martes, 3 de marzo de 2009

Que decir que non se dixera.

Que podo escribir eu aquí que o meu ben querido amigo e compañeiro Casper non dixera, con moita sensatez e sentido común por certo. A electoralidade dos nosos traballos, que somos unha manobra propagandística pero todo iso xa o sabemos todos.

Pero estade "tranquilos" amigos non tremer, non sufrir non pensedes que porque o PP volvese ó goberno de Galicia ides perder os vosos traballos, polo menos non por agora. Recordade que tendes uns convenios firmados, que ese tipo de cousas non se poden cortar polo san tan facilmente.

Pero amigas e amigos dinamizadores, como en todo na vida, non sempre chove a gusto de todos (non digo que o PP me guste, solo tendes que repasar tiras anteriores) pero dáme a min que uns cantos vanse mollar un pouquiño mais, si estou falando das nosas amigas de coordinación.

Non vos equivocar eu nunca me alegraría de que alguén perdese o seu traballo, non son dese tipo de "persoas", pero dende logo seguro que agora mesmo teñen que estar a notar o mesmo que notamos nós fai un tempo, antes da renovación do contrato e durante a espera de cando nos colleu a Fundación, que rápido cambian as cousas verdade. Agora somos nos os que medianamente podemos estar tranquilos e dáme que son elas as que tremen. Aínda que supoño que a unhas profesionais coma elas non lles será complicado xustificar o seu traballo, sentarse nunha mesa e falar cos seus novos xefes e contarlles de todo o que trata a Rede é o seu traballo, espero que o novo Goberno da Xunta non sexa demasiado conservador e comprenda que isto e polo ven de GaliZa.

Aínda que non creo que sexan elas solas as que treman, porque o da Fundación tamén ten tela, imaxínome como será o ultimo mes pero vouno refexar nunha tira cómica que me inspirou Casper. 

E como será o próximo mes para nos os Dinamizadores, cantas cousas teremos que cambiar, os tipos de comunicados a prensa, as normas lingüísticas, iso de favorecer a Concellos do Bloque, pero bueno, somos intelixentes seguro que saberemos adaptarnos, de todas formas os que nunca fomos de bailar ca musica de ninguén seguiremos igual, e os que danzades o son do que mais canta seguro que aprenderedes os novos pasos (si isto vai por ti que te das por aludid@, e non te vas quedar sen tira cómica). O final todo se sabe amigos meus, recordadeo.

Agora e cando seguramente penses que son un falso e todo iso (si segue indo por ti aludid@) pero recorda que xa cho teño comentado, que falei con tigo de isto varias veces, que non tiro a pedra e agocho a man, todo o que aquí poño díxencho aquel dia diante da cara. Espero que o recordes e que recordes tamén que eu non son o inimigo, eu son so un simple reflexo de todos os erros que cometiches durante todo este tempo, nacín o dia que cometiches o primeiro erro e rematarei o dia que cometas o ultimo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Volves forte, si señor...

E coma sempre disparando a todo o que se move e sen xeito.

Sexa como sexa, benvido!!

Anónimo dijo...

juas!!, pois hai cousas das que falas que non pensara eu(e non sería porque non lle dera voltas á perola con este cambio que ninguén esperaba):Normas linguísticas,persoa afín notas de prensa,toda a parte ideolóxica neste campo.(Mirei na páxina de galpón que no programa electoral do PP fan bastantes máis referencias ao software libre có do psdg por exemplo)(Posteo a páxina de galpón):
* Como primeira medida para o impulso da e-Administración, o PPdeG concentrará todas as competencias relacionadas co desenvolvemento das TICs nas administracións públicas galegas nunha única unidade administrativa, superando a actual división.
Dita Unidade será a encargada do impulso das seguintes accións de goberno:
- Impulso da implantación de software libre e uso de estándares abertos na Administración Autonómica, compartindo e reutilizando o software que fose creado con diñeiro público, sen posicións dogmáticas, fronte a 4 anos de bipartito de impulso teórico e enchido de adxudicacións de software privativo. (Páxina 172)
* Uso ineficiente dos recursos adicados á introdución das novas tecnoloxías na docencia, por unha mala e desordenada aplicación do proxecto SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega) para a implantación das novas tecnoloxías nas aulas, desaproveitando medios materiais e humanos e o abandono de aspectos esenciais como a formación do profesorado na aplicación das novas tecnoloxías á docencia. (Páxina 203)
* Dotar, naqueles centros que polo seu volume o requiran, de persoal técnico en informática, de xeito que os centros poidan manter a tecnoloxía actualizada e preparada para o seu uso. (Páxina 207)

No que si pensara é no borreguismo,no lambenismo conil e no chuchismo pirolil por parte de algúns no que tamén estou expectante para ver o grao de adaptación ao medio, ou pola contra a coherencia da que deberían facer gala.
Do que si me alegro pero moitísimo e saber que algúns enchufados por motivos políticos(saltándose as probas e a preparación que tivemos que pasar nós), que terían chollo noutro proxecto unha vez que a nós se nos acabara a subvención(non o dubidedes) e cun trato ademais preferente e bastante máis digno van tomar polo cu máis rápido có aire.

Noraboa mr dinamizadorX por voltar a poñer en funcionamento esta grandísima páxina, pese a quen lle pese.

Un saludo a tod@s

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo