miércoles, 26 de marzo de 2008

Non pensedes que non fago nada.

Hola amigos dinamizadores, de volta das vacacions, espero que esteades todos ben e listos o 100% para acometer os traballos que deixachedes pendentes da semana pasada.

Como vedes levamos unha temporadiña co blog un pouco parado, pero hoxe vou a falarvos dunha movida guapisima que me topei na Internet durante estas vacions.


Unha web na que podedes crear a vosa propia lista de reproduccion. Para colgala no voso Blog, paxina web persoal ou onde vos dea a gana. Non podedes colgar calquera cancion que teñades vos pola casa, pero na Web poderedes atopar case calquera grupo coñecido (eu estiven mirando e ten case de todo).
Podedes crear varias listas de reproduccion cada unha de con un maximo de 100 cancions. Asegurovos que vos aburriredes antes de tentar encher as 100.

E preguntaredesvos todos, pero esto e legal, pois supoño que si, o fin e o cabo non estades a descargar nada, e moitas destas cancions escoitanse dende os sitios oficiais dos grupos.

Pois ala amigos a disfrutar.

jueves, 20 de marzo de 2008

Felices Vacacions

Boas dinamizadores e dinamizadoras, sobre todo dinamizadoras, espero que esteades disfrutando da vosa semana santa porque o que son eu estou con unha cervexa na man agora mesmo.

Bueno amigas e amigos, o dito que o pasedes ben, desculpade que non escribira nada ultimamente, pero e que son cousas de traballo (vos xa me entendedes). Non me enrrollo mais, solo decirvos que as vacacions son merecidas pero agora se vos parece poñedevos todos "enfermos" o luns...

viernes, 14 de marzo de 2008

Usos diarios Forever


Pois xa que estamos de tiras cómicas poño esta tan simpática que fixo un dos participantes dun concurso de ilustración e cómic que puxo en marcha o xornal "El Pais" e no cal se pode gañar unha viaxe a San Diego; (dinamizador x toma nota). Isto para alegrar a finde, pero teño que queixarme de certas cousas da Rede, por exemplo; ¿POR- QUE non nos deixan modificar os usos diarios?, non é tan difícil trabucarse; que se o uso era profesional e eu puxen ambos, que se introducín nunha data e o uso era doutro día... Iso sen contar que a páxina se volva tola e rexistre o que a ela lle da a gana. Cada vez que os teño que introducir, non é que me bote a temblar, pero sí que hai que revisalo todo ben antes de darlle a enviar, non vaia ser.
Que nos dean esa potestade modificadora! total, peor que o CESGA non o imos facer ;-).

Tamén me chama moito a atención o paradísimo que está o foro da páxina da Rede. É coma o foro invisible, o foro que existe pero non existe, O foro pantasma. Creo que a Rede lle vai a dar outro estilo para facelo máis atractivo, a ver se é certo e tod@s nos animamos a verter alí as nosas experiencias, que seguro que temos para encher uns cantos libros.
Bueno, só quería expoñer estas impresións e a seguir traballando, que non sei vos pero eu ando bastante a tope.
Unha aperta.



lunes, 3 de marzo de 2008

Asi se fai politica.

Scott Adams, un xenio, a miña fonte de inspiracion. Encontrome leendo as suas tiras comicas mentres vexo o debate.
Encantame este home.


Apoiamos a Isaac Diaz Pardo