Bueno amigas e amigos, xa era hora, sairon as tan esperadas listas da nota da entrevista.
Que conste que estou bastante satisfeito co visto, pero quedeime parvo con algun detalle.
A nadie se lle dou a maxima nota, vese que estaban esixentes. Hai moreas de 2,000. Pero o detalle que mais me sorprendeu, e como se lle pode poñer a alguen un 0.000, hai que ser moi ruin, dudo que nadie na entrevista que lle tocou o fixera tan mal como para non merecerse polo menos un 1,000. Dende logo se che interesa o mais minimo a moral dos teus traballadores eso non o fas, e se o rapaz ou a rapaza se puxo moi moi nervioso e non lle saiu a entrevista como lle gustaria ou como lles gustaria os xuizes (que mandavan cada pregunta que lle rouca o carallo, e en eso estamos todos de acordo) o que non podes facer e meterlle no corpo a presion de cargar con un 0,000 e ademais que todo o mundo o vexa nunha lista oficial.
Sei e seguro que todos sabemos o que se sinte cando estas nunha entrevista, todos te miran fixamente, escanean cada parte do teu corpo, analizan cada movemento, e todo esto mentres te preguntan cousas que para ti son absurdas pero para eles teñen un significado sempre oculto. Ti levas o teu guion na cabeza, sabes como responder a case todo o que te poidan decir, sabes como tes que sentarte, sabes como tes que moverte e sabes como tes que miralos cando falas. Pero a realidade, e que cando chegas ali, 20 minutos antes, tes o corazon na palma da man, entras cos brazos rixidos, tremes o falar e dache a impresion de que todo o que tiñas na cabeza foise de supeto a tomar o fresco a fora, que e onde a ti te gustaria estar nese momento. Eu unha vez nunha entrevista puxenme tan nervioso que cando me preguntaron o DNI eu deilles o numero de telefono.
Non sei porque pero dada a xuventude de alguns dinamizadores diria que esta foi a primeira entrevista de traballo para moitos.
Xa para rematar, decirvos que xa vai faltando menos para a volta o traballo, ainda que xa van a facer dous meses dende que rematamos a anterior fase. Espero que se dean conta dunha vez que teñen a unha morea de rapaces e rapazas dispostos a traballar que se estan desesperando por culpa da sua tardanza, e que a ilusion polo traballo hai que mantela dia a dia, que se estamos moito tempo sen facer nada acostumamonos e despois veñen as queixas porque non damos o callo.