lunes, 17 de septiembre de 2007

Resultados da Enquisa

Hola rapaces, como vai ese traballo, hoxe remata o plazo para enviar as memorias, espero que vos acordasedes todos.

Como xa queda pouco para o remate desta fase da Dinamización imos votar contas e facer un pequeno analise.
A Enquisa que formulei xa fai bastante sobre a miña "nacionalidade" considero que foi desas cousas que mais me gustou facer e vouna a ter en conta.














Segundo estos datos, queda claro que a maioria dos que parciparon na enquisa pensa que son da Coruña con un 36.8% e do que estades mais que seguros e que non son de Lugo con un triste 14%.
E digo eu, porque Lugo ten tan baixo porcentaxe, que vos fai pensar que non son de Quiroga, de Monforte ou de Vilapene. En que notades todo iso? Que ten a Coruña que vos chame a atención e non Ourense ou Pontevedra?
O certo e que me interesa, veña A COMENTAR.

30 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu xa teño claro que es de Pontevedra e estas en Pontevedra...

Anónimo dijo...

Eres de Pontevedra ou polo menos SODES de Pontevedra, posto que neste blog non traballa só unha persoa senon como mínimo 2. :)

Anónimo dijo...

Eres de Coruña o sois de Coruña fijo.

Anónimo dijo...

A miña aposta é orixe pontevedrés e "dinamizante" en A Coruña.

Ribeiradoavia dijo...

Son Ourensana, e dame que es un compañeiro meu pero como non soltas prenda non estou segura.

langhran dijo...

j0j0j0 .. pois pra min que é a Carmen Nieto , a Alba e mailo Marcos e de cando en ves Helena Veiguela fai algunha tira , é visto que a de poder bolseiro non podía ser mais ca ela .. xD

Anónimo dijo...

Pois non sei que che diga Langhran, porque como dicía Hamlet "cheira a podre en Alemaña"...

Anónimo dijo...

Se son catro, igual cada un/unha e dunha provincia

Anónimo dijo...

Si, pode ser.
Quizáis sexan catro, pero non precisamente das catro provincias. Para min que son polo menos dous de Pontevedra.

Anónimo dijo...

Este é de Pontevedra, dunha zona moi de costa, pero moi moi moi de costa!!! mmmmm Está dinamizando en Pontevedra, e moi contento por certo. Bueno, xa cansa o tema do Dinamizador X... pareces un crio, sempre o pareciches.

Dinamizador X dijo...

Chamame crio e quedase tan panch@.
Se te ofenden as miñas opinions sinto moito, non as leas. E se estivese tan contento dinamizando na praia como ti dis non teria sentido facer este blog.

Anónimo dijo...

a este último direille que se lle cansa o tema do dinamizador x, con non entrar na páxina xa ten o problema resolto. Perdoa que che diga pero parece que estás picado por algo.
Eu non sei quen é o dinamizador x e non me importa moito, con ver tiras cómicas como esta última xa me alegro o día
Bravo polo Dinamizador X!!!

Anónimo dijo...

De Pontevedra, máis claro auga...

Anónimo dijo...

Eu estou convencido de que sodes de Ourense, xa volo darei sacado. Moi boa a última tira, jajajaja.

Anónimo dijo...

Dende o principio estou segur@ de que é de Pontevedra, pero agora, e despois de cada tira cómica e de cada comentario teñoo máis claro aínda...
Ah e o que eu creo que é de orixe pontevedrés e "dinamizante" en A Coruña e o Casper.

Anónimo dijo...

Que confusión, que confusión... coa última tira cómica empezo a pensar que es de Ourense, ou é que Alba sempre anda correndo pola oficina???. Confesa Dinamizador X es de Ourense

Anónimo dijo...

jojojo, toma post "falade de min para que suba o meu ego"

Anónimo dijo...

dinamizador/a x = pontevedra
casper = pontevedra ("dinamizante" na coruña)
dama do castro = pontevedra

Anónimo dijo...

Dacordo co de Casper e a Dama... o do dinamizador X non o teño tan claro.

Anónimo dijo...

bueno bueno decide o que queirades, pero o tal dinamizador x cando se sepa quen é (e tamén os seus colaboradores) van quedar moi mal ... deixemos pasar o tempo... ala! pola sombra!!

Anónimo dijo...

Eu estiven en Santiago na reunión dos Concellos e SI puiden comprobar quen é o dinamizador X e algun dos seus colegas. Só decir que a forma de falar parecese á forma na que escribimos, ás veces traiciona, nesta ocasión confirma.
Bueno, de todos os xeitos moita sorte para vos tamén.

dama do castro dijo...

A ver; ao poeta este ou esta:
¿Poderíasnos explicar, só por curisidade, que queres dicir cando comentas: "cando se sepa quen é... van quedar moi mal"?
realmente me gustaría sabelo.

Dinamizador X dijo...

Ten moita razon a Dama, a min tamen me gustaria saber que te refires.

Ribeiradoavia dijo...

Non me podo crer que algen diga o de "ala! pola sombra!". Dame que esta persoa perdeuse o dia en que Barrio Sesamo falou da SUTILEZA.

casper dijo...

Ola a tod@s, a verdade é que o pasei moi ben lendo todos estes comentarios, as vosas pesquisas, indagacións, suposicións, e polo que se ve hai un pouco de todo. Hoxe foi o primeiro día que cheguei e non fun directo a ler o correo, senón vin ver se había mais comentarios, pero... o meu gozo nun pozo. Graciñas de tódolos xeitos a todos os que fixestes algún, e xa sabedes pola nosa banda non vos cortedes.

dama do castro dijo...

Certamente Casper, estou dacordo contigo; e en que a xente non se corte por suposto, tamén.
Pero iso de tirar un pedrolo e logo esconder a man...
Bueno, se o dí por cousas como as que estou pensado direille a esa persoa que ... ¡viva a creatividade!

Anónimo dijo...

Non son ningún poeta, nin tampouco sei en que pensas cando lees as miñas palabras (realmente importame pouco) pero si queres comentar o que pensas, adiante.
Refírome, con eso que resaltas da miña mensaxe, a que cando se fan as cousas polo menos débense facer ou intentar facelas ben. Si non queredes decir quen sodes polo motivo que sexa, é totalmente respetable, pero non vaiades "fardando" con eso de que a xente non sabe quenes sodes cando deixades pegadas moi evidentes á vista de todos.
Á persoa que comentou a miña despedida (ala! pola sombra!) só decirlle que indague un pouquiño no que hai máis alá do diccionario, que eso de ser políticamente correctos aqui non se estila e penso que non lle faltei a nadie con ese comentario. Si te das por aludid@ non é o meu problema. Hoxe adícoche a tí a despedida...
ala! pola sombra!

dama do castro dijo...

A ver, primeiro grazas por explicarte, pero non estou dacordo contigo, ademáis nos comentarios que se fixeron a éste post hai opinións bastante variadas.
De tódolos xeitos non sei por que o tomas tan a peito.
Igual esas pegadas que ti dis, nin son reais nin están á vista de todos.

Anónimo dijo...

jajajaja eu digo que ten envexa e vos, comprate unha personalidade e dalle uso.

Anónimo dijo...

Evidentemente pode ser que me equivoque, que as pegadas das que falamos sexan equivocadas pero igual que todo o mundo teño ese dereito.
Personalidade teño, o que pasa é que tamén teño opinión e porque a alguén se lle ocorrese esta forma de protesta, comunicación ou como queirades chamarlle; non teño porque apoiar algo co que non estou de acordo. Básicamente porque o concepto de personalidade é iso, ter ideais e unha forma de ser que non ten porqué seguir as masas. De todas formas, pensa o que queiras. Ti tes opinión, eu tamén a teño e si esto é valido para que ti digas o que pensas tamén o é para que eu o diga.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo