viernes, 27 de abril de 2007

Retirada do 17 bis

Como podemos ver na edición dixital de hoxe do país o goberno decide retirar o anteproxecto de lei no que lle daba poder as entidades xestoras de dereitos de autor para pechar webs.
Parece que chegou o sentido ó goberno xa que iso de darlle poder a entidades privadas para pechar webs sen previa autorización xudicial non é digno dun estado de dereito.
Un dos motivos desta retirada é a dura crítica do Consello de Estado a este anteproxecto ó que califica entre outras cousas de xurídicamente artificial.
Dende aquí nos aledamos de que non se faga das entidades xestoras de dereitos de autor xuíces da web.

jueves, 19 de abril de 2007

Pero haber si nos aclaramos.

Coma sempre, volve a atacarme a duda. Suponse que nos estamos entre outras cousas a favor so Software Libre ¿non?. Suponse que devemos tentar que a xente opte por alternativas libres para que poidan aforrar en gastos de software e todo eso. Que tanto se nos insiste, en Linux e en OpenOffice e demais familia.

Pois coma sempre non vexo mais que os meus esforzos truncados, si por sobrar a todos nos sobran palabras, a calquera lle gusta sair na foto con grandes empresarios antes que con catro chambriñas que traballan no seu tempo libre, na universidade ou en onde sea que curren os Linuseros.

Todo esto ven a noticia do Diario de Ferrol de hoxe "La Xunta apuesta por las tecnologías de la información y la comunicación".
O titulo sona de puta mai. Pero o bo ben cando lees o texto e ves a fotiño do mesmisimo "Presi" da Xunta coa "Presi-denta" de Microsoft Iberica.

A verdade e que eu vou comezar a pasar de todo, e voulles ensinar os alumnos nos meus obradoiros en vez de a facerse un e-mail e buscar en internet, a instalar o Azureus e buscar torrents. Seguro que asi consigo aumentar a tasa de usuarios de internet en Galcia que teño entendio que e a 3ª comunidade que menos se conecta a internet e eso non pode ser.

Deteñen a unha home por roubar Wifi

Leo en 20minutos.es que no Reino Unido detiveron a un home acusado de "roubar banda ancha". Ao parecer estaba aparcado co coche diante da porta e co portátil aceso. Polo que din na noticia é o segundo detido no Reino Unido baixo este tipo de acusacións.

Industria solicita de novo que as entidades de xestion poidan pechar Webs

Leo na Asociación de Internautas (vía ElPaís.com), despois de que "colectivos culturais" (agora chaman así a calquera cousa) asinasen o manifesto "Os contidos son o corazón da Sociedade da Información", o Ministerio de Industria remitiu ao CATSI (Consello Asesor de Telecomunicaciones e para a Sociedade da Información) un documento titulado "Anteproxecto de lei sobre procedemento de notificación de presuntas infracciones de dereitos de propiedade intelectual a través dos prestadores de acceso a Internet", que non é mais que o 17bis corrixido e aumentado, pois vai máis aló que a anterior redacción, retirada fai uns días. E é que o novo borrador do anteproxecto permitiría, segundo ElPais.com, non só que as entidades insten á pechadura de páxinas web senón que, ademais, "fagan o propio cos 'infractores' que usen sistemas P2P de intercambio de arquivos, como Emule ou Bittorrent".

viernes, 13 de abril de 2007

Microsoft Morreu

Aqui vos poño o enlace a unha traduccion de un artigo publicado por Paul Graham esta bastante ben, pero advirtovos que se sale do egocentrismometro, asi que xuzgade por vos mesmos.

E agora unha boa noticia.

Xa se poden pedir cds de Ubuntu 7.04

miércoles, 11 de abril de 2007

Charla para comerciantes

O noso compañeiro do Porriño (en Pontevedra), Miguel, publicou unha guía da charla que realizou para comerciantes na súa bitácora, como xa moitos saberedes.
Pedímoslle que nos mandara o arquivo en pdf e moi xentilmente así o fixo.
Así que se queredes podedes descargala aquí.
E se algún de vos quere compartir algo co resto de dinamizadores xa sabedes que podedes contar coa nosa axuda.
Agardamos que vos sexa de utilidade e gracias Miguel.

Asi me gusta.

Esta nova non ten nada que ver nin coa Dinamizacion, nin coas novas tecnoloxias nin con nada de eso, pero e digna de poñer en marco dourado.

UE.- La CE pedirá a España que aclare la exención a la Iglesia Católica de un impuesto municipal

A verdade e que era hora de que alguen se dera conta e fixera algo.

Manda carallo, tanta dinamizacion, tantas novas tecnoloxias e tanta tonteria para o futuro, todo esto esta moi ben, pero o que teriamos que de verdade dinamizarlle a xente na testa e que ainda que algo leve ahi toda a vida non e razon para seguir permitindo.

martes, 10 de abril de 2007

Pidgin - O NOVO GAIM

Como pode ser isto, o noso amigo, o que tantas rompeduras de tella nos deu, o que fai que pasemos do Mesenller, o que permite que todos os dinamizadores "esteamos conectados entre nos", quedouse xa desfasado, obsoleto, e cambiado por unha version que ven sendo o mesmo can pero con distintas pulgas.

Un tal Pidgin, que a min soname mais a xogo de recreativa dos 80 que a programa de mensaxeria. Foi o que substitueu a este sofware, para min en concreto tan familiar, que conste que eu uso bastante, incluso na casa, pode que non o faga polos motivos que a conselleria di que o temos que usar, pero bueno.
Aqui tendes o enlace na Wikipedia o Pidgin

lunes, 2 de abril de 2007

DinamizadorX - Tira comica

Tira 5 - Obradoiro de Internet









(baseada nun feito real)

Pulsa na imaxe para agrandala

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo