viernes, 30 de marzo de 2007

Outra pedra o muro

We don't need no education
We don't need no thought control
No dark sarcasm in the classroom
Teachers leave them kids alone
Hey! Teachers! Leave them kids alone!
All in all it's just another brick in the wall.
All in all you're just another brick in the wall.

Non sei se algun de vos coñece esta canción, Another Brick in the Wall Part 2, de Pink Floid (seguro que si, e das mais coñecida deles). Pos traducido di algo como esto.


Non necesitamos ninguna educación.
No necesitamos ningún control do pensamento.
Ningún sarcasmo escuro na clase.
Profesores deixar os nenos solos .
¡Hey! ¡Profesores! ¡Deixar os nenos solos!
Todos xuntos somos, xusto outro ladrillo na parede.
Todos xuntos somos, e ti es xusto outro ladrillo na parede.

Esta canción veume a mente cando lein o correo da cordianacion sobre o Gaim, no cal se nos “pide” que agreguemos as persoas da Coordinación. Que decir ten que a frase que usan e dende logo diplomática pero firme:

“Con respecto ao gaim, agora que xa todos podedes acceder ao servizo, xa 
sexa a través do Gaim ou do jwchat, debedes agregarnos”
 

Devemos agregalos, e digo eu, para que.

Seguro que a escusa de que podemos solucionar antes problemas que teñamos servelle a alguen, e tamen estou seguro de que eso e verdade, podemos solucionar antes problemas se nos comunicamos polo Gaim con eles.

Pero o que a min me fai pensar, e de verdade necesaria tanta atención pola sua parte. De verdade vai estar algen conectado a todas as horas e pendiente de que lle fagan unha consulta polo Gaim, non sei non sei, pero dame que non.

Por certo ainda que se me ocorre outra utilidade para o Gaim, que forma mais facil de controlar cando estamos traballando que mirarnos conectados. Poderian ternos vixilados coma cans gardians con unha sola ollada de monitor. Pero esto a min plantexame outros dilemas e seguindo con citas “WHO WATCHES THE WATCHMEN" (quen vixia os vixilantes).

Ademais se eles teñen o control do Servidor, poden saber se estamos conectados ou non sen ter que telos nos engadidos. Sexamos intelixentes, teñen un control total e absoluto do sistema de mensaxeria instantanea e do correo. A escusa de "Perdon non me enterei porque non lein o correo" que sepades que non vale. Pensande en quen vos dou os vosos contrasinais de correo.

Eso levame tamen a recordar outra famosa obra da ficción 1984 de George Orwell, na que a xente vive vaixo a vixilancia constante do Gran Irman.

Xa parezo Carles Punset, con tantas citas e frases.

A min esto de ter que agregalos non me parece mais que outra pedra no muro. Pero, recordade que cantas mais pedras lle metas o muro, este faise mais alto, e canto mais alto mais facil e de tumbar.



miércoles, 28 de marzo de 2007

Predicando co exemplo...

Como xa vemos denunciando en entradas anteriores a administración non parece estar facendo todo o que debera para promocionar o uso do software libre.
Non temos mais que recordar o caso do MAP, ou de páxinas da administración que non soportan exploradores como o Mozilla.
Pois ademais no proxecto no que nos atopamos e no que nos insisten que lle demos pulo ó software libre mándanos a documentación en software propietario, como no correo que nos mandaron onte á noite.
Pode ser que algún de vos non teña as Open Office instaladas pero ó resto se nos obriga a traballar coas Office ( paradigma do software propietario ).
¿ Non é isto unha desmotivación ó noso traballo ? ¿ Temos que potenciar aquelo no que parece que non cre a nosa coordinación ?
A min particularmente convénceseme mellor se se traballa co software libre aínda que non se fale de que o promocionemos, non hai mellor forma de gañar a confianza que predicando co exemplo.

lunes, 26 de marzo de 2007

PlayStation 3 por Birras

Bueno chabales xa saleu a PS3 e jejeje risa me da.
A pesares do que Sony puido facernos crer, non hai problema en absoluto de suministro da consola para España, e mais en todos os sitios que a vin, segue ahi, non se produciu ningunha ABALANCHAAAA que dirian Heroes del Silencio, penso que o tema de que custe mais cara que o meu alquiler de medio ano da unha pista de porque non mola nada.

Para a xente que coma min non soporta Antena3 leede esto e reidevos.

Ademais hai que ver a campaña de publicidade que fan algunhas tendas en contra de ela, e se non mira de esta que propoñen os "amigos de microsoft":
Non te merques unha PS3, merca unha XBox 360 e gastate o resto en birra.

Ainda que eu prefior mercarme unha Wii e gastarme o resto en sair un pouco da casa, que tanta consola e birra non pode ser sana.

jueves, 22 de marzo de 2007

O Demo

Non mo podo creer, chegamos o numero da Besta (nestes momentos xa o superamos).
Pero como diria Iker Jimenez, as cousas teñen sempre un escuro trasfondo, mirade esta inquietante imaxe sacada do contador do Blog.
Esta mañan dispoñiame eu a, coma todos os dias a comezar a mixa xornada de Dinamizacion. Unha das cousas que habitualmente fago e entrar no Blog a mirar os comentarios (que non son demasiados), cando despois de levar o pe de 2 minutos me fixo en que no contador de supeto marcase o 666 xusto coa entrada dun usuario descoñecido.
Quen seria ese usuario, Satanas, Belzebu, BSD.
O Concilio Vaticano di que e imposible porque que no inferno non hai internet. Pero eu non sei que pensar, todo esto tenme inquietado, quen seria o que entrou co 666, sera o mesmo que fai que nos paguen tarde, que fai que non teñamos ordenadores decentes, sera o que redactou o noso combenio, o Ser malefico que leva rondandonos dende o primeiro dia que firmamos esta BECA. Pode que a realidade sea tan aterradora que prefiramos agochala no mais escuro dos nosos recordos.

Bueno cada un que pense o que queira.

martes, 20 de marzo de 2007

Se queres traballar no MAP, aprende Word 2000

O pasado 16 de marzo o Ministerio de Administracións Públicas publicou a convocatoria no BOE de 1447 prazas de auxiliar administrativo (entre outras). Na convocatoria podemos ler que se piden coñecementos de Word, Excel, Access e contorno Windows. A proba práctica será sobre Word 2000, un procesador de textos que non só é de pago, senón que ademais só se pode conseguir nun sitio (e non é nunha tenda). ¿Como espera o Estado que os cidadáns poidan acceder a ese software tan específico? ¿É aceptable que teñamos que pagar unha cantidade tan grande por prepararnos nunhas probas públicas? ¿Os auxiliares administrativos realizan tarefas tan específicas que requiran Microsoft Office fronte a Openoffice? ¿Por que estes 1447 auxiliares van traballar con 1447 novas licenzas de Microsoft Office? ¿Non se podería facer a proba práctica sobre Openoffice, sexa o que sexa que use logo a administración? ¿Algún día acabaremos con este círculo vicioso? ¿Este é o MAP do século XXI que queremos?

V Xornadas de GNU/Linux de Ordes

Dende Inestable anunciase que xa esta aberto o plazo para a incripcion as Xornadas de Gnu/Linux, por quinto ano consecutivo.

Animo a todos os que poidan ter a oportunidade de asistir, e xa sabedes se aprendedes algo interesante conpartideo cos demais.

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 4 - Windows e careiro.









(basado nun feito real)


Pulsa na imaxe para agrandala

viernes, 16 de marzo de 2007

Combatendo ós ladróns de Wi-fi

Un espavilado usuario de Linux descubriu que os seus veciños estábanlle roubando a súa conexión wi-fi, pero en lugar de encriptarla decidiu facer algo moito máis divertido: Separou a súa rede en 2 (unha "segura" e outra "insegura", onde agrupou aos seus veciños) e logo optou por unha de dúas alternativas para tomar vinganza:

* Usanto un pouco de maxia con iptables redirixiu a todos os PCs na rede insegura a Kittenwar cada vez que quixesen conectarse a Internet.
* A segunda alternativa fué aínda máis divertida. Usando o seu proxy transparente Squid e un redirector trivial que descargaba as imaxes das páxinas navegadas, correu sobre elas Mongrify para "darlles a volta" e logo mandalas de regreso á rede insegura. O resultado foi para partirse:


martes, 13 de marzo de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 3 - Sectas









Pulsa na imaxe para agrandala

Grata sorpresa

Algúns dos nosos compañeiros comentannos que hoxe xa cobraron o pasado mes de Febreiro.
Tendo en conta que quedaron en pagar o día 15 e que estamos en martes 13 a nova parécenos abraiantes.
Estade entón atentos as vosas contas que polo que di a experiencia en 2 ou 3 días cobramos todos.
¿Enfermaría alguén na Consellería? ¿Non pensarían que lles estaban a pagar a outros? Sexa como sexa haberá que celebrar este troco na puntualidade dos nosos pagadores. !Que se manteña!

lunes, 12 de marzo de 2007

i Like Linux

Bueno, comentame un Conpañeiro Dinamizador que a distribucion que a "Coordinadora" ten pensado utilizar e a SUSE (espero que se esten referindo a OpenSUSE, pero ese e outro tema). Constame que eso so llo contaron a el e os seus compañeiros de zona, porque o que e a min e os meus nada. E que decir ten que non escoitei a palabra SUSE en ningunha das reunions que tivemos.
Podedeslle votar un ollo a esto e xuzgar por vos mismos.
Ubuntu vs SUSE

Agora algo que me gusta menos.
Do que si que estou farto de oir falar e falar de Software libre. Non e por nada pero solo por falar del non podemos pretender pensar que o estamos promocionando. Pareceme xenial que usemos o SquirrelMail que e un Server de correo GPL, que teñamos un servidor Jabber e que nos faciliten unha version do Gaim para poder falar entre nos. O que si me rebenta, e sempre é igual, e vale comprendo que "fixemos todo a correr para que puidesedes ter listo algo para traballar".
A que non sabedes que e o que teñen en comun todos os apuntes e todos os manuais que puxo a Cordinadora........ Güindous non estou moi seguro da complicacion que pode ter instalar Ex:Gain, pero se e a metade de rompedura de tarro que insatalar un OpenOffice nun XUbuntu, pode traer tela que o manual sea para Güindous e queiras instalar o programa en Linux.

Un vello monxe Shaolin dixome un dia:
As veces e mellor prender un Lanzallamas que maldecir a escuridade.

Asi que vou mirar se busco enlaces a algun manual de Linux que haxa pola rede para poñelos a vosa disposicion.

Veña Dinamizadores, non vos desanimar, que ainda estamos no principio.

GUADEMY

Xa está todo listo para GUADEMY podedes consultar o programa desta primeira edición do primeiro hackmeeting sobre GNOME KDE organizada por GPUL. O prazo de inscripción aínda está aberto, así que se estades interesados en compartir experiencias sobre o voso contorno de escritorio favorito vide por Coruña do 23 ao 25 de marzo, consultade as posibilidades de aloxamento gratuito. KDE estará representado con Aaron Seigo, Larrosa, Astals e Rafael Fernández, e por parte de GNOME contaremos con Rodrigo Moya, Álvaro del Castillo, Álvaro López Ortega e Carlos Garnacho entre outros. Tocaranse desde as novedadas de KDE4 a como programar para a plataforma Maemo de Nokia ademais de varias charlas e talleres para formar a novos desarrolladores. O evento conta co patrocinio de Trolltech e Igalia.

miércoles, 7 de marzo de 2007

DinamizadorX - Tira Comica

Tira2 - Dinamizar o rural

Pulsa na imaxen para agrandala

martes, 6 de marzo de 2007

PEGSI - Novo Logo



A verdade e que non teño idea de como e o logo do PEGSI pero dame igual.
A ver se vos mola este.

viernes, 2 de marzo de 2007

Xornadas de Informatica Grafica e Software Libre

GPUL presentanos as suas II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre que teran lugar o 6 de marzo de 2007 na Coruña. No programa habera una charla de Jacques Isaac Director técnico de Bren Entertainment titulada "Software libre en la industria del cine de animación" donde tomando como exemplo "Pérez, el ratoncito de tus sueños" gañadora do premio Goya de animación, se repasaran os argumentos a favor e en contra do uso de Software Libre. Tamen habera charlas de realidad virtual a cargo de VideaLab e do proxecto Acuatica a cargo de JuanJavier Martínez.

Xa sabedes Dinamizadores o que este interesado o ataque.

jueves, 1 de marzo de 2007

Día de cobro

Algúns dos nosos compañeiros nos informan de que hoxe cobraron por fin o mes de xaneiro.
Así que xa sabedes ide correndo ó banco a ver a conta, polo que nos di a experiencia do cobro da fase teórica en canto comezan a pagar en 2 ou 3 días cobramos todos.
Parece que por fin é día de cobro, non era sen tempo, e a ver agora cando cobramos febreiro que xa pasou á historia.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo