miércoles, 30 de junio de 2010

E...

E que saiba todo o mundo que sen Rede de Dinamización antes, agora a Rede CeMIT non existiría, xa que é unha continuación da obra que hoxe "remata" total e absoluta, dígase o que se diga.
Que se saiba tamén que os e as dinamizadores da sociedade da información SOMOS OS QUE SOMOS, con experiencia, por anos demostrable, formación, ilusión e traballo ben feito, e se agora a nova Xunta decide botarnos á rúa con non sei cantas xustificacións falsas e absurdas peor para ela.... ai non, perdón, para ela non. Peor para toda a xentiña que comezou e se ilusionou con nós e gracias a nós, e o digo así de claro, polas novas tecnoloxías. Sí, “as novas tecnoloxías” esas verbas que enchen as bocas de moit@s políticos cando falan de avance, de benestar, de modernidade e bla bla bla pero, que se saiba tamén que, á hora da verdade, Galicia segue á coliña en igualdade de condicións no acceso á sociedade da información e o feito de que hoxe boten o peche moitos centros aos que ían moitas persoas a formarse, consultar e aprender, flaco favor vai facer a todo este asunto.
Vivimos nun pais contradictorio onde grandes proxectos coma o da Rede de Dinamización poden xurdir pero despois non hai o sentido común, a lóxica, de acollelos, mantelos, respetalos e mimalos, estivera a súa orixe nesta ou noutra ideoloxía.
A mala caste política nos leva por determinados camiños que temos que ir superando como poidamos. Xa veremos como superamos todo isto, pero que saiban @s que se cren que o saben todo e que cren que están por riba de todo, que saiban que, NIN saben tanto NIN están por riba de ninguén. E que saiban que imos loitar polo que consideremos xusto, porque neste pais de Castelao, xa son horas. E se afundimos, afundimos tocando, como xa fixeron outros.
Unha aperta!

viernes, 4 de junio de 2010

Cantigas dun/ha dinamiza.

Un día máis no fío da navalla
outra semana sen informaciòn
mentres, ti xa sabes, traballa
e que non falte a educación.

"Ti non te preocupes por nada
segue a traballar
pode ser a última xornada
non sexas lacazán".

Coordinación non sabe nada
e o reclama con devoción
mira que es despistada
que sabes da adhesión.

Non saber nada
e ter pouca información
de aquí a Granada
distintas cousas son.

Se pretenden motivar
non precisamos a Duró
que informen do que vai pasar,
o resultado será mellor.

Se non sabes nada do teu futuro
e o pouco que sabes non mola
terás que poñerte duro
ou usar a táctica "Si, Cova".

Proceso tras proceso
selección tras selección
búscase o dinamiza a dedo
vai collendo posición.

Se es dinamizador malo
poderás ser transparente
"eu gañei o meu traballo
¿faría o mesmo a xerente?"

Sobriños, amigos, curmás
ó final é o de sempre
uns matándose a traballar
e outras de xerente.

miércoles, 5 de mayo de 2010

A unión fai a forza

Nestes últimos días teñen pasado bastantes cousas, das que, coma sempre, nos enteramos grazas a algún enlace que comparte a pouca información que ten, moitas veces, coa ilusión de que nós poidamos pagarlle coa mesma moeda... e que máis quixéramos.
En resumo, e ata onde nós sabemos, a Fundación mandou unha serie de documentación ás entidades para adherirse á rede CeMIT, onde introduce unha serie de requisitos e condicións a cumprir tanto pola entidade como polo axente TIC, que debemos ser nós.
Destacan feitos como que nos concellos de menos de 5000 habitantes, o axente TIC estará a media xornada, que as entidades terán que sacar unha convocatoria para collernos, con todos os problemas que de aí se derivan. @s dinamizador@s que están lonxe da casa, quererán presentarse, e con todo o dereito do mundo, en entidades que lle sexan máis próximas, por non falarmos de antig@s compañeir@s nos@s que poderían presentarse tamén. Tod@s sabemos como son estas convocatorias, así que o noso consello, por triste que pareza, é que vaiades facendo a rosca nas vosas entidades, o noso futuro está nas súas mans.
Compre destacar que nesa documentación, aquel que non a teña e queira recibila non ten máis que pedírnola por correo electrónico, atopamos unha ausencia xa que se nos prometera a subrogación do noso contrato, é dicir que se conserven todos os dereitos que fomos acumulando neste tempo. Desta promesa non atopamos nin media verba na documentación recibida polas entidades.
Estes son os motivos polos que o noso comité pretende xuntarnos e explicarnos como está a situación a día de hoxe, sobra dicir que esta xuntanza é do interese de tod@s nós.
E para isto quixera facer un chamamento á nosa unidade, a única arma que temos, obviamente podemos ter diversos puntos de vista, que haberá que pór enriba da mesa e debatir. Pero o importante, o que pode asustar, é que as decisións que tomemos sexan comúns a tod@s independentemente do esforzo que nos poida costar chegar a puntos de encontro, por que como reza o título do artigo a unión fai a forza.
E para iso non está de máis sinalar que, como xa se ten probado, algúns comentarios non buscan máis que o contrario, dividirnos, faltarnos ó respeto, e desviar a nosa atención do importante. Claramente non pertencen ó noso colectivo, non teñen as nosas inquedanzas e polo tanto non pintan nada, por desgracia nada se pode facer para controlar quenes son, agás o noso sentido crítico.
Ánimo para tod@s que nestes tempos que corren boa falta fan.

martes, 20 de abril de 2010

O tempo vai pasando

Estamos rematando o mes de abril, e, personalmente, con sensacións similares ás de hai varios meses.
Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba a posta en marcha da Rede CeMIT e presumindo das estatísticas, as nosas, que virán ao longo do ano. A primeira impresión, personal, foi boa como xa comentei. O novo goberno presume de posta en marcha dun proxecto no que nós participamos, é doado pensar que un proxecto tan recente perdurará no tempo máis aló de maio, e que xa que estamos dentro, digo eu, será difícil saír, o difícil, penso, era estar dentro do proxecto do novo goberno (obviamente falo de novo proxecto cando o estricto sería falar de novo nome).
Pero hai cousas que me preocupan; como comentades, nos concellos xa non saben sequera se seguimos, os convenios duran, presuntamente, ata maio e ninguén parece saber nada, xa que información non temos. As últimas novas falaban de que nos tiñan que contratar os concellos, e a experiencia nos di que iso non vai pasar, non pasou cando se adscribiron a un proxecto publicado no DOG e no que se esixía o mesmo que se está a pedir agora. Tendo en conta, ademais, que daquela aos concellos non os asfixiaba a crise mundial na que nos atopamos.
En comentarios anteriores non queda claro se na actualidade temos ou non convenio nos concellos. Eu puiden botarlle un ollo a algún convenio e dicía que duraría ata o 31 de marzo prorrogable, como máximo, ata maio. O que non puiden ler son as condicións desa prórroga, se era automática, se tiñan que xuntarse de novo... O que me quedou gravado é o de “como máximo”.
Por iso falo de sensacións similares a hai uns meses, aínda que penso que xusto é mencionar que algo variou neste tempo. Agora temos un órgano de representación, que fala na boca de tod@s e elixido por tod@s, o comité de empresa. Este factor debería xogar en gran medida a prol dos nosos dereitos e do noso futuro. Este comité ten unha grande e laboriosa responsabilidade, e é por iso que queremos amosarlle o noso apoio e agradecerlle o seu traballo en busca de solucións e respostas pretendidas por tod@s nós. Estamos nas vosas mans.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Observacions sen vixiancia

Bos dias compañeir@s, que razón ten un dos comentarios do artigo anterior, para que queremos vixiantes, darnos curro bastante como para que non poidamos adicar nada de tempo a outra cousa e mais que suficiente para ternos entretidos e controlados.

Voume meter no tema, que me parece que temos unhas cantas cousiñas unhas malas e outras boas entre mans agora que faltan 22 dias para a finalización do convenio.

Cousas malas, como antes mencionei remataron as inspeccións agora sabémolo fixo, e iso non augura nada bo cara o noso futuro laboral.
Outra cousa mala, o convenio rematan este mes e aínda que todos sabemos que e prorrogable por dous meses mais, ninguén nos informou de que iso vaia levarse adiante, a excepción de un correo que menciona así coma quen non quere a cousa o mes de Abril. Espero enganarme pero e algo habitual en coordinación avisar de cousas importantes coma esta na ultima semana, espero que na próxima reunión do comité de empresa se fale de isto, considero que e importante.

E agora ben algo bo, no ultimo Boletín da Secretaria Xeral de Modernizacion o presi da xunta confirma o novo plan de modernizacion e o que mais nos interesa confirma a unión das dúas Redes a de Dinamización e a de Telecentros en unha soa, o que fará que se amplíe o numero de aulas ata 94, supoño que dentro do malo de que desapareza a Rede de Dinamización tal e como a coñecemos, que se monte unha nova rede mais grande fará que se teña que contratar mais xente. O tema importante e se o feito de termos traballado como Dinamizadores nos será de utilidade (ou de atranco) a hora de poder optar a traballar en esta nova Rede, porque para unha nova entidade hai que volver a facer unha nova convocatoria de xente, na que supoñendo que se teña que ter o titulo de Dinamizador da Sociedade da Información, tamén se poderán meter outros excompañeiros nosos, todos eses que se quedaron sen entidade por diversos motivos e que dende fai taaaanto tempo se lles ven prometendo un sitio na rede.
Por isto gustaríame pedir que, como non me fío de que isto se nos avise directamente, se algún de nos se entera de algo referente a esta convocatoria da que vos falo que non dubide en comentalo, seria de gran axuda para todos nos, dinamizadores e ex-dinamizadores.

Veña un saúdo a tod@s compañeiros.

lunes, 22 de febrero de 2010

3º Aniversario Felicidades a tooodos.

Boas compañeiros, como xa leichedes no anterior artigo de Casper hoxe fai 3 anos que se inaugurou este o noso querido blog do DinamizadorX.

Na súa modestia o meu querido compañeiro Casper dáme a min (e a todos vos) as gracias cando se non fose por el, que foi colaborador do blog dende a primeira hora, nada de isto chegaría tan lonxe, logo engadiuse o proxecto o noso ben querido aínda que pouco colaborador Langhran e para rematar o cadro de personaxes a marabillosa Dama do Castro.
Que conste que non me esquezo do resto dos dinamizadores, que dentro do bo ou do malo sempre tendes o detalle de comentar as cousas que leedes no blog. E claro esta non me podo deixar de saudar a nosa querida Coordinación, sen elas a nosa función non seria posible.

Como xa están dados os agradecementos por estos 3 anos e todo iso, imos pasar a certas cousas desas que ocorren na rede e que me interesaría comentar.

O parecer dende hoxe pode que a nosa vida laboral vai a ser un pouco mais tranquila, porque segundo o que teño entendido, o sábado rematoulles o contrato as nosas ben queridas vixiantas. Non me malinterpretedes, non me vou alegrar de que alguén perda o seu traballo, ademais non sabemos se e certo todo isto, teriamos que esperar a ver se a alguén lle dan unha visita (non estaría mal que avisarades se alguén recibe a visita dunha vixianta).
O tema e que se as renovan xa esta, pero se non, iso que significaría:

1. Que confían en nos e saben que aínda que non se nos vixile imos traballar coma uns profesionais.
2. Queren aforrar cartos e ven que as vixiantas son prescindibles.
3. A nos tamén se nos esta a punto de rematar o contrato e non se queren seguir comendo a bola.

Que opción elixiriades vos se forades da Coordinación...

Sinto pero non rematan as malas novas, e estas dóenme porque van directamente contra algúns de nos compañeiros.

La Xunta disolverá 33 fundaciones comarcales que siguen abiertas pese a su falta de actividad

Esta nova aféctalle directamente as dinamizadoras que traballan nos centros comarcais de toda Galicia, elas xa estaban nunha situación diferente a nosa e se a rede non busca unha solución para elas vanse quedar sen lugar de traballo, aínda que nos consta que a rede conta con aulas suficientes para ubicar a estas raparigas, espero que non nos defrauden a todos e busquen o xeito de que non teñan que deixar o seu traballo nunha época coma esta non que non e moi sinxelo topar outro.

Pois iso compañeiros, van 3 anos e seguimos tendo tantos lios coma o primeiro dia, quizais agora sepamos un pouco mais e teñamos unhas poucas mais vantaxes, pero seguen a facer de nos un pandeiro. Veña un saúdo e a seguir cara a diante.

Tres anos convosco

Así é,como o ledes, hoxe esta bitácora cumpre 3 anos de vida, quen podía imaxinalo daquela, xa non pola bitácora, senón tamén por que non agardabamos botar 3 anos dinamizando.
Como non podía ser doutro xeito gustariame felicitar públicamente ao Dinamizador X e a tod@s @s seus colaborador@s por levar 3 anos traballando nesta páxina, así como agradecerlles a oportunidade de colaborar con el@s.
E non podo, nin quero, esquecerme de vós, @s nos@s compañeir@s, que nos seguides e aproveitades para comentar as vosas inquedanzas e para aclararnos a tod@s aspectos fundamentais do noso traballo, agora temos un comité de empresa que nos representa, pero ata o nacemento do comité case se podería dicir que esta bitácora era a nosa referenza para informarnos, para comunicarnos e para debatir entre nós. O que, ao meu xuízo, di ben pouco da nosa coordinación, xa que opino que esa referenza debería de ser proporcionada pola propia Rede.
Así que graciñas a tod@s por levar 3 anos aí, por preguntar, por respostar, por dar a vosa opinión e por facernos pensar que este espazo é un pouco de cada un de nós.

jueves, 11 de febrero de 2010

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 43 - Resposta Rapida.







Pulsa na Imaxe para agrandala.

miércoles, 10 de febrero de 2010

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 42 - Que estaras a facer DinamizadorX?






Pulsa na Imaxe para agrandala.

martes, 19 de enero de 2010

O Show Duró

Aquel que pense que hai un castelanismo no título deste artigo é por que non asistiu ao curso organizado pola Fundación sobre motivación que se impartiu a finais da semana pasada.
O curso foi impartido por Emilio Duró que, con toda seguridade, non pasou desapercibido para ningún/ha d@s “mon@s” asistentes.
A súa practicidade, o seu histrionismo, o seu humor, a súa aceptación da realidade, os seus vídeos... fixeron deste curso un dos máis interesantes da nosa andaina dinamizadora, e, por moito, o máis divertido e ameno deles, a pesares das súas contradiccións, que tamén as houbo (chamar descoidadas a todas as mulleres da sala, ou feos aos homes, e defender as mentiras piadosas para non amargar a quen nos rodea é chocante, por poñer un exemplo).
O mellor, desde o meu punto de vista, e desde unha perspectiva formativa do show ofertado por Emilio, comeza ao rematar o espectáculo, xa que as súas vivencias, consellos e perspectiva vital perduran unhas horas máis aló do curso. O que creo que lle aledaría saber xa que comezou dicindo que se conformaba con que saíramos dalí dándolle voltas á cabeza, se realmente é así coido que cumpriu o seu obxectivo.
Así que o grao de satisfacción co obradoiro é... perdón co curso é bastante óptima, moi interesante e útil todo o aprendido, e por ser así teño que recoñecer que non me apaixoa o meu traballo e polo tanto é hora de deixalo e buscar algo que realmente me encha e vós deberiades facer o mesmo, porque so se vive unha vez, porque a vida é breve e non paga a pena perdela repetindo sempre o mesmo, porque quero ser feliz....

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo