viernes, 4 de septiembre de 2009

O Retorno dos Dinamizadores 2009

Bos dias compañeiros e compañeiras, xa estamos aquí de novo.

Entre festas e praia xa pasou todo un mes, seguro que moitos de vos andaredes coa síndrome post-vacacional, pois esquecedevos diso que non e escusa para coller unha baixa, que dixeron o outro dia na Galega que a síndrome esa non e motivo para faltar o traballo. Pensade que hai xente que o ten peor que vos, que algúns levan traballando dende o 24 e as de coordinación fixo que non pararon en todo o verán (pretendo ser sarcástico, para quen non o pillara).
Como podedes ver non hai moito do que falar, segue coma sempre o de sempre, polo que puiden ver nos comentarios da tira anterior hai xente que segue sumida na nube negra, non vos preocupar amigos, pensade que a vida non e para andar decaído que nunha destas pégache un chungo.

Pois iso, a verdade e que eu tamén estou medio pasando de todo, teño hai algún que outro artigo pensado, pero bueno, hoxe e o segundo dia, e tendo en conta que onte tamén pasei de todo había que poñer algo polo menos.
Veña a pasalo ben.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Que duro é voltar e que vagancia a miña!!!!
Menos mal que é venres, un oasis no medio desta depresión post-vacacional!

Anónimo dijo...

Como xa non temos unha nube negra sobre nos , senon un aviso de furacan. Chegados e este punto: Don't Worry, Be Happy

Anónimo dijo...

Que ganas de falar do que non se sabe...

Anónimo dijo...

Sioh! Falar do que non se sabe, pero intúese. Hai que preguntarlle aos de coordinación para darse conta dos ánimos que teñen alí tamen!! Está todo moi nublado!!

Anónimo dijo...

O do cambio dos enderezos do correo electrónico é unha forma "suave" de deixar claro que queren facer desapareder a Rede DSI?

Anónimo dijo...

Perdón, quixen poñer desaparecer, non desapareder!

Óscar Clapés dijo...

o cambio de dominio é para toda a fundación, eu aquí non vexo conspiración xudeo-masónica ningunha . xD

Dinamizador X dijo...

Paranoia paranoia super-paranoia.
Relaxadevos compañeiros, que hai xente que sufre do sindrome do ex-soldado.
Cada toxeira que se move non e un Charly atacandovos.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo