viernes, 29 de mayo de 2009

Os mellores chistes da mañá

Nada mais chegar, lin dúas novas en Internet que son dignas do titulo de Mellores Chistes da Mañá, son para partirse.

Medalla de Prata o mellor chiste da mañá para esta nova de A Nosa Terra.

A Xunta volve apostar só por Microsoft

Como podemos comprobar, o noso flamante novo Presidente segue coa súa cruzada a prol do aforro e da libre competencia nos concursos públicos. A situación e tronchante, no concurso pídense portátiles con XP preinstalado como requisito. Pero o que fai que esta nova sexa digna da medalla de prata son os comentarios da xente, botádelle un ollo, non teñen desperdicio.

E o chiste gañador da medalla de Ouro e........... unha nova que podiamos ler en Mancomun:

Microsoft réndese á evidencia das vantaxes do software libre

O titulo en si xa non ten desperdicio, pero o contido non e moito mellor, con frases memorables como "o xigante do software Micro$oft non tivo máis remedio que renderse ás evidencias das vantaxes do software libre para ofrecer unha solución eficaz para a xestión e a recepción de facturas electrónicas", polo menos despois matiza, que solo servira para M$Office.
Non sei eu, pero dáme que o titulo esta un pouco subido na pola, a nova vai de que os de Micro$oft sacaron unha ferramenta Libre para o tratamento de facturas electrónicas, pero tanto como que se renderon as vantaxes do Software Libre, se leemos o tema detidamente non se renderon, o que fixeron foi utilizar distintas ferramentas Libres por serlles mais rendible, aproveitar ferramentas xa creadas para poderen crear a súa aplicación, coa sorte de que esas ferramentas debían estar protexidas pola GPL, e tendo en conta que colaborou (con pasta supoño) o Ministerio de Industria, a M$ non lles quedaron mais pelotas que Liberar o seu código, non sen antes aplicar o seu selo de calidade, facendo que esta aplicación so funcione en M$Office.
A miña humilde conclusión, e que os señores de Micro$oft, lonxe de rendérense ante a superioridade do Software Libre, o que fixeron foi utilizar as vantaxes que este ten, para despois aplicalo o seu Office e melloralo, o cal vai repercutir de maneira favorable economicamente en esta compañía. E o peor de todo e que amparados polo Ministerio de Industria e do de Facenda, volven a tentar engaiolar os usuarios coas súas aplicacións "libres" QUE SO FUNCIONAN NO SEU NON LIBRE OFFICE, e os usuarios de GNU/Linux lonxe de condenar isto o que facemos e publicitalo, dicindo que esta ben que M$ saque cousas libres e esquecémonos de matizar que para que poidamos usalas antes teremos que pagar 150 € en licencias. Por non falar do prestixio que perde o Software Libre dando a impresión de ir sempre un paso por detrás de M$, o final terémoslles que dar as gracias, por liberar o código fonte para que se poida adaptar o SEU programa a OpenOffice.

Pensando ben, os mellores chistes da mañá non me fan gracia ningunha.

viernes, 22 de mayo de 2009

Reflexións

Con respecto ao post anterior, eu case que estou máis en sintonía co que dí Óscar e outros comentarios similares, anque tamén suscribo totalmente o punto 2 do comentario de Alberto, e cando isto remate o que vou lembrar son os cariños dos usuarios e usuarias.
Dame a impresión de que cada vez hai máis fenda entre coordinación e dinamizadores. Non digo que nos deban consultar as cousas pero que menos que facer algunha reunión para explicarnos todo este rollo dos mínimos e animarnos un pouco.
Estou co rollo de sempre, pero a motivación é importante. Lembro unhas verbas de Helena Veiguela aos dinamizador@s que a min persoalmente me axudaron bastante. Eran palabras de ánimo e de confianza en nós e de que iamos desenvolver este traballo moi ben.
Non sei se coñecedes unha teoría sociolóxica moi interesante, sobre todo desde o punto de vista pedagóxico, chamada "a profecía autocumprida". Esta teoría dí que se fas unha predicción sobre algo, anque nese momento o que predís pareza imposible, finalmente así será. E ademáis o motivo de que finalmente se cumpra foi a formulación desa predicción. Ilustro esto co exemplo anterior: un dinamizador/a non se sinte con moita seguridade ou cos coñecementos suficientes para desenvolver o traballo encomendado, pero recibe de alguén a predicción de que será un gran dinamizador/a, (evidentemente este tipo de prediccións están baseadas nunha confianza que podemos chamar cega, porque esa situación aínda non se dá). Esta predicción unha vez escoitada e interiorizada polo dinamizador, produce un cambio no comportamento e na actitude que fai que finalmente esa persoa teña a autoconfianza necesaria para pensar "que carai, pois claro son un gran dinamizador e o vou demostrar". E deste xeito a profecía que nun principio non parecía moi realista, se cumpre.
Falando doutro asunto. Son das persoas que pensa que sempre cavilan máis dúas cabezas que unha. Xa que a maioría de nós estamos sozinhos nas nosas entidades boto moito moito de menos reunirnos e intercambiar ideas e impresión sobre o traballo. Está a web, na que se pode ir cheirando o que fan os compañeir@s e tomar ideas pero... non é o mesmo.
Bueno, boa fin de semana e un bico a tod@s.

martes, 19 de mayo de 2009

Pequenas modificacions

Bos dias compañeir@s dinamizadores, espero que tiverades boa fin de semana, e que os que o domingo fochedes a Santiago non esteades constipados pola molladura.

Vou facer referencia a esos detalles que coma sempre pasan case desapercibidos pero que se deben de ter en conta para non esquecer que agora espéranos unha nova etapa.
Xa se levou a cabo a (espero) única modificación na Web da Rede, o cambio do logo da consellería, e a típica cousa que non ten mais importancia que a que un lle queira dar, pero eu penso que e un bo exemplo desta nova etapa, na que penso que os cambios van ser tan lentos e progresivos que non os imos notar, pero tende claro que a larga cando botemos a mirada cara atrás veremos o moito que cambiou todo.

Polo que puiden ver na web da Consellería de Economía e Industria, a rede esta na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, en anteriores comentarios tiñamos dubidas de que consellería se ia ocupar de nos. Dicir que eu penso que será esta a Dirección Xeral a que pertenceremos, posto que e a que se fai cargo da Fundación e a Fundación e quen se fai cargo de nos.

Deixo aquí o enlace. Para quen lle poida interesar.
D. X. Investigación, Desenvolvemento e Innovación

E cambiando algo de tema.
A ver quen gañan este ano o Concurso de Iniciativas, eu xa teño algunha quiniela feita.
Poñede se vos apetece nos comentarios os vosos candidatos preferidos.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Micro$oft o amigo dos meniños.

Como se pide nun comentario do anterior artigo sacamos a colación este tema.

Richar Stallman acusa a Zapatero de vender os nosos nenos a Microsoft.

A miña opinión, que concorda coa do Sr. Stallman, estou de acordo, non me podo crer que en tempos de crise, nos que se deviría mirar ata o mais mínimo Euro, os destraguemos para regalarllos a Microsoft, iso no tocante os cartos.

Pero o mais importante de todo e que se condiciona os nenos, se dende pequenos, que e a mellor época para aprender cousas, lles désemos as clases con Software Libre, conseguiriamos crear iso que e tan difícil cando xa se e adulto, conciencia, se conciencias os nenos na liberdade do Software iso non o van esquencer nunca, en troques se o que fas e coartalos co uso dun sistema privativo o que creas e unha dependencia de algo que mais tarde lles vai saír caro, non me parece forte comparalo con drogas, porque e o símil perfecto.

E que conste que o de pasarlle a bola as comunidades autónomas para que elas decidas si meter GNU/Linux si ou non iso si que non me parece normal. Simplemente polo feito de que os cartos xa están gastados, se decides meter arrinque dual, segues dándolle a pasta a Microsoft.

Paréceme das peores ideas que tivo o Goberno en moito tempo, espero que aínda esten a tempo de rectificar.

Poño aquí dous enlaces sobre o tema.
Barrapunto
Publico

lunes, 11 de mayo de 2009

A primeira na frente

Saúdos compañeir@s dinamizadores, como escribín fai un tempo neste o noso Blog, a xente que segue pensando que o señor Feijoo vai apostar polo software libre vive nos mundos de Yupi, e para mostra un botón.

Mais de 2 millóns de Euros en Licencias Microsoft

Aquí o tendes, para que lle poidades botar un ollo. Non vos asustar, pero dáme que o compromiso de austeridade esta mais que incumprido, e como supoño que isto vai ser un suma e segue, a ver para cando a próxima.

jueves, 7 de mayo de 2009

Correo dun Exdinamizador

Bos dias compañeir@s dinamizadores, polo visto a aparicion de tantos exdinamizadores na anterior entrada deste Blog, animou a un dos nosos excompañeiros a mandarme un correo que considero polo menos digno de poñer no Blog.


Hola DinamizadorX, como vexo que hai bastantes ex-dinamizadores que falan de que se pasean por aquí, quero dicir que eu tamén o fago sempre que podo.

A verdade e que non tiña pensado comentar nada, para non seguir metendo cizaña, pero o xoves pasado ocorreu algo que creo que como dinamizadores deberiades saber.

Fai unha semana lera que Richar Stallman estaría en Vigo dando unha conferencia sobre Software Libre e sobre o perigo das patentes, así que me anotei sen pensalo dúas veces, mais tarde lería no teu Blog que ningún dinamizador podería ir por causa do horario, a verdade e que foi unha pena que non puidésedes ir ningún.

Vou o tema, estaba esperando dentro a que comezara todo, paréceme que xa entrara Stallman, e como ía eu solo, dediqueime a mirar a todo o mundo que entraba por se era alguén coñecido, pasou un antigo profesor meu de Sistemas do ciclo e logo un informatico de Citroen que coñezo pola peña do Celta, ata aquí todo normal, a verdade e que non contaba con eles pero alegroume velos, pero a mellor sorpresa foi cando a punto de comezar todo entrou pola porta unha representante da Rede, Bea. Eu quedeime medio parvo, para empezar porque se supón que a esas horas debería estar traballando, pero bueno o mellor pedira o dia ou algo así, quedeime mirando para ela e ela miroume a min e quedouse tamén medio pillada, non sei se me recoñeceu, pero o durante o descanso estaba falando co colega de Citroen e alí si que estou seguro que me recoñeceu, eu a verdade non tiña ganas de ter a típica combersa rara e incomoda a si que pasei do tema, total tiña que irme que tiña cousas que facer.

Falando xa da Conferencia, decirche que foi xenial, pasáronseme as horas voando, a verdade e que foi unha pena que os dinamizadores non puiderades asistir, porque vos ía aclarar moitas cousas sobre o software libre. Penso que o discurso que alí dou Stallman esta bastante ben ensaiado pero o home valese do seu carisma e simpatía para conseguir manter a todo o mundo atento. Falou sobre as 4 libertades do Software, sobre o problema das patentes, sobre os problemas éticos e morais do uso de software privativo, sobre as DRM, sobre o inicio do proxecto GNU, puxo a parir a Thorvalds, a Bush e a Bill Gates. E tivo un interesante comentario sobre os gobernos e o problema de que aposten por software privativo en lugar de libre, refireuse a nova de que o Goberno de España quere dar a cada neno de primaria un ordenador con Windows e Office.

Pero a parte que penso que a nos como Galegos mais nos interesa, foi durante a rolda de preguntas. Un Señor preguntoulle a Stallman que opinaba de Galinux o sistema operativo que promove a Xunta. El contestou que non podía opinar nada bo dun sistema que non respeta o proxecto GNU, porque no seu nome solo fai referencia a Linux. E que non podía recomendalo porque non era un sistema operativo totalmente libre e non entendía como a Xunta de Galicia gastaba cartos en promocionar un sistema non libre tendo o Trisquel que si que e totalmente libre. Despois de dicir isto toda a sala se encheu de aplausos.

A pena foi que non me puiden quedar a ver a segunda parte da conferencia, pero como a gravaron en vídeo conto con que alguén a suba a internet, cando a suban mandareiche o enlace para que todos a disfrutedes.

Un saúdo.


O excompañeiro que nos manda isto e Pablo o que dinamizaba en Tui.

E xa teño o enlace os videos da conferencia de Richard Stallman:

http://www.vigovideo.es/

A parte na que sae o comentario sobre Galinux esta o final do segundo video, e a parte que esta distorsionada por peticion do que fai o comentario, que manda carallo que o home non poida falar libremente por medo a represalias supoño.

E para que conste en acta, o de deixar Galinux e usar Trisquel xa o dixen eu fai bastante.

Pois eso amigos espero que vos gusten os videos da conferencia e gracias a Pablo e os demais exdinamizadores que nos visitades a miudo por colaborar, ainda que sexa so comentando, con este Blog do que tamen formades parte.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo