martes, 19 de enero de 2010

O Show Duró

Aquel que pense que hai un castelanismo no título deste artigo é por que non asistiu ao curso organizado pola Fundación sobre motivación que se impartiu a finais da semana pasada.
O curso foi impartido por Emilio Duró que, con toda seguridade, non pasou desapercibido para ningún/ha d@s “mon@s” asistentes.
A súa practicidade, o seu histrionismo, o seu humor, a súa aceptación da realidade, os seus vídeos... fixeron deste curso un dos máis interesantes da nosa andaina dinamizadora, e, por moito, o máis divertido e ameno deles, a pesares das súas contradiccións, que tamén as houbo (chamar descoidadas a todas as mulleres da sala, ou feos aos homes, e defender as mentiras piadosas para non amargar a quen nos rodea é chocante, por poñer un exemplo).
O mellor, desde o meu punto de vista, e desde unha perspectiva formativa do show ofertado por Emilio, comeza ao rematar o espectáculo, xa que as súas vivencias, consellos e perspectiva vital perduran unhas horas máis aló do curso. O que creo que lle aledaría saber xa que comezou dicindo que se conformaba con que saíramos dalí dándolle voltas á cabeza, se realmente é así coido que cumpriu o seu obxectivo.
Así que o grao de satisfacción co obradoiro é... perdón co curso é bastante óptima, moi interesante e útil todo o aprendido, e por ser así teño que recoñecer que non me apaixoa o meu traballo e polo tanto é hora de deixalo e buscar algo que realmente me encha e vós deberiades facer o mesmo, porque so se vive unha vez, porque a vida é breve e non paga a pena perdela repetindo sempre o mesmo, porque quero ser feliz....

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo