lunes, 1 de junio de 2009

Xuño...

Por fin chegou xuño, e con el a xornada continua, parece que o bo tempo, e como non... chegará tamén a extra.
Non se pode dicir que este mes non nos trae motivos para, canda menos, motivarnos. E de aí nace este artigo, por fin, meses despois, eu atopo motivos para estar máis ilusionad@, máis motivad@, máis content@ no meu traballo.
Hoxe é, con moita diferencia, o día no que menos me costou erguerme para vir traballar desde, polo menos, o famoso 1 de marzo, e iso que entramos 2 horas e media antes.
Así que xa sabedes tod@s arriba ese ánimo, está a piques de entrar o verán e poderemos desfrutar del, indo á praia, indo tomar unhas cañas ou, simplemente, durmindo a sesta por que estes madrugóns se farán duros.
Estou segur@ ademais que isto fará que estemos de mellor humor no noso traballo, nos nosos obradoiros, atendendo @s nos@s usuari@s,... e coido que niso deberiamos centrarnos, que non pague quen non debe a desmotivación da que falades nos vos@s comentarios.
É normal atoparnos desmotivad@s por todo o que está a acontecer (e polo que non está) e teremos que consolarnos nestes detalles para levar o noso traballo de mellor xeito posible, para nós e, sobre todo, para @s nos@s usuari@s.
Así que xa sabedes, desfrutade do mes de xuño e do verán!!

22 comentarios:

Anónimo dijo...

que cheiriño a verán desprende este post. que gusto.

Anónimo dijo...

Pois eu sigo coa mesma desgana e con menos usuarios porque pola mañá e dificil q veña xente.

Anónimo dijo...

Estou dacordo có post nº2.
Pola mañá apenas ven xente, salvo as que veñen polo obradoiro e algunhas persoas que ven o facebook.

Pero a mín gustame máis este horario. Xa non teño que preparar os obradoiros o día anterior, nin con presás, teño máis tempo para preparar outro tipo de actividades, ...

Onde hai que firmar para ter sempre este horario?

Anónimo dijo...

Ai, eu estou moi contento!! Estar na casiña a estas horas, apunto de piyar rumbo á praia! Eu coincido con Casper, porque hoxe foi un día no que recuperei un pouco as ganas polo horario (95%) e tamén porque hoxe houbo un detalle dunha persoa da coordinación que me deixou alucinado (aínda que isto só contou o 5%). Non vou contar con quen nin que detalle, que senon delátome, jijiji, pero houbo alguén que me fixo un favor bastante importante... e sen ter eu que pedilo! Supoño que sería a excepción que confirma a regla, pero bueno, aínda así da gusto, e dicíndome que non había que dar as gracias, que non era nada. En fin, amigos, que temos as tardes libres, e pronto vacacións!

Anónimo dijo...

E o horario do café? Porque seguimos contando con eses 20 minutos que tiñamos o ano pasado, non???

Anónimo dijo...

20 minutos para o cafe? eu non podo collelos porque non teño quen esté na aula durante ese tempo.

Anónimo dijo...

Os 20 minutos?
Os 20 minutos eran para os que non tiñan aínda aula da Rede de Dinamización.

Eu polo menos tomo un café aquí na máquina do centro e despois o levo para a aula. Non vou a dar un obradoiro có estomago queixandose, non?

Dinamizador X dijo...

Eu quero no meu centro unha maquina de bocadillos de Xamon Asado, que o café non me chega a nada.

Anónimo dijo...

Non vos queixar, que algúns non temos nin máquina expendedora e se queremos temos que traer o termo da casa.

Anónimo dijo...

Eu non teño máquina de café, nin de auga nin nada. Hai momentos nos que a aula está para vestir santos, non me parece tan disparatada a idea de pechar un momento para que as tripas paren de berrear e por un cartel na porta do tipo: "Volvo en 10 minutos".
Mentres non se exceda diso penso que calquera o pode comprender, ou seriamos os primeiros en pechar para o café un servizo ao público?
Estou esperando o correo de coordinación dicindo algo como isto ou similar, supoño que non serán tan "cabeza cadrada" como para non entender que ningún proxecto se afundiu por pechar un ratiño.

Dinamizador X dijo...

Eu pensaba que o do tempo po café xa estaba mais que resolto, non o temos e punto, esta discusion hai tempo que rematou.

Anónimo dijo...

Mais ben dí: "hai xente que o ten e xente que non", o igual que "hai xente que ten dedicación exclusiva (obligatoria e non remunerada) e outra non", ou "xente que ten un horario e xente que ten outro", etc..etc... :D

Anónimo dijo...

Simplemente copio e pego o que pon o noso convenio, sigo pensando que as veces tragamos máis do que deberiamos:
c) Los trabajadores y las trabajadoras en jornada continuada disfrutarán de 20 minutos de descanso diario computado como tiempo efectivo de trabajo. En la Jornada Partida disfrutarán de 10 minutos de descanso diario computado como tiempo efectivo de trabajo.

Anónimo dijo...

Si pero diga o que diga o convenio non se pode deixar o posto deserto, sen embargo habería que ver se se pode ou non "compensar".

Anónimo dijo...

O de que o posto non pode quedar deserto en que parte do convenio aparece? ou é unha tolería máis de coordinación?
De todolos xeitos, como di nun comentario anterior, pechar 15 minutos e deixar unha nota non se pode considerar deixar o posto. Ninguén morreu por esperar un anaquiño na porta se se dera o caso.
Xa non é un capricho, chega a ser necesidade o saír a despexar a mente, a encher o estómago; non se traballa ben estando a disgusto, ou si? Eu polo menos non.

Óscar Camariñas dijo...

Pero hai xente que non vai tomalo café ?

Anónimo dijo...

Ide os 20 minutos ó café,tomar o aire, pasear... o que queirades. Nadie vos pode dicir que incumplides co voso traballo se o convenio vo-lo estipula.
Deixar o posto deserto é marchar do posto de traballo sen causa xustificada e non avisando delo, ben a un compañeiro da entidade na que estés ou deixando unha notiña de "volvo en 15 minutos".
E senón que vaian os de coordinación sustituirvos mentres ides mexar, manda narices!

Anónimo dijo...

A ver... O ano pasado, no verán, tiñamos 20 minutos de café, ademais é un dereito que temos.
Habería que falar seriamente con coordinación e establecer un horario para o café, que os usuarios sepan que eses 20 minutos a aula está pechada. Que coordinación di que non se pode pechar, pois está a facer o que lle da a gana cos dereitos dos traballadores e eso NON É POSIBLE.

Anónimo dijo...

O pasado verán aínda non había tantas aula da Rede coma este ano.
Creo recordar nunha reunión de dinamizadores que os de arriba diciannos que os que tiñamos a aula non podiamos sair e logo de maneira indirecta dixeron que os que non tiñan a aula aberta si poderían aproveitar os 20 minutos.
Eu queixeime porque non é o mesmo dirixir unha aula todo o día exposto ó público que estar nun despacho tranquilo.

Anónimo dijo...

pero realmente cal é o dereito que temos con respecto ao café neste momento? porque non me aclaro

Anónimo dijo...

Polo que eu entendo a situación é a seguinte:
Por un lado o noso convenio, que di o que pon un comentario anterior, o de onte as 3:22.
Por outro lado a omisión de información por parte de coordinación, que, e isto é unha opinión personal, non debe querer que deixemos as aulas eses 20 minutos (10 no inverno), e con non dicir nada e manternos desinformad@s asunto resolto.
Coido que esa é a situación na que nos atopamos e coido tamén que estar 7 horas sen meter nada no estómago é inhumano.

Anónimo dijo...

Eu có meu termo do café e unhas magdalenas tomo o café na aula mesma. Iso si, intento que sexa en horas que sei que non me veñen a xente.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo