martes, 20 de abril de 2010

O tempo vai pasando

Estamos rematando o mes de abril, e, personalmente, con sensacións similares ás de hai varios meses.
Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba a posta en marcha da Rede CeMIT e presumindo das estatísticas, as nosas, que virán ao longo do ano. A primeira impresión, personal, foi boa como xa comentei. O novo goberno presume de posta en marcha dun proxecto no que nós participamos, é doado pensar que un proxecto tan recente perdurará no tempo máis aló de maio, e que xa que estamos dentro, digo eu, será difícil saír, o difícil, penso, era estar dentro do proxecto do novo goberno (obviamente falo de novo proxecto cando o estricto sería falar de novo nome).
Pero hai cousas que me preocupan; como comentades, nos concellos xa non saben sequera se seguimos, os convenios duran, presuntamente, ata maio e ninguén parece saber nada, xa que información non temos. As últimas novas falaban de que nos tiñan que contratar os concellos, e a experiencia nos di que iso non vai pasar, non pasou cando se adscribiron a un proxecto publicado no DOG e no que se esixía o mesmo que se está a pedir agora. Tendo en conta, ademais, que daquela aos concellos non os asfixiaba a crise mundial na que nos atopamos.
En comentarios anteriores non queda claro se na actualidade temos ou non convenio nos concellos. Eu puiden botarlle un ollo a algún convenio e dicía que duraría ata o 31 de marzo prorrogable, como máximo, ata maio. O que non puiden ler son as condicións desa prórroga, se era automática, se tiñan que xuntarse de novo... O que me quedou gravado é o de “como máximo”.
Por iso falo de sensacións similares a hai uns meses, aínda que penso que xusto é mencionar que algo variou neste tempo. Agora temos un órgano de representación, que fala na boca de tod@s e elixido por tod@s, o comité de empresa. Este factor debería xogar en gran medida a prol dos nosos dereitos e do noso futuro. Este comité ten unha grande e laboriosa responsabilidade, e é por iso que queremos amosarlle o noso apoio e agradecerlle o seu traballo en busca de solucións e respostas pretendidas por tod@s nós. Estamos nas vosas mans.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo