O primeiro concurso do Dinamizador x, convocado co ilustre motivo de festexar os fastos do noso primeiro aniversario. Si amigas e amigos, o tempo voa, e cando nos pregunten, xa podemos levantar o dediño coma fan os pequerrechos. (o íiindice, malpensad@s!)
Se vos apetece e queredes gañar unha fantabulosa camiseta do dinamizador x, repito, unha fantabulosa , super- hiper- mega exclusiva camiseta que te cagas, non dubidedes en participar.
O que tendes que facer é moi sinxelo. Supoño que todas e todos coñeceredes o noso benquerido logo, ese símbolo que nos acompaña no noso quefacer diario e só nos falta levar estampado na fronte, ou tatuado nunha cacha, para sentirnos dinamizadoras e dinamizadores 100%.
Vamos, coma a tenreira galega, "dinamizadores de Galicia, dinamizadores de calidade; rexeite imitacións".
Ben, pois anque a nosa querida man abstracta, suxeitando un rato inexistente é única, dende o dinamizador x, pensamos que non é inimitable, e niso consiste o concurso. Queremos que nos enviedes outros logotipos o máis semellantes posible ao noso. Bueno a ver!, polo menos que teña unha man de protagonista, tampouco vos matedes.
O caso é que o logo que máis se asemelle ao noso será o que gañe ésta competición.
Buscade por ahí, por onde se vos ocorra, pero participade, mirade que a camiseta merece a pena, non é calquera cousa; digamos que formará parte dunha edición extralimitada, porque, sexamos sinceros, non é que no dinamizador X andemos moi bollantes.
Buscade por ahí, por onde se vos ocorra, pero participade, mirade que a camiseta merece a pena, non é calquera cousa; digamos que formará parte dunha edición extralimitada, porque, sexamos sinceros, non é que no dinamizador X andemos moi bollantes.
Pois ala, mandade os vosos descubrimentos a: damadocastro@gmail.com, o prazo de admisión remata... de hoxe nun mes.
SORTE A TODAS E TODOS!!
SORTE A TODAS E TODOS!!
6 comentarios:
NOTA ACLARATIVA:
Tratase de que busquedes por hai, logos, carteis ou o que se vos ocurra, non que os fagades vos.
GRACIAS.
Sí, boa observación. Tendes que buscar cousas que xa existan.
¿Poden participar os moz@s d@s dinamizadores?
e por que non che pasa o logotipo que atopou, mandalo co teu nome e logo se gañas, lle das a camiseta a el ou a ela?
Que chachi!
O concurso vai en roda, xa temos novas participacions.
Publicar un comentario