viernes, 22 de febrero de 2008

O Primeiro Aniversario

Quen o diría amigos e amigas dinamizadores, como di a Dama do Castro o tempo voa, e xa pasou un ano.

Non sei se recordaredes todos aquela mañá do 22 de Febreiro de 2007, cando vos chegou un estraño correo con uns logos aínda mais estraños.

Parece mentira, levo esperando este dia dende fai un mes, agora non sei que facer nin que escribir. Polo de pronto temos o concurso, iso si que e unha boa iniciativa, e a camiseta de premio e o mellor do mellor, non porque a deseñara eu. Xa veredes as fotos.

Durante a semana iremos poñendo artigos dos serios (dos de Casper e a Dama) paridas (das miñas) e todo o que vos esteades dispostos a mandarnos, artigos, imaxes.... o que vos dea a gana. Sabedes que a nos o que nos gusta e a liberdade de expresión.

Bueno rapaces, invítovos a todos a participar, tanto no concurso como en todas as cousas que poñamos esta semana. E agradecervos a todos os que pasades por este Blog, que o sigades visitando aínda que esta comprobado que de nos non se aprende nada, bueno dos demais aínda algo pero de min nadiña. E agradecerlle sobre todo a Casper (sen el este blog nunca existiría) e a Dama do Castro (a primeira fan oficial das tiras cómicas) a súa coparticipación, a Langhran o que lle digo e que cando curre e faga algo no blog farei unha personaxe súa para as tiras cómicas.

Sen mais gracias a todos.

jueves, 21 de febrero de 2008

O CONCURSO DO DINAMIZADORX

A éste blog, para ser a repera limonera, só lle faltaba un concurso, e aquí o temos.
O primeiro concurso do Dinamizador x, convocado co ilustre motivo de festexar os fastos do noso primeiro aniversario. Si amigas e amigos, o tempo voa, e cando nos pregunten, xa podemos levantar o dediño coma fan os pequerrechos. (o íiindice, malpensad@s!)
Se vos apetece e queredes gañar unha fantabulosa camiseta do dinamizador x, repito, unha fantabulosa , super- hiper- mega exclusiva camiseta que te cagas, non dubidedes en participar.
O que tendes que facer é moi sinxelo. Supoño que todas e todos coñeceredes o noso benquerido logo, ese símbolo que nos acompaña no noso quefacer diario e só nos falta levar estampado na fronte, ou tatuado nunha cacha, para sentirnos dinamizadoras e dinamizadores 100%.
Vamos, coma a tenreira galega, "dinamizadores de Galicia, dinamizadores de calidade; rexeite imitacións".
Ben, pois anque a nosa querida man abstracta, suxeitando un rato inexistente é única, dende o dinamizador x, pensamos que non é inimitable, e niso consiste o concurso. Queremos que nos enviedes outros logotipos o máis semellantes posible ao noso. Bueno a ver!, polo menos que teña unha man de protagonista, tampouco vos matedes.
O caso é que o logo que máis se asemelle ao noso será o que gañe ésta competición.
Buscade por ahí, por onde se vos ocorra, pero participade, mirade que a camiseta merece a pena, non é calquera cousa; digamos que formará parte dunha edición extralimitada, porque, sexamos sinceros, non é que no dinamizador X andemos moi bollantes.
Pois ala, mandade os vosos descubrimentos a: damadocastro@gmail.com, o prazo de admisión remata... de hoxe nun mes.
SORTE A TODAS E TODOS!!

martes, 19 de febrero de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 19 - As Visitas as Entidades.









Pulsa na imaxe para agrandala

jueves, 7 de febrero de 2008

Peche de enquisa.

Por votacion popular vou dar por finalizada a enquisa sobre que e o que opinas do Blog.

A mellor conclusion que saco eu desta enquisa non e que o 47.8 % das persoas que opinaron digan que lles "Mola a dolor", senon que a un aplastante 0% opina que "Deberia darche vergonza".














Gustame comprovar que a peña dentro do que cabe esta a fabor deste Blog.

E agora e o momento dunha nova enquisa.

E por votacion popular, e por varios Correos que me mandaron, o novo tema sera.

Os Horarios.

Son correctos, non o son, dache igual, ti pasas de horarios.
Tendo en conta que agora somos 100 conto cos novos para participar desta enquisa.

Falando dos novos, valgame o ceo, se nos queixamos nós que faran eles, que o seu horario tamen e para que a sua vida social se bote a chorar, de 12 a 14 e de 16 a 21. E todos os dias. Espero que lles guste comer de menú do dia porque é o que lles espera a moitos, ainda que se saen as 14 dalles tempo a mirar os Simpsons e eso e unha vantaxe.

Dito todo esto, espero que participedes, que esta enquisa pode dar moito de que falar.
Gracias a todos e a votar.

viernes, 1 de febrero de 2008

Software libre en Rusia e Francia

A nova publicada onte polo diario elmundo.es chamounos a atención.
O caso é que Rusia vai migrar o software propietario dos colexios a software libre, e o fará, ou iso di o ministro de telecomunicacións de Rusia, entre este ano q o que ven.
Como comprenderedes a nova pensamos que é positiva, ogallá aquí se fixera o mesmo, pero coma sempre seremos os últimos.
O que nos chama a atención foi a orixe desta interesante iniciativa.
Un mestre dun afastado colexio ruso foi multado con 200 € por piratear o sistema operativo Windows. Foi o primeiro litixio deste tipo que teñen en Rusia, e polo que se ve vai ser o último, xa que o goberno rapidamente tomou a medida que coidamos mais sensata.
Esta mesma nova destaca que a Xendarmería francesa tamén vai migrar os seus sistemas informáticos a Ubuntu, aínda que mais a modiño que en Rusia, agardan finalizar a migración no 2014, o fan por tres poderosas razóns:

- diversifica-los seus proveedores ( non depender so dunha multinacional)
- te-lo control absoluto sobre a súa ferramenta informática
- o seu menor coste

Pouco a pouco os diferentes países van migrando os seus sistemas cara o software libre, por algo ha de ser...

miércoles, 30 de enero de 2008

Para cando as actualizacións

Hola amigos e amigas.

Xa imos para o mes de traballo, e vexo que estamos todos dándolle o callo como ten que ser.Pero segue habendo cousas que non me cadran, temos comezar canto antes, hai xente que leva todo esta mes con charlas e obradoiros, con aulas abertas, coas cousas normales dun dinamizador.
Pero teño unha pequena dúbida, en canto a unha cousa habitual no noso traballo e imprescindible segundo os procedementos, a Web. Como fai a xente que cambiaron de sitio para meter os seus datos, supoño que non será mais problema que cambiar un nombre e listo, solo e sacar o nome dun concello e meter outro, supoño que solo será eso, e digo isto humildemente dende a miña ignorancia.
Veña a verdade e que non e iso o que me preocupa, porque o dramático da situación ven cos novos dinamizadores, se tardan tanto e dalos de alta como tardaron con nos ata Marzo dubido moito que teñan web. E isto lévame a outro razoamento, supoño que a web non vai estar actualizandose todos os dias, así que imaxínome que a actualización das persoas que cambiaron de sitio vira o mesmo tempo que a das novas, polo tanto coméntolles as persoas que cambiaron de destino que non se estresen cos procedementos da web, que o mellor e para largo.

Veña amigos voas noites.

lunes, 28 de enero de 2008

Día de paga

Non hai nova que mais nos guste dar que esta hoxe comezaron a pagarnos a primeira mensualidade.
Pois así é, hoxe comezaron a ingresar o soldo do mes de xaneiro, así que estade atentos as vosas contas.
Supoñemos que a dúbida mais xeralizada entre os que non tiñades nin idea é a da cantidade recibida, pois ben que saibades que son 1016'16 € (polo menos na maioría de casos, dependerá das retencións), hai que ter en conta que facenda nos leva un bo cacho, agardemos que nos devolvan unha parte.
O mais salientable desta nova quizais sexa que é día 28, que nin sequera rematou o mes e xa cobramos, facendo un chisco de memoria, ¿lembrades o pasado mes de xaneiro de 2007?
Parece que mudaron as cousas, ¿será por ser un contrato e non unha bolsa?, ¿será que tampouco era tan difícil?, ¿será que nos teñen mais en conta?, ¿será casualidade? ...
Sexa o que sexa benvido é, sempre é agradable comezar unha semana con unha boa nova como esta, e mais despois de tres meses sen este tipo de ledicias.
Disfrutádeo...


Apoiamos a Isaac Diaz Pardo