martes, 24 de junio de 2008

Como deciamos onte

Como deciamos onte que contaba un famoso profesor de universidade.

Aqui tendes o novo Windows 7
A nova supermaravilla de Microsoft



Juas non sei a vos pero a min segue parecendo unha castaña, e recordame increiblemente a un iPhone.

Asi que para manter o equilibrio do Ying e o Yang.

OpenSuse 11.0 xa esta lista para descargar

A nova version do Sistema Operativo esta xa dispoñible para o seu uso e disfrute.
Espero poder provala dentro de moi pouco.

miércoles, 11 de junio de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 20 - Sistema de Traballo









Pulsa na Imaxe para agrandala

martes, 10 de junio de 2008

Unha boa nova dinamizadora

Hoxe é un deses días no que as novas tecnoloxías, e máis no rural galego, recibe unha boa nova. E é que Telefónica, esa empresa que conta cos maiores avances tecnolóxicos pero coas únicas máquinas do mercado que non devolven cambio, deixa de comercializar o ADSL rural.
¿E iso que quere dicir? Pois que a partires de agora aqueles que vivides no rural podedes disfrutar da mesma velocidade de conexión e mesmo precio que no resto de cidades (iso si con un límite de 3 MB).
Estou a falar daqueles que tiñades cobertura de ADSL rural, nos Ancares non creo que disfruten destas ofertas.
A min, o que máis me gusta, é que polo menos non penalizan a aqueles que viven no rural como se facía antes.
Porque ata día de onte, o ADSL rural era 10 euros máis caro que a conexión básica dun mega, tendo 512 KB de velocidade (máis caro e máis lento), e sen chamadas nacionais incluídas (máis caro aínda).
Así que se disfr... padecedes dunha ADSL rural xa estades chamando ao voso proveedor que ides aforrar cartos e ter máis velocidade.
Senón tedes internet, por que era un timo (de feito comparados con Europa o segue sendo), por que non é xusto que por vivir no rural se teña que pagar máis por peor servicio, pois xa sabedes, ademáis ás novas altas se lles está a ofertar 2 meses gratuítos.
Un menda, persoalmente, opina, que segundo a constitución ninguén pode ser discriminado polo seu lugar de residencia, que me expliquen que era entón o ADSL rural. Pois telefónica fixo o que lle deu a gana ata que lle deu a gana.
E aínda por riba temos que aledarnos, xa que poderiamos seguir discriminados durante anos.
Ao fin e ao cabo, unha boa nova para o noso traballo, xa que isto facilitará un maior número de usuarios de internet no rural, e polo tanto facilitará a nosa laboura. Iso si, máis o faría se contasemos con outros medios como a wifi, pero non se pode agardar todo o mesmo día.
A disfrutalo

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo