martes, 27 de noviembre de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 15 - Paso do tempo.









Pulsa na imaxe para agrandala.

lunes, 26 de noviembre de 2007

Xa era hora

Bueno amigas e amigos, xa era hora, sairon as tan esperadas listas da nota da entrevista.

Que conste que estou bastante satisfeito co visto, pero quedeime parvo con algun detalle.
A nadie se lle dou a maxima nota, vese que estaban esixentes. Hai moreas de 2,000. Pero o detalle que mais me sorprendeu, e como se lle pode poñer a alguen un 0.000, hai que ser moi ruin, dudo que nadie na entrevista que lle tocou o fixera tan mal como para non merecerse polo menos un 1,000. Dende logo se che interesa o mais minimo a moral dos teus traballadores eso non o fas, e se o rapaz ou a rapaza se puxo moi moi nervioso e non lle saiu a entrevista como lle gustaria ou como lles gustaria os xuizes (que mandavan cada pregunta que lle rouca o carallo, e en eso estamos todos de acordo) o que non podes facer e meterlle no corpo a presion de cargar con un 0,000 e ademais que todo o mundo o vexa nunha lista oficial.
Sei e seguro que todos sabemos o que se sinte cando estas nunha entrevista, todos te miran fixamente, escanean cada parte do teu corpo, analizan cada movemento, e todo esto mentres te preguntan cousas que para ti son absurdas pero para eles teñen un significado sempre oculto. Ti levas o teu guion na cabeza, sabes como responder a case todo o que te poidan decir, sabes como tes que sentarte, sabes como tes que moverte e sabes como tes que miralos cando falas. Pero a realidade, e que cando chegas ali, 20 minutos antes, tes o corazon na palma da man, entras cos brazos rixidos, tremes o falar e dache a impresion de que todo o que tiñas na cabeza foise de supeto a tomar o fresco a fora, que e onde a ti te gustaria estar nese momento. Eu unha vez nunha entrevista puxenme tan nervioso que cando me preguntaron o DNI eu deilles o numero de telefono.
Non sei porque pero dada a xuventude de alguns dinamizadores diria que esta foi a primeira entrevista de traballo para moitos.

Xa para rematar, decirvos que xa vai faltando menos para a volta o traballo, ainda que xa van a facer dous meses dende que rematamos a anterior fase. Espero que se dean conta dunha vez que teñen a unha morea de rapaces e rapazas dispostos a traballar que se estan desesperando por culpa da sua tardanza, e que a ilusion polo traballo hai que mantela dia a dia, que se estamos moito tempo sen facer nada acostumamonos e despois veñen as queixas porque non damos o callo.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 14 - Entrevistas.









Pulsa na Imaxe para agrandala.

Necesitote a TI





















Adicado a todos os Dinamizadores.

jueves, 1 de noviembre de 2007

Saudos os futuros Dinamizadores.

Entereime onte a tarde que o curso dos novos Dinamizadores comezou esta semana.

Douvos a benvida a Dinamización da Sociedade da Información, unha verdadeira experiencia da vida, pareceme que non vai haber ningun informatico nas vosas filas, pero non vos preocupedes, o que ides a aprender neste curso non e nada do outro mundo, seguramente a maioria de vos non aprendades nada novo. De todas formas non vos preocupar, o curso non vale para nada, o fin e o cabo o psicotecnico vale a metade da nota, e no curso o unico que tedes que recordar para sacar boa nota e o secreto universal de todos os cursos e clases as que asistiredes ou asististedes na vosa vida "Sentate, cala, deixa que o tempo corra e que non se note que estas pasando de todo" se seguides estas indicacios seguro que un 10 no sacades pero o mellor.......... un 9'75.

Con todas estas chorradas o unico que quero decir e que o fagades o mellor que poidades e que o pasedes ben, e espero verbos algun dia en algunha reunion en Santiago.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo