miércoles, 22 de abril de 2009

Especulando co futuro

[AVISO, ARTIGO DE OPINIÓN CON CERTA CONTROVERSIA, SE NON TE QUERES SENTIR OFENDIDO NON SIGAS LENDO]

Bos dias a tod@s compañeir@s.

Despois de todos estos cambios que estamos tendo e imos ter durante varios meses, quédome con ganas de dar a miña opinión.

Pero antes unha pequena observación a actitudes que considero pouco lóxicas ou cando menos pouco razoables.
Lía o Luns no Diario A Nosa Terra un artigo de entrevista a Suso Baleato coordinador de Mancomun, o titular era "O PP non ten outra alternativa que potenciar Mancomun.org", xa con esta postura eu non sabia se rir ou chorar.
O artigo continua con un refrito que estamos mais que cansados de escoitar, que si o software libre e gratis, que si axuda as traducións, que non e solo para profesionais.

Fala de números que os avalan, fala que a ONU os ten como referente... Ata aquí todo perfecto, non podería estar mais de acordo, pero en estas declaracións denotase un ton, que eu considero como menos algo táxante. Fálanos de que se o PP quere cumprir a súa promesa de "austeridade" e o seu programa non lle queda mais remedio que fomentar a continuidade de Mancomun, e non so iso, terá que multiplicar os recursos. E para rematar pon a guinda dicindo que todo esta moi ben estudado e que o único camiño a seguir e o de Mancomun.

Pois compañeiro, non sei se son pallas mentais o que te fas ou se vives nos mundos de Yupi, pero dáme que vas algo de cu con todo isto que afirmas.

Para comezar a baixar a xente da pola, os programas son para gañar eleccións, unha vez que gañaches xa veras o que fas.
E sigo, tes que ter en conta que Mancomun e unha iniciativa do BNG, o que non lle da moitas papeletas para seguir en activo, ou polo menos non para seguir coa mesma estrutura que o de ata agora, paréceme moito supoñer e moito sobreestimarse, o de pensar que dentro do propio PP non haxa xente que domine o eido do Software Libre e que teña capacidade suficientes para levar ese proxecto. Ti pensas que o único camiño e o voso pero pode ser que cando se fixo o programa electoral contábanse con outras alternativas distintas as do modelo de traballo do Bipartito, porque cando alguén presenta unha campaña en contra do actual modelo de xestión non soe basearse en institucións xa montadas se non en novas formas de traballar.
Pois iso, como me dixo Casper onte "Creo que vas de cu".

E agora vou coa miña quiniela do que pode pasar.

Con respecto os inminentes cambios en Coordinación, tendo en conta o ocorrido a Alba, temos que pensar que pouco a pouco a todos os demais se lles rematara o seu contrato e nos vindeiros meses asistiremos a cambios cando menos drásticos na estrutura da nosa ben querida coordinación.

Pregúntome eu, que fará Feijoo cos telecentros da Rede e da CMG, non ten lóxica seguir separándoos, cando se ve que a súa filosofía e xuntar cousas (medio ambiente e urbanismo, touciño e velocidade) así que supoño que a solución mais sinxela e barata e collelos todos e homoxeneizalos baixo un so nome e unha nova simboloxía, poñerá de rexente de esta nova entidade a seu sobriño (por exemplo), e agora ben a parte boa do tema, terá que combocar novas prazas de "dinamizadores" dos novos telecentros da Xunta, recordade compañeir@s que hai mais mundo fora da Rede, e que todas esas aulas nas que estades, terán que ter alguén que as leve, non creo que todos os cartos que hai invertidos en esas aulas se vaian polo sumidoiro.

E recordade, esta e a miña opinión, supoño que os de sempre xa terán a cabeza quente e comezaran a facer o Troll que e o que saben.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira que es mal pensado, se Feijóo pon ao sobriño será por que é o más capacitado para o cargo, ¿ou esta excusa so vale para o bipartito?

Anónimo dijo...

Mª del Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Naceu en 1967.

É licenciada en Física (Especialidade de Electrónica) pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o máster de Economía e Xestión da saúde na Universidade de Santiago de Compostela e obtivo o diploma de directivo da Xunta de Galicia no Programa de Dirección Innovadora.

Desde febreiro de 2005 era subdirectora xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos na Consellería de Sanidade da Xunta. Conta ademais cunha praza de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na categoría de Técnico Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, desde xuño de 1999.

- Ano 2004-2005: Directora de Organización e Sistemas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, desempeñando as funcións de dirección e xestión

- Ano 2002-2004: Xefa de área de Programas Especiais (Centro de Servizos Tecnolóxicos do SERGAS, asumindo a responsabilidade del desenvolvemento dos Sistemas de Información no ámbito de Tarxeta Sanitaria, Inspección Sanitaria e Saúde Pública así como a coordinación informática de Direccións e Delegacións Provinciais.

- Ano 1999-2001: Técnico Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información adscrito á Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria dependente da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, en calidade de Responsable Técnico do Proxecto de Tarxeta Sanitaria.

- Ano 1995-1999: Asistencia técnica na Consellería de Sanidade, co proxecto de Tarxeta Sanitaria

- Ano 1993-1994: Analista da empresa de Servizos Informáticos SOPRA-BULL, actualmente STERIA.

- Do 1990 a 1993, enxeñeira de desenvolvemento de INISEL, Empresa Nacional de Sistemas S.A, actualmente INDRA (Madrid)


Que conclusión sacamos disto?? Eu non me atrevo a opinar do que non sei, pero que estivera xa nun cargo importante no Bipartito e que neste goberno siga... pode ser un bo sinal??? Que pensades?

casper dijo...

Moitas gracias ó segundo comentario, moi interesante e útil, xa sabemos de que imos depender, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Interesante tamén o que comentas de que xa foi cargo no bipartito (e abraiante), ogallá, como dis, iso sexa unha boa nova. Para os que queirades contrastar a información subida pol@ nos@ compañeir@ http://novas.xunta.es/node/14378
O escrito, moitas gracias, estas son as cousas que se buscaban cando se lle deu vida a este blog.

Anónimo dijo...

Se non chega a ser por este blog eu non me enteraría de nada. Moitas Grazas!

Dolphin dijo...

O de que sexa xa tivera un cargo é normal. Cantos funcionarios de nivel A pensades que hai na Xunta? Hai moitos postos que xa estaban na época do PP, con máis ou menos competencias estiveron co Bipartito, e agora seguiran co PP. Suprimir altos cargos significa máis secretarias e subdireccións xerais que so poden ser cubertas por funcionarios de tipo A. Non podes poñer a quen che pete nin contratar a nadie sexa sobriño de quen sexa.

Dinamizador X dijo...

Vexo que tivemos a visita dun grande entendido dos protocolos de traballo da administración.
Tes razón no dos funcionarios de nivel A, e normal que a moitos co Bipartito no único que viron modificada a súa condición foi con menos responsabilidade e menos carga de traballo.
Pero amigo Dolphin, coma sempre pecades no mesmo, porque todo o que escribimos os colaboradores deste Blog, se toma de maneira literal, e que a caso non sabemos ler entre liñas ou como diría Pazos "coller o concepto", o que di o seu sobriño, di o seu amigo funcionario de nivel A, e tende claro que vai mandar en isto que a el lle pete, ou non se pode poñer a un macaco dando a cara e ser mandado por outros por detrás.
Sexamos realistas que todos coñecemos a súa forma de traballar.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo