viernes, 21 de septiembre de 2007

Un período mais de inquietude

Como non podía ser doutro xeito ao rematarmos algunha das fases desta bolsa, chegan as preocupacións, as inquietudes, a falta de información...
O día 30 rematamos esta fase práctica da bolsa, en resumo rematamos a bolsa, a pregunta é que pasará o día 1.
A día de hoxe non se publicou lista ningunha na páxina da fundación e lendo a convocatoria haberá 5 días para apelacións, ou o que é o mesmo se hoxe non saen as listas no mellor dos casos rematarán as apelacións co mes de setembro.
E chegará outubro e faltará a publicación definitiva das listas, as entrevistas, asinar os contratos e ¿canto tempo pensades que pode levar todo iso coa premura que se soen dar nestes casos?
E todo isto supoñendo que saian as listas o luns, senón é así, mais tempo a sumar.
Ademais polos mails que nos estades a mandar sobre o tema xa houbo quen chamou por teléfono e so obtivo un "aínda non se sabe nada".
Con estas contas, un pregúntase, ¿organizaremos actividades para o vindeiro mes así sen saber nada definitivo?
Ademais non temos paro, moitos pagamos piso...
Aínda quedan 10 días naturais de mes, así que non precipitemos acontecementos, pero si que nos gustaría saber se compartides connosco esta inquietude.

33 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que todo pasará como en decembro. Xa veredes. Retrasan o día das listas para non poder reclamar as "notas" como no mes do "nacemento de Cristo" do 2006, e iso é o que vai pasar... montarase as de Cristo, o Belén e incluso haberá un "Big Bag". Só agardo un milagre!
Deus nos colla confesos!
Alabado sexa o señor!
AMEN.
Firmado: Unha atea.

Anónimo dijo...

Creo que todos os que temos pensado continuar, e sobre todo os que teñen que pagar un aluguer están preocupados. O certo é que aquí todo o mundo se lava as mans e con decir "aínda non hai nada decidido" xa solventan o problema. A verdade é que a falta de formalidade xa empezou primando a comezos da bolsa, houbo e sigue habendo moitas carencias; sobre todo carencia de información, non costa nada mandar un correo decindo porqué o proceso que se ía resolver para o día 1 de outubro está retrasado, por exemplo. Que sexa o que a Xunta mande... Sorte de todas formas

Anónimo dijo...

Compartir? Dos nervios estou!!!

Anónimo dijo...

Seguimos sen noticias de ninguén, a beca remata e, por riba, dende Coordinación teñen as narices de pedirnos que introduzamos os datos dos obradoiros na web (que por certo ía estar lista en marzo) antes de que remate o mes.
Por pedir que non sexa, pero que non esperen que eu introduza un so obradoiro antes de saber se me quedo na rúa ou non.
Esta situación comeza a ser desesperante!!!

Ribeiradoavia dijo...

Eu sinceiramente digo que non vos cortedes a hora de poñer obradoiros, total o fin e o cabo vos decidides se os levades a cabo ou non.

Anónimo dijo...

Isto é un pitorreo. Agora mándannos meter os datos das entidades e usuarios que non sabemos se van seguir traballando co proxecto. Estamos a 5 días de acabar isto e non sabemos que leches vai ser das nosas vidas. Suponse que o venres próximo é o último día que temos que ir á entidade ata firmar un novo contrato ¿non sí?.
É técnicamente imposible que todo estea arranxado para comezar o día 1 de outubro con todas as da lei.
Maldito país de pandereta e lolailo no que vivimos, cago en....

Anónimo dijo...

Isto é unha vergoña. Non temos ningunha información, e o peor de todo e que non a podemos dala aos usuarios das aulas e obradoiros. A parte de todo isto a miña entidade esta desquiciada. Non teñen noticias da consellería de que se me quedo nas aulas do concello ou vou por libre.
O que teño claro é que eu o 1, senón hai contrato, non traballo, o meu cupo de traballo sen contrato e sen seguro xa esta cheo. E penoso que pase isto na administración pública. Demandan que lles deamos información e actualización da páx web do carallo e eles nin collen o teléfono hoxe.
Repito, é unha vergoña, así vai o pais.

Anónimo dijo...

Confio, sinceiramente, que poden chegar a ter todo listo para este viernes ou para o luns. Quero pensar que fan todo o que poden e que se estan esforzando para conseguir o noso ben estar e o do proxecto. Pero creo que todos os compañeiros agradeceriamos un pouco mais de información para non entrar neste desconcerto non que todos nos vemos metidos.

Anónimo dijo...

Últimas novas:
Comentase, saído da boca de Carmen, que o proceso de selección vai lento e que ata novembro non podéremos empezar a traballar con contrato.
Repito, saíu da boca de Carmen, eso si, so falan se chamas e che collen o teléfono, porque un email costa mandar un email para informar pero non costa enviar catro para dicir como súbilos obradoiros....

Anónimo dijo...

Pois sí que eres idealista e optimista.
¿e as entrevistas? porque che digo eu se hai entrevistas isto non está listo nin para o ano que ven.
Outra cousa é que cada un quede no sitio no que está, que se ao final é así, non sei para que montaron tanto follón e non se nos dixo dende un principio.
Mírese por onde se mire, isto é un desastre. A unica desculpa que pode haber é que como é a primeira vez que se fai, teñen que salvar un montón de problemas, pero nós non temos que pagar o pato.

Anónimo dijo...

Agarradevos!!!!!
Presentaronse máis de 64 solicitudes.

Despois de dicir que renovamos agora resulta que máis de un/unha vai pa´casiña.

Realmente,estamos na apocalipse.

Firmado: unha atea.

Anónimo dijo...

Tede en conta que un dos requisitos para ser apto no proceso de selección é ter realizado o curso de axentes dinamizades da SI e ser apto/a tanto na parte teórica como na práctica; o problema de ter máis solicitudes é que teñen qe revisar todo para decir o motivo da expulsión do proceso de selección (non ter curso axente dinamizador...). Non deixa de ser unha convocatoria pública... polo que deben facer todos os pasos para non ter problemas

Andrea Pino dijo...

Noso Pai que estás no ceo... joder... de coña... xa me vexo mandando curriculo para ir traballar as empresas de fast food para sacar as pelas no período de incertidume que estamos a vivir ou que viviremos.

Que inxenua fun cando realmente pensei que nos ían contratar para o 1 de Outubro... ayyyy... "Requiem para os sofridos"

Un saúdo a todos. Ánimo, ainda que custe dadas as circunstancias.

dama do castro dijo...

¿Teremos que traballar un mes de gratis??
¿Realmente hai xente con tanta jeta coma para solicitar iste posto de emprego anque non teña o curso teórico e as prácticas?
¿Vos sodes capaces de concentrarvos preparando novos obradoiros e desenvolvendo novas ideas con esta incertidume no corpo?
¿Por que canto máis necesarios son os teléfonos de iformación porque a xente quere saber, simplemente, parece que alguén cortou o cable do teléfono?
Se descubrides que tendes unha nova cana, (ou a primeira!), unhas liñas de expresión no entrecello, ou unhas taquicardias que fai máis ou menos non tiñades, xa sabedes de quen é a culpa.
Ánimo a tod@s!

Anónimo dijo...

De traballar gratis na nai, o meu período de voluntariado rematou fai moito.
En canto a preparar mais obradoiros, nin soñalo ata saber que vai pasar co destino no que estou.
Isto é un pitorreo, cachondeanse de nos e das entidades, xa que elas tampouco saben nada.
Eu só teño claro que o día 1 de Outubro fico na miña casiña agardando a que saian as listas esas, e ata firmar contrato non volvo dar sinais de vida.

Anónimo dijo...

Definitivo , falou o meu enlace con Carmen ... e é imposible comezar antes de 15 días/un mes , así que contade co 1 de Novembro polo menos ... Evos así o que ten a rede de improvisación !!

Anónimo dijo...

esto creo que é a resposta mais oficial que podemos obter ata o de agora. E un anaco dun email que mandou Marga a un de nos, nel di o seguinte:

"Díxome Carme que xa falara contigo deste tema, e eu o único que sei
é o mesmo que che dixo ela: que vai a haber un retraso
administrativo polo que ó mellor ata principios de novembro non
comezamos de novo a traballar.

A mín persoalmente venme moi ben e non me importa ter un mes de
"descanso", xa que aproveitarei para irme de viaxe, pero entendo que
para a xente que ten que pagar un aluguer é unha putada.

Desgraciadamente en coordinación non podemos facer nada, xa que nós
non levamos o papeleo administrativo nin da xunta nin da fundación"

¿que é o que están esperando para mandarnos a todos un email dicindo que se van a retrasar? ¿porque non collen o telefono? ¿por que tardan unha semana en contestar a un email?

Anónimo dijo...

Que non levaba o papeleo xa mo esperaba pero que nos deixe así sin noticias...
Eu creo q debería ser agora a fundación quen nos debería informar.

A que ven iso de que chegaron máis de 64 solicitudes?
a) presentaronse xente que non é dinamziador/a?
b) presentaronse máis de 64 dinamizadores, cando xa estableceron quen quedaba e quen non?
c)...

En fin , se sabedes algo máis ou recibides e-mails ou chamadas, comentalas.

dama do castro dijo...

Igual meto a pata comentando isto... xa que cada un ten as súas circunstancias, e hainas moi variadas, pero facendo referencia a un cacho dun comentario anterior que dí; ..."pero entendo que
para a xente que ten que pagar un aluguer é unha putada".
Eu pregúntome ¿realmente hai algún compañeiro/a que non aforrase un pouquichiño e agora non se poida permitir facer un parón dun mes?
Outra cousa moi distinta é que non nos confirmen que imos a continuar, porque o que non podemos facer é cruzarnos de brazos ese mes e logo descubrir que en novembro non hai choio.
ai ai ai, a inquedanza moito me fai divagar!

Anónimo dijo...

