viernes, 7 de septiembre de 2007

O que hai que ver

Querido dinamizador X e compañeir@s, España non é o único lugar
onde adoramos as cousas gratis ou rebaixadas, se non mirade a páxina
do Ministerio de Medio Ambiente xaponesa, que case morre dunha
indixestión de Bic Mac e aínda deben de estar tentando reanimala.
A cousa foi que o Mcdonalds ofrecía hamburguesas Big Mac a metade
de prezo se a xente se comprometía a loitar contra o cambio climático.
Ejem ejem, sí señor,
seguro que con semellante iniciativa salvamos o planeta; seguro. http://www.elmundo.es/navegante/2007/09/05/tecnologia/1188984909.html

Os “concienciados” cidadáns tiñan que consultar a páxina deste
desgraciadiño ministerio e cubrir un cuestionario.
A resposta foi tan masiva, que a páxina quedou bloqueada.E eu
me pregunto ¿ como era ese cuestionario? ¿como controlará esta compañía
de comida rápida que as persoas que o cubriron loiten de agora en diante
contra o temido cambio climático? ¿en que estaban pensando esas
persoas cando asaltaron a web do ministerio?; na protección
do planeta ou en xugosa carne con ketchup, pepinillos e cebola?
¿Que foi da dieta tradicional xaponesa, a base de sopa de aleta de tabeirón,
sushi, boliñas de arroz e salsa de solla?En fin serafín, isto daba para uns
dibuxos manga que o flipas.
A que sí sabe dinamizar, a parte do McDonalds, é a ONG nixeriana
Fantsuam Foundation, que, atención!, fabrica os seus propios
ordenadores, os “SOLO COMPUTER”, destinados ás zonas rurais,
alimentados con enerxía solar, capaces de resistira calor e o pó deses
territorios. A ONG está conseguindo deste xeito, crear infraestructuras
tecnolóxicasen comunidades rurais, que axuden a fomentar
a economía local.

Flipade se vos digo que apantalla LCD dos monitores,
están encastadas en marcos de madeiraprocedente dos bosques
reforestados da zona. Ide mirar toda a nova a esta dirección, porque
non ten desperdicio.Por descontado que estes ordenadores
funcionarán con software libre, claro.
http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/PC/todos/elpeputeccib/20070906elpcibtec_5/Tes

Outro feito que pon un toque de cordura ao mundo das novas
tecnoloxías é a nova de que O tribunal de Xustiza da UE, acaba de
sentenciar, que as operadoras que ofertan servizosde
internet, sí, esas odiosas aproveitadas e abusonas, como a
telefónica; NON están obligadasa delatar as direccións IP dos
usuarios que descargan música ou películas en Internet. Todo
o follón xurdiu a raíz dun pleito entre Promusicae ( Productos
de Música de España) e Telefónica. A primeira pediule á
segunda que lle dese as direccións IP de usuarios que
descargaran pelis ou música. Telefónica, facendo algo ben por
unha vez na súa vida, negoullas alegando que eses datos
só poden ser desvelados, se os pide un xuíz no marco dunha
investigación criminal ou por un asunto que afecte á seguridade
nacional.
Pero non por un pleito civil. Agora o tribunal de Luxemburgo dalle
a razón ácompañía, concluíndo que a normativa europea
permite “ que os Estados membros, exclúan a comunicación
de datos de tráfico personais para a persecución pola vía
civil de infracciones dos dereitos de autor.Pois eso.
A fe aguantarse, que carai.
¿Vós nunca tendes escoitado aos empresarios da música dicir que
se os Cds son caros é porque hai moita piratería.
Polo C arriba!! Cando apenas había Cds neste país, que case
acababan de aparecer, (e de copieteo nada de nada), os discos
custaban un ollo da cara. De 2500 para arriba!!.
Hoxe en día están incluso máis baratos.

E finalmente comentarvos que parece ser que os avances da
ciencia van permitir que os humanos poidan ter os
superpoderes que, moit@s de nós, penso que fantaseamos
con ter algunha vez.http://www.elpais.com/tecnologia/

Así que, ante esta nova posibilidade pregúntovos;
¿se puiderades, que poder escolleríades vos?
¿que habilidade superguai vos gustaría ter? ...
Saúdos!



3 comentarios:

Dinamizador X dijo...

Neste tipo de comentarios e cando se sabe se alguen e un atentico Freak ou non. Pero como eu si o son e moito pidome o poder de controlar o clima de Tormenta de X-Men para poder facer que haxa sol sempre que me apeteza ir a praia.

casper dijo...

Sei que non picarei de orixinal pero sempre me atraeu o ceo e as alturas co cal eu votaría por poder voar. E na nova voar non pero levitar din que non sería tan raro que xa o conseguiron con ras. Falando do Big Mac, mira que son rariños estes xapos.

Anónimo dijo...

Eu creo que escollería o poder de parar o tempo. Creo que é dos máis guais.Pode ser moi útil para determinadas situacións!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo