Como xa case todos sabedes hai convocada unha xuntanza de dinamizadores para a vindeira fin de semana, para debatir entre tódolos asistentes a nosa situación.
O caso é que a maioría dos correos que nos chegan preguntan se se vai facer e cando e onde vai ser, ademais estas dúbidas tamén foron plantexadas no foro.
Así que agradeceriamos aos convocantes que utilicen os medios dos que dispoñemos (ben este blog, ou calquera dos foros, galiciadinamiza ou faladedoquevosapeteza) para esclarecer todas estas dúbidas.
A nosa opinión, e non é mais que unha opinión, é de facela o sábado xa que moitos dinamizan o venres pola tarde, e que tamén pode servir para coñecernos todos e sair de troula.
lunes, 26 de febrero de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Cada día que pasa teño máis claro marchar. Non soporto o lugar onde traballo, ademáis de non me deixar facer o meu traballo teño que morderme o labio para non decirlles verdades jodidas.
Aínda por riba, onde traballo queren levar o mérito todo alleos á Consellería, e o que é peor : a Consellería nin se inmuta, total ¡quen paga os pratos rotos somos tod@s nós!
¡Qué Deus nos colla confesados!
PD: Contade conmigo para a manifestación, ¡total! xa non teño nada que perder.
Agora como xa cobramos supoño que a manifestación vaise á merda,¿non?
Eu considero que debemos seguir protestando para que o noso lugar de traballo deixe de ser unha carga ou polo menos que non nos tomen o pelo.
Eu penso que unha cousa non ten que ver coa outra, é normal que estemos mais animados pero haberá xente que considere que lle seguen tomando o pelo.
De tódolos xeitos non temos confirmación de que se vaia a levar a cabo e sendo xa venres parece difícil que se faga, polo menos esta fin de semana, sempre se pode organizar para outra data.
seria bo que alguén propuxera un lugar, dia e hora por mail, que os que se poidan acercar lle confirmen a asitencia e finalmente outro mail confirmando lugar e día
Publicar un comentario