sábado, 4 de abril de 2009

Catro cousiñas...

A verdade é que nos está a chamar poderosamente a atención os trocos nesta páxina alleos á súa coordinación.

Para comezar dicir que a última tira cómica ten algo de realidade, non, tranquilos, non é que Cabeza de Vaca sexa o pobo que máis nos segue. Desde sempre a cidade desde a que máis nos visitades é Santiago de Compostela, o cal non nos choca tendo en conta que é o centro neurálxico de todo isto, que moitos dos nosos servidores de internet están en Santiago. O que garda de verdade a tira, ademáis de que usamos as google analytics e as recomendamos a todos aqueles que teñades un sitio web, é que nas 2 últimas semanas aumentou aínda máis o fluxo de visitas desde Santiago e o fixo de xeito abraiante. A saber a que será debido…

Tamén nos sorprende o ton dos comentarios, moito menos críticos ca antes coa nosa coordinación, e ata de apoio, o cal non nos parece mal, todo o contrario, o que nos gusta é que comentedes e dedes a vosa opinión, gústenos ou non, para iso estamos…

Xa nesta liña comentar un par de cousiñas, por un lado este blog é un blog de humor e de opinión, así que non creades todo o que publicamos, ás veces subimos algunha nova pero é o raro, e cando sexa algo verídico o notaredes en seguida.

Por outro lado dicir que neste blog, como xa vos teriades decatado, non temos nada en contra das faltas de ortografía, pensamos que non somos un blog da RAG, e que o importante é que nos entendades, acadando iso estamos máis que satisfeitos.

Ós máis críticos coas nosas publicacións, dicirlles que se o obxectivo é facer de trolls para que o blog deixe de funcionar levades mal camiño, como levamos moito tempo dicindo; que comentedes e dedes a vosa opinión é un dos nosos pilares, aínda que esa opinión non sexa a nosa, a liberdade de expresión é a nosa bandeira.

Así que gracias a TODOS os que nos visitades e nos comentades, gustarianos que algún puxese polo menos un alcume e non todos anónimos, pero non pode chover a gusto de tod@s.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Saúdos a tod@s.

Os últimos comentarios e posts neste blog déixanme coa boca aberta. O que en principio podía ser un punto de encontro gracioso no que intercambiaramos opinións e nos botaramos unhas risas, parece que pasou a converterse no escenario dunha batalla campal na que o obxectivo é non deixar títere con cabeza, xa sexa da coordinación ou d@s compañeir@s dinamizador@s. É unha pena, realmente, ver cómo se entra no terreo das descalificacións persoais baixo o escudo do anonimato.

Fálase de liberdade de expresión e nos quedamos tan anchos. Pois xa que sabemos tanto de liberdades e dereitos, ¿tamén sabemos que os propios rematan onde comezan os dos demais, verdade? E todo o mundo ten dereito a non ser insultado e descalificado nun sitio público coma este. A última que vos dou foi meterse con Xose. ¿A que ven atacar a unha persoa que nin sequera está xa na Rede? ¿Quen son eses que teñen as probas irrefutables de que foi escollido a dedo? ¿¿E as probas de que tamén hai dinamizador@s priviliexiad@s?? Amosade todo iso, por favor. Comecemos agora a campaña de poñer en google o nome de todo dios, a ver qué cousas xugosas podemos sacar. ¡Adiante!

Outra máis: os estudios de cada quen. Pero, ¿¿a que ven iso?? Eu de verdade que non o entendo. E o Xose tendo que expor aí o seu CV... en fin... Certo é que tampouco tiña poqué ter entrado ó trapo...

Por último, quixera dicirlle aos responsables deste blog que me parece de moi egocéntricos de dios pensar que, cada comentario no que non se lapida á coordinación ou se insulta a un/ha del@s porque é gordo ou a outra porque ten os pés planos, está escrito por el@s. Eu non sei se entran no blog ou non, como vós dicides, e tampouco sei comentan (nin me importa moito, a verdade), pero hai algo que si que sei de boa man: non todos compartimos as opinións aquí expostas contra el@s, ditas así sen máis nin máis, e non pensedes que cada comentario crítico cara a vós ben de Área Central, porque eu sei duns cantos que non estamos de acordo con moitas das cousas aquí publicadas e somos tan dinamizador@s coma sódelo vós.

Un saúdo

casper dijo...

A ver que coido que precisamente non se entende o que digo nesta entrada. Ningún dos membros do blog descalificou a ninguén. Outra cousa poden ser as tiras cómicas, pero son iso, tiras cómicas, que ridiculizan a realidade, polo que non pensamos que ninguén as teña que tomar a mal, nin é o noso obxetivo ofender a ninguén con elas.
Moitas das cousas que dis non as vou nin mencionar por que non teñen que ver con quen lle damos vida a esta páxina (ataques a Xosé, seus estudios, privilexios...)
É máis, os máis sorprendidos somos nós, retomamos fai pouco máis dun mes este blog e non agardabamos nin ter esta repercusión, nin tanta participación.
Que saibas que estamos dacordo en que as liberdades de expresión rematan onde comezan os dereitos dos demáis, pero os últimos en ter dereitos fumos e somos nós @s dinamizador@s. Como podía ser cumplir o convenio, dereito fundamental de cada traballador.
E cando consideremos que se está a vulnerar os dereitos fundamentais dalguén tomaremos cartas no asunto.
En canto o de poñer os nomes en google é un exercicio que vos recomendamos, é información que está subida en internet, co cal debe satisfacer a LOPD, de feito os nosos dni saen en internet debido á bolsa que solicitamos para estar onde estamos, non sabemos quen nos buscará a nós e podémonos enterar de cousas realmente interesantes, nós non imos quitar unha información cando xa está na rede e como dis ti xa é pública.
Tampouco pensamos que todo aquel que non critique a coordinación é un membro/a deles/as, se o dis polo comentario que fago das visitas, dicir que so falei de datos reais, é máis direiche que pareceríame penoso que coordinación se adicase a isto, e o da última tira, insisto, é unha tira cómica non pretende plasmar a realidade. Vos raiades máis sobre o que pensamos do que deberiades para acertar.
Por último dicirvos a TODOS e TODAS que a única pretensión deste blog desde que nace é ter un sitio onde os dinamizador@s poidamos expresar as nosas opinións e inquedanzas, xa que considerabamos que facía falta un sitio na Rede con estas características.
Canto máis dispares son os vosos comentarios, uns de apoio e outros coma o teu crítico, máis orgull@s nos sentimos, xa que consideramos que lle estamos a dar cabida a TOD@S os dinamizador@s, o cal foi sempre o único que pretendiamos, coñecer tod@s @s vos@s puntos de vista.

Dinamizador X dijo...

E moi cedo e fállame a inspiración, así que ó primeiro comentario.

Ti pola noite que miras as novas do Telexornal ou as do Intermedio. A que cando miras o Intermedio (ou calquera programa de novas de coña) sabes que o que alí sae non e certo de todo, sale Wioming e sabes que non vai ser algo serio que están de broma.
Pois o noso e o mesmo caso.

Total cando poñemos cousas serias coma este artigo ou o meu anterior artigo sobre Galinux (aínda estou esperando a resposta do Troll que me chamou ignorante) e cando se aproveita para atacarnos.

E co de Google podes flipar compañeir@, e mellor que a CIA, se nos che contásemos.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo