martes, 27 de febrero de 2007

Xornadas Linux

Polo que nos veñen dicindo dende o comezo un dos nosos obxectivos é a promoción do software libre. Pois o vindeiro mes de marzo teñen lugar unhas xornadas para aqueles que queiran iniciarse en Linux organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
A verdade é que teñen moi boa pinta, o malo é que será en horario laboral, co cal moitos non poderedes ir, aínda así aconsellamos ós dinamizadores que residan preto de Santiago que asistan ós obradoiros que lles sexa posible.
Se sabedes como podemos conseguir os temarios facédeo saber xa que son moi interesantes e poderiamos tomalos como actividades, do mesmo xeito se algún de vos acude a algún obradorio e saca ideas para levar a cabo que, por favor, nolas faga chegar.

DinamizadorX - Tira comica

Tira1 - Respostas








Pulsa na Imaxe para Agrandala

lunes, 26 de febrero de 2007

Xuntanza de dinamizadores

Como xa case todos sabedes hai convocada unha xuntanza de dinamizadores para a vindeira fin de semana, para debatir entre tódolos asistentes a nosa situación.
O caso é que a maioría dos correos que nos chegan preguntan se se vai facer e cando e onde vai ser, ademais estas dúbidas tamén foron plantexadas no foro.
Así que agradeceriamos aos convocantes que utilicen os medios dos que dispoñemos (ben este blog, ou calquera dos foros, galiciadinamiza ou faladedoquevosapeteza) para esclarecer todas estas dúbidas.
A nosa opinión, e non é mais que unha opinión, é de facela o sábado xa que moitos dinamizan o venres pola tarde, e que tamén pode servir para coñecernos todos e sair de troula.

viernes, 23 de febrero de 2007

Protesta XA!

Chabales xa vos dixen que aqui poderedes falar do que vos pete. E ainda que algun que outro non lle guste, pois sintese, pero todo o mundo ten dereito a opinar e a criticar (Non e obrigatorio ser irrespetuoso).

Mandademe a DinamizadorX@gmail.com os vosos artigos que os publicaremos encantados.

Beña xente

Dinamización, festa e protesta.

Foro dos Dinamizadores de Lugo

Hola Dinamizadores, chegoume o correo unha mensaxe de Victor un Dinamizador de Lugo.
Ali xa fai tempo que teñen un foro, pero non o puideron promocionar por non teren os correos de xente de outras provincias.
Pero para eso estamos, para axudarnos entre nos. A qui tendes a sua web:
http://www.galiciadinamiza.net/

O foro esta xenial, e como xa leva moito tempo funcionando esta cheo de ideas e comentarios.


jueves, 22 de febrero de 2007

Blog Inaugurado

Bueno chabales despois de moito planificar, queda oficialmente inaugurado o Blog do DinamizadorX. Que seguindo o exemplo de Homer Simpson (cando foi o Señor X) vaise escudar nun total anonimato para evitar consecuencias negativas e tamen porque no fondo vaime a modestia.
Ademais deste blog tamen tendes un foro, que a falta de un oficial, pos tendes este para poder poñer as vosas ideas e as vosas criticas e no fondo falardoquevosapeteza.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo