miércoles, 30 de enero de 2008

Para cando as actualizacións

Hola amigos e amigas.

Xa imos para o mes de traballo, e vexo que estamos todos dándolle o callo como ten que ser.Pero segue habendo cousas que non me cadran, temos comezar canto antes, hai xente que leva todo esta mes con charlas e obradoiros, con aulas abertas, coas cousas normales dun dinamizador.
Pero teño unha pequena dúbida, en canto a unha cousa habitual no noso traballo e imprescindible segundo os procedementos, a Web. Como fai a xente que cambiaron de sitio para meter os seus datos, supoño que non será mais problema que cambiar un nombre e listo, solo e sacar o nome dun concello e meter outro, supoño que solo será eso, e digo isto humildemente dende a miña ignorancia.
Veña a verdade e que non e iso o que me preocupa, porque o dramático da situación ven cos novos dinamizadores, se tardan tanto e dalos de alta como tardaron con nos ata Marzo dubido moito que teñan web. E isto lévame a outro razoamento, supoño que a web non vai estar actualizandose todos os dias, así que imaxínome que a actualización das persoas que cambiaron de sitio vira o mesmo tempo que a das novas, polo tanto coméntolles as persoas que cambiaron de destino que non se estresen cos procedementos da web, que o mellor e para largo.

Veña amigos voas noites.

lunes, 28 de enero de 2008

Día de paga

Non hai nova que mais nos guste dar que esta hoxe comezaron a pagarnos a primeira mensualidade.
Pois así é, hoxe comezaron a ingresar o soldo do mes de xaneiro, así que estade atentos as vosas contas.
Supoñemos que a dúbida mais xeralizada entre os que non tiñades nin idea é a da cantidade recibida, pois ben que saibades que son 1016'16 € (polo menos na maioría de casos, dependerá das retencións), hai que ter en conta que facenda nos leva un bo cacho, agardemos que nos devolvan unha parte.
O mais salientable desta nova quizais sexa que é día 28, que nin sequera rematou o mes e xa cobramos, facendo un chisco de memoria, ¿lembrades o pasado mes de xaneiro de 2007?
Parece que mudaron as cousas, ¿será por ser un contrato e non unha bolsa?, ¿será que tampouco era tan difícil?, ¿será que nos teñen mais en conta?, ¿será casualidade? ...
Sexa o que sexa benvido é, sempre é agradable comezar unha semana con unha boa nova como esta, e mais despois de tres meses sen este tipo de ledicias.
Disfrutádeo...


jueves, 24 de enero de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 18 - O Casting









Pulsa na imaxe para agrandala

miércoles, 23 de enero de 2008

Os novos o ruedo.

Hola amigos e amigas dinamizadores.

Xa levamos tres semanas neste chollo, e onte fixo un ano que comezamos.
Felis 1º aniversario a todos.

Pero non escribo isto para felicitarnos a nos, senón para felicitar os novos dinamizadores que o próximo Martes 29 comezan a súa andaina neste chollo.

Espero que o fagades tan ben como o intentamos facer nos.

jueves, 17 de enero de 2008

Novas a piñon.

Boas dinamizadores.

Hoxe e un deses dias nos que me gustaria repartir as cousas para poder ter noticias para toda a semana, pero estou flipando demasiado asi que vos vou soltar todas xuntas. Porcerto si, son un autentico Friki.

Vueno vou darvos as noticias de mais Friki a menos.

SG6 LABS publica Sauron
Sauron e un programa que executa unha serie de servicios web vulnerables, para que os aspirantes a piratillas informaticos poidan practicar como introducirse nun sistema apartires dun servidor web e chegar a conseguir privilexios de root. Se me enterase desto nos tres meses que tivemos de non-traballo seguro que non me aburria tanto.

Lanzamento de Fedora 8
O equipo de GNU/Linux Fedora lanzou o pasado 8 de Novembro de 2007 a sua version 8.
Unha das para min mellores distros de Linux por fin lanza unha nova version, alegria para todos.
Que conste que sempre me dou pena o nome, o que o elixeu dende logo non pensaba no que significa Fedor en galego.

Dende onte os dominios .es gratis para menores de 30
«Cinco Días publica que xa está en marcha o programa "Jovenes en Red" polo que os menores de 30 anos poden solicitar o seu dominio ".es" gratuíto o primeiro ano. Din que inclúe o hosting tamén. A medida custará 4 millóns de euros ao noso goberno (digo a nós), de modo que sede bos e xa que os nosos políticos anuncian crises económicas para dar e tomar ¡non pidades os vosos dominios! Recomendación dun internauta: sabendo os prezos do hosting en España, toca pedir o .es e trasladalo a un rexistrador estranxeiro ¡antes de que pase o primeiro ano! ;) Recomendación segunda: sabendo o que custa o segundo ano, recoméndase rexistrarse un .com ou calquera outra cousa que se atopan a 7USD ou menos.»

Os novos Bolseiros elixen hoxe os seus destinos

Hoxe as 9:30 os novos bolseiros elixen os destinos para a segunda parte da sua bolsa.
Para facerse a fase de formacion en Lugo e A Coruña, ahi un monte de sitios en Pontevedra e Ourense, espero que non comezen a darse baixas por esos temas.
Ter en conta que alguns teran como destino lugares nos que xa hai un dinamizador traballando. Rapazas e rapaz, non vos deixedes marear, que aqui somos todos igual de pringaos.

E despois de todo esto despidome ata a proxima

lunes, 14 de enero de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 17 - Os procedementos.









Pulsa na imaxe para agrandala

miércoles, 9 de enero de 2008

A metade

Ola a todas e todos ¿como vos vai nesta mañanciña?. Eu teño que dicir que agora mesmo está no choio un 50% de min porque o outro 50% non sei por onde anda. Logo de tanta "vacación" non acabo de adaptarme a este novo horario. Supoño que será normal, ao fin e ao cabo aínda estamos no terceiro día, pero costa coller o ritmo.
O horario.... pos non sei, non está mal, pero vería máis lóxico que o de mañán fose de 10 a 14, porque de 2 a 3 ¿quen leches vai vir á aula?. O de verán, iso xa.... manda ghuevos, ise si que non o vexo ben. Están un pouco obsesionados na coordinadora con que o horario de tarde é o mellor e pode ser que así sexa en todas as estacións do ano, para moitas persoas, pero non creo que sexa así no verán, e na miña entidade xa mo confirmaron pola experiencia que teñen. Ao final non sei como serán de ríxidos cos horarios ante as peticións de cambios. O ano pasado, anque nun principio nos dixeron que para todos ía ser de 16 a 22 horas, logo cada un foino adaptando ás características da entidade sen maior problema, con tal de avisar.
Por outra banda a coordinadora aínda non se puxo en contacto con nós para darnos algunhas directrices. ¿Pensades que haberá que facer algún proxecto coma o ano pasado?
O bo deste ano é a pouca ou moita experiencia que collemos nas prácticas. Todas e todos temos xa ás nosas espaldas un pequeno bagaxe que nos fará máis... "sabios", nesta nova andaina, (ou polo menos iso espero).
Saudiños, meus!!!

lunes, 7 de enero de 2008

Outra vez no chollo...

Ola a tod@s de novo. Por fin estamos no noso posto de traballo, xa quedou todo asinado, xa temos contrato, e xa estamos ao pe do cañón dispostos a dinamizar o contorno do noso destino.
Dende aquí desexamos que tod@s estedes content@s nos vosos lugares de traballo, sexan novos ou non, son postos de traballos, e so por iso pensamos que é unha boa nova.
Obviamente a todos nos gustaría ter comezado antes (algún que outro mes), pero como non dependía de nos, trocamos ata de ano. (Xa profeticei, nun comentario, antes das "vacacións", que nos darían as uvas. Un deses pensamentos que temos e no que desexamos estar trabucados...)
Pero como se soe dicir, o pasado, pasado está, so nos queda mirar para adiante, aprender dos erros que cometemos (e non falo so dos dinamizadores), e tomar esta nova etapa co maior dos folgos para o ben da nosa actividade.
Así que xa sabedes, moito ánimo nesta nova andaina e non dubidedes que nos seguiremos aquí, polemizando, acompañándovos, ironizando... en resumo dicindo o que pensemos e sintamos e, por suposto, dándovos a posibilidade, e agardando, que vos fagades o mesmo.

miércoles, 2 de enero de 2008

Acaba de comezar.

Xa esta amigos dinamizadores e dinamizadoras.
Se todo saeu como tiña que sair, dende hoxe estaremos dados de alta na Seguridade Social (SS). Deus, sabendo que colaboro co meu traballo a que Galicia tire para adiante sintome ata mellor persoa (pretendo ser sarcastico).
Pois si, se os nosos queridisimos novos xefes cumplen coa sua parte do trato, hoxe dia 2 de Xaneiro de 2008, todos nos estaremos dados de alta na SS, se cumplen claro esta, volvo o tema de sempre non teño razon algunha para ser optimista.
Outra boa nova e que dende hoxe ata o venres, todos nos teremos que facer o enesimo viaxe a Santiago de Compostela, eso si, a facer algo que nunca antes fixeramos, FIRMAR O CONTRATO, meu deus, non mo vou creer ata que o teña diante e o lea. Non podo evitar ser algo desconfiado, pero a idea de que este mes imos poder disfrutar dun traballo e sobre todo dun soldo o final do mes, e algo que me emociona, "Que nervios, que nevios".

Para rematar que me teño que pirar a comer, felicitarvos o 2008 a todos os amigos e amigas que visitades este blog, sexades dinamizadores, cordinación, xente con amenazas, anonimos, ex-dinamizadores, xente que entra de casualidade buscando "X" en google, alumnos de obradoiros, amigos das entidades, fundación calidade e os novos dinamizadores, que os fallos que se cometeron con nós se soluccionen con eles.

Pois eso, asta logo.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo