jueves, 30 de abril de 2009

Comunicados e Web

Boas compañeir@s dinamizadores.

Que opinades dos novos modelos de notas de prensa, e a nova web, eu coma sempre, teño cousas que comentar de todo, e isto non vai ser unha excepción, levo unha semana un pouco vago pero hoxe voume recuperar.

O modelo de nota de prensa, a da previsión do mes, para min non e mais ca unha movida para rellenar o escaso contido dos artigos que mandamos os xornais, pero ben mirado e polo miúdo vou comentar certos detalles e vouvos preguntar algunhas cousas a ver se alguén ten resposta.

Alguén sabe se o nome da Dirección Xeral e "Promoción Industrial e da Sociedade da Información" ou os novos cambiárono?

Quédome pampo con un dos datos, 51 dinamizadores, eramos 65 o comezo da etapa coa Fundación sen contar cos novos e so quedamos 51. Por certo teremos que cambiar tamén os datos da nota de prensa esa que mandamos os xornais que di que somos 100.
Seguindo con análises numéricos 51 dinamizadores e na web hai 64 centros creo, non me cadran as contas, e teño en conta que algúns dinamizadores están en varios centros. Creo que devirían xuntarse todos os datos e actualizarse.
E seguindo cos ansiados números, a nota do balance paréceme unha acción totalmente desesperada, non me mal interpretedes, non digo que non sexa boa idea, pero si que me parece desesperada, e a ansia de buscar sempre o amparo dos números, nos informes que mandamos xa saen todos, se os novos xefes queren enterarse vano a facer, estos ataques nos medios de cominación parécenme excesivos, pero bueno todo sexa por conservar o proxecto.

E agora tócalle a web.
Gústame, bonita, funcional, mais o estilo dos Blogs de Blogger que dos portales Web (como era a vella). Pero sigue tendo os mesmos fallos, que eu non sei se serán ou non intencionados.
Non recordo se algunha vez falei de isto, dubido que algún exdinamizador se pase por aquí de cando en vez, pero se o fai este dato o mellor gústalle, a mini web da túa entidade aínda que non saia nos enlaces, aínda que non teña xa a túa foto, segue aberta, e fácil o acceso, seguramente poñendo o nome da entidade en plan "rede de dinamización XXXXXXX" xa che vai saír, e si na nova web tamén saen con todo maquetado e todo xenial. E digo eu, porque se conservan estos datos para o acceso o publico se xa non valen para nada, espero que non esten sacando estadísticas en base a datos contando con esas entidades iso seria unha loucura, verdade).

Porque se conservan datos de centros da rede que non teñen dinamizador que os leve, por iso saen 64 centros, supostamente se non teñen dinamizador xa se prescinde deles, ou iso foi o que pasou en todos os sitios que se quedaron sen dinamizador.

E agora ben o meu porque preferido. Porque non sae o logo da "Fundación polo fomento e a Calidade Industrial de Galicia"?

Segue o logo de Consellería de Innovación e Industria, pero ese ten que estar, polo menos ata que cambien de nome.

E segue botandose en falta un foro ou algo onde os usuarios poidan expoñer as suas duvidas mais directamente.

Sinto que me quedan cousas que dicir, pero e que como dixen antes estou algo vago.

Por certo a quen queira recordar a vella web http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web/index.php

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Ale! Festa! Máis procedementos!

Anónimo dijo...

Si, e iniciativas a última hora, e mil notas de prensa (q xa poñen o dos 51, creo), e trinta noticias, e corenta obradoiros, 14 charlas e...

Anónimo dijo...

Non podo evitar facer a pregunta....
¿que son os medios de cominación?
ji ji ji

Anónimo dijo...

de 51 dinamizadores a 64 centros aínda hai hai unha tirada ¿como é iso?

Anónimo dijo...

Si que hay ex-dinamizadoras que vos seguen lendo, si, non podo evitalo, as viñetas fanme recordar vellos tempos e botar unhas risas... aínda que me apena ver que se segue polo mesmo camiño por parte da des-coordinación... que incapacidade de aprender dos erros...
un saúdo aos que seguen en activo e forza para o camiño que queda por percorrer! temos moito futuro por diante!
bicos!

Anónimo dijo...

Como ex-dinamizadora tamén vos sigo visitando, as boas costumbres non poden perderse!
Ánimo para tod@s os que seguides nisto!

Anónimo dijo...

Eu tamén son ex-dinamizadora, desta recua que mandaron para casa á espera dunhas convocatorias da Fundación que visto o visto........ En fin, dicirvos que por suposto que se vos sigue lendo, básicamente por enterarnos de algo do que está pasando, porque ás veces parece que nos mandaron para casa pola porta de atrás: sen dereito a información e sen dereito a nada de nada. Actualmente me encontro buscando traballo (desesperadamente, todo hai que dicilo) e non podo certificar todo este ano da beca (incluídos todos os cursos de formación que nos fixeron facer) por non telos. En fin, algún día imaxino que chegarán pero así non hai quen demostre que se ten experiencia nesta labor. Ademais de que no INEM non cho contan por non tratarse de beca feuga. Bueno, que está moi ben que sigades co Blog e moitos ánimos para os que seguides aí. Un saudo!!

Anónimo dijo...

Eu é que sempre me entero tarde mal e a rastro das cousas pero polo último comentario, que estás dicindo? é que hai dinamizadoras ás que quedaron de contratar e aínda están esperando?. Eu cada vez sorpréndome máis coas cousas que están a pasar, poderías contar algo máis da túa situación?
Saúdos e ánimo que pronto atoparás algo mellor.

casper dijo...

Moitas gracias @s ex-dinamizador@s polos vosos ánimos. A verdade é que a vosa situación é ben curiosa, fainos lembrar o tempo que estivemos nós despois da bolsa sen saber moi ben o que ía pasar, coa diferencia de que daquela isto estaba a comezar e agora moit@s temos a sensación de que está a rematar.
A vosa situación ben merece un artigo para que tod@s saibamos exactamente que vos prometeron e o trato que vos deron, pode ser incluso indicativo do que nos pode pasar a nós.
O malo é que nós non temos información dabondo e de primeira man da vosa situación, así que se algún/ha quere mandarnos unha especie de artigo relatando o que foron estes meses para vós, o subiremos encantad@s e así informaredes a tod@s os vos@s compañeir@s do que vos está a suceder.

Anónimo dijo...

Eu creo que xa podemos dar por finiquitada a Rede!!!

Anónimo dijo...

Eu tamén a daría por finiquitada, e é difícil poñerse a organizar iniciativas, charla, obradoiros... con tanto desánimo, tanta desinformación...

dama do castro dijo...

Non tiña idea desta situación de dinamizador@s que aínda están agardando por un contrato. Secundo o que dí Cásper de que enviedes un correo para que sexa publicado como post porque sería certamente interesante.
Ánimo a tod@s que nestes momentos fai boa falla.

Anónimo dijo...

Animo dinamizadoras/es despois deste" Gran hermano" que foi a Rede todo o q veña será mellor. Comparto con vos o desánimo que nos provoca esta situación de silencio e que se nos trate como simples fábricas de números para engordar estadísticas

Anónimo dijo...

Comparto 100% o das simples fábricas de números. Mentres haxa números, o que somos nós como persoas, se estamos nervis@s ou non, impórtalle a alguén¿?
Algún/ha d@s nos@s amig@s fala con vós de algo que non sexa estrictamente de números, da Rrede, de ter todo listo para cando veñan os novos?¿
O que somos nós como persoas e nada que nos incumba que non teña que ver cos números e coa rede... CERO!!!!

Anónimo dijo...

Que ilusos somos... non nos decataramos ata o de agora que de damos exactamente igual, ou que!! ou acaso algún dos que xa sabemos se interesou o máis mínimo por nós algunha vez, a pesar de levar xa máis de dous anos traballando xuntos? Claro que lles da igual se estamos intrakil@s ou non, pero iso xa non ben de agora, que eu sepa

Dinamizador X dijo...

Juas, xa lle meteron o logo da Fundacion a Web. Mira que esquencerlles iso.

Dinamizador X dijo...

Recordade comapañeiros, que a vida segue, non hai que quedarse estancado na Rede, o que temos que facer e o de sempre, procurar pasar da mellor maneira os dias, atendendo a nosa xente que son os usuarios, procurar loquear o menos posible cos papeleos e o que teña que ser que sexa, todos sabiamos que este traballo non era para toda a vida cando nos metemos en el, pero pensade na esperiencia que sacamos del e dos bos ratos coa xente dos obradoiros.

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo co último comentario, cando isto remate lévome moitas cousas: experiencia, grandes momentos cos usuarios e tiven a gran sorte de atopar bos amigos de traballo e ademais coñeceros a vos e todo o que vivimos xuntos.
Pode ser que esto esté a piques de rematar pero quedan aínda 8 meses e non creo que debamos agobiarnos tan pronto, o digo por nós mesmos, todos sabemos o que hai e punto. Como a maioría de vos non tiña nin idea de dar clases e mira xa todo o que levo e a xente contenta e todo!
Si que creo que algúns deberían dar a cara que non creo que saíban nada pero polo menos dicilo e saber que están ahí, é que soamentes recibimos correos de fai isto, falta aquilo...
Eles están todos nunha oficina e poden comentar as cousas pero nós levamos meses sen vernos as caras.
Seguramente alguén de coordinación lerá isto, contade con nós para todo que seguimos aquí.
Un saúdo compañeir@s!

Anónimo dijo...

E por que non nomeamos a alguen como representante pa que pregunte, ou teña unha reunion ou algo? Eu entendo qeu con tod@s será difícil, pero podemos poñer representantes, x exemplo x provincias? non sei, é unha bobada, pero... mellor que nada.......

Dinamizador X dijo...

Con respecto o comentario que fala de elexir uns representantes, non mo tomes a mal, pero creo que eso xa se tentou polo menos un par de veces e valeu para menos que para nada, porque se valera para algo teriamos resposta, pero dame que calquera correo que non teña que ver directamente coa dinamizacion marcano como Spam e o lixo.

Algunha accion poderemos leva a cabo para que nos tomen en conta, pero para eso fai falta poñer un pouco da nosa parte, e non me refiro a mandar un correo firmado por 6 dinamizadores.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo