viernes, 22 de febrero de 2008

¡¡ UN ANO !!

Pois como ben din, a dama e o dinamizador X hoxe estamos de aniversario, precisamente o 22 de febreiro do ano pasado inaugurouse oficialmente este blog, e iso que parece que foi onte.
E para celebralo e en xesto de agradecemento a tod@s vós, que nos ledes, que comentades, que nos mandades ideas, decidimos estirarnos e sortear unha camiseta do dinamizador X.

E como non podía ser doutro xeito o concurso tiña que ter algo que ver co noso marabilloso logo, non esquezades que precisamente os logos parecidos ao da Rede tiveron moito que ver no noso debut, case podiamos dicir que foron a primeira tira cómica.
E tras outras dezanove tiras e mais de oito mil visitas pasou un ano enteiro, onde intentamos ser un espazo plural onde puidérades expresarvos de xeito anónimo (ou non) con total liberdade, coma facemos nós.
Porque tanto a Rede como este blog non sería nada sen tod@s @s dinamizadores que estades día tras día alfabetizando a poboación quixeramos darvos as gracias por este ano de vida.
E eu personalmente, darlle as gracias ao dinamizador X por brindarme a oportunidade de colaborar neste creativo blog, e facerme pasar tan bos ratos, a dinamización non sería a mesma sen o teu humor.
Moitísimas felicidades... e que sexan moitos mais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Felicidades por ese prolífico ano!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo