miércoles, 4 de marzo de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 23 - Problemas


Tira 24 - O primeiro que facer


Pulsa nunha Imaxe para agrandala

42 comentarios:

Anónimo dijo...

Jajajajaja!!!Xa facía ben tempo que non me reía tanto. Gracias por alegranos un chisquiño, e noraboa por reflotar este blog!

Anónimo dijo...

Ola,
coma sempre demostrando un descoñecemento brutal da realidade da xestión de proxectos, do traballo na administración e da dinámica politico-administrativa de GALIZA.
Hai xente que cre nos proxectos, e traballa para eles. Tamén hai xente que PASE O QUE PASE mantense fiel a súas conviccións.
Tamén hai outros que pensan que aínda están na adolescencia e como tal actúan.

Anónimo dijo...

juasjuasjuas maro da risa.
Hai tiras cómicas que valen máis ca 1000 palabras.
O do feisbuk está criminal.
Noraboa dinamizador X

Dinamizador X dijo...

Os rapazes/as do primeiro e terceiro comentario agradecervos o de pasarvos por este blog que e tan meu como voso.

O/a do segundo matizar un pouco algo, pode que segundo ti descoñeza brutalmente a realidade politico-administrativa,pero do que si estou seguro e de que cando cambia o goberno os chiringuitos (fundacions) caen coma moscas, e os que non caen sufren todos cambios nas suas direccións. E haí os unicos ideais e conviccións que contan son os dos que mandan.

E que me dis da enfase en Galiza, eu estou de acordo, pero vaille con esas o novo conselleiro/a a ver que pasa.

E non e por nada acabo de cumplir 2 anos asi que mais que adolescente son un cativiño.

Graciñas por dar o teu punto de vista nun tema que nos preocupa a todos.

Anónimo dijo...

Alédome de que o dinamizador X volte a estar "dinamizado", permitídeme a redundancia.
Parecéronme simpatiquísimas as tiras cómicas e gústame atopar un espazo exclusivo onde se traten os temas que nos atañen.
Falar de descoñecemento cando estamos inmersos na Rede dende hai meses, anos, non sei eu se é demasiado osado (dirixido ao segundo comentario).
Podo estar dacordo en que como persoas que somos temos unhas convicción e que na medida do posible tentamos ser fieis a elas pero, cando se está a falar de traballo, coido que a postura máis intelixente é a apolítica.
Estamos ao servizo da poboación non dos nosos intereses senón pola túa regra de tres non deberiamos admitir nos nosos obradoiros a algunhas persoas que claramente teñen ideais contrarios aos nosos.
Je, menudo tostón. Pois o dito, que estou encantada coa túa volta amigo dinamizador.

Anónimo dijo...

Jajajaja Moi boas as tiras como sempre!
E non deixan de ser iso tiras cómicas e por tanto ridiculizan a realidade non hai que tomalas tan a peito.
E gustaríame tamén que se alguén non ten un descoñecemento brutal da realidade da xestión de proxectos, do traballo na administración e da dinámica politico-administrativa de GALIZA, por favor que nos ilustre a tod@s.
Noraboa pola volta dinamizadorX

Anónimo dijo...

Bueno, eu creo que aínda que sexa tirar pedras contra o meu propio tellado, caeremos antes os dinamizadores có equipo de coordinación que, por moito que nos pese, é quen ten isto en marcha. Vir a un concello dinamizar, sen máis nin máis, podería facelo moita xente. Non sei, eu de política non entendo nada, pero sempre pagan os de máis abaixo, e eses somos nos.
Cada un terá que rendir as súas contas, tanto as de coordinación coma nós. Haberá quen teña feitos nestes meses 50 obradoiros e quen teña 10; quen teña 200 usuarios ou quen teña 70, e cada cal terá que apandar según tóquelle

Anónimo dijo...

A min o que non me parece nada ben é facer mofa de que xente poda perder o seu traballo, sobre todo nesta época de crise. Ademais, acordémonos do dito ese de "se ves as barbas do teu veciño cortar... pon as túas a remollar", así que máis nos vale estar a todos mentalizados. E coincido co último comentario en que os que antes caeremos seremos nós, aínda que tamén creo que tes toda a razón no de rendir contas. Quen non a rañara en todo este tempo, pode ir apuntándose xa nas páxinas esas de búsqueda de emprego que lles ensinamos ós usuarios...

Un saúdo a todos e benvido de novo, dinamizadorX, aínda que non sexa por moito tempo

Dinamizador X dijo...

Encantame cando hai tantos comentarios e opinions distintas.

Respecto do anterior porque dis que sera por pouco tempo, deus, non mandaran un sicario para liquidarme ou algo asi, que un orzamento esta comprovado que se fai nun moment.

Anónimo dijo...

ao que bota pedras contra o seu propio tellado direille que non estou dacordo con el (nin co seguinte).
Os primeiros en caer non seremos nós.
Eso de render contas.... haberá que matizalo, porque ao mellor algunhas persoas non puideron facer máis por circunstancias alleas a elas, e xa aclaro que non falo por min, que eu máis ou menos cundín.
Non concibo que un proxecto que está dando mostras de funcionar poida quedar na nada porque cambie un goberno.
Haberá que ver o que pasa pero, repito, anque só sexa por lóxica, comezando pola cúpula.

dama do castro dijo...

eso que dí un comentario de que o de dinamizar, sen máis nen máis... Gustaríame que me aclarase eso de "sen máis nen máis",
pode que sexa certo, que teñamos un traballo que calquer mon@ pode desempeñar, pero os que tivemos que pasar por máis dunha criba fomos nos, así que iso tamén hai que telo en conta.

Dinamizador X dijo...

A Dama do Castro ten razon, como se nota que non hai aprecio por este traballo. Un traballo que por certo non poderia facer calquera, gustariame ver moitos tentar dar os obradoiros que damos nos, a ancians, a persoas con discapacidade, a nenos e a xente que non veu un ordenador na sua vida.

Anónimo dijo...

Jajaja! Oes, sabes o que estaría ben? Que xa que a isto lle queda pouco, que te marcaras unha tira cómica con todos os de (des)coordinación, jaja. Que conste que eu estou de acordo con algúsn dos comentarios de por aquí, que non me alegro de que ninguén perda o seu traballo e, ademais, que se van eles, atrás imos ir nós... ou xa irían os que están sen praza :(

Anónimo dijo...

Non estaria mal non

Anónimo dijo...

Encantame este blog!

E a tira cómica de Carmen e Alba é a reostia!

Por certo, eu non penso quitar como amigo a Anxo Quintana!

Anónimo dijo...

Eu xo quitei ... perdedor! perdedor! perdedor! juasjuasjuas

Anónimo dijo...

Xa que Quintana é perdedor, faite amigo de Feijoo'09. A ver se eres capaz de durmir de noite.

Anónimo dijo...

Ostras!!! Está? Xa vou de cabeza....

Dinamizador X dijo...

Eu prefiro facerme amigo de Chicho Terremoto ou do Licor Café.

Que me caen mellor.

Anónimo dijo...

Os que seguro que durmiron mal nestes catro anos son os trifásicos con carnet do bng enchufados en choíños a dedo facendo gala da súa coerencia ideolóxica.Por exemplo certos voceiros do bng en certos concellos que acababan na rede como responsables de comunicación,entre outros entes chiringuiteiros.
Ou durmirían ben ?
Estes si que non quitan a Anxo Quintana ,non ooo,e ade+ dirán que é por integridade.

Róncalle o carallo!!

Anónimo dijo...

Mal vamos se os propios dinamizadores dicimos que "ir dinamizar a un concello o pode facer calquera persoa".
Solo recordar que o noso traballo é cara o público cousa que moita xente non aguantaría.
E xa non falemos de impartir obradoiros, planificar, idear iniciativas, dar charlas, axudar aos usuarios/as na aula aberta, a carga administrativa que nos toca, etc.
Así que non veñades co conto "esto o pode facer calquera",
que xa parece o comentario do rapaz de 10 anos que che di que quere traballar como ti todo o día "xogando" no ordenador.....
Non creo que o que nos fagamos sexa xogar

dama do castro dijo...

non sei quen eres, 13 de marzo 2:29, pero que de acordo estou contigo!!

Anónimo dijo...

Dios, había meses que non entrara e isto esta que bota lume!!! Mimá!! Non dou feito a tanto ler!!! BENVIDO (reverencia con aplauso) de novo!!! Iso da integridade... eu penso como o do 12 as 4.16!! Por certo, iso de voceiros do bloque que acaban de responsables de comunicación na rede...?? por quen o dis?? polo presente ou polo pasado?? é que non estou moi o loro do presente... juasjuas

Anónimo dijo...

o voceiro do bng de certo concello que pasou pola Rede estaba de bolseiro por menos do salario base, non sei se o sabedes...

Dinamizador X dijo...

Que estivera por menos do salario base non quita que estivo escollido a dedo e de mala maneira. Este ultimo comentario solo confirma que a acusación que se fixo sobre o voceiro do Bloque era acertada.

Hai que ter coidado cos comentarios que se fan, parece que non son nada, pero atando cabos podese chegar a conclusions moi importantes, e creo que esta claro que atar cabos e algo que se nos da moi ben.

Dinamizador X dijo...

Por certo, se lle pagaban menos do salario base .... que significa que traballaba menos horas ou que tiña un contrato deses que se fan asi porque si e o carallo.

Anónimo dijo...

supoño que será porque as bolseiras non temos/teñen salario base ningún. non é por defendelo pero a min dame que en moi boas condicións non estaba.

Anónimo dijo...

Ese bolseiro devolvía notas de prensa con faltas de ortografía, creo que gañaba máis do que merecía.

casper dijo...

Estase a xustificar a un enchufado por que as súas condicións non son boas? É esa a diferencia entre o caciquismo do PP e o do BNG?
Pois que raro que quixese un traballo con tan malas condicións...¿por que sería?

Anónimo dijo...

Eu tamén penso que en boas condiciós non estaba! E seguro que a de agora está igual ou inda peor... aquí vai así

Anónimo dijo...

Pero... se chas devolvía con faltas ortográficas, e ti sabías que iso eran faltas, por que as escribías???

Anónimo dijo...

Jajjajaja! Que listo o último, voucho explicar para que o entendas. Eu o escribía ben e él o mudaba poñendo a falta, así si?

Anónimo dijo...

O que puxen o do tipiño que devolvía notas de prensa fun eu, e mirade que sexa becario(precario) pouco importa cando se fala de enchufismo e de ter un trifásico de puta madre.O que cobraba ou o que deixaba de cobrar habería que miralo con lupa, pero é secundario cando foi a dedo. E claro,os que me puxeron que se durmirei tranquilo por quitar a Anxo Quintana do facebook .. pois dijovolo ... durmirei de puta madre, tan ben se cadra coma estes de esquerdas tan íntegros que chuparon do bote en choíños a dedo durante catro anos ou de subvencións ao estilo manuel l papan...E aínda por riba a moitos deles hai que lles escoitar leccións de moralidade.
Por certo:E o de menos do salario base que significa? menos do smi ? menos do salario base da xunta ? da fundación ? menos co salario base dun militar ?

Anónimo dijo...

Con faltas como por "él" en galego con til? Ou como dicir "o mudaba"? Nun texto no que se critican as faltas de outros, habería que pasarlles un corrector ás propias, meu...

Dinamizador X dijo...

Nota do coordinador deste Blog:

Raparig@s se vos ides estar atacando, please usade alcumes, que con tanto anonimo perdome.

Polo demais se vos queredes insultar o mais puro estilo "Fillos de puta todos os seres humanos" ou "A tomar polo cu todos menos eu" por min adiante.

Anónimo dijo...

JAjaja! Perdoa pero escribo tal e como me peta, cando teña que escribir sen faltas fareino, e por certo a min non me pagaban por corrixir os textos dos demáis, iso é o que crítico que un corrector escriba con faltas, ¿non che parece iso criticable? Se non cho parece volto explicarcho como en Barrio Sésamo que parece si entendes ese idioma

Anónimo dijo...

Demáis tamén é sen til. O bolseiro, de tanto ler estas barrabasadas, xa non sabería o que estaba ben ou o que estaba mal, o pobre... Porque, ás veces, doe a vista pero de verdade

Anónimo dijo...

... GUERRA!

Anónimo dijo...

Está ben, a culpa é toda miña, mira que desquiciarlle a cabeza ó pobre coas miñas faltas. Por favor MÁIS ENCHUFADOS, POBRIÑOS ELES...
Outra cousa..., ¿por que defendes con tanta vehemencia a un enchufado?
Tampouco respostaches á miña pregunta, limítaste a escribir as miñas faltas como se iso xustificase que alguén posto a dedo como corrector ortográfico poida telas. ¿Por que é tan malo que eu as cometa e el a quen lle PAGABAN por corrixilas non?
E unha preguntiña máis ¿de que vas falar no próximo comentario se non cometo ningunha falta?.
Estou dacordo en que doe a vista ler algunhas faltas, pero tamén ler que se xustifique o enchufismo, sobre todo a de quen acada os seus logros polos seus propios méritos.
Apertas meu... e estou ansioso por ver as faltas deste comentario, ogallá o trifásico fose tan efectivo coma ti.

Dinamizador X dijo...

Pero que pasa vou ter que romper eu o xeo pois ala "Fillos de puta todos os que non sabedes escrivir ben e sen faltas, menos eu claro esta"

Anónimo dijo...

Eu non defendo o trifásico de ninguén, como dis ti. Defendo, por exemplo, que non se acuse a alguén nun blog de conseguir un traballo por enchufe, argumentando que nin sequera o desempeñaba ben. Fallos témolos todos, e en cuestión de faltas de ortografía, aquí vari@s terían que estar mooooi caladiñ@s. El se estaba aí sería por unha entrevista ou por algo, non?? Ou temos probas de que era só por enchufe? A ver se agora imos estar todos aquí só por enchufe

Anónimo dijo...

Pois pode ser que fixese unha entrevista e ata que pasase un proceso selectivo moi duro, pero eu son dos que pensan que branco e en botella é leite.
De tódolos xeitos non me gusta nada a importancia que se lle está a dar a todo isto. Non era miña intención comezar unha cruzada contra el porque me devolvese algunhas notas de prensa con faltas de ortografía, como ben dis todos temos erros. Se foi escollido a dedo, que é o que realmente me amola, tampouco sería culpa del. Así que tal e como están as cousas e como coido están claras ámbalas dúas posturas, pola miña parte vou dar por zanxada esta discusión xa que non pretendía todo este rebumbio. Saúde.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo