martes, 4 de septiembre de 2007

A mañá en Santiago.

Non sei se algun de vos se preguntou se o Dinamizadorx foi a reunion de Santiago do outro dia.
A verdade e que habia unha maneira desas super retorcidas que eu uso, de saber se eu ou algun dos meus colaboradores estabamos ese dia ¿Algun de vos usou o Bluetooth do movil para enviar algo? Se o fixera topariase con uns cuantos nomes de dispositivos ben curiosos, entre os que se atopaban o de Dinamizadorx e o de Langhran.

Da nosa reunion saco en claro, a boa nova da nosa renovacion (non e ouro todo o que reluce) e a oportunidade de falar por fin con algun que outro dinamizador que ainda non tivera o pracer coñecer en persoa.

Ainda que tamen tivemos cousas que non foron tan boas. Como o "super-entretido" momento de escoitar os casos de cada dinamizador un a un. Ou o discurso de Elena Veiguela seguido da interminable rolda de rogos e preguntas.
Pero con diferencia o PEOR de todo foron os pinchiños (porque eso non merece chamarse xantar) que nos puxeron no comedor, non sei vos, pero eu esperabame algo con un pouco mais de, como chamalo, comida. Aquela micro-ensalada, seguida por un bacalao fotocopiado que nin Miro Pereira na sua epoca mais racana. Como pon Casper na anterior entrada a alguns non nos quedou outra que baixar a Santiago a unha bocateria.

Vueno a verdade sexa dita, que nos esperabamos, van a pagarnos o 100% do soldo, de algun lugar teran que recortar presupostos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cousas da "nouvelle cuisine", igual o menú o preparou Ferrán Adriá, jejeje.
Somos mais de bocata de calamares, non si?

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo