martes, 29 de abril de 2008

O horario estival

Ola ola a todas e todos, menudo cambiazo de horario colegas. A iso chámolle eu darlle a volta á tortilla pero ben dada. Era algo que se vía vir, claro, despois de tantas protestas lóxicas; porque penso que a maioría coincidimos en que nos meses de verán, a esas horas ¿a quen iamos alfabetizar? ¿ás moscas?, ou máis ben aos amigos imaxinarios que acabaríamos inventando froito da soidade, a calor abafante e a desesperación de non ter a quen instruír tecnolóxicamente. Acabariamos todos tolos perdidos e Almodovar nos collería para protagonizar a segunda parte da súa exitosa película, pero desta vez o título variaría un pouco sendo: "dinamizadores ao borde dun ataque de nervios" .
Anque pode que certas horas da tarde fosen algo productivas, penso que o cambio será positivo. Seguramente o tempo que vai dende as 8:30 e as 10: 00 non será moi concorrido, nin o que vai das 14:00 ás 15:30 pero... estou segura de que en xeral haberá máis actividade.
Así que benvido o novo horario e os madrugóns.
Por outra banda, xa cambiando de tema, gustaríame que contasedes cales son as frases que máis repetides nos obradoiros, aos vosos usuarios. Eu, de todas, hai unha que xa lle estou collendo un pouco de manía de tanto dicila e non é outra que "para abrilo, dádeslle un dobre clic, ou un clic e despois abrir" Agghhh!!! se non a dixen mil veces, non sei cantas. Bueno, pode ser divertido que as plasmedes por ahí abaixo.
Unha aperta.

lunes, 28 de abril de 2008

Ministerio de Industria firma con Microsoft

Mirade que noticion me econtrei hoxe en Barrapunto.com

«El pasado viernes, el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ha firmado un acuerdo con La Caixa, Hewlett-Packard (HP) y Microsoft, "cuyo objetivo es colaborar en el desarrollo de la Sociedad de la Información y del Conocimiento en nuestro país, en el marco del Plan Avanza". Según este acuerdo cualquier ciudadano o PYME podrá solicitar en cualquiera de las 5.500 oficinas de La Caixa la compra de un equipo HP con software de Microsoft con la posibilidad de financiarlo a 3 años sin intereses. El acuerdo ha sido firmado por el Ministro de Industria, Comercio y Turismo, Miguel Sebastián, el presidente de Microsoft, Steve Ballmer (este hombre sabe aprovechar muy bien cada visita que nos hace), el director general adjunto ejecutivo de La Caixa, Antonio Massanell y el presidente de HP España, Santiago Cortés.»

Steve Ballmer, en su reunión con los periodistas, ha dicho que los tres grandes competidores de Microsoft son: "en publicidad, Google; en hardware, Apple; y en nuestro negocio tradicional, el código abierto".»

ZAS EN TODA LA BOCA

Pulsade aqui para ver a nova enteira.

viernes, 25 de abril de 2008

Software Libre e Galicia


Tiña pensado poñer un longo artigo que me estiven currando sobre a actitude do goberno da Xunta en xeral, e da Consellería que a nós nos compete en particular, pero cando me decatei de que tiña cheas dúas follas e aínda non comezara o bo, plantexeime resumir o contido a uns cantos parágrafos.

Aínda que todos sabemos xa en que situación nos atopamos, vou describir a escena na que este drama se produce e os seus personaxes.

William Gates III, alias Bill Gates, domina o mundo do software co seu Sistema Operativo Windows e as suas aplicacións informáticas: Office, Internet Explorer e Hotmail entre outras. Parece que todo está perdido, calquera intento de acabar con este monopolio rematou sempre en desastre.

Agora vou presentar o outro protagonista desta historia, ten moitos nomes pero ímonos referir a el simplemente como Software Libre. O noso Valente guerreiro leva dende tempos inmemoriais loitando contra Bill Gates e o seu monopolio no Software.

O lugar onde se produce o enfrontamento entre estos dous personaxes é a nosa Galicia, onde a xente se caracteriza por desconfiar de todo o novo, e de todo o que promete moita calidade a moi baixo custo, porque como di a miña avoa, e supoño que as de todos, “nadie da pesos a catro pesetas”.

As xentes de Galicia, son totalmente sumisas ó reino de Gates, algúns dos máis vellos recordan quizais un tempo sen Windows, pero os máis novos medraron con el e non coñecen outra cousa, a maioría deles non saben nin queren saber da existencia de nada que non leve a firma de Bill Gates.

Como pode facer o Software Libre para ter un lugar nunha sociedade coma a da Galicia actual vendo o panorama? Eu non digo que teña que renderse, de ningunha forma, pero as asociacións e as empresas que traballan con Software Libre, se o que de verdade queren é gañar pasta, porque o Software Libre non é unha ONG, deberían falar coa Consellería e plantexarlle unha nova estratexia. A estratexia actual, esta de “Métovos Software Libre en todos lados gratis sin problema de ningún tipo, pero se falla algo, que non vai fallar porque o Software Libre é perfecto, pois chámasme que che fago o servicio técnico. Ei, pero non me pidas desconto de amigo que o porquiño polo que vale”. Agora vas ti e dislle esto a alguén, o mínimo que pode facer e rir durante unha semana de ti.

Vou continuar cos símiles bélicos que me molan moito:
Se tiverades que vencer a un inimigo, que vos supera en número, que faríades, atacar a saco nun campo de batalla ata que só un bando quede vivo, ou tomaríades a estratexia das guerrillas, pequenos ataques e incursións ata que logres acabar coa moral e coas filas do teu inimigo? Coa segunda gañáronse moitas guerras…

Quitar a Microsoft da vida dos Galegos non é nin de coña un obxetivo a curto prazo, e a consellería parece que é o que pretende, impoñer o Sofware Libre agora xa, que navegemos con Mozilla agora xa, todas as empresas a Linux agora xa, parece que non hai un mañá na súa forma de elaborar os proxectos.
Cando se trata de elaborar un plan que afecte a mentalidade das persoas hai que pensar sempre a longo prazo (ou moi longo), se queremos que usen Sofware Libre, non comecemos atacando o Castelo, primeiro hai que tomar posicions estratéxicas. Comecemos polos programas, Office, Messenger, Explorer, Outlook, programas de deseño gráfico, todas as aplicacións en xeral. Se nunha aula temos uns ordenadores con Windows, pero que todos os seus programas sexan libres, e conseguimos que a xente os utilice con toda normalidade, e incluso que os probe na súa casa, temos a guerra case gañada. Pero hai que ter en conta algo importante, todo isto leva o seu tempo, non se fai de un día para outro, nin dun ano para outro, pero con esforzo se conseguimos que a xente crea no Software Libre a base de usar os programas, e confíe nel, teremos o terreo listo para dar o gran paso e poder así levar os Sistemas Operativos libres a toda a sociedade Galega. Pero esto pasa sempre por un looooongo proceso de concienciación, como dixo un autor:

“Non se pode facer a xente libre por lei, se lle impós as persoas que sexan libres acaba converténdose nunha maldita xaula.”

miércoles, 16 de abril de 2008

Unha Adiviña



Pista: Molanos o Software Libre

martes, 1 de abril de 2008

Diversion no Traballo

Hola amigos e amigas dinamizadores.

Supoño que o saberedes pero hoxe e o Dia Mundial da Diversion no Traballo. A verdade e que a min este dia pareceme unha conmemoración e unha dedicatoria a nos, porque quen non se divirte co traballo de dinamizador. Non e coña colegas, ainda que sone, que levante a man o que non se divirte neste traballo. Onte escoitaba eu RNE (si flipade escoito esa emisora) e falaba un libreiro sobre un libro que escribeu, solo con anecdotas de xente que lle pediu libros. Cantas anecdotas teremos nos como dinamizadores, este traballo ten os seus mais e os seus menos, pero no tema anecdotario esta ben cargado. Haber se vos animades e poñedes algunha. No meu caso cada tira comica e unha anecdota, pero seguro que vos tendes moitas cousas que decir.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo