martes, 4 de septiembre de 2007

Ola! Podédesme chamar DDC

Sí. Iso, ou Dama Dinamizadora do Castro, pero EEEI!!, non collades medo! Non son ningunha pantasma!, para iso xa temos a Casper; nin tampouco son a primeira dama de Cuba. Eu máis ben estou na sección mitolóxica das meigas.
Por se non o sabedes, direivos que non é sinxelo verme; mellor dito, non era sinxelo verme fai centos e centos de anos, cando as meigas non tiñamos que incorporarnos ao mercado laboral. Non é que antes fora todo jauja, que, coa Inquisición do nabo, a pouco que te descoidases, xa tiñas unha cebola na boca, por non dicir noutro sitio, (que as damas non dicimos esas cousas) e estaban facendo contigo unha barbacoa. Pero hoxe en día, que queredes que vos diga, a cousa tampouco está para tirar foguetes. Actualmente, teño que facer acto de presencia no choio, na miña plaza de becaria coma Dinamizadora da sociedade da información, e non precisamente baixo unha forma animal, como adoito facer noutras ocasións. ¿Imaxinádesvos? Eu convertida en raposa diante do meu ordenata e os meus comañeir@s preguntándome “_ Oes, Nozilla firefox, ves tomar un café connosco?” non, non é plan.
Hai que ver como cambian os tempos.
E diredes vós, pero esta tía, meiga ou o que sexa que carallo fai aquí!?.
Pois acábome de colar, que para algo son meiga, e veño para poñer un toque feminino neste blog que desprende un aroma a testosterona que tira patrás, polo menos aparentemente.
¿Ou é que vos vedes por ahí algunha dinamizadora x? ¿e algunha langhrana? ¿Pero isto que leches é?.
Pero xa tocarei ese tema noutro momento, porque agora o que quero é, reiterando un pouco o que xa expuxo Casper un pouquiño máis abaioxo, recomendarvos que baixedes e leades con atención a convocatoria para solicitar a praza como dinamizador@ que atoparedes nesta dirección: http://www.fundacioncalidade.org/galego/procesosselectivos/ver/. Lede detidamente os requisitos para o acceso e xuntade todo ben xuntiño para que logo non haxa sorpresas e ningún aspirante quede fora por paridas, que a cousa non está para despistarse. Ter que levalo a Santiago é un fastidio, pero que lle imos facer.
Animo a todas e todos e feliz fin de beca.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei pra qué tanto requisito, tanta leria...como o de ter que entregar a documentación en man, que pensan que os viaxes a Santiago son gratis?
Ata nas oposicións permiten enviar a documentación por correo!
Logo está o de que uns pasen á Fundación e outros non, vaia discriminación...

Anónimo dijo...

Pois si, moita leira e eu ando cós documentos a voltas. Sorte que teño familiares en vacacións e aforranme os viaxeciños ós colexios, institutos, fp,...

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo