miércoles, 12 de septiembre de 2007

Vaime dar algo.

Meu deus que animalada de stres que teño acumulado, menos mal que xa case non queda nada para que remate o plazo de entrega do papeleo e poidamos descansar todos "tranquilos".
O de descansar "tranquilos" poño asi porque eu non o teño nada claro (sinto polos que me chaman mal compañeiro pero vou facer outra das miñas).
¿Porque ata o de agora non se nos pediu nada de curriculum?Estara relaccionado con que na nova combocatoria non se pediron Informaticos. Se eu fose informatico estaria preocupado.
Que e eso dunha entrevista, que pretenden, meternos un foco na cara mentres dous tios fan de poli-bueno e poli-malo, haber se nos sacan algo de informacion sobre o que fixemos. Respecto a esto, digo que se teñen pensado preguntarnos polo noso curriculum o unico que vexo e que nos van facer ir a Santiago de novo para nada.

Ainda que diga que nos fan ir a Santiago para nada, teño que recoñecer que algo bó si que saquei en claro de esta ultima visita, puiden visitar as oficinas da Cordinación de Dinamizadores, o centro neuralxico de toda a actividade de dinamización, onde puiden contemplar atonito o frenetico ritmo de traballo que ali habia, hai que decir que o que fan sabeno eles pero dende logo non lle perdian ollo os monitores do ordenador. Mentres todos estaban co cuiño ben sentado na silla, unha acelerada e supercafeinada Alba parecia ser a unica que se movia, sigo pensando que estaba de pé porque non quedaban mais mesas libres onde sentarse.

Por certo esqueciame (agora e cando fago unha das miñas), espero que non lle teñades cariño o voso sitio de dinamizacion, porque tende en conta que volo poden quitar en menos de nada, eu dende logo en ese tema estou bastante fastidiadillo, por que me gusta o meu sitio e non quero terme que ir. Espero que os dinamizadores con mais curriculum non nos pasedes demasiado por enrriba os demais.
Agora veremos o "amigos" que somos todos, porque sabedes que calquera pode optar a plaza en calquera lado de novo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Por que deberiamos estar preocupados os/as informáticos/as?
Nos sabemos máis de informática e de Novas Tecnoloxías cós demáis.

Eu creo que os que están na súa entidade ou Concello seguirán onde están, iso si, si danme a oportunidade de traballar preto da casa, escollerei esa opción e sintoo moito si hai outro/a dinamizador/a.

Anónimo dijo...

e verdade iso de que se vai poder escoller o destino? según comentara Helena Veiguela na reunión cos dinamizadores dos concellos, non podíamos cambiar de destino. ¿de onde sacas que vamos porder decidir onde vamos?

Anónimo dijo...

Boh! parece mentira que a estas alturas da xogada teñades aínda ganas de seguir soltando este tipo de rumores...
bueno eu polo de agora xa vou sabendo quen é o dinamizador X, e a verdade é que non me sorprende. Bueno cativo, que che vaia bonito!

casper dijo...

Non é que poidamos elexir destino de novo, como ben di o segundo comentario Helena dixo que quedariamos todos no noso. Pero se lemos a convocatoria a Fundación resérvase o dereito de decidir ela a onde nos manda. E é aquí onde algún se pon nervioso, sabemos que varios queren trocar os seus destinos, ¿terán contactos con influencias na fundación? ¿de telos utilízaranos?. Eu agardo que impere o sentido común, pero comentarios como o primeiro dan que pensar...

Anónimo dijo...

¿Que que é iso dunha entrevista? Pois iso que che fan cando te presentas a calquera posto de traballo. Non vexo por que este ía ser distinto.
E respecto aos cambios de entidade ... xa tocará queixarse, de momento espero a ver que pasa.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo