martes, 21 de agosto de 2007

Fora Coñas

Ainda que o humor sempre formara parte deste Blog, vouno deixar a un ladiño por un momento.

Sei moi ben, que nadie nos obliga, que ninguen nos ten encandeados as sillas ou os telecentros, se este traballo non nos gusta podemos deixalo e punto. Pero que pasa se este traballo si nos gusta, gustate dar charlas, organizar cousiñas, inpartir obradoiros e todo esto.
Non temos dereito a coñecer o noso futuro a menos de mes e medio para que finalize a segunda fase desta Bolsa. Non tes dereito a preguntar e a recibir unha resposta sen que alguen escurra o bulto.

Non coñezo a maior parte dos meus compañeiros, e o que pense que me coñece a min pode que se equivoque.
Non falo por todos, nin me creo unha especie de guru, pero decideme vos, os meus compañeiros, se non vos sentides coma unha cometa levada polo vento. Decideme como se pode sentir unha persoa se cada dia se ve asolagada por un rumor distinto, que non sabe cal sera o seu lugar dentro de un mes, non falo de un ano, falo de dentro de un mes. Esta claro que non podo predecir o futuro, e non sei o que vos creedes, pero o que eu creo e que a cometa que somos vai estar vailando no aire ata que San Xoan baixe o dedo, e cando chege ese dia, simplemente o vento vai cesar e a cometa vaise precipitar inevitablemente cara o chan.

Esta claro que un traballor coma min non pode esixir que o contraten, a Conselleria non pode esixirlle a unha entidade que contrate a algen e as Entidades non poden esixirlle a conselleria que nos manteñan toda a vida. Dende logo tendo en conta este razonamento loxico, vexo moi complicado que se chege a un acordo entre as partes contratantes.
Non fago mais que darlle voltas o asunto e despois do ultimo rumor que escoitei ainda mais.

Por certo vou aportar alguns datos que ainda que non son mais que especulacions miñas, poños porque me da a gana e me gusta facer polemica:

Segundo as contas da Web da Conselleria somos 85 pero en realidade somos 86 (ainda que ninguen a conte eu si conto a Marga como Dinamizadora).

Agora vou usar os datos da Web da Conselleria:
De 85 Dinamizadores que somos, 50 estan en concellos, supoñamos que algo mais da metades deses concellos non contaron co dinamizador no seu presuposto.
85-30=55
Dos 55 que nos quedan 25 estan e asociacions. Todos sabemos que hai asociacios que se forran a subecions pero seguro que non todas estan contentas co dinamizador ou este non puido facer o seu traballo adecuadamente devido a atrancos variados. Poñamos que 7 asociacions non queren seguir en esto.
55-7=48
Bueno imos a menos solo quedan 48 e a maior parte en asociacions privadas. O que nos falta agora son 10 dinamizadores que se atopan en Centros comarcais, pero coma antes, non todos contan con capital bastante, nin con unha asociacion privada que nos contrate. Asi que deixarei asi as contas.
48-5=43
Uffff casi casi, 43 a 42 esto deixanos nun axustado 51% de Dinamizadores que se quedan.
Pensade por vos mesmos e botade as vosas contas, que eu con esto xa quedei desafogado.
Disfrutade e dinamizade que esto rematase.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu fun precavida e apunteime ás oposicións da Xunta.

Anónimo dijo...

Ó mellor confundes os números nas contas que fas, quizáis as cousas cambiaran, quizáis os rumores que tí plasmas neste bloque de polemica sexan somentes especulacións... Todo o que dis en ese texto son puras palabras que lanzas para acompañar esa cometa da que falas, palabras sin fundamento algun. Hai xente que ten postas en isto ilusións e pareceme de moi mal gusto e de pouco compañeiro o que fas. Sin máis eu agardo que non teñas razón en máis de un octavo de todo ese textazo!

Anónimo dijo...

Creo que é moito supoñer...e aínda que fora coma ti dis, que cabe esperar se ninguén ten narices para plantarlle cara á Xunta e reclamar os nosos dereitos? Ó fin e o cabo desde o principio só protestamos á cara uns poucos...e moi doado criticar nun blog ou nun chat entre compañeiros pero á hora de facer piña no cara a cara coa Xunta de súpeto todo está moi ben...falo en xeneral, non me estou referindo a ti, pero se non nos unimos (xa que tan compañeiros somos que ata queremos ir de vacacións todos xuntos e facer ceas) para reclamar os nosos dereitos pasa o que pasa: nin aumento de salario nin vacacións, nin días libres nin nada, nos toman por sumisos. É o que hai.

Anónimo dijo...

Dá igual que reivindiquemos e pidamos explicacións, é como quen oe chover...
Moit@s de nós levamos un mes preguntando a coordinación e titores que diaños vai pasar e aínda non atopamos resposta. O único que conseguimos é que nos tachen de pesad@s. As entidades non teñen por qué darnos explicación algunha, posto que non nos pagan o soldo e igual lles resulta algo incómodo dicirnos que non nos renovan.
Coordinación di que fai plans para o mes de outubro pero persoalmente, creo que non se pode facer plan algún sen saber se vai haber dinamizador@s que os leven a cabo.
Merecían que o 30 de setembro os mandasemos fritir ovos, por informais e pouco responsables.

Dinamizador X dijo...

En resposta ós ultimos comentarios. Esta claro que os MEUS (poño ben claro) calculos son só especulacións, o que non quita que teñen certa base real. Se creedes certamente que o que digo non ten fundamento, mirade cara atras e pensade no que vimos pasando ata o de agora, e despois chamande a conselleria e preguntade por este tema haber que pasa. Decir que e de mal gusto o que fago, eu só dou a miña visión do asunto se non che gusta porque non cadra coa tua pois vale, cada un e cada un.

"Ter o puño alzado e berrar rebolucion" estou de acordo, veña, pero recorda que es un/unha bolseiro/a non tes os dereitos dun currante. Se es loitador/a seguro que loitaches, seguro que o teu Titor/a esta farto das tuas chamadas. Recomendote seguir asi, e veras como ti seras dos que se queden.

Para rematar estou dacordo co ultimo comentario o 100% e non por pesimista senon por ser consciente da realidade e por dar a mellor idea que escoitei en meses.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo