viernes, 14 de septiembre de 2007

Viva o estrés

Mira, dinamizador X, xa che vale!. ¿Ti queres facer que nos treman as perniñas ou que?.
Con éste artigo teu que transmite "tan bo rollo" tiven que ir ao baño, dos nervios que me entraron con frases como "...tende en conta que volo poden quitar en menos de nada..." ou "Agora veremos os "amigos" que somos todos". Ai mamaiña!, isto parece "A gata salvaxe", tod@s a sacar a unllas polo seu amado sitio fronte aqueles conspiradores que llelos queren arrebatar!
Veña home, un pouco de relax, como diría Mika, que non hai nada que podamos facer, salvo agardar o máis seren@s posible a ver o que pasa.Como dicía o sabio aquel. "Se o teu problema ten solución ¿por que te preocupas? e se non ten solución ¿por que te preocupas?.
Bueenoooo, non sei eu, para min que éste tipo era demasiado pachorrento, pero mira; no fondo ten razón.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo