martes, 7 de abril de 2009

Malos tempos para a lírica

Primeiro quero comezar comentando o comentario nº 49 da tira cómica que vin que dí o seguinte:
"Que hai que facer para conseguir un cambio de horario e destino? Eu soliciteino hai moito tempo e sigo esperando resposta."
A ver, o cambio de horario, a non ser que esteas con outro compañeir/a, como é o caso de víctor,que se poden organizar dese xeito, que eu saiba non se pode facer, porque precisamente por estos rollos estamos tod@s susceptibles.O horario na miña opinión,para este traballo é o que debe ser: de mañá e de tarde ou só de tarde. A todo o mundo lle gustan as xornadas intesivas de mañá pero nos non somos funcionarios de ventaniña que poñen cuños en papel e fóra.
O horario é o que é, e salvo situacións puntuais ou casuísticas menos habituais, non se xustifica, porque entón estaríamos na situación de poder escoller cada un o seu e desde coordinación se nos dí que iso non é factible.
Outra cousa é o do destino, que che desexo sorte.
Creo que entre o cambio de goberno, as novas esixencias de coordinación que veñen nun momento en que, precisamente me da a impresión, (a impresión eh)! de que en coordinación están algo estresados e a atención aos dinamizador@s baixou na súa calidade, estamos tod@s un pouco nervios@s.
Eu sigo apoiando este blog, porque sei que non se busca faltarlle o respecto a ninguén. Aos humoristas dos xornais que fan tan boas viñetas nas primeiras páxinas e que reflexan, con catro trazos e dúas frases, tan ben a ralidade non se nos ocorre dicir que lle estean faltando o respecto a ninguén.
O día que me pareza o contrario igual nin o visito pero non é o caso. Creo que sen ofender a ninguén se poden dicir os pareceres de cada un amosando disconformidade ou poñendo de manifesto unha situación para pedir explicacións ou compartir inquedanzas.
¿Que cando un goberno chega ao poder, da traballo a outras persoas cercanas ao seu pensamento ideolóxico?, certo. ¿de que nos estranamos? ¿Non foi así sempre? ¿non será así sempre? á marxe da corrente política.
E digo máis, en certos casos, ¿iso que ten de malo? é o natural!. O certo é que non seguín moito o xogo este de comentarios con respecto a esta tira.Non sei se Xosé está ou non está, (creo que non), cando estivo, desenvolveu ben o seu traballo, iso é o que importa. (ou esa é a miña impresión persoal). ¿Que entrou a dedo? nin o sei nin me importa, carallo, basta de hipocresías e de ter dúas varas de medir. Acaso se nos colocan a nós por enchufe dicimos que non? veña oh, coñezo a alguén pretiño de min que quizáis non o aceptaría pero ¿eu?, cos tempos que corren....
A repartir!, un bico Xosé, un bico Víctor, un bico dinamizador X , un bico dinamizadores, e outro pa coordinación, porque all we need is love!!!!

8 comentarios:

victor.sada dijo...

Noraboa por este post, creo que esta é a actitude, crítica pero positiva e coa finalidade de unir.

Por eso creo que este blog pode ser moi bo para todos e todas nós.

Saúdos!!

Anónimo dijo...

A realidade é que o horario coma ben sabedes ten unha finalidade. Lograr que o maior número posible de persoas poidan asistir os obradoiros, a aula aberta, .... en definitiva participar na REDE DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, xa que iso é o que se pretende cunha rede, onde hai coñecementos a adquirir, postas en común, ... participación nas iniciativas, obradoiros, etc. Igual deberían poñernos a traballar en parellas nos centros de dinamización ¿que vos parece?

Anónimo dijo...

Si, si... e eu pídome cun dinamizador ben guapo, a poder ser. algún voluntario?? xD

Oscar.Camariñas dijo...

eu eu ....son juapo coma un sol,alto e cachas,pero solo von se hai rollito vacilón senón nada,eh!! jajaja

Anónimo dijo...

eu creo que debería haber un cupo distinto para o verán, porque non sei vos pero eu teño máis afluecia polas tardes que polas mañás.Polas mañás de 8 a 10 o que é asistencia da xente.... na de na, e a partir das14:00 igual

alberto.vilagarcia dijo...

Tamén quero dar a norabóa por este post, gústame e ademáis comparto ese punto de vista.

Aproveito para dicir que agora que temos certo grao de incertidume, polo novo cambio de goberno e que por tanto non sabemos nada do que vai suceder realmente nos vindeiros meses (penso que vai tardar a decisión de que vai pasar coa Rede e ad+ prefiro pensar en "fositivo" e non en "negatifvo" :)) temos que intentar que isto funcione o millor posible, todos e todas, conxuntamente, tal e como fixemos o longo destes dous anos.... sí, dous anos xa , como pasa o tempo.

Un saúdo e a seguir dinamizando ;)

Anónimo dijo...

Oscar, vente, vente!! Claro que si, ti non te preocupes! Home, jrasias por contestar, porque se fago eses ofrecementos e non responde ninguén ti mira que mal quedo! xD

Anónimo dijo...

Claro que si, Alberto! Tes toda a razón! Ese é o espírito adecuado en tempos de crisis!! Quen está con Alberto?? Eu, @ primeir@!! Agora é momento de unirnos tod@s, coordinación incluída, e non vernos como @ inimig@, porque @ inimig@ está aí fóra, xD! Bicos, compañeir@s dinamizador@s!!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo