lunes, 29 de diciembre de 2008

5 de xaneiro,cambio de horario, escritos e presentacións

Ola compañeir@s :

Hai ben de meses que esta páxina está parada, e eu como novo colaborador respondo vogando nela co meu desvirgamento dixital neste gran blog que tan bos momentos me fixo pasar : Cas súas tiras cómicas, cos seus artigos de opinión, cas novas e cas vellas, cas novidades tecnolóxicas ... Ás veces tirando un sorriso, ás veces tirando unha pequena pedra e ás outras veces tirando un auténtico misil soviético tierra-aire sobre os momentos, as diferentes situacións e as máis variadas anécdotas acontecidas no marabilloso e excitante mundo laboral dinamizadoril .


Como en todo, hai motivacións que che levan a pensar, a opinar ou directamente a pór unha ciberpalestina na cachola, cibercóctel molotov na man e darlle avante cara conquerir o que é xusto, o que nos pertence .


Se a miña memoria non me engana a nós réxenos o convenio colectivo de traballadores de oficinas e despachos da Coruña (podedes descargar o ficheiro que corresponde ao periodo 2008-2011 en comfia.net) . Pois ben nunha incursión sindical na citada URL disque o 5 de xaneiro (xornada de tarde) non se choia (teñamos o horario que teñamos) .


Como é ben sabido a carga burocrática-administrativa-xustificativa que temos é moita, e tamén necesaria, pero será para todos igual . Ou vai ser que para mercar unha ducia de bolis teñamos que encher 218 solicitudes e formularios e os da coordinación non nos teñan que xustificar un cambio de horario con, polo menos, un argumento de tipo económico , produtivo ou mesmo organizativo, e non porque lle dea a arroutada á Coordinación (que é o que dá a impresión) . Alén de ter que asinar nós pola conformidade das novas condicións laborais para que se fagan efectivas .


Por último que xa esbardallo de máis , dar a noraboa a unha iniciativa que se fixo para enviaren algunhas queixas, propostas e suxestións á coordinación onde, aínda hoxe (polo que eu sei) non foi asinada nin pola metade d@s que estamos . Supoño que por diferentes casuísticas: Hai que se dar conta que tod@s estamos no mesmo barco e ser unha piña nestas cousas axuda moito e non andar a sacharlle as pernas @s que fan algo por tod@s, que ás veces parece por parte de algún que se o documento non está feito por si mesmo non vale .


Feliz saída i entrada de ano, e tede coidadiño co alcol que din por aí que emborracha .

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo