viernes, 28 de septiembre de 2007
Outubro por diante
Imaxínovos a todos pensando o que ides facer. Haberá quen estea facendo as maletas e deixando o piso de aluguer; quen agarde e pague este mes por se segue no mesmo lugar. Moitos seguro que pensaredes en retomar as vacacións que deixamos a medias en agosto, pero coartados polas ditosas entrevistas das que haberá que estar pendientes. Quizais haxa quen pense: "De novas tecnoloxías xa tiven dabondo" e comece a buscar ferventemente outro choio; ou pode que moit@s atoparan na figura de dinamizador tecnoloxico, a profesión da súa vida.
Haberá quen pense que lle compensou a experiencia e haberá quen sinta que perdeu un ano da súa vida. Quen atopara novos amigos ou quizais unhas cantas persoas a quen odiar. Quen descubrira habilidades agochadas, virtudes que pensaba que non tiña (como unha paciencia dun santo) Anque pensandoo ben, tod@s debemos ter esa virtude xa que hai que ser moi paciente e boiñ@ para estar nesta bolsa e non mandala a paseo ás veces.
Eu no meu caso penso que isto non me veu nada mal. Aínda que teño moitas lagoas, agora lévome mellor coas novas tecnoloxías. Digamos que o ordenata e máis eu non nos pelexamos tanto.
Deséxovos (e deséxome) que en novembro TOD@S esteamos traballando, pretiño da casa , nun lugar agradable.
Non é un desexo pequeno, non.
viernes, 21 de septiembre de 2007
Un período mais de inquietude
O día 30 rematamos esta fase práctica da bolsa, en resumo rematamos a bolsa, a pregunta é que pasará o día 1.
A día de hoxe non se publicou lista ningunha na páxina da fundación e lendo a convocatoria haberá 5 días para apelacións, ou o que é o mesmo se hoxe non saen as listas no mellor dos casos rematarán as apelacións co mes de setembro.
E chegará outubro e faltará a publicación definitiva das listas, as entrevistas, asinar os contratos e ¿canto tempo pensades que pode levar todo iso coa premura que se soen dar nestes casos?
E todo isto supoñendo que saian as listas o luns, senón é así, mais tempo a sumar.
Ademais polos mails que nos estades a mandar sobre o tema xa houbo quen chamou por teléfono e so obtivo un "aínda non se sabe nada".
Con estas contas, un pregúntase, ¿organizaremos actividades para o vindeiro mes así sen saber nada definitivo?
Ademais non temos paro, moitos pagamos piso...
Aínda quedan 10 días naturais de mes, así que non precipitemos acontecementos, pero si que nos gustaría saber se compartides connosco esta inquietude.
miércoles, 19 de septiembre de 2007
lunes, 17 de septiembre de 2007
Resultados da Enquisa
Como xa queda pouco para o remate desta fase da Dinamización imos votar contas e facer un pequeno analise.
A Enquisa que formulei xa fai bastante sobre a miña "nacionalidade" considero que foi desas cousas que mais me gustou facer e vouna a ter en conta.
Segundo estos datos, queda claro que a maioria dos que parciparon na enquisa pensa que son da Coruña con un 36.8% e do que estades mais que seguros e que non son de Lugo con un triste 14%.
E digo eu, porque Lugo ten tan baixo porcentaxe, que vos fai pensar que non son de Quiroga, de Monforte ou de Vilapene. En que notades todo iso? Que ten a Coruña que vos chame a atención e non Ourense ou Pontevedra?
O certo e que me interesa, veña A COMENTAR.
viernes, 14 de septiembre de 2007
Viva o estrés
miércoles, 12 de septiembre de 2007
Vaime dar algo.
O de descansar "tranquilos" poño asi porque eu non o teño nada claro (sinto polos que me chaman mal compañeiro pero vou facer outra das miñas).
¿Porque ata o de agora non se nos pediu nada de curriculum?Estara relaccionado con que na nova combocatoria non se pediron Informaticos. Se eu fose informatico estaria preocupado.
Que e eso dunha entrevista, que pretenden, meternos un foco na cara mentres dous tios fan de poli-bueno e poli-malo, haber se nos sacan algo de informacion sobre o que fixemos. Respecto a esto, digo que se teñen pensado preguntarnos polo noso curriculum o unico que vexo e que nos van facer ir a Santiago de novo para nada.
Ainda que diga que nos fan ir a Santiago para nada, teño que recoñecer que algo bó si que saquei en claro de esta ultima visita, puiden visitar as oficinas da Cordinación de Dinamizadores, o centro neuralxico de toda a actividade de dinamización, onde puiden contemplar atonito o frenetico ritmo de traballo que ali habia, hai que decir que o que fan sabeno eles pero dende logo non lle perdian ollo os monitores do ordenador. Mentres todos estaban co cuiño ben sentado na silla, unha acelerada e supercafeinada Alba parecia ser a unica que se movia, sigo pensando que estaba de pé porque non quedaban mais mesas libres onde sentarse.
Por certo esqueciame (agora e cando fago unha das miñas), espero que non lle teñades cariño o voso sitio de dinamizacion, porque tende en conta que volo poden quitar en menos de nada, eu dende logo en ese tema estou bastante fastidiadillo, por que me gusta o meu sitio e non quero terme que ir. Espero que os dinamizadores con mais curriculum non nos pasedes demasiado por enrriba os demais.
Agora veremos o "amigos" que somos todos, porque sabedes que calquera pode optar a plaza en calquera lado de novo.
viernes, 7 de septiembre de 2007
O que hai que ver
Querido dinamizador X e compañeir@s, España non é o único lugar Os “concienciados” cidadáns tiñan que consultar a páxina deste Flipade se vos digo que apantalla LCD dos monitores, E finalmente comentarvos que parece ser que os avances da Así que, ante esta nova posibilidade pregúntovos; |
martes, 4 de septiembre de 2007
Ola! Podédesme chamar DDC
Por se non o sabedes, direivos que non é sinxelo verme; mellor dito, non era sinxelo verme fai centos e centos de anos, cando as meigas non tiñamos que incorporarnos ao mercado laboral. Non é que antes fora todo jauja, que, coa Inquisición do nabo, a pouco que te descoidases, xa tiñas unha cebola na boca, por non dicir noutro sitio, (que as damas non dicimos esas cousas) e estaban facendo contigo unha barbacoa. Pero hoxe en día, que queredes que vos diga, a cousa tampouco está para tirar foguetes. Actualmente, teño que facer acto de presencia no choio, na miña plaza de becaria coma Dinamizadora da sociedade da información, e non precisamente baixo unha forma animal, como adoito facer noutras ocasións. ¿Imaxinádesvos? Eu convertida en raposa diante do meu ordenata e os meus comañeir@s preguntándome “_ Oes, Nozilla firefox, ves tomar un café connosco?” non, non é plan.
Hai que ver como cambian os tempos.
E diredes vós, pero esta tía, meiga ou o que sexa que carallo fai aquí!?.
Pois acábome de colar, que para algo son meiga, e veño para poñer un toque feminino neste blog que desprende un aroma a testosterona que tira patrás, polo menos aparentemente.
¿Ou é que vos vedes por ahí algunha dinamizadora x? ¿e algunha langhrana? ¿Pero isto que leches é?.
Pero xa tocarei ese tema noutro momento, porque agora o que quero é, reiterando un pouco o que xa expuxo Casper un pouquiño máis abaioxo, recomendarvos que baixedes e leades con atención a convocatoria para solicitar a praza como dinamizador@ que atoparedes nesta dirección: http://www.fundacioncalidade.org/galego/procesosselectivos/ver/. Lede detidamente os requisitos para o acceso e xuntade todo ben xuntiño para que logo non haxa sorpresas e ningún aspirante quede fora por paridas, que a cousa non está para despistarse. Ter que levalo a Santiago é un fastidio, pero que lle imos facer.
Animo a todas e todos e feliz fin de beca.
A mañá en Santiago.
A verdade e que habia unha maneira desas super retorcidas que eu uso, de saber se eu ou algun dos meus colaboradores estabamos ese dia ¿Algun de vos usou o Bluetooth do movil para enviar algo? Se o fixera topariase con uns cuantos nomes de dispositivos ben curiosos, entre os que se atopaban o de Dinamizadorx e o de Langhran.
Da nosa reunion saco en claro, a boa nova da nosa renovacion (non e ouro todo o que reluce) e a oportunidade de falar por fin con algun que outro dinamizador que ainda non tivera o pracer coñecer en persoa.
Ainda que tamen tivemos cousas que non foron tan boas. Como o "super-entretido" momento de escoitar os casos de cada dinamizador un a un. Ou o discurso de Elena Veiguela seguido da interminable rolda de rogos e preguntas.
Pero con diferencia o PEOR de todo foron os pinchiños (porque eso non merece chamarse xantar) que nos puxeron no comedor, non sei vos, pero eu esperabame algo con un pouco mais de, como chamalo, comida. Aquela micro-ensalada, seguida por un bacalao fotocopiado que nin Miro Pereira na sua epoca mais racana. Como pon Casper na anterior entrada a alguns non nos quedou outra que baixar a Santiago a unha bocateria.
Vueno a verdade sexa dita, que nos esperabamos, van a pagarnos o 100% do soldo, de algun lugar teran que recortar presupostos.
A convocatoria
A nova non nos pilla por sorpresa despois de que a anunciaran na xuntanza do xoves pasado en Santiago, nesa na que todo o mundo marchou cara unha bocatería.
Mais por sorpresa nos colle que teñamos que presentar a mesmiña documentación que presentamos para solicitar esta bolsa.
¿A algún de vos lle quitaron o seu título? ¿Xa non sabedes falar galego? E aínda que xa non saibades seguro que non vos roubaron o papeliño que di que sabedes, ¿non si?
¿Non é lóxico pensar que se se nos concedeu a bolsa é porque cumplimos os requisitos que se pedían?
Iso si, con so 10 días de prazo e a entregar en Santiago, moi cómodo se sodes, por exemplo, de Verín.
Tampouco podemos pasar por alto o número de prazas, 64, ¿non eramos case 100? Se facemos contas e quitamos a ollo a xente que o deixou e os non aptos, ¿non quedaremos mais de 80?
E se a pedimos todos ¿que vai pasar?
Sabemos que son moitas preguntas que, neste caso, non somos quenes de respostar, así que se vos sabedes aclararnos algunha delas, por favor facédeo.