miércoles, 30 de diciembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 41 - Intranet






Pulsa na Imaxe para agrandala.


miércoles, 23 de diciembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 40 - Reunión diversión.









Pulsa na Imaxe para agrandala.

Felices Festas !!!

Como non podía ser doutro xeito queremos aproveitar para desexarvos a tod@s unhas felices festas en compaña d@s vos@s seres querid@s.
Tamén estamos de celebración xa que por fin imos ter un comité de empresa que nos represente, ou polo menos iso parece, ata que sexa oficial non nos acabaremos de fiar. Agardamos que fórades votar tod@s pola importancia que este evento pode ter no noso futuro.
En canto as diferentes "informacións" que fomos recibindo, pensamos o mesmo que pensabamos fai varias semanas, que non nos contan nada novo.
A principal nova, é que a Fundación vai tratar que os concellos se fagan cargo dos nosos contratos, esta nova xa a deu alguén nun comentario neste blog fai máis dun mes. É unha boa nova se non temos en conta a crise, a situación económica dos concellos, que isto xa se tentou sen éxito... Por suposto pensamos que é moito peor rematar o traballo coas uvas... pero tampouco temos un aviso "oficial" de que non é así. De feito o que temos por escrito por parte da fundación indica o contrario, que si rematariamos o 31, data que marca o noso contrato, e que se nos dixo por correo electrónico que isto remataba. ¿Non debería haber unha notificación parecida para facernos saber que non é así? Pensándoo ben é incluso discutible se nos debemos presentar no noso posto de traballo o primeiro día do ano, xa que todo o que temos por escrito apunta a nosa non continuidade, con preaviso e todo.
Ademais en 3 meses voltaremos a estar como estamos, iso si cun comité de empresa que fale por nós e elexido tamén cos nosos votos, parabéns a todos @s que iades nas listas, e en especial a aqueles que saian elexid@s que a partires de agora teredes a responsabilidade de representarnos ante a Fundación. Moitísima sorte nesta nova encomenda.
Así que xa sabedes, bo nadal e que o espíritu navideño se deixe ver nos comentarios.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Case nada novo baixo o sol.

NOTA: O que ven agora e a miña opinión persoal, se cando alguén pensa distinto a ti te sentes ofendido pasa do artigo e pulsa aquí.

Bos dias todos compañeir@s, en primeiro lugar quero darlle as gracias a Alberto e Ana por asistiren a reunión convocada por UGT coa Fundación, de verdade moitas gracias, no que vou escribir agora non quero criticar en ningún momento a vosa actuación que me parece dende o primeiro dia a mais axeitada e dende logo a mais transparente. Recorda que os Fremen estamos contigo Muad'Dib.

A reunión dende o meu punto de vista non reflexa mais que o que xa se tiña comunicado en outra ocasión, a Rede segue despois do dia 31 por un tempo indefinido en principio de uns tres meses mentres se realizan negociacions de varios tipos.

Primeiro vou expoñer os datos que eu vexo positivos.
1º- Como e lóxico, que imos ter tres meses mínimo de traballo.
2º- A posibilidade de que Dinamizadores que se queden sen lugar de traballo se poidan incorporar a outros lugares novos que se unan a Rede.
3º- Informarásenos de cada paso que se dea.
4º- Faranse reunións entre a Coordinación e os Dinamizadóres para favorecer a maior fluidez na comunicación. 

Remito a NOTA do comezo do artigo ós que estean contentos con estes 4 puntos e non queiran seguir lendo.

Agora vou comezar a ler o texto mais polo miúdo, dicir que mentres o lía asaltoume un FlashBack remitíndome a aqueles 3 meses que estivemos sen traballar mentres se negociaba con concellos e entidades e que despois derivou na nosa contratación pola Fundación.

No comezo do texto recalcase o noso traballo e que todo o mundo esta supercontento con nos, gracias.

O que non me sorprende, xa o adiantaramos dende este Blog, e que pretendan xuntar a Rede de Dinamización coa CMG, pero o que me deixa descolocado e o motivo, "duplicidade do servicio", perdoade pero a CMG e a Rede de Dinamización non dan para nada o mesmo servizo nin funcionan da mesma maneira.
Eu teño visto os cursos que dende a CMG se ofertan e van dende "Creación de programas informáticos", "Deseño Gráfico con Gimp", "Deseño 3D con Blender".
Outra cousa e que dende a CMG ofreza as súas aulas a asociacións (ou a Rede de Dinamización) para facer obradoiros de outro tipo, pero o obxetivo da CMG para nada e o mesmo que o da Rede, así que de "duplicidade do servizo" nada de nada.

"Buscaranse novos destinatarios como as PEMES" aquí xa non sei se rir ou chorar, recordo que ese era un dos obxectivos principais da Rede dende o comezo, pero que pouco a pouco se foi pasando del pola falta de financiamento por parte das asociacións de empresarios e pola deixadez da Rede cos polígonos industriais.

Despois ben un "mais do mesmo", que se nos teñen que contratar os Concellos, que para iso lles damos o servizo a eles, que se tamén nos poderán contratar outras entidades e asociacións empresariais (todo isto xa se podía facer antes, non e novo).
Pretenden que os Concellos ou entidades paguen o 20%, isto xa se tentou e fracasou e foi cando se rompeu cos empresarios.
O tema e este, a entidade contrátanos, pero e a Fundación a que ten todo o control sobre nos. Este tipo de requisitos son os que non lle soen gustar nin a Concellos nin a Empresarios nin a ninguén, porque se son eles os que nos contratan eles terían que ter polo menos algo de control sobre nos, e non teñen nada. Non digo que me guste que me controlen dende a entidade, pero a ninguén lle gusta que lle dean ordes na súa propia casa e menos os empresarios.
Esquecíame o de que para que un Concello nos contrate ten que ser previo concurso publico, a ver como arranxan ese tema e seguen mantendo a "transparencia". 

Tamén esta o de ampliar a rede a 90 aulas, fácil so tes que engadir as que xa temos as da CMG, o malo e topar dinamizadores para esas aulas, pódese contar con dinamizadores que tiveron que deixar o proxecto por problemas coa entidade, e espero que se faga iso, espero que non actúen coma ata agora colocando a dedo a xente que non ten nin o curso de Dinamizador feito, non digo que por ter o curso séas mellor ou peor, pero e un requisito que considero imprescindible.

A min este paragrafo paréceme reseñable, aínda que o comentei antes:
"Igualmente se nos anuncia que isto non significa que a Fundación non se reserve a capacidade organizativa á hora de non darlle continuidade a postos de traballo que non cumpran os mínimos que considere esixibles."
O monstro dos cupos mínimos segue observándonos dende a escuridade, así que non vos botar a durmir durante estes meses non vaia ser que o voso Concello teña pensado contratarvos e vos bote a rede por publicar unha nova de menos no xornal.

Dáme a risa o das reunións con Coordinación, o da información de cada paso e o da transparencia en xeral, a cantos de vos vos informou coordinación de algo (comité de empresa, negociacion coa FEGAMP), non e que nin eles mesmos saben nada. No texto tamén se ve que Coordinación seguira como esta, cousa que non me sorprende, so hai que ver o ben que nos teñen controlados.

E para rematar dicirvos que non vos esquezades do Comité de Empresa que estamos pendentes de facer, que hai si que se vai saber todo, eu do que se diga en reunións coma esta que non son vinculantes, nas que podes prometer o ouro e o mouro e non tes que dar explicacións ríome e moito. Cando este definido o comité de empresa será cando teñamos todas as cartas sobre a mesa, ou iso espero.

Se algo me esquece facédemo saber nos comentarios, gracias a todos por leerme ata o final.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Premonicions

Boas tardes a todos Compañeir@s, visto o visto e con todo o material de que dispoñemos, eu penso que non esta de mais un artigo, unha análise de realidades e facer algunha que outra especulación mais ou menos factible.

O igual que moitos de vos eu deiteime onte coa nova de que a nosa patrona se foi de festa polos Madriles a promocionar o noso "Memoria de muller", tivo que estar xenial, so vou recalcar que a nosa querida "coordinadora" ten a vida mais que arranxada, conseguiu o traballo en Galicia despois de pasar por creo que Asturias (non estou seguro) e coa gloria e os méritos do noso traballo ela recollera froitos e sobraranlle lugares onde plantar sementes cando remate na Xunta. Eu non sei a vos pero dáme que puideron ter o detalle de levar a algún dinamizador con eles, mais que nada para que se vira representado o colectivo que fixo todo o traballo de campo de este proxecto. Pero bueno penso que xa estamos mais que acostumados a estes desplantes e faltas de respeto (agora que veña algún listo a dicir que isto non e unha falta de respeto), comentase no artigo anterior "que foi dos patróns que se fundían cos barcos", pois sabes que pasou con esa xente, que todos están no fondo do mar, e cando xa non queda XENTE (así con maiúsculas) que por o timón dun navío tes que recorrer a mercenarios, que serán fieis a ti e darán todo o mellor, mentres séas quen lles pague, o dia que non séas ti, simplemente adios e "non o tomes como algo persoal, so son negocios".

Son tantas cousas as que comentar que xa me lio, estou vendo que me vai saír un artigo longo de mais.

O tema do fallo arbitral, segundo o "arbi" a Rede non depende da Fundación, quen o diría verdade, despois de que nos entrevistaran os da Fundación, nos pague a Fundación, teñamos que chamar a Fundación para todo, tivemos que levar os nosos papeles a Fundación e presentar de aquela todos os formularios de traballo a Fundación, ademais de que o seu logo saia en todos os lados. Pois iso un super intelixente arbitro di que non, que non dependemos da Fundación, pois vale que se lle vai facer.
Igual de divertido me parece o de CCOO, que pedira non so que os traballadores despedidos non entraran no comité de empresa, se non que os traballadores da Rede tampouco entraran, cando eles mesmos levaban un dinamizador na súas listas, bueno iso pode parecer un disparate, pero se te informas ben e lees todo o material que e bastante extenso, CCOO non pedía a exclusión de todos os traballadores da Rede, se non só dos de fora da provincia da Coruña, engadindo este dato do que non se fala porque non ten conta, todo o que parecía incrible toma forma pouco a pouco, supoño que cantaría moito que os de CCOO dixeran, "queremos que so participen do comité de empresa a xente de coordinación e os dinamizadores que nos queiramos", o final non puido ser e ningún da Rede vai ir a ese comité de empresa, unha pena.
O tema de todo isto e que a Fundación conseguiu o que quería, pasar do traballo de todos os dias de 47 (creo) persoas, e xa non so pasar do noso traballo se non pasar de nos como persoas que merecemos un respeto e un mínimo de recoñecemento. Ademais de facer algo que eu nunca me imaxinei que pasaría, conseguiron descabezar a Rede, porque se a Fundación non e quen nos goberna, quen se supón que manda aquí, a desaparecida en combate Coordinación, da que non se sabe nada mais que polos correos mandados con contagotas e que non ten nin a dignidade de asomar a cabeza fora da súa fortaleza de Area Central para adicarlle unhas palabras os seus torturados e sufridos súbditos. Eu fai moito que non creo na coordinación pero hai xente que si, aínda que so sexa por respeto a eses compañeiros deberían dicir algo, e refírome a algo mais que correos robóticos.

Agora vou voltar a xuntar pezas de puzzle, destas que a cada dia temos unha nova e que pouco a pouco van encaixando ata o dia 31 de Decembro que espero que o puzzle este completo e o vexamos en todo o seu esplendor, aínda que un documento o que tivemos acceso di que pode que isto se pospoña un par de meses despois de decembro.
Para todos os dinamizadores que non o sepan, no foro de galiciadinamiza hai unha sección privada a que supostamente so se pode ter acceso previa petición o seu administrador, este sistema non e que se poida dicir que sexa o mais seguro do mundo, posto que eu teño acceso e non pasei por ningún tramite, pero ese non e o tema.
O caso, alí hai publicados dous textos que me gustaría reseñar, un son os orzamentos para 2010 da consellería de presidencia, nos que se reflexan os gastos adicados tanto a actuacións polo fomento da Sociedade da Información como para o impulso da rede de dinamización. Os datos son estos:
Impulso da Rede de Dinamización: 788.494 €
Actuacións para o fomento da SI: 448.801 €

Isto danos un total de 1.237.295 €, esta cifra pode parecer considerable, verdade, pero so para alguén normal, evidentemente con esta pasta unha persoa vive ben durante moito tempo, pero un proxecto publico non tanto, vos memorizade este dato 1.237.295 € para todas as accións referentes a SI.

No outro documento falase de que a Xunta planea (como xa contaramos neste blog) xuntar todos os telecentros de Galicia ousexa a Rede e a CMG en un so ente que será dirixida pola secretaria de Modernizacion e xestionada pola Fundación, para chegar disque os 315 concellos de Galicia %inserte aquí a súa risa favorita%.
E atentos que agora ben o quid da cuestión, recordades o orzamento da Secretaria Xeral para a Rede 1.237.295 €, pretenden dicirme que con esta pasta van pagar os soldos de 47 (creo) dinamizadores, da coordinación (que terá 7 persoas) e dos traballadores da CMG que se sumen o proxecto, e isto so en gastos de persoal, despois temos os gastos fixos 45 aulas da rede (mais as que a rede ten repartidas por hai que non están nin inauguradas) e dos 40 (segundo o escrito) centros da CMG, mais gastos de alquileres e gastos de material de todo tipo funxible e non funxible, desprazamentos, cursos de formación externa, servicios de internet, gastos de representación etc. Dubido que todo iso se pague con ese orzamento.

Pero tranquilos os que esten apunto de botar pestes de min, relaxádevos que non me esquezo, o que pretende facer a Secretaria Xeral e o que tentou xa en outrora a Consellería de Industria, que é facer que os concellos paguen o 20% do soldo dos traballadores, premio, iso seria o puto mellor, aforrarían a ostia de pasta e poderían adicala a outras cousas como un futbolín para os empregados, pero hai unha pequena pega, os concellos terían que contratar a ese traballador, e hai esta o punto no que o castelo de naipes se cae, os concellos non poden contratar a ninguén sen un previo concurso publico, por moito que a Xunta ordene e mande, isto non se pode facer, medida que condea o fracaso xa de primeiras todo este suposto proxecto de unión e conquista de Galicia, e ademais no texto engádese que se o concello non acepta estas condicións non se lle renovará, con dos cojones, como dirían en Matrix "A nuestra manera o carretera" ou como dixo Joe en Reservoir Dogs "Hay dos maneras de hacer las cosas: la mía o la puta calle. Cual eliges".

Con todas estas pezas na mesa, xuntándoas e interpretando os datos (recordade que e o meu punto de vista, o mellor engánome):
Temos a 45 concellos e centros comarcais, nos que tanto por non querer incumprir tramites administrativos, como por non querer ou non poder pagar ese 20% van quedarse moitos fora. De esta maneira conseguiran desmantelar unha meirande parte da Rede e sen responsabilidade directa porque serian os concellos os que romperían o contrato e eles lavaríanse as mans.
Temos tamén un orzamento que a duras penas chegará a un ano, e se chega vai ser polas non renovacións masivas en concellos, co cal a Rede de Dinamiacion no ano 2010 non acadara nin por asomo os datos de anos anteriores polo que perdera o único que facía que a tiveran en conta, os números. O perder este salvavidas en forma de datos, quedara a mercede de quen se queira desfacer dela para volver a levantala con outro nome, outra identidade e outras persoas (igual de puteadas que nos seguro). E todo o noso traballo perderase no tempo e non se nos recordara por mais que polas acusacións de ser uns supostos axentes electorais do BNG.

Este e o que dende o meu punto de vista será a fin da Rede, seguro que moitos de vos non opinades igual, e seguro que moitos tamén vos enfadaredes, e viredes a dicir que non sei nada e que non teño nin puta idea de nada, a todos os que pensen así so lle quero dicir que usen o seu cerebro mais aló do interes do soldo a fin de mes, pensade en todo o pasado, pensade en todo o vedes e en todo o que escoitades, despois xuntádeo todo e mirade mais aló dos feitos e das palabras, se despois de todo iso vedes un futuro de luz e boas intencións, contádesmo para ver se eu tamén consigo velo así.

Moitas gracias a todos o que aguantaron ata o final este logo texto, e gracias os que me apoian e os que non tamén gracias por molestarvos en ler o que escribo e en dar a vosa opinión, para min conta mais do que pensades.

viernes, 6 de noviembre de 2009

@s dinamizador@s unid@s endexamais serán vencid@s

Canta razón amosa a última tira, tan boa coma o resto pero non me deixa de ter un tinte dramático.
Que se laudos, que se sindicatos, que se eleccións ao comité de empresa, e o asunto é que xa so nos quedan menos de 2 meses e estamos igual que cando tiñamos 4 meses por diante.
Desde aquí pensamos que isto é unha tomadura de pelo, e que van seguir tomándonolo ata o 31 de decembro incluído.
Entre os correos que nos mandadades nesta época oscura, rerscatamos unha nova sobre o consorcio galego de igualdade e benestar. Eles non agardan nin por laudos nin por resolucións, nin por eleccións.
Poderiamos ir á sede da nosa rede e empapelala tamén, e a Fundación, gustariame ver certas caras se nos ven aparecer a unha tropa entrando pola porta con pancartas e berros reinvindicativos, en fin...que bonito é soñar.
O que non quita que non nos poidamos unir ao consorcio galego de igualdade e benestar, seriamos máis a montar follón, o único que nos queda por diante.
Se fosemos franceses xa teriamos a gasolina preparada... folgaaaaaaaa!!!!

martes, 3 de noviembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 39 - Fallo arbitral









Pulsa na Imaxe para agrandala.

martes, 27 de octubre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 38 - O Metodo Amnesico







Pulsa na Imaxe para agrandala.

viernes, 23 de octubre de 2009

NOTA INFORMATIVA DO DINAMIZADORX

Bos dia compañeir@s visto o visto dende fai un tempo e respondendo o sentido común e a temas que penso lóxicos vou dar dúas directrices que espero cumpla a maioría dos visitantes deste o noso ben querido Blog.

Non vos pensar que vou botar os 10 mandamentos, so son dous detalles que xa digo, penso que son sentido de común.

1º- Non preguntedes no blog cousas referentes a sindicatos e a ese tipo de movidas entre nos e a Rede. Non o digo por mal, si eu estou encantado con todas as opinións e a controversia que se produce, gústame ver os puntos de vista da xente, pero respostar a certas preguntas en un lugar publico pode sacar a luz cousas que non deberían sacarse alomenos por agora.

2º- Non respostedes a preguntas que vexades que poden sacar a luz cousas que non deberían sacarse.

3º (e ultimo) Se incumpres algunha das directivas anteriores, vexase respostar ou preguntar algo que non deberías, non te enfades nin te ofendas se as respostas que provoques non son as que ti desexabas.

Se tedes algunha dubida usade o voso correo persoal ou o telefono, e mais rapido e moito mais efectivo que deixar algo nun Blog.


Pois queda dito compañeiros, como vedes non son unhas normas en plan radical, so son de sentidiño común.

Saúdos a todos e a disfrutar que xa e venres.

martes, 20 de octubre de 2009

Comentarios sobre os ultimos acontecementos.

Visto que o anterior post se encheu de mais, imos abrir un novo para que poidades comentar as vosas impresions sobre as ultimas novas que imos tendo e sobre todo o que esta a pasar estos dias.

jueves, 1 de octubre de 2009

A tres meses vista

Hoxe comezamos o horario de inverno, fin aos madrugóns e ás tardes libres, haberá quen prefira o vello horario e haberá quen non, para gustos cores.
A maioría das veces este sería o noso maior “problema”, pero dadas as circunstancias temos moitos máis, como pode ser o feito de que algúns d@s nos@s compañeir@s rematen o seu contrato a semana que ven e, aparentemente, non van continuar con nós.
Se a iso lle sumamos o famoso correo de Covadonga, a falta de convocatoria de xuntanzas desde o troco de goberno, as novas aparecidas recentemente na prensa… en resumo a desinformación na que nos atopamos, o normal é que elucubremos e ata nos voltemos paranoicos.
Alédame ver que a bitácora toma a función para a que foi creada, a pouca información que poidamos ter (pode ser que sesgada), e a capacidade para unirnos e facer algo en común, a día de hoxe, pasan por este espazo (falo d@s dinamizador@s, por suposto, que somos @s destinatari@s de todo o aquí publicado, que o blog lles moleste a aquel@s que nos queren manter desinformad@s é o normal).
Vou tamén dar a MIÑA opinión sobre todo o que está a acontecer. A carta a Covadonga da que se fala en comentarios de publicacións anteriores pode ser un bo intento, aínda que coido que a Fundación vai pasar de nós, a fin de contas nunca tivemos trato con eles, nós pertencemos á Rede de Dinamización e a Fundación nos paga (que non é pouco) pero penso que de esixirlle (ou pedirlle) algo a alguén debería ser á Rede (que podería seguir, por exemplo, sen a Fundación).
Por tentalo que non quede, pero penso que nos daría máis éxito facer algo como o do Consorcio, xa que en tempos de crise e de elevado paro, que boten máis xente á rúa pode dar mala imaxe, e máis ruido que cos medios de comunicación non creo que fagamos, ademais tamén se enterarían @s nos@s usuari@s. O que non sei é se para este tipo de cousas o ideal é sindicarnos, axudarianos bastante a opinión dos amig@s dos que se fala nos comentarios (avogados, traballadores da Xunta,…).
A cousa pinta mal aínda así non deixedes de comentar as vosas ideas, sexan cales sexan sobre o que podemos facer, calquer cousa pode axudar, e non pensedes que todos @s que comentamos somos dinamizador@s (e polo tanto temos os mesmos intereses), o blog está aberto a todo o mundo, é dicir non me sorprendería que as mellores ideas que poidades dar sexan tamén as máis criticadas.

Ultimas novas sobre a Rede. [ACTUALIZADO]

Atendendo a petición de abrir unha nova entrada para poder comentar as ultimas novas sobre a Rede, aquí a tedes, poño tamén enlaces as novas nas que se fala do futuro da nosa querida Rede de Dinamización:

Revista Codigo Cero (PDF) - Pax 13

A Xunta desfai os proxectos tecnolóxicos do bipartito

Os programas máis afectados son os da Fundación Calidade

Os despidos da Xunta en I+D poden deixar sen servizo a 26.000 persoas

Seguen os despedimentos nos proxectos de promoción tecnolóxica do anterior equipo da Xunta

La CIG denuncia "más de 100 despedidos" y el "desmantelamiento" de los centros de investigación de la Xunta

A Xunta despide masivamente a traballadores/as dos centros públicos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico

La Xunta unificará las iniciativas de ‘software’ libre para ahorrar dinero

O Estado reprende á Xunta polo parón do I+D+I

Rueda confirma o desmantelamento de Mancomún


O BNG denuncia o desmantelamento de Mancomún


A Xunta non financiará Mancomún porque é un proxecto do bipartito


Se algún de vos topa mais novas relacionadas, que poña a dirección nos comentarios, para que todos nos poidamos enterar de todo.

Moitas gracias pola colaboración compañeiros/as.

martes, 29 de septiembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 37 - Voando vou.









Pulsa na Imaxe para agrandala.

lunes, 21 de septiembre de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 36 - Especulando co futuro









Pulsa na Imaxe para agrandala.

NOTA: Calquera parecido coa realidade e pura coincidencia.

martes, 15 de septiembre de 2009

A miña opinion

Bos dias compañeiros e compañeiras.
Parece que aínda seguimos coa nosa querida tolería e crispacion, vou dar algúns datos que fun lendo por aí e vou sacar as miñas propias conclusións, non creo que ninguén se vaia tranquilizar nin sentir mellor con estos datos pero bueno que se lle vai facer.

Primeiro, tende mais que clarinete que o PEGSI vai rematar na data acordada ousexa en 2010, e vai ser substituído polo plan director de tecnoloxía da Xunta (non recordo se se chama así pero e algo polo estilo), xa o teñen planeado, fai unhas semanas sacouse no DOGA un concurso para empresas na que a finalidade e facer un estudio de todo o que ten que ver coas TIC en Galicia, ousexa Internet, fenda dixital e todas esas cousas as que nos estamos tan afeitos, en esta parte e onde vexo eu que os nosos numero son algo significativos porque son os que mellor determinan o nivel de integración das TIC dentro dos concellos, e a xente que esta en polígonos dentro das empresas do seu contorno.

Lendo algúns artigos de periódico vexo que o proxecto para os próximo 4 anos vaise compoñer (o igual que o fixo o PEGSI) de varias partes, a primeira de análise, que a realizara a empresa que salga do concurso anterior, e durante 3 meses controlaran todo e verán que partes de infraestrutura se poden aproveitar e cales non, supoño que se referira a redes publicas de concellos, a sistemas de internet rural e a aulas formativas dependentes da Xunta en xeral, aínda que aquí teño unha pequena dúbida, porque as aulas da rede son dependentes da Secretaria Xeral de innovación e modernizacion e os da CMG da de Medios, que son todas dependentes de Presidencia, así que non creo que se vaian levar mal entre as dúas secretarias para ter que facer plans en común.

Pois iso, primeira parte de Análises, así que me supoño que a segunda parte será de Acción, e en esta parte terase que contratar xente para que traballe sobre os datos obtidos na anterior fase para (de novo) loitar contra a fenda dixital e facer que as persoas con unha idade comprendida entre os 30 e os 80 que son os que todos sabemos que teñen mais dificultade para isto das novas tecnoloxías aprendan, e a pescada vaise morder a cola, farase unha nova convocatoria e volverase a coller a xente para dinamizar (ou facer o que este de moda en esa época) e ser a pe de rúa as persoas que loiten contra a fenda dixital nos concellos nas empresas e bla bla bla.

E se nos gusta o traballo de dinamizadores teremos que esta atentos a que isto pase.

E agora vai a miña opinión sobre os comentarios do artigo anterior (o do xeroglífico, que porcerto ninguén resolveu aínda, non sexades tan sosos e tentádeo)

Ganas de loitar as xustas, compañeiro/a, como ves os dinamizadores non somos nin por asomo uns Alexandres Magnos, e fronte o que dis que os naipes xa comezaron a caer durante as vacación iso era de supoñer, e que o silencio e a súa mellor baza tamén, non hai peor sentimento que o de que todo o mundo sepa algo menos ti, e así e como nos sentimos, alédame que polo menos un de nos se entere das cousas, aínda que non deas tampouco demasiados datos, no fondo ti miras por ti, e mollarse a estas alturas de tormenta pode ser sinónimo de afogar.
E con respecto a pasar a acción, aquí xa se tentaron moitas veces facer cousas e todas cairon en saco roto, dende o Blog do DinamizadorX secundaremos calquera acción que en colectivo se queira facer, aínda que se a ninguén se lle ocorre facer nada nos NON imos aconsellar que despois individualmente para o que nos queda no convento....
E o das redes sociais, se por peloteo ou por o que sexa daquela agregaches a alguén do que agora te arrepintes pois borralo e santas pascuas.

NOTA DO DINAMIZADORX:

Todo o anterior estaba escrito antes da tolería dos últimos comentarios, o único que lle teño que dicir os que se adican a tolear e que se pasen polo psicólogo un rato, que estas cousas e mellor collelas agora, despois pasan os asasinatos en masa, e ningún de nos queremos iso verdade.
E recordade, que usar mais de un signo de exclamación e un signo inequívoco de que alguén leva os calzoncillos na cabeza.
Pensade que isto non e unha conversa nun bar, canto mais claro escribades e mellor se vos vai entender.

viernes, 11 de septiembre de 2009

brain expriming


Ben, aquí vos deixamos un novo xeroglífico para que botedes, agardamos que como mínimo un minutiño, pensando a solución.
Unha aperta.

Trisquel GNU/Linux 3.0

Co nome de "Dwyn" a deusa Celta do amor liberouse onte a versión 3.0 de Trisquel GNU/Linux.

Trisquel GNU/Linux 3.0

Baseada en Ubuntu, algunha pega tiña que ter, sae a luz a ultima versión deste GNU/Linux Galego. Con mellores compativilidades de hardware e actualizacions cada 6 meses.
Que conste que estou totalmente a favor desta versión de Trisquel, pero parece que e unha condena o que teño eu ca lei de Murphy, cando por fin consigo ter (medianamente ben montada) a Trisquel 2.2, van e sacan a 3.0 xusto no mesmo dia, fodido Murphy.

Pois iso, para quen o queira probar, aí vos vai a ultima versión do sistema operativo feito en Galicia.

martes, 8 de septiembre de 2009

Cousas dos Blog

Bos dias compañeiros e compañeiras.

Hai vai un artigo sobre algo do que fai tempo que tiña ganas de escribir, as cousas que pon a xente en google para chegar o Blog do DinamizadorX.
Que dicir ten que as mais utilizadas son dinamizadorx e blog dinamizadorx, pero non son as mais simpáticas:
NOTA: Todo e real, sacado de Analytics e ShinyStat.
  1. Baixar miro pereira: Se pretendías baixarte a serie de Pratos Combinados vas de cu, por aquí como moito vas topar o vinagre da ensalada.
  2. Galinux: Sinto amigo/a, aquí non vas topar nada diso, preferimos non tentar o MEV con falsos profetas.
  3. Suso Baleato: O puto amo, en realidade el e o DinamizadorX.
  4. Cienciologia Baleato: Non sei se refire o do Compostela ou o de Mancomun, aínda que calquera deles tería a capacidade para dirixir unha entidade de tanto poder como a Igrexa da Ciencioloxia, ben o demostran todos os dias nos seu respectivo campo.
  5. Dinamizador La caixa: Con isto da fusión de caixas de aforros xa non sabes por onde te van entrar.
  6. Foto parvada: Fotos non hai moitas pero parvadas sobran.
  7. Mancomun pp: Non sei eu se toparias algo interesante sobre este tema no noso blog. O unico a nosa foto comparativa do presi.
  8. Obxetivo de contavilidade de España: Polo amor de Deus, iso non o ten claro nin o ministro de economía e ves a buscalo aquí, pero estades tolos ou que.
  9. Raparigos: Espero que non pretendera buscar contido para adultos (que a X non significa nada estraño).
  10. Rede de dinamizacion spot: Aquí a publicidade da rede facémola de outra maneira, non necesitamos pagar actores nin nada polo estilo.
  11. Veiguela blogspot: Pero que te esperabas buscando isto, que existise veigela.blogspot.com ou algo así, a xente ten bastante mais sentido do que pensades.
  12. "en che dicires": Non o pillo, se alguén foi o que entrou por aquí, se fai o favor que nos conte a onde quería chegar.
  13. "pola sombra" Coruña: Sobran as palabras, voume aforrar o chiste fácil.
  14. Agencia azafatas Trisquel: Como non sexan azafatas GNU/Linux dáme que te equivocaches de sitio compadre.
  15. Anécdotas+traballo: Anecdotas as que queiras, agora traballo.....
  16. Araos galinux mascota: Se te refires o pseudo-pingüin do anuncio de Galinux, non aquí non o vas topar.
  17. Blog da rede de dinamizacion dinamizadorx: Puideches dar mais detalles que google aínda non se enterou ben.
  18. Blogspot sobre word 2000: A verdade e que espero que non exista unha cousa polo estilo.
  19. Caralhuda: Home gracias, sabiamos que eramos o puto mellor pero aínda non nos chamara caralhudos.
  20. Comicas de poquemon: Non sei que e peor, que chegaras aquí buscando cousas sobre poquemon ou que te adiques a buscar esas merdas.
  21. Como elaborar una tira cómica: Nunca se me ocorrería dar un obradoiro sobre iso, pero alédame que alguén poida usar as nosas tiras de exemplo (moitas delas a evitar).
  22. Controlar satelite satelite xabarin: Pode ser da nasa ou doutra galaxia, pode ser cousa das ghafas que eu non mire ben.
  23. Descargar sofware ruso: Moito comunista hai por aquí solto, comunista ou bebedor de vodka.
  24. Entrevista a un dinamizador: O mais puro estilo "Entrevista con el vampiro".
  25. Estiven ballmer 2009 microsoft: Se buscas a alguén que estivo con Ballmer, dáme que non, aquí non deixamos entrar a ese tipo de dexenerados..... bueno, so de vez en cando a algún.
  26. Feijoo "bill gates" "sofware libre": Xuntar 3 términos deste estilo nunha busqueda paréceme simplemente unha maneira de querer saturar os servidores de Google.

Bufff so levo 26, que sepades que faltan polo menos outros tantos, vouno deixar aquí, e seguirei mais tarde, supoño que con isto xa teredes vastante, algunhas destas busquedas fan mais gracia que outras, pero todas son reais, hai esta o simpático.
Veña a pasalo ben.

viernes, 4 de septiembre de 2009

O Retorno dos Dinamizadores 2009

Bos dias compañeiros e compañeiras, xa estamos aquí de novo.

Entre festas e praia xa pasou todo un mes, seguro que moitos de vos andaredes coa síndrome post-vacacional, pois esquecedevos diso que non e escusa para coller unha baixa, que dixeron o outro dia na Galega que a síndrome esa non e motivo para faltar o traballo. Pensade que hai xente que o ten peor que vos, que algúns levan traballando dende o 24 e as de coordinación fixo que non pararon en todo o verán (pretendo ser sarcástico, para quen non o pillara).
Como podedes ver non hai moito do que falar, segue coma sempre o de sempre, polo que puiden ver nos comentarios da tira anterior hai xente que segue sumida na nube negra, non vos preocupar amigos, pensade que a vida non e para andar decaído que nunha destas pégache un chungo.

Pois iso, a verdade e que eu tamén estou medio pasando de todo, teño hai algún que outro artigo pensado, pero bueno, hoxe e o segundo dia, e tendo en conta que onte tamén pasei de todo había que poñer algo polo menos.
Veña a pasalo ben.

viernes, 31 de julio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 35 - Vacacions xa



Pulsa na Imaxe para agrandala

Veña que hoxe a tarde xa comeza para todos.

Nova de verdade.

Boas compañeiros, no ultimo dia antes da vacacions oficiais de todos nós teño unha nova, que pode que ata sexa boa.

A Xunta impulsará o software libre en Galicia potenciando a súa implantación en pemes e universidades de cara á súa aplicación nos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade

Este artigo fala sobre a reunión que tiveron onte coa Secretaria de Innovación, AGASOL, CESGA e Universidades. A reunión en si vai sobre o Software Libre e a súa implantación en Galicia, pero se lle botades un ollo o penúltimo paragrafo.

"A Rede de telecentros servirá para achegar o software libre aos cidadáns...."

Agora habería que saber a que Rede se refire, a nosa ou a CMG pero no eido do Software Libre queda claro que a nosa Rede leva as de gañar.

Espero que esta sexa unha boa nova para todos nos e que nos deixe un pouquiño mais tranquilos para o pleno gozo das vacacions.

miércoles, 29 de julio de 2009

Vacacióoooons

Hoxe é o último día de traballo para aqueles solicitantes dos días "extra" no mes de xullo.
Lembrade que como nos corresponden 23 días laborais de vacacións, e agosto so ten 21, tivemos que escoller se queriamos os outros dous días en xullo ou setembro.
O que quere dicir que hoxe comeza a primeira fornada en ir de vacacións, e o venres a segunda e última.
Desde este blog queremos desexarvos que o pasedes ben, que vos relaxedes, que descansedes e que voltedes co maior dos ánimos para ver como remata o ano, que aínda queda moito de que falar.
Ben merecidas as tedes así que disfrutádeas e voltade con forza.

jueves, 23 de julio de 2009

Que personaxe do DinamizadorX eres?

Veña compañeiros que xa non queda nada para as vacacions.

E para facer mais levadeiro este pequeno trance, aqui tendes:

Que personaxe do DinamizadorX eres?

O malo e que tendes que ser usuarios de Facebook para facelo.

E o bo e que se o facedes tamen vos podedes facer seareiros do DinamizadorX, e amigos de Casper e de min.

Veña provade a ver quen vos toca.

Non esquezades poñer aqui que personaxe vos tocou, se non vos da moita vergonza claro.

lunes, 20 de julio de 2009

Mais novas, ou non tanto.

Aqui van algunhas novas, non son frescas do dia pero penso que valeran de todas formas, non teñen que ver realmente con nosco, pero penso que son interesantes.
Seguiremos atentos e informando.

Nerviosismo na Xunta polo incumprimento das promesas electorais

Ciberimandade lanza unha campaña para salvar Mancomun.org

Masivo respaldo á continuidade de Mancomún

Galicia é antepenúltima malia que o 41% xa é internauta

martes, 14 de julio de 2009

Nova Dinamizadoras

Mañá de novas e de actuacións publicas na defensa do Software Libre e do PEGSI, que no fondo e o que a nós nos ten conta.


El BNG denuncia la ausencia de apoyo al software libre "y en gallego" por parte de la Xunta de Galicia


Ana Luísa Bouza: "A Xunta abandona ao Software Libre"

O BNG denuncia a ausencia de apoio ao software libre por parte da Xunta

Todas estas novas para min son algo insípidas e son mais do mesmo do que léemos ata o de agora.

Pero en Ciberimandades da Fala topamos isto (gracias a un comentario animo):

Pola democracia no software. Pola democracia no idioma

A idea de mandar un correo a secretaria xeral, esta moi ben, con este tipo de medidas conseguíronse moitas cousas, pero a menos que o envío de correos sexa realmente masivo, dubido que se poida facer nada.
Se estivésemos falando de algo con uns orzamentos menores e con unha implicación social menor, pode ser, pero tendo en conta que estes novos gobernantes que temos se adican a recortar todo o que sae por fora dos seus limites, tanto os seus supostos limites económicos como os seus evidentes limites intelectuais, dáme que a sentencia esta mais que dictaminada por moito que non sexa oficial.

Os únicos o meu ver que poden facer algo por o PEGSI son os empresarios e os concellos, se eles non meten man no asunto non se poderá facer nada.

lunes, 13 de julio de 2009

Parecidos razoables.

Decideme se non son un cuadriño.



O noso novo xefe o Sr. Feijoo e o Presidente Ronald Reagan na Hora Chanante.
Méteslle gafas a Reagan e son iguais.

Que ninguén se ofenda (coma sempre), o único que pretendo e relaxar esa tensión que temos no corpo, se conseguín sacarvos un sorriso doume por satisfeito.

Saúdos a todos compañeir@s.

Seguen as sabladas.

Como podemos ler esta mañan no Xoranal de Galicia.

La Xunta adjudica cinco millones en software a multinacionales


Todos pensando que foran os 2,2 que xa tiña pedidos a consellería de presidencia do anterior Goberno.

Agora recordo as explicacións, dicían que tiñan que firmalo que non se podía deixar a administración sen software para traballar así como así, ala foron 2 millóns e Euros, e para subir mais o carro outros 3 de propina, se total andamos sobrados.

jueves, 9 de julio de 2009

Malas novas

Adeus ao PEGSI, o plan da internet do bipartito

A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún


O Goberno aparca o Pegsi e pon en marcha un bloque de medidas urxentes no ámbito TIC


Sacado agora mesmo de A Nosa Terra, Ciberirmandade e Vieiros.

Moi malas novas para todos compañeiros.

PD. Gracias a persoa que buscou "maria do mar pereira mancomun" e visitou de paso o noso blog.
Se non fora por el/ela non me enteraria de isto.

martes, 7 de julio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 34 - O Escudo Maxico









Pulsa na Imaxe para agrandala

viernes, 3 de julio de 2009

Agora somos UNE-EN ISO 9001:2008

Pois como xa saberedes se consultades esta bitácora, ou o correo dinamizador, se nos concedeu a certificación de calidade. Aquela pola que se nos impuxeron uns mínimos e se nos mandaron unhas auditorías, menos mal que polo menos o esforzo non foi en balde.
Así que noraboa a tod@s, sen ningunha dúbida todo isto non sería posíbel sen o noso traballo, aínda que tampouco sabemos de que nos temos que alegrar, por que descoñecemos a implicación deste recoñecemento.
Se o obxectivo é ser a segunda rede que acada este logro en todo o estado, a nós parécenos que non temos nada que celebrar (que o celebren os primeiros se queren), nembargantes se o obxectivo desta certificación é tratar de darlle continuidade á Rede (imaxino que será así) nós encantados, iso si, preferimos celebralo chegado o momento, xa que de rematar a Rede co ano, pensamos que esta ISO non valeu para absolutamente nada.
Bueno si, valeu para que non poidamos facer os obradoiros máis demandados e necesarios para as nosas entidades por que tiñamos que cumprir un mínimo de variedade ao mes. O dito ogallá sirva esta norma de calidade para darlle continuidade ao proxecto que, imaxino, solicitouse para ese fin.
Agora vou soltar unha impresión miña, persoal, pola que supoño pensaredes que son mal pensad@ e ruín e que ven a colación dunha pregunta que fixestes nun comentario da última tira... os nosos dereitos.
¿Por que nos enteramos dos nosos dereitos para o 2009 case no mes de xullo deste ano? @s ben pensad@s diredes que foi xusto o día en que se aprobaron, outr@s pensamos que non che poden conceder unha certificación de calidade se @s teus/túas traballador@s son descoñecedor@s dos seus dereitos, ou o que é o mesmo se non chega a ser por esta ISO non creo que nos enterasemos de nada. Hoxe comprendín o por que daquel correo, e tendo en conta que nunca se nos dixeron os nosos dereitos (so por compañeir@s que leron o convenio) dubido que ande moi desencamiñad@.
Boa fin de semana a tod@s.

lunes, 29 de junio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 33 - Memoria dos oficios









Pulsa na Imaxe para agrandala

viernes, 26 de junio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 32 - Para que usar a Coordinación?









Pulsa na Imaxe para agrandala

viernes, 19 de junio de 2009

Dereitos de autor

Agora que é momento de memoria dos oficios, tod@s sabemos un pouquiño dos dereitos de autor, lembrade todo o papeleo que lles tivemos que dar a asinar aos/ás participantes, e o coidado que debemos ter coas fotos e cancións que utilizamos na iniciativa.
Pois unha compañeira mandounos unha imaxe que nos deixou perplex@s e que sería digna gañadora de ter participado no concurso de logos do ano pasado.
A imaxe corresponde ao logo do Sistema de Información de los Servicios Públicos de Empleo. A nosa compañeira prefire quedar no anonimato aínda que nos comenta que atopou este logo "por que estaba buscando un futuro mellor na páxina do inem e interesándome por canto nos vai corresponder cobrar de paro cando nos manden." Moitas gracias pola información, e aí vai o logo:


Si, iso pensamos nós e iso pensou ela ¿que fai aí o logo da Rede?, fixándonos ben non son idénticos (está tumbado, por exemplo) aínda que o parecido, pensamos, é algo máis que abraiante.
E invádenos unha pregunta, ¿que ben antes o ovo ou a galiña?, ¿que logo existiu primeiro? Iso xa vos deixamos averigualo a vós, a nós danos igual quen plaxie a quen, ámbolos dous órganos mantéñense con fondos públicos así que de haber responsabilidades, coma sempre, sairán do teu bolsillo.

miércoles, 17 de junio de 2009

Suso Baleato o puto amo.

Saúdos compañeir@s dinamizadores, antes de nada repetir o titulo deste artigo SUSO BALEATO O PUTO AMO.

Con todas as letras si señor, porque podo pensar (ou podedes pensar) del el o que sexa, xa comentara en artigos anteriores que vivía nos Mundos de Yupi pensando que a Xunta ía mover un dedo polo Software Libre, pero visto o visto agora non sei se pensar que este home e un xenio ou un tolo.
Despois de ler o ultimo artigo do seu Blog non me queda mais que quitarme o sombreiro, porque este home o final aínda vai ser o DinamizadorX.

Corrupción tecnolóxica na Xunta

Lede o artigo, non ten desperdicio, o mestre desafogase total e absolutamente, notase a carraxe en cada liña. O presi da Xunta buscouse un mal inimigo con este home.

Analizando puramente o artigo, non teño mais que dicir que esta na mais pura liña da critica absoluta, baseada na teoría da conspiración, non se salva ninguén, nin o PP, nin a Xunta, nin o sistema democrático Español.
Se no fondo este artigo ten de todo, mirádeo ben, acusacións baseadas en argumentos pillados polos pelos, comparacions con casos de corrupción o mais puro estilo Marbella, sale Microsoft, sale Bush solo faltan o Papa e Ramoncín. O PUTO AMO.

Decídeme se o artigo non e digno de este noso Blog. Espero que o disfrutedes.

martes, 16 de junio de 2009

Vaise pechando o círculo

A semana pasada por fin, e de man dun/ha compañeir@, soubemos que estamos adscritos á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Así que xa sabedes a trocar todos os logos...
E non so nós, máis organismos creados polo anterior goberno sufriron trocos na última semana, como pode ser o consorcio galego de igualdade
Coido que non son nin boas nin malas novas, é o que máis cedo ou máis tarde tiña que pasar, aínda que canto antes mellor, xa que comezabamos a ter a sensación de nin existir. A ver agora se estudian quen somos, que facemos, impera o sentido común... demasiado optimismo nesta última frase pero a esperanza e o último que se perde, ou iso din.
Aínda que pequeno, polo menos as últimas novas parecen un pasiño adiante.
Por outro lado, e como está de actualidade polo acosador de Cádiz, quería poñervos un novo termo, ou polo menos novo para min que o descoñecía, o grooming, e que podemos incorporar ás nosas charlas, un termo máis a engadir ao phising, vising...

miércoles, 10 de junio de 2009

O DinamizadorX en Facebook

Boas compañeir@s Dinamizadores, teño unha nova para vos, sobre todo para os que sodes seguidores de Facebook.

Xa podedes facervos seareiros (eu teño o Facebook en Galego) do DinamizadorX.
O final caín coma todo o mundo na creación de un perfil en Facebook, bueno todo o que sirva para dinamizar as novas tecnoloxías e internet benvido sexa.

Se seguides este enlace, poderedes facervos seareiros ou amigos do DinamizadorX ou de Casper, o que mais rabia vos dea. Teredes un novo sitio, ademais do Blog onde poder comentar as cousas que vos gusten, ou as que non deste noso querido traballo de Dinamizadores.

E para os fans das tiras cómicas, subín unha recopilación de todas as tiras do DinamizadorX, dende a primeira de fai 2 anos ata a ultima da semana pasada.

Espero que vos guste e se non vos gusta sempre podedes crear un deses grupos de "Seguro que atopo 100000 persoas que odien o DinamizadorX"

jueves, 4 de junio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 31 - O porque da falta de novas.









Pulsa na Imaxe para agrandala

lunes, 1 de junio de 2009

Xuño...

Por fin chegou xuño, e con el a xornada continua, parece que o bo tempo, e como non... chegará tamén a extra.
Non se pode dicir que este mes non nos trae motivos para, canda menos, motivarnos. E de aí nace este artigo, por fin, meses despois, eu atopo motivos para estar máis ilusionad@, máis motivad@, máis content@ no meu traballo.
Hoxe é, con moita diferencia, o día no que menos me costou erguerme para vir traballar desde, polo menos, o famoso 1 de marzo, e iso que entramos 2 horas e media antes.
Así que xa sabedes tod@s arriba ese ánimo, está a piques de entrar o verán e poderemos desfrutar del, indo á praia, indo tomar unhas cañas ou, simplemente, durmindo a sesta por que estes madrugóns se farán duros.
Estou segur@ ademais que isto fará que estemos de mellor humor no noso traballo, nos nosos obradoiros, atendendo @s nos@s usuari@s,... e coido que niso deberiamos centrarnos, que non pague quen non debe a desmotivación da que falades nos vos@s comentarios.
É normal atoparnos desmotivad@s por todo o que está a acontecer (e polo que non está) e teremos que consolarnos nestes detalles para levar o noso traballo de mellor xeito posible, para nós e, sobre todo, para @s nos@s usuari@s.
Así que xa sabedes, desfrutade do mes de xuño e do verán!!

viernes, 29 de mayo de 2009

Os mellores chistes da mañá

Nada mais chegar, lin dúas novas en Internet que son dignas do titulo de Mellores Chistes da Mañá, son para partirse.

Medalla de Prata o mellor chiste da mañá para esta nova de A Nosa Terra.

A Xunta volve apostar só por Microsoft

Como podemos comprobar, o noso flamante novo Presidente segue coa súa cruzada a prol do aforro e da libre competencia nos concursos públicos. A situación e tronchante, no concurso pídense portátiles con XP preinstalado como requisito. Pero o que fai que esta nova sexa digna da medalla de prata son os comentarios da xente, botádelle un ollo, non teñen desperdicio.

E o chiste gañador da medalla de Ouro e........... unha nova que podiamos ler en Mancomun:

Microsoft réndese á evidencia das vantaxes do software libre

O titulo en si xa non ten desperdicio, pero o contido non e moito mellor, con frases memorables como "o xigante do software Micro$oft non tivo máis remedio que renderse ás evidencias das vantaxes do software libre para ofrecer unha solución eficaz para a xestión e a recepción de facturas electrónicas", polo menos despois matiza, que solo servira para M$Office.
Non sei eu, pero dáme que o titulo esta un pouco subido na pola, a nova vai de que os de Micro$oft sacaron unha ferramenta Libre para o tratamento de facturas electrónicas, pero tanto como que se renderon as vantaxes do Software Libre, se leemos o tema detidamente non se renderon, o que fixeron foi utilizar distintas ferramentas Libres por serlles mais rendible, aproveitar ferramentas xa creadas para poderen crear a súa aplicación, coa sorte de que esas ferramentas debían estar protexidas pola GPL, e tendo en conta que colaborou (con pasta supoño) o Ministerio de Industria, a M$ non lles quedaron mais pelotas que Liberar o seu código, non sen antes aplicar o seu selo de calidade, facendo que esta aplicación so funcione en M$Office.
A miña humilde conclusión, e que os señores de Micro$oft, lonxe de rendérense ante a superioridade do Software Libre, o que fixeron foi utilizar as vantaxes que este ten, para despois aplicalo o seu Office e melloralo, o cal vai repercutir de maneira favorable economicamente en esta compañía. E o peor de todo e que amparados polo Ministerio de Industria e do de Facenda, volven a tentar engaiolar os usuarios coas súas aplicacións "libres" QUE SO FUNCIONAN NO SEU NON LIBRE OFFICE, e os usuarios de GNU/Linux lonxe de condenar isto o que facemos e publicitalo, dicindo que esta ben que M$ saque cousas libres e esquecémonos de matizar que para que poidamos usalas antes teremos que pagar 150 € en licencias. Por non falar do prestixio que perde o Software Libre dando a impresión de ir sempre un paso por detrás de M$, o final terémoslles que dar as gracias, por liberar o código fonte para que se poida adaptar o SEU programa a OpenOffice.

Pensando ben, os mellores chistes da mañá non me fan gracia ningunha.

viernes, 22 de mayo de 2009

Reflexións

Con respecto ao post anterior, eu case que estou máis en sintonía co que dí Óscar e outros comentarios similares, anque tamén suscribo totalmente o punto 2 do comentario de Alberto, e cando isto remate o que vou lembrar son os cariños dos usuarios e usuarias.
Dame a impresión de que cada vez hai máis fenda entre coordinación e dinamizadores. Non digo que nos deban consultar as cousas pero que menos que facer algunha reunión para explicarnos todo este rollo dos mínimos e animarnos un pouco.
Estou co rollo de sempre, pero a motivación é importante. Lembro unhas verbas de Helena Veiguela aos dinamizador@s que a min persoalmente me axudaron bastante. Eran palabras de ánimo e de confianza en nós e de que iamos desenvolver este traballo moi ben.
Non sei se coñecedes unha teoría sociolóxica moi interesante, sobre todo desde o punto de vista pedagóxico, chamada "a profecía autocumprida". Esta teoría dí que se fas unha predicción sobre algo, anque nese momento o que predís pareza imposible, finalmente así será. E ademáis o motivo de que finalmente se cumpra foi a formulación desa predicción. Ilustro esto co exemplo anterior: un dinamizador/a non se sinte con moita seguridade ou cos coñecementos suficientes para desenvolver o traballo encomendado, pero recibe de alguén a predicción de que será un gran dinamizador/a, (evidentemente este tipo de prediccións están baseadas nunha confianza que podemos chamar cega, porque esa situación aínda non se dá). Esta predicción unha vez escoitada e interiorizada polo dinamizador, produce un cambio no comportamento e na actitude que fai que finalmente esa persoa teña a autoconfianza necesaria para pensar "que carai, pois claro son un gran dinamizador e o vou demostrar". E deste xeito a profecía que nun principio non parecía moi realista, se cumpre.
Falando doutro asunto. Son das persoas que pensa que sempre cavilan máis dúas cabezas que unha. Xa que a maioría de nós estamos sozinhos nas nosas entidades boto moito moito de menos reunirnos e intercambiar ideas e impresión sobre o traballo. Está a web, na que se pode ir cheirando o que fan os compañeir@s e tomar ideas pero... non é o mesmo.
Bueno, boa fin de semana e un bico a tod@s.

martes, 19 de mayo de 2009

Pequenas modificacions

Bos dias compañeir@s dinamizadores, espero que tiverades boa fin de semana, e que os que o domingo fochedes a Santiago non esteades constipados pola molladura.

Vou facer referencia a esos detalles que coma sempre pasan case desapercibidos pero que se deben de ter en conta para non esquecer que agora espéranos unha nova etapa.
Xa se levou a cabo a (espero) única modificación na Web da Rede, o cambio do logo da consellería, e a típica cousa que non ten mais importancia que a que un lle queira dar, pero eu penso que e un bo exemplo desta nova etapa, na que penso que os cambios van ser tan lentos e progresivos que non os imos notar, pero tende claro que a larga cando botemos a mirada cara atrás veremos o moito que cambiou todo.

Polo que puiden ver na web da Consellería de Economía e Industria, a rede esta na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, en anteriores comentarios tiñamos dubidas de que consellería se ia ocupar de nos. Dicir que eu penso que será esta a Dirección Xeral a que pertenceremos, posto que e a que se fai cargo da Fundación e a Fundación e quen se fai cargo de nos.

Deixo aquí o enlace. Para quen lle poida interesar.
D. X. Investigación, Desenvolvemento e Innovación

E cambiando algo de tema.
A ver quen gañan este ano o Concurso de Iniciativas, eu xa teño algunha quiniela feita.
Poñede se vos apetece nos comentarios os vosos candidatos preferidos.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Micro$oft o amigo dos meniños.

Como se pide nun comentario do anterior artigo sacamos a colación este tema.

Richar Stallman acusa a Zapatero de vender os nosos nenos a Microsoft.

A miña opinión, que concorda coa do Sr. Stallman, estou de acordo, non me podo crer que en tempos de crise, nos que se deviría mirar ata o mais mínimo Euro, os destraguemos para regalarllos a Microsoft, iso no tocante os cartos.

Pero o mais importante de todo e que se condiciona os nenos, se dende pequenos, que e a mellor época para aprender cousas, lles désemos as clases con Software Libre, conseguiriamos crear iso que e tan difícil cando xa se e adulto, conciencia, se conciencias os nenos na liberdade do Software iso non o van esquencer nunca, en troques se o que fas e coartalos co uso dun sistema privativo o que creas e unha dependencia de algo que mais tarde lles vai saír caro, non me parece forte comparalo con drogas, porque e o símil perfecto.

E que conste que o de pasarlle a bola as comunidades autónomas para que elas decidas si meter GNU/Linux si ou non iso si que non me parece normal. Simplemente polo feito de que os cartos xa están gastados, se decides meter arrinque dual, segues dándolle a pasta a Microsoft.

Paréceme das peores ideas que tivo o Goberno en moito tempo, espero que aínda esten a tempo de rectificar.

Poño aquí dous enlaces sobre o tema.
Barrapunto
Publico

lunes, 11 de mayo de 2009

A primeira na frente

Saúdos compañeir@s dinamizadores, como escribín fai un tempo neste o noso Blog, a xente que segue pensando que o señor Feijoo vai apostar polo software libre vive nos mundos de Yupi, e para mostra un botón.

Mais de 2 millóns de Euros en Licencias Microsoft

Aquí o tendes, para que lle poidades botar un ollo. Non vos asustar, pero dáme que o compromiso de austeridade esta mais que incumprido, e como supoño que isto vai ser un suma e segue, a ver para cando a próxima.

jueves, 7 de mayo de 2009

Correo dun Exdinamizador

Bos dias compañeir@s dinamizadores, polo visto a aparicion de tantos exdinamizadores na anterior entrada deste Blog, animou a un dos nosos excompañeiros a mandarme un correo que considero polo menos digno de poñer no Blog.


Hola DinamizadorX, como vexo que hai bastantes ex-dinamizadores que falan de que se pasean por aquí, quero dicir que eu tamén o fago sempre que podo.

A verdade e que non tiña pensado comentar nada, para non seguir metendo cizaña, pero o xoves pasado ocorreu algo que creo que como dinamizadores deberiades saber.

Fai unha semana lera que Richar Stallman estaría en Vigo dando unha conferencia sobre Software Libre e sobre o perigo das patentes, así que me anotei sen pensalo dúas veces, mais tarde lería no teu Blog que ningún dinamizador podería ir por causa do horario, a verdade e que foi unha pena que non puidésedes ir ningún.

Vou o tema, estaba esperando dentro a que comezara todo, paréceme que xa entrara Stallman, e como ía eu solo, dediqueime a mirar a todo o mundo que entraba por se era alguén coñecido, pasou un antigo profesor meu de Sistemas do ciclo e logo un informatico de Citroen que coñezo pola peña do Celta, ata aquí todo normal, a verdade e que non contaba con eles pero alegroume velos, pero a mellor sorpresa foi cando a punto de comezar todo entrou pola porta unha representante da Rede, Bea. Eu quedeime medio parvo, para empezar porque se supón que a esas horas debería estar traballando, pero bueno o mellor pedira o dia ou algo así, quedeime mirando para ela e ela miroume a min e quedouse tamén medio pillada, non sei se me recoñeceu, pero o durante o descanso estaba falando co colega de Citroen e alí si que estou seguro que me recoñeceu, eu a verdade non tiña ganas de ter a típica combersa rara e incomoda a si que pasei do tema, total tiña que irme que tiña cousas que facer.

Falando xa da Conferencia, decirche que foi xenial, pasáronseme as horas voando, a verdade e que foi unha pena que os dinamizadores non puiderades asistir, porque vos ía aclarar moitas cousas sobre o software libre. Penso que o discurso que alí dou Stallman esta bastante ben ensaiado pero o home valese do seu carisma e simpatía para conseguir manter a todo o mundo atento. Falou sobre as 4 libertades do Software, sobre o problema das patentes, sobre os problemas éticos e morais do uso de software privativo, sobre as DRM, sobre o inicio do proxecto GNU, puxo a parir a Thorvalds, a Bush e a Bill Gates. E tivo un interesante comentario sobre os gobernos e o problema de que aposten por software privativo en lugar de libre, refireuse a nova de que o Goberno de España quere dar a cada neno de primaria un ordenador con Windows e Office.

Pero a parte que penso que a nos como Galegos mais nos interesa, foi durante a rolda de preguntas. Un Señor preguntoulle a Stallman que opinaba de Galinux o sistema operativo que promove a Xunta. El contestou que non podía opinar nada bo dun sistema que non respeta o proxecto GNU, porque no seu nome solo fai referencia a Linux. E que non podía recomendalo porque non era un sistema operativo totalmente libre e non entendía como a Xunta de Galicia gastaba cartos en promocionar un sistema non libre tendo o Trisquel que si que e totalmente libre. Despois de dicir isto toda a sala se encheu de aplausos.

A pena foi que non me puiden quedar a ver a segunda parte da conferencia, pero como a gravaron en vídeo conto con que alguén a suba a internet, cando a suban mandareiche o enlace para que todos a disfrutedes.

Un saúdo.


O excompañeiro que nos manda isto e Pablo o que dinamizaba en Tui.

E xa teño o enlace os videos da conferencia de Richard Stallman:

http://www.vigovideo.es/

A parte na que sae o comentario sobre Galinux esta o final do segundo video, e a parte que esta distorsionada por peticion do que fai o comentario, que manda carallo que o home non poida falar libremente por medo a represalias supoño.

E para que conste en acta, o de deixar Galinux e usar Trisquel xa o dixen eu fai bastante.

Pois eso amigos espero que vos gusten os videos da conferencia e gracias a Pablo e os demais exdinamizadores que nos visitades a miudo por colaborar, ainda que sexa so comentando, con este Blog do que tamen formades parte.

jueves, 30 de abril de 2009

Comunicados e Web

Boas compañeir@s dinamizadores.

Que opinades dos novos modelos de notas de prensa, e a nova web, eu coma sempre, teño cousas que comentar de todo, e isto non vai ser unha excepción, levo unha semana un pouco vago pero hoxe voume recuperar.

O modelo de nota de prensa, a da previsión do mes, para min non e mais ca unha movida para rellenar o escaso contido dos artigos que mandamos os xornais, pero ben mirado e polo miúdo vou comentar certos detalles e vouvos preguntar algunhas cousas a ver se alguén ten resposta.

Alguén sabe se o nome da Dirección Xeral e "Promoción Industrial e da Sociedade da Información" ou os novos cambiárono?

Quédome pampo con un dos datos, 51 dinamizadores, eramos 65 o comezo da etapa coa Fundación sen contar cos novos e so quedamos 51. Por certo teremos que cambiar tamén os datos da nota de prensa esa que mandamos os xornais que di que somos 100.
Seguindo con análises numéricos 51 dinamizadores e na web hai 64 centros creo, non me cadran as contas, e teño en conta que algúns dinamizadores están en varios centros. Creo que devirían xuntarse todos os datos e actualizarse.
E seguindo cos ansiados números, a nota do balance paréceme unha acción totalmente desesperada, non me mal interpretedes, non digo que non sexa boa idea, pero si que me parece desesperada, e a ansia de buscar sempre o amparo dos números, nos informes que mandamos xa saen todos, se os novos xefes queren enterarse vano a facer, estos ataques nos medios de cominación parécenme excesivos, pero bueno todo sexa por conservar o proxecto.

E agora tócalle a web.
Gústame, bonita, funcional, mais o estilo dos Blogs de Blogger que dos portales Web (como era a vella). Pero sigue tendo os mesmos fallos, que eu non sei se serán ou non intencionados.
Non recordo se algunha vez falei de isto, dubido que algún exdinamizador se pase por aquí de cando en vez, pero se o fai este dato o mellor gústalle, a mini web da túa entidade aínda que non saia nos enlaces, aínda que non teña xa a túa foto, segue aberta, e fácil o acceso, seguramente poñendo o nome da entidade en plan "rede de dinamización XXXXXXX" xa che vai saír, e si na nova web tamén saen con todo maquetado e todo xenial. E digo eu, porque se conservan estos datos para o acceso o publico se xa non valen para nada, espero que non esten sacando estadísticas en base a datos contando con esas entidades iso seria unha loucura, verdade).

Porque se conservan datos de centros da rede que non teñen dinamizador que os leve, por iso saen 64 centros, supostamente se non teñen dinamizador xa se prescinde deles, ou iso foi o que pasou en todos os sitios que se quedaron sen dinamizador.

E agora ben o meu porque preferido. Porque non sae o logo da "Fundación polo fomento e a Calidade Industrial de Galicia"?

Segue o logo de Consellería de Innovación e Industria, pero ese ten que estar, polo menos ata que cambien de nome.

E segue botandose en falta un foro ou algo onde os usuarios poidan expoñer as suas duvidas mais directamente.

Sinto que me quedan cousas que dicir, pero e que como dixen antes estou algo vago.

Por certo a quen queira recordar a vella web http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web/index.php

miércoles, 22 de abril de 2009

Especulando co futuro

[AVISO, ARTIGO DE OPINIÓN CON CERTA CONTROVERSIA, SE NON TE QUERES SENTIR OFENDIDO NON SIGAS LENDO]

Bos dias a tod@s compañeir@s.

Despois de todos estos cambios que estamos tendo e imos ter durante varios meses, quédome con ganas de dar a miña opinión.

Pero antes unha pequena observación a actitudes que considero pouco lóxicas ou cando menos pouco razoables.
Lía o Luns no Diario A Nosa Terra un artigo de entrevista a Suso Baleato coordinador de Mancomun, o titular era "O PP non ten outra alternativa que potenciar Mancomun.org", xa con esta postura eu non sabia se rir ou chorar.
O artigo continua con un refrito que estamos mais que cansados de escoitar, que si o software libre e gratis, que si axuda as traducións, que non e solo para profesionais.

Fala de números que os avalan, fala que a ONU os ten como referente... Ata aquí todo perfecto, non podería estar mais de acordo, pero en estas declaracións denotase un ton, que eu considero como menos algo táxante. Fálanos de que se o PP quere cumprir a súa promesa de "austeridade" e o seu programa non lle queda mais remedio que fomentar a continuidade de Mancomun, e non so iso, terá que multiplicar os recursos. E para rematar pon a guinda dicindo que todo esta moi ben estudado e que o único camiño a seguir e o de Mancomun.

Pois compañeiro, non sei se son pallas mentais o que te fas ou se vives nos mundos de Yupi, pero dáme que vas algo de cu con todo isto que afirmas.

Para comezar a baixar a xente da pola, os programas son para gañar eleccións, unha vez que gañaches xa veras o que fas.
E sigo, tes que ter en conta que Mancomun e unha iniciativa do BNG, o que non lle da moitas papeletas para seguir en activo, ou polo menos non para seguir coa mesma estrutura que o de ata agora, paréceme moito supoñer e moito sobreestimarse, o de pensar que dentro do propio PP non haxa xente que domine o eido do Software Libre e que teña capacidade suficientes para levar ese proxecto. Ti pensas que o único camiño e o voso pero pode ser que cando se fixo o programa electoral contábanse con outras alternativas distintas as do modelo de traballo do Bipartito, porque cando alguén presenta unha campaña en contra do actual modelo de xestión non soe basearse en institucións xa montadas se non en novas formas de traballar.
Pois iso, como me dixo Casper onte "Creo que vas de cu".

E agora vou coa miña quiniela do que pode pasar.

Con respecto os inminentes cambios en Coordinación, tendo en conta o ocorrido a Alba, temos que pensar que pouco a pouco a todos os demais se lles rematara o seu contrato e nos vindeiros meses asistiremos a cambios cando menos drásticos na estrutura da nosa ben querida coordinación.

Pregúntome eu, que fará Feijoo cos telecentros da Rede e da CMG, non ten lóxica seguir separándoos, cando se ve que a súa filosofía e xuntar cousas (medio ambiente e urbanismo, touciño e velocidade) así que supoño que a solución mais sinxela e barata e collelos todos e homoxeneizalos baixo un so nome e unha nova simboloxía, poñerá de rexente de esta nova entidade a seu sobriño (por exemplo), e agora ben a parte boa do tema, terá que combocar novas prazas de "dinamizadores" dos novos telecentros da Xunta, recordade compañeir@s que hai mais mundo fora da Rede, e que todas esas aulas nas que estades, terán que ter alguén que as leve, non creo que todos os cartos que hai invertidos en esas aulas se vaian polo sumidoiro.

E recordade, esta e a miña opinión, supoño que os de sempre xa terán a cabeza quente e comezaran a facer o Troll que e o que saben.

lunes, 20 de abril de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 30 - O adeus de Alba.









Pulsa na Imaxe para agrandala

viernes, 17 de abril de 2009

A espada de Damocles

Onte amaneciamos cunha nova bastante abraiante, como xa saberedes refírome a despedida de Alba. O normal nestes casos sería dicir que isto ten que ver co seu protagonismo en varias das tiras do dinamizadorx, pero visto o visto algún crerá que realmente o pensamos, así que nin a posibilidade a esa pataleta lle imos dar.
A verdade, é que a nova non foi moi ben recibida na coordinación deste blog, hai que ter en conta que é unha personaxe que xa tiñamos feita, e agora teremos que buscar algún/ha outro/a (nota @/s crédul@/s esta última frase está cargada de ironía, non a tomes/des en serio).
Falando en serio non foi ben recibida por varios motivos, para comezar por que era unha referencia dentro da Rede xa que era un/ha dos/as membros/as de coordinación que máis tempo levaba e polo tanto era cunha das que máis tratabamos.
Por outra banda preguntámonos os motivos desta nova, pensamos que hai varias posibilidades:
- Alba marchou por que atopou algo mellor, ou porque lle ve pouco futuro a isto.
- Botárona, esta opción abre moitas posibilidades pero parece pouco probable.
- Rematóuselle o contrato e non a renovaron porque se lle ve pouco futuro a isto.

Como vós, que tanto comentades, sabedes que en coordinación todo o mundo é bolseiro/a, e ademáis en condicións moi malas, poderedes concluír que non é a última opción, non se lle pode rematar o contrato se non o ten, e como as súas condicións eran malísimas debe de ser a primeira das posibilidades.
A nós, nembargantes, nos gusta ler entre liñas e o último parágrafo do correo de despedida nos deu que pensar, por exemplo fala desta nova etapa da Rede e di tamén que ogallá o noso “traballo” remate sendo unha “profesión” onde pensamos que entende que agora non o é. Por esas letras cremos que realmente o da nova etapa e o futuro incerto da Rede teñen moito que ver con esta marcha.
Por último queriamos desexarlle o mellor a Alba nesta nova andaina e desculparme por ter que explicar as gracias e ironías do artigo, pero non queremos ferir ós/ás nosos/as comentaristas máis sensibeis e participativos/as.
!OJALÁ QUE TE VAYA BONITO!

jueves, 16 de abril de 2009

Richard Stallman en Galicia.

Esta nova esta sacada na web beta de mancomun.

Pois iso, segundo a web de mancomun Richard Stallman impartirá en Vigo dúas conferencias abertas ao público no marco do programa oficial do Máster de Software Libre de Caixanova. O acto terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h.

O que poida que asista, e que despois nolo conte os demais.

miércoles, 8 de abril de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 29 - Os cupos mensuais.



Pulsa na Imaxe para agrandala

martes, 7 de abril de 2009

Malos tempos para a lírica

Primeiro quero comezar comentando o comentario nº 49 da tira cómica que vin que dí o seguinte:
"Que hai que facer para conseguir un cambio de horario e destino? Eu soliciteino hai moito tempo e sigo esperando resposta."
A ver, o cambio de horario, a non ser que esteas con outro compañeir/a, como é o caso de víctor,que se poden organizar dese xeito, que eu saiba non se pode facer, porque precisamente por estos rollos estamos tod@s susceptibles.O horario na miña opinión,para este traballo é o que debe ser: de mañá e de tarde ou só de tarde. A todo o mundo lle gustan as xornadas intesivas de mañá pero nos non somos funcionarios de ventaniña que poñen cuños en papel e fóra.
O horario é o que é, e salvo situacións puntuais ou casuísticas menos habituais, non se xustifica, porque entón estaríamos na situación de poder escoller cada un o seu e desde coordinación se nos dí que iso non é factible.
Outra cousa é o do destino, que che desexo sorte.
Creo que entre o cambio de goberno, as novas esixencias de coordinación que veñen nun momento en que, precisamente me da a impresión, (a impresión eh)! de que en coordinación están algo estresados e a atención aos dinamizador@s baixou na súa calidade, estamos tod@s un pouco nervios@s.
Eu sigo apoiando este blog, porque sei que non se busca faltarlle o respecto a ninguén. Aos humoristas dos xornais que fan tan boas viñetas nas primeiras páxinas e que reflexan, con catro trazos e dúas frases, tan ben a ralidade non se nos ocorre dicir que lle estean faltando o respecto a ninguén.
O día que me pareza o contrario igual nin o visito pero non é o caso. Creo que sen ofender a ninguén se poden dicir os pareceres de cada un amosando disconformidade ou poñendo de manifesto unha situación para pedir explicacións ou compartir inquedanzas.
¿Que cando un goberno chega ao poder, da traballo a outras persoas cercanas ao seu pensamento ideolóxico?, certo. ¿de que nos estranamos? ¿Non foi así sempre? ¿non será así sempre? á marxe da corrente política.
E digo máis, en certos casos, ¿iso que ten de malo? é o natural!. O certo é que non seguín moito o xogo este de comentarios con respecto a esta tira.Non sei se Xosé está ou non está, (creo que non), cando estivo, desenvolveu ben o seu traballo, iso é o que importa. (ou esa é a miña impresión persoal). ¿Que entrou a dedo? nin o sei nin me importa, carallo, basta de hipocresías e de ter dúas varas de medir. Acaso se nos colocan a nós por enchufe dicimos que non? veña oh, coñezo a alguén pretiño de min que quizáis non o aceptaría pero ¿eu?, cos tempos que corren....
A repartir!, un bico Xosé, un bico Víctor, un bico dinamizador X , un bico dinamizadores, e outro pa coordinación, porque all we need is love!!!!

sábado, 4 de abril de 2009

Catro cousiñas...

A verdade é que nos está a chamar poderosamente a atención os trocos nesta páxina alleos á súa coordinación.

Para comezar dicir que a última tira cómica ten algo de realidade, non, tranquilos, non é que Cabeza de Vaca sexa o pobo que máis nos segue. Desde sempre a cidade desde a que máis nos visitades é Santiago de Compostela, o cal non nos choca tendo en conta que é o centro neurálxico de todo isto, que moitos dos nosos servidores de internet están en Santiago. O que garda de verdade a tira, ademáis de que usamos as google analytics e as recomendamos a todos aqueles que teñades un sitio web, é que nas 2 últimas semanas aumentou aínda máis o fluxo de visitas desde Santiago e o fixo de xeito abraiante. A saber a que será debido…

Tamén nos sorprende o ton dos comentarios, moito menos críticos ca antes coa nosa coordinación, e ata de apoio, o cal non nos parece mal, todo o contrario, o que nos gusta é que comentedes e dedes a vosa opinión, gústenos ou non, para iso estamos…

Xa nesta liña comentar un par de cousiñas, por un lado este blog é un blog de humor e de opinión, así que non creades todo o que publicamos, ás veces subimos algunha nova pero é o raro, e cando sexa algo verídico o notaredes en seguida.

Por outro lado dicir que neste blog, como xa vos teriades decatado, non temos nada en contra das faltas de ortografía, pensamos que non somos un blog da RAG, e que o importante é que nos entendades, acadando iso estamos máis que satisfeitos.

Ós máis críticos coas nosas publicacións, dicirlles que se o obxectivo é facer de trolls para que o blog deixe de funcionar levades mal camiño, como levamos moito tempo dicindo; que comentedes e dedes a vosa opinión é un dos nosos pilares, aínda que esa opinión non sexa a nosa, a liberdade de expresión é a nosa bandeira.

Así que gracias a TODOS os que nos visitades e nos comentades, gustarianos que algún puxese polo menos un alcume e non todos anónimos, pero non pode chover a gusto de tod@s.

miércoles, 1 de abril de 2009

Primeiro problema de Galinux

ADVERTENCIA O LECTOR:
Todo o que vas ler aquí son datos verídicos e comprobados in situ sobre Galinux, así que se te apetece trollear esta e a túa.

Boas amig@s Dinamizadores, aquí vai outro artigo sobre Galinux, vai ser pequeno porque se refire a un detalle, aínda que penso que e importante, posto que como todo o que ten que ver coa administración sae dos petos de todos nos.

Fai mais ou menos mes e medio, chegoume unha actualización para o Galinux, instaleina sen problema, saíu en mancomun a nova e todo, pois ata aquí todo ben, pero fará dúas semanas ou así mais ou menos, saltoume o aviso de actualizacions de Ubuntu dicíndome que había unha nova do paquete Araos, e como e lóxico dispúxenme a baixala, cando me vexo co detalle de que non se pode, non me deixa nin baixala nin quitala de hai, por non poder non podo nin marcala.
Que se supón que e iso, deille tempo para que o arranxaran e paréceme que foi bastante.
Cal pode ser o fallo,e problema do meu Galinux ou pasouvos a todos, ou e que xa se pasa de todo e o carallo "o noso proxecto non vai ter financiación, pois os usuarios que confiaron en nos que lles dean".

Para mostra un boton

Pois iso amigos, que pasou con isto, erro de Ubuntu, de Galinux, de Mancomun ou e que como perdemos as eleccións xa se pasa de todo.
Se alguén sabe de boa man algo sobre isto agradecese a súa opinión.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo