jueves, 9 de agosto de 2007

Disques, dicires e contase por ahi

Vaia vaia, supoño que a estas alturas todos vos o saberedes, pero pra os que o mellor estiveron tan metidos na sua frenetica actividade de Dinamizacion e non se enteraron, contase por ahi que a Conselleria de Innovacion e Industria vai subecionar o 100% dos salarios dos Dinamizadores para que poidamos seguir exercendo a nosa inestimable e nunca ben ponderada funcion dentro dos Concellos e Asociacions nas que xa estabamos traballando.
Ainda que o mellor a algun lle pareza raro este cambio, os meus compañeiros de aventuras e eu levamos xa un tempo pensando en esto, e loxico que decidiran facelo, e mais diria que lles ven obrigado.
Pero que nadie se altere cando digo obrigado, non vos crer que me refiro a unha especie de ente que inpon a sua lei sobre organismos de Comunidades autonomas (vexanse Masóns, Neo-Templarios ou Canteiros) para que non lles quede mais remedio que rematar o que empezaron. Vexamolo desta maneira:
Se eu fora un Conselleiro, que ten o seu cargo centos de traballadores e millons no seu presuposto, e eu ou unha serie de persoas designadas por min crean, unha iniciativa na que fago unha inversion miles de Euros, non podo deixar que se vaia o traste solo porque unhas asociacions ou uns concellos non contaran cos meus Becarios cando aprovaron os presuspostos xerais, e non teñan cartos para pagarlles.
Como seran a novas nos periodicos:

Dinamizacion da Sociedade da Informacion Fracasa
Miles de Euros tirados o Lixo
Conselleiro de Innovacion e Industria non quere dar declaracions sobre o asunto.

Non podemos permitir que eso pase por nada do mundo. Vamos que a vergonza que pasarian pode con eles.

Pero que conste que despois de todo esto que escrivo sintome ledo de saber que apesares dos problemas e traballos que pasamos, temos unha nova oportunidade para currar en algo que a min en concreto me encanta. E diredes alguns de vos, "tio eres un matao, como podes criticar constantemente algo do que estas vivindo, e despois decir que che encanta, estas mal da chencha". Eu so digo o que vexo, son un experto en baleas, pero odioas a todas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O que nos falta agora é un aumento de soldo xa que imos a traballar dúas horas mais que nas "prácticas". Non me parece xusto que cobremos o mesmo que os novos dinamizadores que acceden este ano á bolsa, non creedes? Eu xa llo comentei a coordinación e o noso tutor. Se todos nos plantaramos antes de firmar o contrato para reclamar un aumento de soldo creo que teriamos as de gañar polo que dis ti,evidentemente o que queren é que sigamos a maior parte dos dinamizadores para que o proxecto non sexa un fracaso de cara o público

Anónimo dijo...

O normal sería cobrar máis, posto que imos traballar máis horas, pero nesta leria calquera sabe...
Se a Xunta subvenciona o 100% do noso salario, iso significa que imos seguir dependendo da Consellería? Como nos deixen en mans de determinadas entidades... dame a sensación de que pouco imos dinamizar.
A ver se nos confirman algo oficialmente que xa van sendo horas!

Anónimo dijo...

A min o que tamén me preocupa e a seguir sendo unha bolseira outro ano mais... Porque iso de estar outro ano máis sen cotizar e rematar a tarefa e non ter paro o que acollernos se non atopamos outro choio, non me fai gracia ningunha. Ademáis dos temas das vacacións, días persoais e outras lerias as que, parece que, como bolseiros non temos "dereito" ou polo menos iso parecía este ano.

Por certo, as novas bolsas só están destinadas para Lugo e Coruña ¿é certo? ¿Pontevedra e Ourense non teñen máis bolseiros?

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo