desilusión e esgotamento é provocada polos nosos superiores. Sería mellor estar informados e comezar a tomar medidas para encarrilar a nosa vida laboral e estar neste estado de desinformación e incertidume

Anónimo dijo...

Non podo estar máis de acordo co comentario anterior.

Anónimo dijo...

¿pero como nos van informar os nosos superiores se eles están igual de perdidos que nós?, estarán igual de desanimados e botando pestes contra o valeiro de culpa que hai aquí, porque realmente culpables culpables non hai. O que hai é un funcionamento político neste pais que dá puta pena, unha maneira de actuar e de tomar medidas sempre pensando en fastidiar aos outros, en "nin como nin deixo comer", en "aquí estou eu e vos ides enterar".... etc etc.
Galicia, galicia, galicia..... para que seguir falando

Anónimo dijo...

Tes razón os políticos sonche así de rariños. Pero no de coordinación non che podo dar a razón. Eles saben que isto se acaba , si non, a que ben tanto despido. Se crees q hai posibilidades mantes ao teu equipo unido e planificando accións novas para seguir demostrando que esta Rede fixo moito por dar a coñecer as novas tecnoloxías no rural.
Cómo non van saber nada?. eso significaría que nin sequera se moveron dos seus asentos para molestarse en preguntar nos despachos das persóas que SI saben , a nova xerente da fundación, a nova secretaria xeral, .... Pois sí que sería de coña.
Exentes da xunta andan polos concellos do rural para ver q tal estamos en novas tecnoloxías e q se podería facer. Levamos tres anos en varios concellos galegos, alguén pediu datos sobre o noso traballo?.Aguén se preocupou por coñecer de cerca como comezou o proxectro e todo o que acadamos nestes tres anos?.Pois realmente non o sei.

Anónimo dijo...

Creo que deberíades seguir traballando e menos parrolear que é o único que se fai neste blog. O que sexa vai ser, antes ou máis tarde, pero vai ser. Se seguimos pois vai ser a través doutro tipo de contrato, noutra entidade e se non seguimos pois toca buscarse a vida. Igual hai algun/ha que pensaba ter un posto fixo na Xunta, jajaja... Aproveitade que estamos moi cómodos neste traballo

Anónimo dijo...

María tampouco está xa?
A este paso vou chamar a coordinación en xa deron de baixa o teléfono.
Hai alguén ahí? Coordinación maniféstate se podes escoitarnos...

Anónimo dijo...

Alguén sabe dunha subvención de red.es a concellos para cursos de administración electrónica?
Sei que o prazo rematou a semana pasada pero interesábame ler de que vai.

Anónimo dijo...

Se vas a páxina de red.es aparece a convocatoria das subvencións. É para promocionar a páxina 0.60 e podían pedila organismos públicos q teñan telecentros

Anónimo dijo...

Pois non sei se María está ou non, pero ou moi longas son as baixas por maternidade ou falta alguén máis.

Anónimo dijo...

María, ten esta semana de vacacións. Dixomo ela, o luns voltara. Non vos preocupedes.
Nestes momentos na coordinación están: Carmen, Bea, Marga, María e Iria.

Anónimo dijo...

Graciñas pola axuda da subvención. Desde o concello me pediron os datos para cubrir a subvención pero sen saber moito o que pedían.

Anónimo dijo...

Vou a dar un comentario a todos os dinamizadores/as, e eu non o son.
Ainda que ao mellor xa e tarde, o digo porque quedan unicamente 3 meses de contrato, creo que tendes que facer un traballo extra para que se decaten nos vosos concello de que sodes importantes e que facedes algo que vende, así eles intentaran manter os vosos postos ainda que teñades que colaborar noutras tarefas. Hai moitos concellos pequenos que xente que faga varias cousas é util, e vos tendes coñecementos de informatica e vos coñece a xente, facede máis por que así sea incluso pasando dos protocolos e demais, facendo cousas que non teñan que ver ou pola vosa xente para gañar puntos e ao mellor atopades un postiño de traballo. Animarse que seguro que podedes aportar moito a cada Concello.

Anónimo dijo...

Isto xa é o que me faltaba por oir. Levades durante tres anos dicindo q nos manteñamos ao marxen dos concellos q si nos mandar facer cousas q non son o noso cometido q non o fagamos e agora saides con esto. Quedei sin palabras,... Non son os concellos os que si tiñan que por un duro pasaban de nos?

dama do castro dijo...

Alucino bastante con este comentario que fala de que fagamos un traballo extra para que se decaten do que valemos. Alucino pepinos vamos. A min non me parece pouco o traballo que facemos como para ter que facer malabares para conseguir que ao mellor, quizáis! cando isto remate o concello me colla. Se a estas alturas non se decataron de que a labor que facemos é moi interesante e valiosa, olvídate. E se cren que é unha labor interesante e valiosa, aínda así haberá que ver que pesa máis na balanza; a saber, as arcas municipais ou que o pobriño dinamizador manteña o seu posto. De todos modos cada Concello ou outra entidade é un mundo, e cada un/unha, temos as nosas situacións particulares e xa imaxinamos por onde irán os tiros.
Esto de arrastrarse xa me parece excesivo. Eu curro máis horas, (e non coñezo a toda peña que traballa no meu centro, pero podo asegurar que curro máis que un bo lote deles), en xaneiro, ou cando sexa, estarei no paro, pero non penso demostrar máis do que xa levo demostrado.

Anónimo dijo...

Joer lendo dous comentarios atras (o dos postiños nos concellos) xa vexo cal é a mentalidade de agun/ha... igual é que esta acostumad@ os postos "a dedo".

Dinamizador X dijo...

Eu penso que en maior ou menor medida todo o mundo axudou cando se lle pediu axuda por parte da súa entidade, sobretodo se se trata dun concello pequeno.
Eu nunca lle neguei unha axuda a quen a necesitou e non ía comezar agora.
Pode que sexa tarde como ti sospeitas, pero cada quen coñece a súa situación, e calquera de nos e libre de facerlle as beiras a quen queira.

Anónimo dijo...

Tradución: lambede un pouco o cú por onde estedes, a ver se vos enchufan de escaqueo (como a min?) :D

Nun concello pequeno, o salario dunha persoa significa un esforzo moi importante, e máis nestes días.

Nun concello grande, e bastante probable que o alcalde ou o que teña que tomar decisións nin tan sequera coñeza o dinamizador.

Logho que cada quen tome a súa decisión, que espere, que busque traballo, ou que "pegue un braguetazo"

Anónimo dijo...

Nestes tempos de crise os concellos e demais entidades xa teñen bastante co que teñen. É máis están prescindindo de xente.
Manda carallo co conselliño ....

Anónimo dijo...

O que vos deu o Consello.

Se non sodes utiles nin vos renovaran nin vos querran no sitio que estades.

Coñezo algun exemplo onde lle van ofertar seguir a alguns facendo outras tarefas.

E eu non son da Rede. Solo sei bastante porque me tocou lidiar con alguns de vos

Anónimo dijo...

Eu o que tiña que demostrar xa o demostrei ao longo destes 3 anos, non vou levarlle os cafés a ninguén para demostrar o que valo, era o que me faltaba por escoitar!!!

Anónimo dijo...

Non é que non te agradezamos o consello , e que polo menos no concello no que estou eu estan moi contentos co meu traballo pero non teñen cartos nin para pagar o persoal que teñen. Andan tirando de créditos.
Ademáis as contratacións aquí non se fan a o tun tun si non con convocatoria pública que é o seu.
Eu ainda non comuniquei formalmente a o concello que esto se acaba. ti cres que debería facelo?. Onte me dixeron que o correo q nos mandaron da fundación pode servir como aviso de fin de contrato e non revovacion. Que non fai falla xa que nos avisen con 15 dia sde antelacion.

Anónimo dijo...

Non creo que sexa cuestión de lamberlle o cu a ninguén nin de pasearse levando cafés ou fotocopias dun lado para outro (eu nunca o fixen), pero si penso que durante estes case tres anos deunos tempo a facer ó traballo da Rede e a moito mais (bueno, eso solo a algunhas persoas porque outras non fixeron nin o da Rede). Polo menos no meu caso foi así e ben contenta que estou porque aprendín a levarme ben tanto cós concelleiros coma cós técnicos do concello coma ca xente da rúa. E se eres unha persoa responsable e traballadora moi probablemente atopes un traballo, que aínda que non sexa no concello, eles poderán falar ben de ti e axudarche na búsquea doutro posto, xa que case todo nesta vida e a través do boca a boca e das referencias.

Anónimo dijo...

eu flipo coa alegría coa que falan algúns do traballo dos outro. Eu estou no meu choio e non sei se os demáis cumplen ou non. Debes ser omnisciente ti.

Anónimo dijo...

Pois si que che sobraba tempo para ter tan boa relación cos concelleiros e os tecnicos do concello, especialmente cando a relación con estos debería ser bastante limitada, ou acaso pasaban os concelleiros e os técnicos pola aula?

E non o digo por mal, só é que quizais a túa situación non e extensible a todas nos.

Anónimo dijo...

Eu teño boa relación con todo o mundo pero de ahi a que me contrate o concello... Pareceme increible que xq te leves ben cos concelleiros de turno vanche dar un cholliño, así vai o pais

Anónimo dijo...

Eu estou dacordo con que igual temos máis posibilidades no concello que na Rede actualmente (dependerá do caso), pero como xa dixo algún compañeiro un concello non pode (ou non debe) contratar a xente a dedo e non imos demostrar en 3 meses o que non probamos en 3 anos.
Eu son da Rede, tamén "lidio" con bastantes dos meus compañeiros (seguro que máis ca ti se realmente non es da Rede) co cal co teu argumento debería de saber máis ca ti e non é así polo que se ve.
Moito enterado se ve por aquí que se sabe se se vai coller xente quen non fixo o seu traballo na rede, iso si sempre desde o anonimato e sen nomes, co cal, a min polo menos, cóstame moito crervos.

Anónimo dijo...

Non pretendía ser alarmista nin ofender a ninguén, nin tampouco dicir que porque te leves ben te vaian a contratar (vaia chorrada, en ningún momento dixen tal cousa). Era a primeira vez que aportaba a miña opinión neste blog e esta é a última. intentande non sacarlle a punta a todo porque, como xa se dixo noutras ocasións, ao escribir os comentarios podese dar lugar a malinterpretacións do que se quere dicir. Que vos vaia ben e moita sorte no futuro, que falta nos vai facer.

Anónimo dijo...

Cada can que lama a súa caralla. Empezade a buscar traballo. Ese que di que lidou con algúns de nós, ¿xa tes traballo? ¿a quen lle lamiches o cú?

Anónimo dijo...

mal me vai ir non sei lamer cus jajajajaja

Anónimo dijo...

Aguen xa lle comunicou a sua entidade a nova situación?

Anónimo dijo...

En primeiro lugar a algun/algunha que conteste deste xeito e saque os comentarios de contexto non o contrataria na vida.

Facerse valer non significa lamber o cu, se non crear a necesidade do teu traballo que as veces e dificil de ver.

Son o do comentario de facerse valer, e repito, nin son da rede, nin traballo nela, e levo facendo dinamizacion moitos máis anos que vos, e o que falo é por experiencia.

Cando me refiro a facer cousas para o concello, non é aos políticos, falo da xente do territorio, eses son os que esixiran aos políticos o voso posto, directa ou indirectamente.

Non facer máis horas, senon aproveitar o tempo e sempre se pode botar a man noutras áreas ou apartados do concello (a web, resolver dudas a outras areas...).

Se o Concello non ten recurso tera que botarlle imaxinación, pero endeudados e con créditos están todos.

Eu teño meu traballo propio dende 1998, e sei do que falo porque teño colaborado moito con diferentes concellos e ainda o fago.

Non vos será fácil, pero quedaredes ben e nunca se sabe... porque o que esta claro é que a Fundación ou a Rede non vos van axudar, si non o fixeron xa.

Aprendede a conversar e non contestar sen máis, con argumentos e non con recursos típicos,... porque supoño que non trataredes así aos usuarios/as.

Anónimo dijo...

Estamos nunha situación laboral dificil e nunha situación de crise nacional todavía máis dificil. Cómo non vamos a estar. Fai 3 ou 4 anos ainda un podia buscarse un curriño por ahi , hoxe en dia e moi dificil. E perder o noso posto nestas circunstancias jo... moito

dama do castro dijo...

Eu entento o que dís, pero non podo deixar de pensar que eses consellos que dás son utópicos nos tempos pragmáticos que vivimos hoxe en día. O que se mira son os cartos e por moito que ti crees necesidade do teu posto de traballo, (que a hai no caso da Rede de Dinamización), á hora da verdade, chegado o momento, terás moitos usuari@s satisfeitos contigo, moitos outr@s por coñecer, terás axudado a moitos compañeiros de traballo, concello ou entidade, a solventar dúbidas, sacándolles en ocasións as castañas do lume, incluso. Por suposto que coñecerás xente do lugar de traballo e simpatizarás con eles. E cando chegue o despido, diranche adeus coa man e daralles un pouco de peniña o non verte máis por alí pero acto seguido voltarán ás súas mesas a seguir traballando. Quen máis nos botará de menos son os usuari@s, a maneira de tratar con eles, a paciencia, que no casos dos adultos sempre o agradecen moito, porque nas súas casas ninguén ten paciencia con eles para ensinarlles calquer cousiña, e iso témolo nós; paciencia e outras virtudes. Por iso sei que a min e aos meus compañeir@s nos van botar de menos. Pero de aí a pensar que se van manifestar por nós.....eres un utópico meu

Anónimo dijo...

Inda estamos a setembro, trankilidade que se queremos chéganos o tempo de atopar traballo, mellor ou peor, pero inda hai tempo.
Se empezamos así en setembro, en decembro o blog do dinamizadorx vai estar colapsado.
Temos que poñernos as pilas e listo, e apoio o de facer tarefas para o concello que non teñan que ver coa Rede, sempre está ben botar unha man.

Anónimo dijo...

dalle que dalle, mexan por un e hai que dicir que chove. Pois veña, podémonos ir presentando por todolos departamentos e ofrecer os nosos servizos.

Marcos dijo...

Para non crear máis alarma ou incertidume da que xa poidades ter, simplemente quería comentarvos que a min non me despediron. Estaba cunha beca Feuga que xa non podía prorrogarse máis, así que en canto rematou, tiven que marchar.

Afortunadamente eu si tiven tempo para despedirme dos meus compañeiros de coordinación, así que aproveito este espazo para despedirme de todos vós.

Apertas e apertos para todas e todos ;) !

Deica.

Anónimo dijo...

Un saúdo Marcos, espero que teñas moita sorte na nova etapa.
A día de hoxe incertidumbre eu penso que non temos, en decembro (ou antes) estaremos no paro. Estou segura que tod@s demostrachedes a vosa valía e axudachedes sempre que estivo da vosa man. Ninguén ten que demostrar nada a estas alturas. Se algún ten a sorte de ser contratado pola entidade pois mellor.
Quedan 3 meses que son moitos días para agobiarse. Está claro que vai ser moi difícil saír adiante nestes tempos pero temos que ser positivos.
Non podemos criticar a cada un que escribe pola súa opinión (que sí dar a nosa que non ten que ser a mesma), pero que ninguén fale do traballo dos demáis que non podemos e cada un mire para o seu que por ironía da vida no meu caso a piques de rematar o contrato estou ata arriba de xente.

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo co último comentario, que estemos desmotivados, fartos, mosqueados con coordinación... non quere dicir que o paguemos coa xente que comenta aquí, seguro que na maioría das veces por axudarnos (aínda que sexa equivocadamente).
Toda opinión debería ser ben recibida, e o máis importante penso que debería ser que estivesemos unidos, aínda que non sei se realmente, aínda unidos, podemos facer algo ou como facelo.
Saúdos a Marcos e sorte nesta nova andaina.

Anónimo dijo...

Para o tempo que nos queda ben podiamos seguir co horario de maña

Anónimo dijo...

Apoio a última proposición!!!

Anónimo dijo...

Eu case prefiro pola tarde, que pola mañán aburrome moitisimo! Que cada un escolla o horario que queira.

Anónimo dijo...

Estaria ben poder escoller o horario que quixeramos pero que remate o contrato non significa que poidamos facer o que queiramos e un contrato e teremos que cumplilo......

Dinamizador X dijo...

Espero que o comentario anterior sexa con retranca porque se non xa estamos nela, sempre hai alguén que ten que vir a tocar o carallo.

Esta claro que non imos facer o que nos salga do cu e tamén esta claro que hai un contrato e que hai que cumprilo, pero date conta que o contrato non esta firmado co Demo, e que fora da rede podemos poñer, facer e dicir o que nos de na punta da gana, e se queremos poñer que nos gustaría un horario distinto ou que nos pagasen as comidas poñémolo e punto, sabemos que non nós van facer caso pero polo menos quedamos contentos.

Anónimo dijo...

DinamizadorX, ¿cando remate toda esta historia saberemos quen eres ou vas deixar a xente coa dúbida? Se é que remata a rede... O mesmo digo cos teus compañeiros/a de reparto, claro

Dinamizador X dijo...

Esa unha moi boa pregunta.

Anónimo dijo...

Iso, podías dar algunha pista?

casper dijo...

O dinamizadorX non existe, so é froito da nosa imaxinación.

Anónimo dijo...

O único que ten bo este blog son as viñetas

Dinamizador X dijo...

Gracias, pero as tiras comicas non serian nada sen todos os artigos e sen os inspiradores comentarios de todos os dinamizadores e non dinamizadores que se pasan por aqui.

Anónimo dijo...

A mín tamén gustame as viñetas. Poderíades poñer unha nova?

Anónimo dijo...

Tranqui Dinamizadorxis, ou sei que se cabrea.
Apoio o do horario, de 10.30 a 13.30, que se non hai moito que madrugar e despois, a partir das 12 as tripas dinamízanse solas e andas ás voltas.
Tamén é boa idea o do pago das comidas, e si pode entrar o desayuno,... mellor.
Ah por certo, e 250 euros de piso plissss
viva viva,...
SI Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN,

Anónimo dijo...

Cada día somos menos neste barco!!!

Anónimo dijo...

e por que crees que é?

Anónimo dijo...

Por curiosidade, cantos somos?

Anónimo dijo...

E por curiosidade, ¿vedes moi improbable que nos fagan un contrato anque sexa de menos duración, ao rematar este, polo menos ata que saiban o que van facer co tema da Rede e das aulas? porque eu ao pensar que o 1 de xaneiro quede esto colgado, non sei a vos pero a min se me cae a alma ao chan.

Anónimo dijo...

A xente dos centros comarcais que remataban agora non lle renovan.......

Anónimo dijo...

Que eu saiba, en breve 44

Anónimo dijo...

Haber , eu creia que xa estaba asimilado. Que non nos van renovar. Nin contrato pequeno nin na de na. O mellor con un pouco de sorte nos mandan un correo de " que vos vaia ben". Se a os compañeiros dos centros comarcais non lles renovan...Pois a nos tampouco.
O proxecto da Rede está finiquitado o sei xq preguntei a un amigo que traballa na xunta.

Anónimo dijo...

Pois que bonito, tanto esforzo para obter unha certificación de calidade... para ná

Anónimo dijo...

O máis forte e que a xente que reciviu a sua carta certificada coa finalizacion do contrato, non tivo noticias de coordinacion.Hay que dar a cara sempre tanto para decir as boas como as malas novas.

Anónimo dijo...

Coordinación... que é iso? Onde está? Que ou quenes son? Volvemos á tira dos bonecos de cartón... Que, por certo, un deles en vez de vir quedar de guai despedíndose no blog xa podía ter mandado un correo, como fixo Alba, un mes antes, o día que marchou. Pero non nos enganemos, amigos, en coordinación pasan todos de nós olimpicamente, e deles entre si creo que tamén. Eles pasan de todo. Estarán todo o día a mandar CVs e punto. E fan ben, visto o visto

Anónimo dijo...

Así que, definitivamente, os dos centros comarcais xa tivéchesdes comunicación de despido, non?
Sabedes que vai pasar coas vosas aulas?

Anónimo dijo...

A resolucion do concurso do 17 de maio para cando. E q non hay cartos nin para iso?. Que patetico

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo