jueves, 31 de mayo de 2007

¿Para cando en Galiza?

Podemos ver na edición dixital de hoxe de ABC, unha nova esperanzadora para o desenvolvemento do software libre no estado español. O caso é que a Junta de Castela e León estudia implantar software libre nos ordenadores da administración. O triste a estas alturas é que so a comunidade de Extremadura ten implantado este sistema nos seus 10.000 ordenadores. Imaxinarvos o que poden costar as licenzas de Windows, Office e demais paquetes para 10.000 ordenadores.
Sen ir mais lonxe na nosa comunidade o día 30 de Abril sae publicada no DOG unha resolución pola que se adxudican 1.452.500€ para a subministración de licenzas Microsoft, para os anos 2007, 2008 e 2009. Cartos que poñemos todos cos nosos impostos. ¿E non se podería aforrar todo ese diñeiro e invertilo no ben de todos e non no ben de Bill Gates? ¿E non lle dariamos pulo así ao software libre?
Ogallá non se quede so nun estudio e a Junta castelá leonesa implante o sistema. ¿Para cando a implantación no resto de comunidades autónomas?¿Para cando en Galiza?
Un saúdo a todos/as e disculpade a demora nas nosas publicacións pero xa sabedes, obradoiros, actividades, papeleos... Non vos preocupedes que non nos esquecemos de vos.

viernes, 18 de mayo de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 7 - Concurso de Iniciativas









Facendo Amigos
Pulsa na Imaxe para Agrandala

jueves, 10 de mayo de 2007

Facendo amigos.

Chamolle asi a esta entrada ironicamente porque vou criticar as opinions de algen.

Non sei se todos, ou algun de vos, se lle da por visitar de cando en vez as paxinas da Xunta, en concreto esta nova feitar para o dia das Letras Galegas.

A paxinilla en si pos a verdade e que me da igual, pero o que me chama a atencion e unha pequena entrevista a Javier Pedreira na que se pon ben en grande

"Internet fixo o mundo máis pequeno e a xente máis aberta"

Perdoademe se me escapa unha gargallada despois de leer isto.
Deverdade algun de vos se cree que internet fixo o mundo mais pequeno, e certo que agora podemos mercar cousas en Australia e que Seur nolas mande nun dia, eso e certo, seguro que todo o dios coñece Webs de Argentina e tamen seguro que todos temos un colega en Latinoamerica, pero decide a verdade, cantos de vos coñecen a todos os seus veciños, cantos de vos podedes presumir de coñecer cada recodo do voso pobo ou da vosa cidade.
Pode que internet nos leve lugares lonxanos, pero tamen nos afasta dos nosos espacios mais achegados.

Con respecto a xente mais aberta, ahi en lugar de reirme choro, creemonos que temos mais amigos cantos mais contactos temos no Mesenller temos, creemonos que somos mais abertos por coñecer por un chat a alguen de Exipto, ou por pasarnos toda a tarde falando con unha persoa a que provablemente non veremos na nosa vida. Non critico o feito de que internet deshumanice as relaccions sociais (que o fai e moito), eu falo por internet con cantidade de xente, pero todos foron previamente coñecidos en persoa. Internet no tema das relaccions sociais o que fai e eliminar o factor medo que unha persoa pode ter a hora de falar co outra, pero eso non e bon, un neno que sexa lanzado nun chat e cortado na realidade, pode acabar moi mal, e senon que llo digan a todos estos que teñen desdoblamentos de personalidade e merdas polo estilo.

Para rematar decir que Internet esta ben (e o medio que me permite cominicarme con vos) pero hai que comela en pequenas dosis pra non atragantarnos.

miércoles, 9 de mayo de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 6 - Onde andarás metido.









Pulsa na Imaxe para Agrandala

E mellor tarde que nunca

Bueno xente, xa chegei do meu longo periodo de recuperacion. Xa veredes mais graficamente na Tira comica que foi o que me pasou.

O contrario do que moitos especularon, non amigos dinamizadores , non me retirei, o DinamizadorX non deixa un traballo coma este so porque as cousas lle vaian un pouco mal.

Pero agora xa estou aqui, e volvo a carga coas ansias de sempre.

Que decir ten que algunha xente me dixo se non opinaba nada do Concurso de Iniciativas da Sociedade da "Obligación", como pode ser que o concurso de marras sexa obligatorio. Bueno, da igual, pero que sepades que a miña iniciativa e cando menos a mais interesante e innovadora de todas, asi que non ides ter nin a mais minima oportunidade.

Saudos os que me botaron de menos.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo