
Pulsa na Imaxe para agrandala
Que podo escribir eu aquí que o meu ben querido amigo e compañeiro Casper non dixera, con moita sensatez e sentido común por certo. A electoralidade dos nosos traballos, que somos unha manobra propagandística pero todo iso xa o sabemos todos.
Pero estade "tranquilos" amigos non tremer, non sufrir non pensedes que porque o PP volvese ó goberno de Galicia ides perder os vosos traballos, polo menos non por agora. Recordade que tendes uns convenios firmados, que ese tipo de cousas non se poden cortar polo san tan facilmente.
Pero amigas e amigos dinamizadores, como en todo na vida, non sempre chove a gusto de todos (non digo que o PP me guste, solo tendes que repasar tiras anteriores) pero dáme a min que uns cantos vanse mollar un pouquiño mais, si estou falando das nosas amigas de coordinación.
Non vos equivocar eu nunca me alegraría de que alguén perdese o seu traballo, non son dese tipo de "persoas", pero dende logo seguro que agora mesmo teñen que estar a notar o mesmo que notamos nós fai un tempo, antes da renovación do contrato e durante a espera de cando nos colleu a Fundación, que rápido cambian as cousas verdade. Agora somos nos os que medianamente podemos estar tranquilos e dáme que son elas as que tremen. Aínda que supoño que a unhas profesionais coma elas non lles será complicado xustificar o seu traballo, sentarse nunha mesa e falar cos seus novos xefes e contarlles de todo o que trata a Rede é o seu traballo, espero que o novo Goberno da Xunta non sexa demasiado conservador e comprenda que isto e polo ven de GaliZa.
Aínda que non creo que sexan elas solas as que treman, porque o da Fundación tamén ten tela, imaxínome como será o ultimo mes pero vouno refexar nunha tira cómica que me inspirou Casper.
E como será o próximo mes para nos os Dinamizadores, cantas cousas teremos que cambiar, os tipos de comunicados a prensa, as normas lingüísticas, iso de favorecer a Concellos do Bloque, pero bueno, somos intelixentes seguro que saberemos adaptarnos, de todas formas os que nunca fomos de bailar ca musica de ninguén seguiremos igual, e os que danzades o son do que mais canta seguro que aprenderedes os novos pasos (si isto vai por ti que te das por aludid@, e non te vas quedar sen tira cómica). O final todo se sabe amigos meus, recordadeo.
Agora e cando seguramente penses que son un falso e todo iso (si segue indo por ti aludid@) pero recorda que xa cho teño comentado, que falei con tigo de isto varias veces, que non tiro a pedra e agocho a man, todo o que aquí poño díxencho aquel dia diante da cara. Espero que o recordes e que recordes tamén que eu non son o inimigo, eu son so un simple reflexo de todos os erros que cometiches durante todo este tempo, nacín o dia que cometiches o primeiro erro e rematarei o dia que cometas o ultimo.
OpenOffice.org 2.1 - Suite de Ofice
Mozilla Firefox 2 - Navegador de Internet
Mozilla Thunderbird - Cliente de Correo
Gimp - Debuxo
Inkscape - Debuxo Vectorial
Blender - Deseño 3D
Skype - Conversa por Internet
Gaim- Mensaxeria Instantanea
Ferramentas de Seguridade de redesFerramentas de Seguridade Wireles
KEME - Contavilidade
QCAD - CAD - Wikipedia
AntiVir - Antivirus
Ad-Aware SE - AntiSpyware
Zone Alarm - Firewall
Wine - Emulador de Windows