Dona do Castro:
Hai xente que precisa dos cartos para manterse durante o mes e logo só lle queda un chisquiño. Sei de dinamizadores/as que pagan máis de 300€ de aluger, máis tanto € de comida, sumando ó mantenemento persoal, máis o manteñemento do coche e máis cousas, case non lle da para manterse un mes ou polo contra pode pero non vai gastare os cartos ó parvo, ou equivocome?
Ademáis, a que ven ise comentario?
Cada un fai o que pode e se pode comer, asearse e durmir na casa dos pais de puta madre pero se non tense que apañar.
A mín dame que a tí mantenche os teus pais.
Non escribas por escribir, esta entrada foi para comentar o feito que non se sabe nada respecto ó 1 de Ocutbre ou no seu defecto, non hai confirmación oficial.
Firmado : unha atea.

dama do castro dijo...

Pois, certamente é unha faena para esas persoas que estean nesa situación que ti dis, e sinto se te ofendín co meu comentario.
Pero, por favor, non me digas o que teño ou non teño que escribir, que eu non cho digo a ti.

Anónimo dijo...

las cosas de palacio...

Anónimo dijo...

Okis.
A verdade é que paseime contigo A Dona do Castro. Sintoo!
Pero se eu dixen q esta entrada é para falar do 1 de octubre era para que logo non se encadene un spot con outro tema. Non por outra cousa, que eu non son ninguén para dicir quen fala ou quen non.
En fin , siguese sen ter noticias. Snifff, snifff!

dama do castro dijo...

Tranquila, supoño que todos e todas estamos un pouco taquicárdicos.
Evíoche un achuchón de ánimo!

Dinamizador X dijo...

Realmente desexo que esta nova situación non remate en traxedia.
E por outro lado estou moi contento de que usedes este blog para expresarvos, porque tendes que recordar que este blog e do DinamizadorX e ese somos todos.

casper dijo...

Tal e como están as cousas eu confórmome con que o día 1 de novembro estemos de novo nos nosos postos de traballo. Que sabendo como é isto de dar prazos e non cumprilos, nos poden dar as uvas (e non o digo como frase feita). Eles verán o que tardan pois como tarden moito é posible que non quedemos moitos dinamizadores, co cal estaría en perigo o proxecto enteiro. Sorte a todas e todos.

Anónimo dijo...

Sabedes o número concreto de Dinamizadores/as que se presentaron ó proceso Selectivo da fundación Fomento e Calidade?

O pregunto porque si se presentaron máis de 64 eso significa que máis de un vai a la calle.

Anónimo dijo...

Nin idea de cantas solicitudes se presentaron. Pero onte andiveron chamando para avisar de que non traballamos o luns. A min chamoume Carme e díxome que os que estabamos convocados para a xuntanza do día 30 en Santiago non iamos ter problemas, a ver se é verdade.
Iso si que non podía asegurar que conservaramos destinos, que era o obxectivo, pero non podía garantilo, ademais díxome que os desprazamentos a Santiago pola solicitude esta na fundación non nolos ían pagar.

Anónimo dijo...

¿quen son os que están convocados a santiago para o día 30? ¿os das asociacions, centros comarcais, os de algunha provincia en especial....?
A min tamén me chamou onte Carmen e díxome, que eles non sabían nada das contratacións, pero que como podíamos comprobar a cousa vai durar polo menos tres semanas.
unha cousa que tamén me dixo, é que ela personalmente había chamado a todas as entidades para comuncicarlle que a nosa contratación ía correr a cargo da Fundación Calidade. No meu caso non foi así, fun eu quen llo tiven que dicir aos da entidade. Pouco mais, e chámame mentirosa á cara. Díxome que non lle fixera caso o que van dicindo algúns por ahí, e recalcoume que ela había chamado a todas as entidades. ¿quen son os que minten, eles ou nos? ¿Cantos de vos tendes constancia de que a rede de dinamizacion se puxo en contacto coa vosa entidade para comunicarlle o da fundacion?

Anónimo dijo...

A compañeira ou compañeiro anterior que falou dunha xuntanza o día 30, entendo que se refire á xuntanza que xa houbo o xoves día 30 do mes de agosto, e ás que estaban convocadas as persoas que estaban en concellos.
É que o seguinte comentario dame a impresión de que pensa que vai haber unha este domingo día 30.

Anónimo dijo...

Si referiame a reunión que tivemos o día 30 de agosto, sinto se non me expliquei con claridade.
E no meu concello fun eu quen lles dixo o da fundación ao día seguinte desa xuntanza.

Anónimo dijo...

Á miña entidade chamou Carme para contarlle que nos contrataba a Fundación. De todos modos a cousa coas entidades non está de todo clara. Sei que na miña entidade queren dinamizador, o que non sei é como se vai plantexar esa renovación.

Dinamizador X dijo...

Non sei se falarían ainda có me responsable na entidade, pero por se as moscas xa lle contei eu todo o que ten que saber, para que se lle chaman da xunta non o lien.

"A primeira version da historia e a que vai valer" procurade que a primeira version sexa a vosa.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo