martes, 28 de agosto de 2007

Como o vedes.

Que tal Dinamizadores de Dinamizadoras, como ven conta o noso compañeiro Victor no foro de http://www.galiciadinamiza.net/foro/ esto remata.
Eu xa o comentei ali, que a mellor cousa que saco desta Dinamizacion e o colegueo que fixen con uns compañeiros de aventuras e desventuras tan bos coma vos.

E ainda que poida parecer o contrario, eu sigo confiando na Conselleria para que poidamos seguir traballando pola nosa terra que e Galicia, e polas nosas xentes. Confio en que nos apoien, en que apoien as entidades que teñen duvidas sobre renovarnos, que apoien os compañeiros en compañeiras que se sintan afogados, non pido que dean falsas esperanzas, senon animos e folgos.

E cambiando de tema.
Como o tendes na vosa entidade, crudo, pasado ou no seu punto?
Non vos cortar en comentar como vedes o tema. Eu na miña creo que o meu titor non o ten claro de todo, ainda que supoño que a estas alturas xa o deveria de saber.
Veña raparigos e raparigas non vos cortar e a comentar.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Como vemos o que ?

Dinamizador X dijo...

Jeje e que tiven un fallo o subir a entrada pero xa esta amañado.

Anónimo dijo...

Na miña entidade imos levandoo, porque supoño que como non me renovan deixanme á miña bola. Iso agradezcoo porque nos primeiros meses pasaronse un "cacho" dabanme funcións que non me correspondía e aínda por enrriba se protestaba mosqueabanse. Chegaron a gritarme, chamarme maleducada e incluso a recalcarme que eu pertenzolles a eles e non á Coordinación. Manda caraio!, o que hai que oir! Eu so pido que me cambien de lugar, se non pode ser aguantaría un pouco máis ata a procura dun novo traballo.
A min dinamizar gostame, e moito!, pero esta situación remata conmigo pois apenas teño forzas para preparar novos obradoiros ou ter novas ideas ou actividades. E isto jodeme porque de ideas e actividades teño ata escachar, pero claro, debido ó trato eu paso de romperme a crisma. Xa teño suficiente con non mandalos en voz alta e clara a un determinado lugar que eu me sei.

Animo!, queda pouquiño.

Anónimo dijo...

Ver? Vexoo negro negrísimo.
Na miña entidade o mar está en calma. Hai un silencio sepulcral, tan sepulcral como o de Coordinación e titores.
Non sei que vai pasar... pero ponme dos nervios tanta incertidume.
Que forte o comentario 3, os da túa entidade non teñen vergoña!

Anónimo dijo...

Pois eu na miña sí que me queren coller (homee!!) neste sitio todo o que sea subvencións pídese, aínda que logo non dean feito (como xa pasou). Pero se me queren é para que faga outras funcións que non son as de dinamizador...Así que estou co dilema de que facer...este sitio asqueame pero se rexeito un soldo de 900 € durante un ano creo que me vou arrepentir...non sei que farei, estame a dar moitos dores de cabeza...vos que fariades?

Anónimo dijo...

Eu son a do comentario 3. Aconsellote aguantar pero sen matarte pero mentras tanto busca outra cousiña: oposicións, outra bolsa de estudios, traballo ben remunerado,...

E iso si, en octubre deixas as cousas clariñas.Explicalles cales son as túas funcións e exixe algo. Eu fareino. Manda caraio!,a min marearme como o principio ...xamais.

Anónimo dijo...

boas compañeiros eu . bueno eu, tmp sei nada, o descoñecimento é total. a un mes de que remate este tema.,..ou esta fase ou como se queira entender..solo podo dicir que ou non avisan pq os aptos serán admitidos e ou trasladados todos...ou francamente estan apretando os cordons para dar unha boa patada, outro tema é o da precision de problemas xa que veremos si hay plata,, e non teñen que adiantar a apsta ata que chege o presuposto do 08 ...como xa me comentaron....

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo