Pois como xa saberedes se consultades esta bitácora, ou o correo dinamizador, se nos concedeu a certificación de calidade. Aquela pola que se nos impuxeron uns mínimos e se nos mandaron unhas auditorías, menos mal que polo menos o esforzo non foi en balde.
Así que noraboa a tod@s, sen ningunha dúbida todo isto non sería posíbel sen o noso traballo, aínda que tampouco sabemos de que nos temos que alegrar, por que descoñecemos a implicación deste recoñecemento.
Se o obxectivo é ser a segunda rede que acada este logro en todo o estado, a nós parécenos que non temos nada que celebrar (que o celebren os primeiros se queren), nembargantes se o obxectivo desta certificación é tratar de darlle continuidade á Rede (imaxino que será así) nós encantados, iso si, preferimos celebralo chegado o momento, xa que de rematar a Rede co ano, pensamos que esta ISO non valeu para absolutamente nada.
Bueno si, valeu para que non poidamos facer os obradoiros máis demandados e necesarios para as nosas entidades por que tiñamos que cumprir un mínimo de variedade ao mes. O dito ogallá sirva esta norma de calidade para darlle continuidade ao proxecto que, imaxino, solicitouse para ese fin.
Agora vou soltar unha impresión miña, persoal, pola que supoño pensaredes que son mal pensad@ e ruín e que ven a colación dunha pregunta que fixestes nun comentario da última tira... os nosos dereitos.
¿Por que nos enteramos dos nosos dereitos para o 2009 case no mes de xullo deste ano? @s ben pensad@s diredes que foi xusto o día en que se aprobaron, outr@s pensamos que non che poden conceder unha certificación de calidade se @s teus/túas traballador@s son descoñecedor@s dos seus dereitos, ou o que é o mesmo se non chega a ser por esta ISO non creo que nos enterasemos de nada. Hoxe comprendín o por que daquel correo, e tendo en conta que nunca se nos dixeron os nosos dereitos (so por compañeir@s que leron o convenio) dubido que ande moi desencamiñad@.
Boa fin de semana a tod@s.