viernes, 17 de abril de 2009

A espada de Damocles

Onte amaneciamos cunha nova bastante abraiante, como xa saberedes refírome a despedida de Alba. O normal nestes casos sería dicir que isto ten que ver co seu protagonismo en varias das tiras do dinamizadorx, pero visto o visto algún crerá que realmente o pensamos, así que nin a posibilidade a esa pataleta lle imos dar.
A verdade, é que a nova non foi moi ben recibida na coordinación deste blog, hai que ter en conta que é unha personaxe que xa tiñamos feita, e agora teremos que buscar algún/ha outro/a (nota @/s crédul@/s esta última frase está cargada de ironía, non a tomes/des en serio).
Falando en serio non foi ben recibida por varios motivos, para comezar por que era unha referencia dentro da Rede xa que era un/ha dos/as membros/as de coordinación que máis tempo levaba e polo tanto era cunha das que máis tratabamos.
Por outra banda preguntámonos os motivos desta nova, pensamos que hai varias posibilidades:
- Alba marchou por que atopou algo mellor, ou porque lle ve pouco futuro a isto.
- Botárona, esta opción abre moitas posibilidades pero parece pouco probable.
- Rematóuselle o contrato e non a renovaron porque se lle ve pouco futuro a isto.

Como vós, que tanto comentades, sabedes que en coordinación todo o mundo é bolseiro/a, e ademáis en condicións moi malas, poderedes concluír que non é a última opción, non se lle pode rematar o contrato se non o ten, e como as súas condicións eran malísimas debe de ser a primeira das posibilidades.
A nós, nembargantes, nos gusta ler entre liñas e o último parágrafo do correo de despedida nos deu que pensar, por exemplo fala desta nova etapa da Rede e di tamén que ogallá o noso “traballo” remate sendo unha “profesión” onde pensamos que entende que agora non o é. Por esas letras cremos que realmente o da nova etapa e o futuro incerto da Rede teñen moito que ver con esta marcha.
Por último queriamos desexarlle o mellor a Alba nesta nova andaina e desculparme por ter que explicar as gracias e ironías do artigo, pero non queremos ferir ós/ás nosos/as comentaristas máis sensibeis e participativos/as.
!OJALÁ QUE TE VAYA BONITO!

17 comentarios:

Anónimo dijo...

como ti dis, isto da moito que pensar... a peña empeza a abandonar o barco antes de que se funda??¡!? sea como sea, moita sorte a alba no futuro!!!! e creo que digo ben tamén se lle desexo sorte a maria, coa que se lle debe vir encima. a pobre xa debeu petar porque esta semá só houbo unha noticia nova na páxina nos 5 días¡! chegan tempos revoltos, amig@s!!

Anónimo dijo...

Levo dende onde dándolle varallando sobre as posibilidades da súa marcha, que bo sería saber os motivos, alguén sabe algo?.
De tódolos xeitos, tamén lle desexo sorte, seguro que gaña co cambio.

Anónimo dijo...

Perdón, sobra o "dándolle"

Anónimo dijo...

Pinta mal a cousa¡¡¡ sen ela, coa baixa de Alejandra, na coordinación van flipar, e cando eles flipan, xa sabemos que non lles gusta flipar solos¡¡

jaderak dijo...

Facendo as contas, Alba cumpría 2 anos de contrato, penso que non a renovaron porque senon a terían que facer indefinida..., e iso hoxe en día... digamos que non lles é viable, porque non saben o que vai suceder... por iso isto segue sendo un traballo e non unha profesión :(.Na miña opinión en canto teñamos os dous anos de contrato cumpridos, pasaranos o mesmo.
Prefiro pensar que ata final de ano imos quedar, tempo suficiente para que o novo goberno "fabrique" unha nova Rede de Dinamización (según dixo Feijoo), ben unindo as existentes: a nósa e o CMG ou ben partan desde cero con personal "novo"--> http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel3&cid=1227464868765&color=Rojo&idContenido=1227468915808&idioma=gl&pagename=Spark%2FSpark_SecNivel3%2FCLPlantSecNivel3Detalle&tipoContenido=Spark_Novas&tipoLetra=Texto1). Isto último é unha opinión persoal.
En fin, que levamos dous meses sen outra información ca dos obxectivos, e atopándonos todos e todas totalmente desmotivados e desmotivadas, por que? Porque ninguén sabe o que vai pasar (nin coordinación e moito menos nós),e iso fai que nos cuestionemos se de verdade paga a pena seguir neste barco que parece afundirse cada vez +, posto que fagas o que fagas, ben ou mal, túa situación laboral non dependerá do teu esforzo,... senon que llo pregunten a Alba.
Persoalmente a ilusión coa que comecei este ano esfumouse toda, agora os elementos cuantitativos (traballo, horario, soldo, cotización,etc...) e só uns poucos cualitativos (usuarios e usuarias que non paran de darche as gracias polo teu traballo) son os que me animan a seguir,...Agora é só un traballo, antes penso que era algo +.
En fin, ánimo a todos e todas e especialmente a Alba, a "primeira victima" desta "crise" na Rede de Dinamización.

Anónimo dijo...

Este comentario de "pinta mal a cousa..." non sei de quen será pero cada vez que o leo me parto de risa, porque ten toda a razón. é como unha viñeta sen debuxos, pero viñeta.

Anónimo dijo...

A min tamén me chocou que non houbese novas na web esta semana, por certo, como é eso de que despois de 2 anos somos indefinidos?? Entón seguro que nos botan.....

Anónimo dijo...

Jaderak ten toda a razón, creo eu, no de estar desmotivad@s. Polo menos, coa xente coa que falo, a cousa está así. Eu creo que ninguén saberá nada aínda pero, aínda así, se cadra era momento de que nos chamaran a tod@s e alguén nos dera algunha explicación de algo, non sei se Helena (se aínda está, que non o sei), se Carmen ou quen sexa, pero unha explicación, porque traballar nestas condicións, pos bueno, non é o mellor do mundo. De verdade pensades que nos imos ó tacho tan pronto??? Porque sendo así, como di @ compañeir@, estaría ben sabelo para poder abandonar o barco ou ir buscando un bote salvavidas tod@s, e non só os da Área central

Anónimo dijo...

Si, o da web tamén o vin eu. Na semana na que entra o pepé oficialmente, na web da Rede estamos con novas do día 8

Anónimo dijo...

será que aquí xa pira todo dios e tamén largou, porque o marcos, alguén falou con el nos últimos, non sei, cinco ou seis semanas? estamos jodidos, amig@s dinamizador@s

Anónimo dijo...

O peor é que cando falas cos de coordinación polo pidgin, contestanche estilo telegrama e se se tercia incluso te deixan coa palabra na boca ¿non vos pasa iso últimamente? Alba volveee!!!

Anónimo dijo...

Bueno, aquí temos a o novo responsable de industria
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/04/17/00031239969905758971366.htm

Anónimo dijo...

Acabo de ler o correo de Helena Veiguela, parece que temos xa un pé na rúa.
Ao igual que tod@s gustaríame ter máis información desde coordinación, polo menos saber como están as cousas por ahí, nós estamos en cada entidade aillados e facendo conxeturas, e xa levo enviado un par de correos que non reciben contestación.
Vémonos na cola do paro chic@s!

Anónimo dijo...

Non temos un pé na rúa, non se sabe nada --> "e que aguardamos que podades continuar facendo en beneficio da cidadanía e
deste país." Iso dixo a Veigue, polo tanto non saben nada de nada, nos vindeiros meses, saberemos que sucede. Temos que seguir agardando, pero eu penso que estaremos ata final de ano, ata entón a seguir dinamizando todo que podamos... inda que xa non creo que teñamos as ganas dantes :(.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Que mala é a incertidume. Tantas despedidas e ningunha aclaración. Mentras tanto a nós tócanos esperar, dinamizar, ter paciencia e por riba comprensión pero cando se van a dignar dende coordinación a dicirnos o pouco/moito que saiban sobre o noso futuro?

dama do castro dijo...

Eu creo que non din nada desde coordinación porque eles tampouco saben nada. Supoño que agora terán que reunirse co novo conselleiro de industria e o todopoderoso, ao estilo empereador romano, levantará o dedo polgar ou o porá para abaixo. Sinceramente creo que non estarán de acordo con algúns aspectos que a Rede de dinamización traballou a fondo, como o asunto do fomento da lingua. Xa sabemos que o pp o tema da lingua...

Anónimo dijo...

pois que digan que eles tampouco saben nada, pero que digan algo, non?

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo