| Querido dinamizador X e compañeir@s, España non é o único lugaronde adoramos as cousas gratis ou rebaixadas, se non mirade a páxina
 do Ministerio de Medio Ambiente xaponesa, que case morre dunha
 indixestión de Bic Mac e aínda deben de estar tentando reanimala.
 A cousa foi que o Mcdonalds ofrecía hamburguesas Big Mac a metade
 de prezo se a xente se comprometía a loitar contra o cambio climático.
 Ejem ejem, sí señor,
 seguro que con semellante iniciativa salvamos o planeta; seguro. http://www.elmundo.es/navegante/2007/09/05/tecnologia/1188984909.html
 
 Os “concienciados” cidadáns tiñan que consultar a páxina destedesgraciadiño ministerio e cubrir un cuestionario.
 A resposta foi tan masiva, que a páxina quedou bloqueada.E eu
 me pregunto ¿ como era ese cuestionario? ¿como controlará esta compañía
 de comida rápida que as persoas que o cubriron loiten de agora en diante
 contra o temido cambio climático? ¿en que estaban pensando esas
 persoas cando asaltaron a web do ministerio?; na protección
 do planeta ou en xugosa carne con ketchup, pepinillos e cebola?
 ¿Que foi da dieta tradicional xaponesa, a base de sopa de aleta de tabeirón,
 sushi, boliñas de arroz e salsa de solla?En fin serafín, isto daba para uns
 dibuxos manga que o flipas.
 A que sí sabe dinamizar, a parte do McDonalds, é a ONG nixeriana
 Fantsuam Foundation, que, atención!, fabrica os seus propios
 ordenadores, os “SOLO COMPUTER”, destinados ás zonas rurais,
 alimentados con enerxía solar, capaces de resistira calor e o pó deses
 territorios. A ONG está conseguindo deste xeito, crear infraestructuras
 tecnolóxicasen comunidades rurais, que axuden a fomentar
 a economía local.
 Flipade se vos digo que apantalla LCD dos monitores,están encastadas en marcos de madeiraprocedente dos bosques
 reforestados da zona. Ide mirar toda a nova a esta dirección, porque
 non ten desperdicio.Por descontado que estes ordenadores
 funcionarán con software libre, claro.
 http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/PC/todos/elpeputeccib/20070906elpcibtec_5/Tes
 Outro feito que pon un toque de cordura ao mundo das novas
 tecnoloxías é a nova de que O tribunal de Xustiza da UE, acaba de
 sentenciar, que as operadoras que ofertan servizosde
 internet, sí, esas odiosas aproveitadas e abusonas, como a
 telefónica; NON están obligadasa delatar as direccións IP dos
 usuarios que descargan música ou películas en Internet. Todo
 o follón xurdiu a raíz dun pleito entre Promusicae ( Productos
 de Música de España) e Telefónica. A primeira pediule á
 segunda que lle dese as direccións IP de usuarios que
 descargaran pelis ou música. Telefónica, facendo algo ben por
 unha vez na súa vida, negoullas alegando que eses datos
 só poden ser desvelados, se os pide un xuíz no marco dunha
 investigación criminal ou por un asunto que afecte á seguridade
 nacional.
 Pero non por un pleito civil. Agora o tribunal de Luxemburgo dalle
 a razón ácompañía, concluíndo que a normativa europea
 permite “ que os Estados membros, exclúan a comunicación
 de datos de tráfico personais para a persecución pola vía
 civil de infracciones dos dereitos de autor.Pois eso.
 A fe aguantarse, que carai.
 ¿Vós nunca tendes escoitado aos empresarios da música dicir que
 se os Cds son caros é porque hai moita piratería.
 Polo C arriba!! Cando apenas había Cds neste país, que case
 acababan de aparecer, (e de copieteo nada de nada), os discos
 custaban un ollo da cara. De 2500 para arriba!!.
 Hoxe en día están incluso máis baratos.
 
 E finalmente comentarvos que parece ser que os avances daciencia van permitir que os humanos poidan ter os
 superpoderes que, moit@s de nós, penso que fantaseamos
 con ter algunha vez.http://www.elpais.com/tecnologia/
 
 Así que, ante esta nova posibilidade pregúntovos;¿se puiderades, que poder escolleríades vos?
 ¿que habilidade superguai vos gustaría ter? ...
 Saúdos!
 | 
3 comentarios:
Neste tipo de comentarios e cando se sabe se alguen e un atentico Freak ou non. Pero como eu si o son e moito pidome o poder de controlar o clima de Tormenta de X-Men para poder facer que haxa sol sempre que me apeteza ir a praia.
Sei que non picarei de orixinal pero sempre me atraeu o ceo e as alturas co cal eu votaría por poder voar. E na nova voar non pero levitar din que non sería tan raro que xa o conseguiron con ras. Falando do Big Mac, mira que son rariños estes xapos.
Eu creo que escollería o poder de parar o tempo. Creo que é dos máis guais.Pode ser moi útil para determinadas situacións!
Publicar un comentario