sábado, 19 de febrero de 2011
4º Aniversario
miércoles, 30 de junio de 2010
E...
Que se saiba tamén que os e as dinamizadores da sociedade da información SOMOS OS QUE SOMOS, con experiencia, por anos demostrable, formación, ilusión e traballo ben feito, e se agora a nova Xunta decide botarnos á rúa con non sei cantas xustificacións falsas e absurdas peor para ela.... ai non, perdón, para ela non. Peor para toda a xentiña que comezou e se ilusionou con nós e gracias a nós, e o digo así de claro, polas novas tecnoloxías. Sí, “as novas tecnoloxías” esas verbas que enchen as bocas de moit@s políticos cando falan de avance, de benestar, de modernidade e bla bla bla pero, que se saiba tamén que, á hora da verdade, Galicia segue á coliña en igualdade de condicións no acceso á sociedade da información e o feito de que hoxe boten o peche moitos centros aos que ían moitas persoas a formarse, consultar e aprender, flaco favor vai facer a todo este asunto.
Vivimos nun pais contradictorio onde grandes proxectos coma o da Rede de Dinamización poden xurdir pero despois non hai o sentido común, a lóxica, de acollelos, mantelos, respetalos e mimalos, estivera a súa orixe nesta ou noutra ideoloxía.
A mala caste política nos leva por determinados camiños que temos que ir superando como poidamos. Xa veremos como superamos todo isto, pero que saiban @s que se cren que o saben todo e que cren que están por riba de todo, que saiban que, NIN saben tanto NIN están por riba de ninguén. E que saiban que imos loitar polo que consideremos xusto, porque neste pais de Castelao, xa son horas. E se afundimos, afundimos tocando, como xa fixeron outros.
Unha aperta!
viernes, 4 de junio de 2010
Cantigas dun/ha dinamiza.
outra semana sen informaciòn
mentres, ti xa sabes, traballa
e que non falte a educación.
"Ti non te preocupes por nada
segue a traballar
pode ser a última xornada
non sexas lacazán".
Coordinación non sabe nada
e o reclama con devoción
mira que es despistada
que sabes da adhesión.
Non saber nada
e ter pouca información
de aquí a Granada
distintas cousas son.
Se pretenden motivar
non precisamos a Duró
que informen do que vai pasar,
o resultado será mellor.
Se non sabes nada do teu futuro
e o pouco que sabes non mola
terás que poñerte duro
ou usar a táctica "Si, Cova".
Proceso tras proceso
selección tras selección
búscase o dinamiza a dedo
vai collendo posición.
Se es dinamizador malo
poderás ser transparente
"eu gañei o meu traballo
¿faría o mesmo a xerente?"
Sobriños, amigos, curmás
ó final é o de sempre
uns matándose a traballar
e outras de xerente.
miércoles, 5 de mayo de 2010
A unión fai a forza
En resumo, e ata onde nós sabemos, a Fundación mandou unha serie de documentación ás entidades para adherirse á rede CeMIT, onde introduce unha serie de requisitos e condicións a cumprir tanto pola entidade como polo axente TIC, que debemos ser nós.
Destacan feitos como que nos concellos de menos de 5000 habitantes, o axente TIC estará a media xornada, que as entidades terán que sacar unha convocatoria para collernos, con todos os problemas que de aí se derivan. @s dinamizador@s que están lonxe da casa, quererán presentarse, e con todo o dereito do mundo, en entidades que lle sexan máis próximas, por non falarmos de antig@s compañeir@s nos@s que poderían presentarse tamén. Tod@s sabemos como son estas convocatorias, así que o noso consello, por triste que pareza, é que vaiades facendo a rosca nas vosas entidades, o noso futuro está nas súas mans.
Compre destacar que nesa documentación, aquel que non a teña e queira recibila non ten máis que pedírnola por correo electrónico, atopamos unha ausencia xa que se nos prometera a subrogación do noso contrato, é dicir que se conserven todos os dereitos que fomos acumulando neste tempo. Desta promesa non atopamos nin media verba na documentación recibida polas entidades.
Estes son os motivos polos que o noso comité pretende xuntarnos e explicarnos como está a situación a día de hoxe, sobra dicir que esta xuntanza é do interese de tod@s nós.
E para isto quixera facer un chamamento á nosa unidade, a única arma que temos, obviamente podemos ter diversos puntos de vista, que haberá que pór enriba da mesa e debatir. Pero o importante, o que pode asustar, é que as decisións que tomemos sexan comúns a tod@s independentemente do esforzo que nos poida costar chegar a puntos de encontro, por que como reza o título do artigo a unión fai a forza.
E para iso non está de máis sinalar que, como xa se ten probado, algúns comentarios non buscan máis que o contrario, dividirnos, faltarnos ó respeto, e desviar a nosa atención do importante. Claramente non pertencen ó noso colectivo, non teñen as nosas inquedanzas e polo tanto non pintan nada, por desgracia nada se pode facer para controlar quenes son, agás o noso sentido crítico.
Ánimo para tod@s que nestes tempos que corren boa falta fan.
martes, 20 de abril de 2010
O tempo vai pasando
Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba a posta en marcha da Rede CeMIT e presumindo das estatísticas, as nosas, que virán ao longo do ano. A primeira impresión, personal, foi boa como xa comentei. O novo goberno presume de posta en marcha dun proxecto no que nós participamos, é doado pensar que un proxecto tan recente perdurará no tempo máis aló de maio, e que xa que estamos dentro, digo eu, será difícil saír, o difícil, penso, era estar dentro do proxecto do novo goberno (obviamente falo de novo proxecto cando o estricto sería falar de novo nome).
Pero hai cousas que me preocupan; como comentades, nos concellos xa non saben sequera se seguimos, os convenios duran, presuntamente, ata maio e ninguén parece saber nada, xa que información non temos. As últimas novas falaban de que nos tiñan que contratar os concellos, e a experiencia nos di que iso non vai pasar, non pasou cando se adscribiron a un proxecto publicado no DOG e no que se esixía o mesmo que se está a pedir agora. Tendo en conta, ademais, que daquela aos concellos non os asfixiaba a crise mundial na que nos atopamos.
En comentarios anteriores non queda claro se na actualidade temos ou non convenio nos concellos. Eu puiden botarlle un ollo a algún convenio e dicía que duraría ata o 31 de marzo prorrogable, como máximo, ata maio. O que non puiden ler son as condicións desa prórroga, se era automática, se tiñan que xuntarse de novo... O que me quedou gravado é o de “como máximo”.
Por iso falo de sensacións similares a hai uns meses, aínda que penso que xusto é mencionar que algo variou neste tempo. Agora temos un órgano de representación, que fala na boca de tod@s e elixido por tod@s, o comité de empresa. Este factor debería xogar en gran medida a prol dos nosos dereitos e do noso futuro. Este comité ten unha grande e laboriosa responsabilidade, e é por iso que queremos amosarlle o noso apoio e agradecerlle o seu traballo en busca de solucións e respostas pretendidas por tod@s nós. Estamos nas vosas mans.
miércoles, 10 de marzo de 2010
Observacions sen vixiancia
Voume meter no tema, que me parece que temos unhas cantas cousiñas unhas malas e outras boas entre mans agora que faltan 22 dias para a finalización do convenio.
Cousas malas, como antes mencionei remataron as inspeccións agora sabémolo fixo, e iso non augura nada bo cara o noso futuro laboral.
Outra cousa mala, o convenio rematan este mes e aínda que todos sabemos que e prorrogable por dous meses mais, ninguén nos informou de que iso vaia levarse adiante, a excepción de un correo que menciona así coma quen non quere a cousa o mes de Abril. Espero enganarme pero e algo habitual en coordinación avisar de cousas importantes coma esta na ultima semana, espero que na próxima reunión do comité de empresa se fale de isto, considero que e importante.
E agora ben algo bo, no ultimo Boletín da Secretaria Xeral de Modernizacion o presi da xunta confirma o novo plan de modernizacion e o que mais nos interesa confirma a unión das dúas Redes a de Dinamización e a de Telecentros en unha soa, o que fará que se amplíe o numero de aulas ata 94, supoño que dentro do malo de que desapareza a Rede de Dinamización tal e como a coñecemos, que se monte unha nova rede mais grande fará que se teña que contratar mais xente. O tema importante e se o feito de termos traballado como Dinamizadores nos será de utilidade (ou de atranco) a hora de poder optar a traballar en esta nova Rede, porque para unha nova entidade hai que volver a facer unha nova convocatoria de xente, na que supoñendo que se teña que ter o titulo de Dinamizador da Sociedade da Información, tamén se poderán meter outros excompañeiros nosos, todos eses que se quedaron sen entidade por diversos motivos e que dende fai taaaanto tempo se lles ven prometendo un sitio na rede.
Por isto gustaríame pedir que, como non me fío de que isto se nos avise directamente, se algún de nos se entera de algo referente a esta convocatoria da que vos falo que non dubide en comentalo, seria de gran axuda para todos nos, dinamizadores e ex-dinamizadores.
Veña un saúdo a tod@s compañeiros.
lunes, 22 de febrero de 2010
3º Aniversario Felicidades a tooodos.
Na súa modestia o meu querido compañeiro Casper dáme a min (e a todos vos) as gracias cando se non fose por el, que foi colaborador do blog dende a primeira hora, nada de isto chegaría tan lonxe, logo engadiuse o proxecto o noso ben querido aínda que pouco colaborador Langhran e para rematar o cadro de personaxes a marabillosa Dama do Castro.
Que conste que non me esquezo do resto dos dinamizadores, que dentro do bo ou do malo sempre tendes o detalle de comentar as cousas que leedes no blog. E claro esta non me podo deixar de saudar a nosa querida Coordinación, sen elas a nosa función non seria posible.
Como xa están dados os agradecementos por estos 3 anos e todo iso, imos pasar a certas cousas desas que ocorren na rede e que me interesaría comentar.
O parecer dende hoxe pode que a nosa vida laboral vai a ser un pouco mais tranquila, porque segundo o que teño entendido, o sábado rematoulles o contrato as nosas ben queridas vixiantas. Non me malinterpretedes, non me vou alegrar de que alguén perda o seu traballo, ademais non sabemos se e certo todo isto, teriamos que esperar a ver se a alguén lle dan unha visita (non estaría mal que avisarades se alguén recibe a visita dunha vixianta).
O tema e que se as renovan xa esta, pero se non, iso que significaría:
1. Que confían en nos e saben que aínda que non se nos vixile imos traballar coma uns profesionais.
2. Queren aforrar cartos e ven que as vixiantas son prescindibles.
3. A nos tamén se nos esta a punto de rematar o contrato e non se queren seguir comendo a bola.
Que opción elixiriades vos se forades da Coordinación...
Sinto pero non rematan as malas novas, e estas dóenme porque van directamente contra algúns de nos compañeiros.
La Xunta disolverá 33 fundaciones comarcales que siguen abiertas pese a su falta de actividad
Esta nova aféctalle directamente as dinamizadoras que traballan nos centros comarcais de toda Galicia, elas xa estaban nunha situación diferente a nosa e se a rede non busca unha solución para elas vanse quedar sen lugar de traballo, aínda que nos consta que a rede conta con aulas suficientes para ubicar a estas raparigas, espero que non nos defrauden a todos e busquen o xeito de que non teñan que deixar o seu traballo nunha época coma esta non que non e moi sinxelo topar outro.
Pois iso compañeiros, van 3 anos e seguimos tendo tantos lios coma o primeiro dia, quizais agora sepamos un pouco mais e teñamos unhas poucas mais vantaxes, pero seguen a facer de nos un pandeiro. Veña un saúdo e a seguir cara a diante.
Tres anos convosco
Como non podía ser doutro xeito gustariame felicitar públicamente ao Dinamizador X e a tod@s @s seus colaborador@s por levar 3 anos traballando nesta páxina, así como agradecerlles a oportunidade de colaborar con el@s.
E non podo, nin quero, esquecerme de vós, @s nos@s compañeir@s, que nos seguides e aproveitades para comentar as vosas inquedanzas e para aclararnos a tod@s aspectos fundamentais do noso traballo, agora temos un comité de empresa que nos representa, pero ata o nacemento do comité case se podería dicir que esta bitácora era a nosa referenza para informarnos, para comunicarnos e para debatir entre nós. O que, ao meu xuízo, di ben pouco da nosa coordinación, xa que opino que esa referenza debería de ser proporcionada pola propia Rede.
Así que graciñas a tod@s por levar 3 anos aí, por preguntar, por respostar, por dar a vosa opinión e por facernos pensar que este espazo é un pouco de cada un de nós.
jueves, 11 de febrero de 2010
miércoles, 10 de febrero de 2010
martes, 19 de enero de 2010
O Show Duró
O curso foi impartido por Emilio Duró que, con toda seguridade, non pasou desapercibido para ningún/ha d@s “mon@s” asistentes.
A súa practicidade, o seu histrionismo, o seu humor, a súa aceptación da realidade, os seus vídeos... fixeron deste curso un dos máis interesantes da nosa andaina dinamizadora, e, por moito, o máis divertido e ameno deles, a pesares das súas contradiccións, que tamén as houbo (chamar descoidadas a todas as mulleres da sala, ou feos aos homes, e defender as mentiras piadosas para non amargar a quen nos rodea é chocante, por poñer un exemplo).
O mellor, desde o meu punto de vista, e desde unha perspectiva formativa do show ofertado por Emilio, comeza ao rematar o espectáculo, xa que as súas vivencias, consellos e perspectiva vital perduran unhas horas máis aló do curso. O que creo que lle aledaría saber xa que comezou dicindo que se conformaba con que saíramos dalí dándolle voltas á cabeza, se realmente é así coido que cumpriu o seu obxectivo.
Así que o grao de satisfacción co obradoiro é... perdón co curso é bastante óptima, moi interesante e útil todo o aprendido, e por ser así teño que recoñecer que non me apaixoa o meu traballo e polo tanto é hora de deixalo e buscar algo que realmente me encha e vós deberiades facer o mesmo, porque so se vive unha vez, porque a vida é breve e non paga a pena perdela repetindo sempre o mesmo, porque quero ser feliz....
miércoles, 30 de diciembre de 2009
miércoles, 23 de diciembre de 2009
Felices Festas !!!
Tamén estamos de celebración xa que por fin imos ter un comité de empresa que nos represente, ou polo menos iso parece, ata que sexa oficial non nos acabaremos de fiar. Agardamos que fórades votar tod@s pola importancia que este evento pode ter no noso futuro.
En canto as diferentes "informacións" que fomos recibindo, pensamos o mesmo que pensabamos fai varias semanas, que non nos contan nada novo.
A principal nova, é que a Fundación vai tratar que os concellos se fagan cargo dos nosos contratos, esta nova xa a deu alguén nun comentario neste blog fai máis dun mes. É unha boa nova se non temos en conta a crise, a situación económica dos concellos, que isto xa se tentou sen éxito... Por suposto pensamos que é moito peor rematar o traballo coas uvas... pero tampouco temos un aviso "oficial" de que non é así. De feito o que temos por escrito por parte da fundación indica o contrario, que si rematariamos o 31, data que marca o noso contrato, e que se nos dixo por correo electrónico que isto remataba. ¿Non debería haber unha notificación parecida para facernos saber que non é así? Pensándoo ben é incluso discutible se nos debemos presentar no noso posto de traballo o primeiro día do ano, xa que todo o que temos por escrito apunta a nosa non continuidade, con preaviso e todo.
Ademais en 3 meses voltaremos a estar como estamos, iso si cun comité de empresa que fale por nós e elexido tamén cos nosos votos, parabéns a todos @s que iades nas listas, e en especial a aqueles que saian elexid@s que a partires de agora teredes a responsabilidade de representarnos ante a Fundación. Moitísima sorte nesta nova encomenda.
Así que xa sabedes, bo nadal e que o espíritu navideño se deixe ver nos comentarios.
viernes, 27 de noviembre de 2009
Case nada novo baixo o sol.
NOTA: O que ven agora e a miña opinión persoal, se cando alguén pensa distinto a ti te sentes ofendido pasa do artigo e pulsa aquí.
Bos dias todos compañeir@s, en primeiro lugar quero darlle as gracias a Alberto e Ana por asistiren a reunión convocada por UGT coa Fundación, de verdade moitas gracias, no que vou escribir agora non quero criticar en ningún momento a vosa actuación que me parece dende o primeiro dia a mais axeitada e dende logo a mais transparente. Recorda que os Fremen estamos contigo Muad'Dib.
A reunión dende o meu punto de vista non reflexa mais que o que xa se tiña comunicado en outra ocasión, a Rede segue despois do dia 31 por un tempo indefinido en principio de uns tres meses mentres se realizan negociacions de varios tipos.
Primeiro vou expoñer os datos que eu vexo positivos.
1º- Como e lóxico, que imos ter tres meses mínimo de traballo.
2º- A posibilidade de que Dinamizadores que se queden sen lugar de traballo se poidan incorporar a outros lugares novos que se unan a Rede.
3º- Informarásenos de cada paso que se dea.
4º- Faranse reunións entre a Coordinación e os Dinamizadóres para favorecer a maior fluidez na comunicación.
Remito a NOTA do comezo do artigo ós que estean contentos con estes 4 puntos e non queiran seguir lendo.
Agora vou comezar a ler o texto mais polo miúdo, dicir que mentres o lía asaltoume un FlashBack remitíndome a aqueles 3 meses que estivemos sen traballar mentres se negociaba con concellos e entidades e que despois derivou na nosa contratación pola Fundación.
No comezo do texto recalcase o noso traballo e que todo o mundo esta supercontento con nos, gracias.
O que non me sorprende, xa o adiantaramos dende este Blog, e que pretendan xuntar a Rede de Dinamización coa CMG, pero o que me deixa descolocado e o motivo, "duplicidade do servicio", perdoade pero a CMG e a Rede de Dinamización non dan para nada o mesmo servizo nin funcionan da mesma maneira.
Eu teño visto os cursos que dende a CMG se ofertan e van dende "Creación de programas informáticos", "Deseño Gráfico con Gimp", "Deseño 3D con Blender".
Outra cousa e que dende a CMG ofreza as súas aulas a asociacións (ou a Rede de Dinamización) para facer obradoiros de outro tipo, pero o obxetivo da CMG para nada e o mesmo que o da Rede, así que de "duplicidade do servizo" nada de nada.
"Buscaranse novos destinatarios como as PEMES" aquí xa non sei se rir ou chorar, recordo que ese era un dos obxectivos principais da Rede dende o comezo, pero que pouco a pouco se foi pasando del pola falta de financiamento por parte das asociacións de empresarios e pola deixadez da Rede cos polígonos industriais.
Despois ben un "mais do mesmo", que se nos teñen que contratar os Concellos, que para iso lles damos o servizo a eles, que se tamén nos poderán contratar outras entidades e asociacións empresariais (todo isto xa se podía facer antes, non e novo).
Pretenden que os Concellos ou entidades paguen o 20%, isto xa se tentou e fracasou e foi cando se rompeu cos empresarios.
O tema e este, a entidade contrátanos, pero e a Fundación a que ten todo o control sobre nos. Este tipo de requisitos son os que non lle soen gustar nin a Concellos nin a Empresarios nin a ninguén, porque se son eles os que nos contratan eles terían que ter polo menos algo de control sobre nos, e non teñen nada. Non digo que me guste que me controlen dende a entidade, pero a ninguén lle gusta que lle dean ordes na súa propia casa e menos os empresarios.
Esquecíame o de que para que un Concello nos contrate ten que ser previo concurso publico, a ver como arranxan ese tema e seguen mantendo a "transparencia".
Tamén esta o de ampliar a rede a 90 aulas, fácil so tes que engadir as que xa temos as da CMG, o malo e topar dinamizadores para esas aulas, pódese contar con dinamizadores que tiveron que deixar o proxecto por problemas coa entidade, e espero que se faga iso, espero que non actúen coma ata agora colocando a dedo a xente que non ten nin o curso de Dinamizador feito, non digo que por ter o curso séas mellor ou peor, pero e un requisito que considero imprescindible.
A min este paragrafo paréceme reseñable, aínda que o comentei antes:
"Igualmente se nos anuncia que isto non significa que a Fundación non se reserve a capacidade organizativa á hora de non darlle continuidade a postos de traballo que non cumpran os mínimos que considere esixibles."
O monstro dos cupos mínimos segue observándonos dende a escuridade, así que non vos botar a durmir durante estes meses non vaia ser que o voso Concello teña pensado contratarvos e vos bote a rede por publicar unha nova de menos no xornal.
Dáme a risa o das reunións con Coordinación, o da información de cada paso e o da transparencia en xeral, a cantos de vos vos informou coordinación de algo (comité de empresa, negociacion coa FEGAMP), non e que nin eles mesmos saben nada. No texto tamén se ve que Coordinación seguira como esta, cousa que non me sorprende, so hai que ver o ben que nos teñen controlados.
E para rematar dicirvos que non vos esquezades do Comité de Empresa que estamos pendentes de facer, que hai si que se vai saber todo, eu do que se diga en reunións coma esta que non son vinculantes, nas que podes prometer o ouro e o mouro e non tes que dar explicacións ríome e moito. Cando este definido o comité de empresa será cando teñamos todas as cartas sobre a mesa, ou iso espero.
Se algo me esquece facédemo saber nos comentarios, gracias a todos por leerme ata o final.
jueves, 12 de noviembre de 2009
Premonicions
O igual que moitos de vos eu deiteime onte coa nova de que a nosa patrona se foi de festa polos Madriles a promocionar o noso "Memoria de muller", tivo que estar xenial, so vou recalcar que a nosa querida "coordinadora" ten a vida mais que arranxada, conseguiu o traballo en Galicia despois de pasar por creo que Asturias (non estou seguro) e coa gloria e os méritos do noso traballo ela recollera froitos e sobraranlle lugares onde plantar sementes cando remate na Xunta. Eu non sei a vos pero dáme que puideron ter o detalle de levar a algún dinamizador con eles, mais que nada para que se vira representado o colectivo que fixo todo o traballo de campo de este proxecto. Pero bueno penso que xa estamos mais que acostumados a estes desplantes e faltas de respeto (agora que veña algún listo a dicir que isto non e unha falta de respeto), comentase no artigo anterior "que foi dos patróns que se fundían cos barcos", pois sabes que pasou con esa xente, que todos están no fondo do mar, e cando xa non queda XENTE (así con maiúsculas) que por o timón dun navío tes que recorrer a mercenarios, que serán fieis a ti e darán todo o mellor, mentres séas quen lles pague, o dia que non séas ti, simplemente adios e "non o tomes como algo persoal, so son negocios".
Son tantas cousas as que comentar que xa me lio, estou vendo que me vai saír un artigo longo de mais.
O tema do fallo arbitral, segundo o "arbi" a Rede non depende da Fundación, quen o diría verdade, despois de que nos entrevistaran os da Fundación, nos pague a Fundación, teñamos que chamar a Fundación para todo, tivemos que levar os nosos papeles a Fundación e presentar de aquela todos os formularios de traballo a Fundación, ademais de que o seu logo saia en todos os lados. Pois iso un super intelixente arbitro di que non, que non dependemos da Fundación, pois vale que se lle vai facer.
Igual de divertido me parece o de CCOO, que pedira non so que os traballadores despedidos non entraran no comité de empresa, se non que os traballadores da Rede tampouco entraran, cando eles mesmos levaban un dinamizador na súas listas, bueno iso pode parecer un disparate, pero se te informas ben e lees todo o material que e bastante extenso, CCOO non pedía a exclusión de todos os traballadores da Rede, se non só dos de fora da provincia da Coruña, engadindo este dato do que non se fala porque non ten conta, todo o que parecía incrible toma forma pouco a pouco, supoño que cantaría moito que os de CCOO dixeran, "queremos que so participen do comité de empresa a xente de coordinación e os dinamizadores que nos queiramos", o final non puido ser e ningún da Rede vai ir a ese comité de empresa, unha pena.
O tema de todo isto e que a Fundación conseguiu o que quería, pasar do traballo de todos os dias de 47 (creo) persoas, e xa non so pasar do noso traballo se non pasar de nos como persoas que merecemos un respeto e un mínimo de recoñecemento. Ademais de facer algo que eu nunca me imaxinei que pasaría, conseguiron descabezar a Rede, porque se a Fundación non e quen nos goberna, quen se supón que manda aquí, a desaparecida en combate Coordinación, da que non se sabe nada mais que polos correos mandados con contagotas e que non ten nin a dignidade de asomar a cabeza fora da súa fortaleza de Area Central para adicarlle unhas palabras os seus torturados e sufridos súbditos. Eu fai moito que non creo na coordinación pero hai xente que si, aínda que so sexa por respeto a eses compañeiros deberían dicir algo, e refírome a algo mais que correos robóticos.
Agora vou voltar a xuntar pezas de puzzle, destas que a cada dia temos unha nova e que pouco a pouco van encaixando ata o dia 31 de Decembro que espero que o puzzle este completo e o vexamos en todo o seu esplendor, aínda que un documento o que tivemos acceso di que pode que isto se pospoña un par de meses despois de decembro.
Para todos os dinamizadores que non o sepan, no foro de galiciadinamiza hai unha sección privada a que supostamente so se pode ter acceso previa petición o seu administrador, este sistema non e que se poida dicir que sexa o mais seguro do mundo, posto que eu teño acceso e non pasei por ningún tramite, pero ese non e o tema.
O caso, alí hai publicados dous textos que me gustaría reseñar, un son os orzamentos para 2010 da consellería de presidencia, nos que se reflexan os gastos adicados tanto a actuacións polo fomento da Sociedade da Información como para o impulso da rede de dinamización. Os datos son estos:
Impulso da Rede de Dinamización: 788.494 €
Actuacións para o fomento da SI: 448.801 €
Isto danos un total de 1.237.295 €, esta cifra pode parecer considerable, verdade, pero so para alguén normal, evidentemente con esta pasta unha persoa vive ben durante moito tempo, pero un proxecto publico non tanto, vos memorizade este dato 1.237.295 € para todas as accións referentes a SI.
No outro documento falase de que a Xunta planea (como xa contaramos neste blog) xuntar todos os telecentros de Galicia ousexa a Rede e a CMG en un so ente que será dirixida pola secretaria de Modernizacion e xestionada pola Fundación, para chegar disque os 315 concellos de Galicia %inserte aquí a súa risa favorita%.
E atentos que agora ben o quid da cuestión, recordades o orzamento da Secretaria Xeral para a Rede 1.237.295 €, pretenden dicirme que con esta pasta van pagar os soldos de 47 (creo) dinamizadores, da coordinación (que terá 7 persoas) e dos traballadores da CMG que se sumen o proxecto, e isto so en gastos de persoal, despois temos os gastos fixos 45 aulas da rede (mais as que a rede ten repartidas por hai que non están nin inauguradas) e dos 40 (segundo o escrito) centros da CMG, mais gastos de alquileres e gastos de material de todo tipo funxible e non funxible, desprazamentos, cursos de formación externa, servicios de internet, gastos de representación etc. Dubido que todo iso se pague con ese orzamento.
Pero tranquilos os que esten apunto de botar pestes de min, relaxádevos que non me esquezo, o que pretende facer a Secretaria Xeral e o que tentou xa en outrora a Consellería de Industria, que é facer que os concellos paguen o 20% do soldo dos traballadores, premio, iso seria o puto mellor, aforrarían a ostia de pasta e poderían adicala a outras cousas como un futbolín para os empregados, pero hai unha pequena pega, os concellos terían que contratar a ese traballador, e hai esta o punto no que o castelo de naipes se cae, os concellos non poden contratar a ninguén sen un previo concurso publico, por moito que a Xunta ordene e mande, isto non se pode facer, medida que condea o fracaso xa de primeiras todo este suposto proxecto de unión e conquista de Galicia, e ademais no texto engádese que se o concello non acepta estas condicións non se lle renovará, con dos cojones, como dirían en Matrix "A nuestra manera o carretera" ou como dixo Joe en Reservoir Dogs "Hay dos maneras de hacer las cosas: la mía o la puta calle. Cual eliges".
Con todas estas pezas na mesa, xuntándoas e interpretando os datos (recordade que e o meu punto de vista, o mellor engánome):
Temos a 45 concellos e centros comarcais, nos que tanto por non querer incumprir tramites administrativos, como por non querer ou non poder pagar ese 20% van quedarse moitos fora. De esta maneira conseguiran desmantelar unha meirande parte da Rede e sen responsabilidade directa porque serian os concellos os que romperían o contrato e eles lavaríanse as mans.
Temos tamén un orzamento que a duras penas chegará a un ano, e se chega vai ser polas non renovacións masivas en concellos, co cal a Rede de Dinamiacion no ano 2010 non acadara nin por asomo os datos de anos anteriores polo que perdera o único que facía que a tiveran en conta, os números. O perder este salvavidas en forma de datos, quedara a mercede de quen se queira desfacer dela para volver a levantala con outro nome, outra identidade e outras persoas (igual de puteadas que nos seguro). E todo o noso traballo perderase no tempo e non se nos recordara por mais que polas acusacións de ser uns supostos axentes electorais do BNG.
Este e o que dende o meu punto de vista será a fin da Rede, seguro que moitos de vos non opinades igual, e seguro que moitos tamén vos enfadaredes, e viredes a dicir que non sei nada e que non teño nin puta idea de nada, a todos os que pensen así so lle quero dicir que usen o seu cerebro mais aló do interes do soldo a fin de mes, pensade en todo o pasado, pensade en todo o vedes e en todo o que escoitades, despois xuntádeo todo e mirade mais aló dos feitos e das palabras, se despois de todo iso vedes un futuro de luz e boas intencións, contádesmo para ver se eu tamén consigo velo así.
Moitas gracias a todos o que aguantaron ata o final este logo texto, e gracias os que me apoian e os que non tamén gracias por molestarvos en ler o que escribo e en dar a vosa opinión, para min conta mais do que pensades.
viernes, 6 de noviembre de 2009
@s dinamizador@s unid@s endexamais serán vencid@s
Que se laudos, que se sindicatos, que se eleccións ao comité de empresa, e o asunto é que xa so nos quedan menos de 2 meses e estamos igual que cando tiñamos 4 meses por diante.
Desde aquí pensamos que isto é unha tomadura de pelo, e que van seguir tomándonolo ata o 31 de decembro incluído.
Entre os correos que nos mandadades nesta época oscura, rerscatamos unha nova sobre o consorcio galego de igualdade e benestar. Eles non agardan nin por laudos nin por resolucións, nin por eleccións.
Poderiamos ir á sede da nosa rede e empapelala tamén, e a Fundación, gustariame ver certas caras se nos ven aparecer a unha tropa entrando pola porta con pancartas e berros reinvindicativos, en fin...que bonito é soñar.
O que non quita que non nos poidamos unir ao consorcio galego de igualdade e benestar, seriamos máis a montar follón, o único que nos queda por diante.
Se fosemos franceses xa teriamos a gasolina preparada... folgaaaaaaaa!!!!
martes, 3 de noviembre de 2009
martes, 27 de octubre de 2009
viernes, 23 de octubre de 2009
NOTA INFORMATIVA DO DINAMIZADORX
Bos dia compañeir@s visto o visto dende fai un tempo e respondendo o sentido común e a temas que penso lóxicos vou dar dúas directrices que espero cumpla a maioría dos visitantes deste o noso ben querido Blog.
Non vos pensar que vou botar os 10 mandamentos, so son dous detalles que xa digo, penso que son sentido de común.
1º- Non preguntedes no blog cousas referentes a sindicatos e a ese tipo de movidas entre nos e a Rede. Non o digo por mal, si eu estou encantado con todas as opinións e a controversia que se produce, gústame ver os puntos de vista da xente, pero respostar a certas preguntas en un lugar publico pode sacar a luz cousas que non deberían sacarse alomenos por agora.
2º- Non respostedes a preguntas que vexades que poden sacar a luz cousas que non deberían sacarse.
3º (e ultimo) Se incumpres algunha das directivas anteriores, vexase respostar ou preguntar algo que non deberías, non te enfades nin te ofendas se as respostas que provoques non son as que ti desexabas.
Se tedes algunha dubida usade o voso correo persoal ou o telefono, e mais rapido e moito mais efectivo que deixar algo nun Blog.
Pois queda dito compañeiros, como vedes non son unhas normas en plan radical, so son de sentidiño común.
Saúdos a todos e a disfrutar que xa e venres.






