martes, 4 de septiembre de 2007

A convocatoria

Como ben saberedes saíu unha convocatoria de traballo para dinamizadores ofertada pola Fundación Calidade.
A nova non nos pilla por sorpresa despois de que a anunciaran na xuntanza do xoves pasado en Santiago, nesa na que todo o mundo marchou cara unha bocatería.
Mais por sorpresa nos colle que teñamos que presentar a mesmiña documentación que presentamos para solicitar esta bolsa.
¿A algún de vos lle quitaron o seu título? ¿Xa non sabedes falar galego? E aínda que xa non saibades seguro que non vos roubaron o papeliño que di que sabedes, ¿non si?
¿Non é lóxico pensar que se se nos concedeu a bolsa é porque cumplimos os requisitos que se pedían?
Iso si, con so 10 días de prazo e a entregar en Santiago, moi cómodo se sodes, por exemplo, de Verín.
Tampouco podemos pasar por alto o número de prazas, 64, ¿non eramos case 100? Se facemos contas e quitamos a ollo a xente que o deixou e os non aptos, ¿non quedaremos mais de 80?
E se a pedimos todos ¿que vai pasar?
Sabemos que son moitas preguntas que, neste caso, non somos quenes de respostar, así que se vos sabedes aclararnos algunha delas, por favor facédeo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu o unico que podo dicir é que son un dos poucos que non asistiu a famosa reunión pq non me convocaron, aínda así renovaronme na miña entidade pero non estou cómodo aquí pq non podo realizar obradoiros case e teño renovar coa condición de axudarlles co traballo da propia entidade. A convocatoria esta parece un segredo xa q algúns nos enteramos por medio dos nosos compañeiros, como se fóramos menos ca os demais...non entraramos todos coas mesmas condicións? Parece que non...

Anónimo dijo...

A única explicación que lle atopo ao número de prazas convocadas para a Fundación é que na Consellería suspendían matemáticas sempre ou que o becario que lles fai as contas está de vacacións.
Esa convocatoria esa está feita como o cu, perdoando.

dama do castro dijo...

O que non me parece ben, é que se a convocatoria é para todos, por que non se publicitou debidamente a todo o conxunto de dinamizadores?
Dúbidas á cabeza véñenme moitas. Por exemplo; se a unha persoa a ían coller na súa entidade este ano, pero ela prefire solicitar esta praza, vai quedar "ao final da cola" ou ten as mesmas posibilidades que outra persoa que a solicite porque non a collan na súa asociación?
Outra dúbida é ¿que merece a pena xustificar do currículum? como sei eu se tal ou cual curso me vai puntuar?

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo