NOTA: O que ven agora e a miña opinión persoal, se cando alguén pensa distinto a ti te sentes ofendido pasa do artigo e pulsa aquí.
Bos dias todos compañeir@s, en primeiro lugar quero darlle as gracias a Alberto e Ana por asistiren a reunión convocada por UGT coa Fundación, de verdade moitas gracias, no que vou escribir agora non quero criticar en ningún momento a vosa actuación que me parece dende o primeiro dia a mais axeitada e dende logo a mais transparente. Recorda que os Fremen estamos contigo Muad'Dib.
A reunión dende o meu punto de vista non reflexa mais que o que xa se tiña comunicado en outra ocasión, a Rede segue despois do dia 31 por un tempo indefinido en principio de uns tres meses mentres se realizan negociacions de varios tipos.
Primeiro vou expoñer os datos que eu vexo positivos.
1º- Como e lóxico, que imos ter tres meses mínimo de traballo.
2º- A posibilidade de que Dinamizadores que se queden sen lugar de traballo se poidan incorporar a outros lugares novos que se unan a Rede.
3º- Informarásenos de cada paso que se dea.
4º- Faranse reunións entre a Coordinación e os Dinamizadóres para favorecer a maior fluidez na comunicación.
Remito a NOTA do comezo do artigo ós que estean contentos con estes 4 puntos e non queiran seguir lendo.
Agora vou comezar a ler o texto mais polo miúdo, dicir que mentres o lía asaltoume un FlashBack remitíndome a aqueles 3 meses que estivemos sen traballar mentres se negociaba con concellos e entidades e que despois derivou na nosa contratación pola Fundación.
No comezo do texto recalcase o noso traballo e que todo o mundo esta supercontento con nos, gracias.
O que non me sorprende, xa o adiantaramos dende este Blog, e que pretendan xuntar a Rede de Dinamización coa CMG, pero o que me deixa descolocado e o motivo, "duplicidade do servicio", perdoade pero a CMG e a Rede de Dinamización non dan para nada o mesmo servizo nin funcionan da mesma maneira.
Eu teño visto os cursos que dende a CMG se ofertan e van dende "Creación de programas informáticos", "Deseño Gráfico con Gimp", "Deseño 3D con Blender".
Outra cousa e que dende a CMG ofreza as súas aulas a asociacións (ou a Rede de Dinamización) para facer obradoiros de outro tipo, pero o obxetivo da CMG para nada e o mesmo que o da Rede, así que de "duplicidade do servizo" nada de nada.
"Buscaranse novos destinatarios como as PEMES" aquí xa non sei se rir ou chorar, recordo que ese era un dos obxectivos principais da Rede dende o comezo, pero que pouco a pouco se foi pasando del pola falta de financiamento por parte das asociacións de empresarios e pola deixadez da Rede cos polígonos industriais.
Despois ben un "mais do mesmo", que se nos teñen que contratar os Concellos, que para iso lles damos o servizo a eles, que se tamén nos poderán contratar outras entidades e asociacións empresariais (todo isto xa se podía facer antes, non e novo).
Pretenden que os Concellos ou entidades paguen o 20%, isto xa se tentou e fracasou e foi cando se rompeu cos empresarios.
O tema e este, a entidade contrátanos, pero e a Fundación a que ten todo o control sobre nos. Este tipo de requisitos son os que non lle soen gustar nin a Concellos nin a Empresarios nin a ninguén, porque se son eles os que nos contratan eles terían que ter polo menos algo de control sobre nos, e non teñen nada. Non digo que me guste que me controlen dende a entidade, pero a ninguén lle gusta que lle dean ordes na súa propia casa e menos os empresarios.
Esquecíame o de que para que un Concello nos contrate ten que ser previo concurso publico, a ver como arranxan ese tema e seguen mantendo a "transparencia".
Tamén esta o de ampliar a rede a 90 aulas, fácil so tes que engadir as que xa temos as da CMG, o malo e topar dinamizadores para esas aulas, pódese contar con dinamizadores que tiveron que deixar o proxecto por problemas coa entidade, e espero que se faga iso, espero que non actúen coma ata agora colocando a dedo a xente que non ten nin o curso de Dinamizador feito, non digo que por ter o curso séas mellor ou peor, pero e un requisito que considero imprescindible.
A min este paragrafo paréceme reseñable, aínda que o comentei antes:
"Igualmente se nos anuncia que isto non significa que a Fundación non se reserve a capacidade organizativa á hora de non darlle continuidade a postos de traballo que non cumpran os mínimos que considere esixibles."
O monstro dos cupos mínimos segue observándonos dende a escuridade, así que non vos botar a durmir durante estes meses non vaia ser que o voso Concello teña pensado contratarvos e vos bote a rede por publicar unha nova de menos no xornal.
Dáme a risa o das reunións con Coordinación, o da información de cada paso e o da transparencia en xeral, a cantos de vos vos informou coordinación de algo (comité de empresa, negociacion coa FEGAMP), non e que nin eles mesmos saben nada. No texto tamén se ve que Coordinación seguira como esta, cousa que non me sorprende, so hai que ver o ben que nos teñen controlados.
E para rematar dicirvos que non vos esquezades do Comité de Empresa que estamos pendentes de facer, que hai si que se vai saber todo, eu do que se diga en reunións coma esta que non son vinculantes, nas que podes prometer o ouro e o mouro e non tes que dar explicacións ríome e moito. Cando este definido o comité de empresa será cando teñamos todas as cartas sobre a mesa, ou iso espero.
Se algo me esquece facédemo saber nos comentarios, gracias a todos por leerme ata o final.
viernes, 27 de noviembre de 2009
Case nada novo baixo o sol.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
34 comentarios:
Ola xente.
Adoito absterme de comentar neste blog pero, vendo que ninguén comparte a que e a miña opinión sobre as últimas novas que estamos a ter, apetéceme compartila con vós, aínda que sei que a moitos deses que viven no páis da gominola, calle da piruleta, non lles vai gustar nada, pero eu dígoa igual e cada quen que xuzgue e, se cre oportuno, reflexione.
Agora o goberno galego ten unha gorda armada co consorcio, que aparece tódolos diás nos medios, e o que menos quere é armar outra distinta por iso, en ningún momento, se lles pasaría pola cabeza botar a todos os da rede de dinamización á rúa.
Van unir as dúas redes, e para iso agora mesmo precisan xente, polo que tampouco se poderían permitir esta opción por moito que lles poña. Somos moita peña de dinamizadores e non nos van votar a todos, entre outras cousas por loxística: non é tan fácil volver contratar outros 50 (ou 90, se segue ese suposto e marabilloso plan de expansión en marcha).
Ademais, primeiro caen as cabezas e non os brazos, xa se sabe, e a nosa xa está bastante decapitada: Marcos en agosto non lle renovaron, a pesar de ser un histórico da Rede, Marta e Julián chimpados á rúa sen máis en setembro, Lucía que xa pirou (non sei exactamente cando, pero xa debe haber uns bos días) e as outras dúas, María e Iria, que o van facer en breve.
E por que votan/non renovan a xente que xa coñece a situación e fai, polo menos para min, o seu traballo ben? Pois para ir introducindo cambios e xente nova, xente á que escollan eles. Da vella coordinación só van quedar catro persoas en menos de nada, e creo que, en breve, xa non estará ningunha. Por que o van facendo progresivo? Para que os novos se vaian adaptando. Probablemente en breve virá xente nova, como veu a rapaza esta (non sabemos se bolseira ou contratada; isto último tería delito).
Se na coordinación, que son catro gatos, é tan progresivo e leva tampo, no que se refire ós dinamizadores vailles levar maís, está claro. Pero eu creo que se fará, non o dubidedes, e xa nos podemos poñer as pilas canto antes.
Isto último é bastante utópico, seino, porque aquí cada un só mira polo seu cu. Alguén protestou por que non renovaran a Marcos?? NOOOOOON. Alguén dixo algo polo despedimento de Marta e Julián?? NOOOONN. Alguén dixo algo de Lucía? NOOOON. Alguén di algo por Maria e Iria? NOooooN. Alguén se extraña de que contraten a outra? NOOOON. Como son de coordinación, dános igual que se vaian á rúa, que estean jodidos ou non, porque só miramos por nós. Non digo que isto estea mal, tampouco eles miran por nós, está claro, pero eu só opino que cando vexas as barbas do teu veciño cortar, pon as túas a remollar...
Só nos preocupamos de nós e dános igual que os voten a eles, chúpanos un pé, mentres nos teñamos un soldo a final de mes, pero se colocar a 10 na coordinación é moi apetitoso, imaxinádevos cantos amigos se farán colocando a 90 dinamizadores... hmmm... rico, rico!! Votos frescos, contantes y sonantes!
Pero bueno, a estas alturas e coa mala/nula relación que hai aquí, pedir solidariade, que nos unamos, que loitemos polo noso, non creo que sirva de nada. Sen embargo moito me temo que imos acabar acordándonos disto, pero para cando deixemos de mirar só polo noso cu, xa será tarde, porque os teremos todos na rúa, e de verdade que espero que non sexa así, porque a pesar das cousas malas, a min encántame o meu traballo.
Un saúdo
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=354&idNoticia=492531&idEdicion=1448 e http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Benestar/entrega/gestion/privada/centros/mayores/elpepiautgal/20091128elpgal_4/Tes
Ola a tod@s, estou totalemnte da cordo co primeiro comentario.
Dende a miña humide opinión e unha lástima que persoas xoves como somos os dinamizadores non fagamos nada polo noso futuro e teñamos tanto medo a represarias.
Nunca pensei que isto rematara así.
Os dinamizadores baixando a cabeza e de brazos cruzados. Pero xa o teño asumido. Non hai unión ningunha. Nin nós unimos para loitar polo noso posto de traballo.
que decepción!
http://imit.xunta.es/portal/
Nvo portal da secretaria
http://imit.xunta.es/portal/
Tampoco os perdais esto: https://imit.xunta.es/export/sites/imit/descargas/Guxas_fondos_FEESL.pdf
Ese documento está fatal escrito. Párrafos en castelán, párrafos en galego... Despois falarán de nós! Vaia vergoña se o mandaron así.
Ó contido xa non entro porque non teño palabras...
a que si jajajaja es para romperse
Solo queria comentarvos que podedes contar cos antigos ex-dinamizadores, si aqueles que non renovaron, aqueles que no momento no que ían ser contratados o goberno decidiu que non eramos necesarios!!!! Tedenos en conta para facer presión, recoller firmas ou o que seña!!! Nos queremos tomar parte nese proceso!
ë que si exisen unha formación de dinamizador e vos a tedes, sería o normal.
En relación o primeiro comentario de esta entrada, e o terceiro que o apoia en todo o seu esplendor.
Primeiro dicir que estou de acordo con parte do teu texto, o de que non nos van botar a todos por non ter outro follon coma o do consorcio, no de que e difícil sacarse 90 persoas da manga e sobre todo no de que me chupa un pé (aínda que e mais galego o de impórtame catro carallos) o que fagan en coordinación ou o que deixen de facer.
Véxote informado@ si señor, pareces desas persoas que lees moito antes de escribir, alguén reflexivo. Estas moi o tanto de todo o que pasa en coordinación pero vexo que non moito do que pasa no mundo dos Dinamizadores, o mellor sorprendente as reunións que se van facer de Dinamizadores en toda Galicia, o venres pasado tiveron unha en Santiago, pero claro de iso non te enteraches verdade, o mellor había que ir a buscarte a casa e levarte da man.
Adoitas absterte de cometar no blog e o dia que o fas non dis nada novo, nada interesante e encima non te informaches o mais mínimo da TÚA propia situación e da dos teus compañeiros.
Seguro que te chegou un correo electrónico a túa conta, o mellor pasaches del, recoméndote que o leas.
O que eu che diga: sigue habendo dinamizadores que non se enteran ou que definitivamente non se molestan en enterarse.
Como dis ti, DinamizadorX, gústame falar sabendo, na medida do posible, do que falo, e ó mellor se falo das reunións é porque me apunto a elas e as vivo en todo o seu esplendor e concurrencia... que se ben pode estar a aumentar, ségueme a parecer insuficiente
Dinamizador X dime quen eres para votarte para que formes parte do comité de empresa, sempre estás tan informado fillo... Son unha "fan" túa.
Bueno tamén hai outra persoa que está moi enterada pero xa sei quen é, jeje. Saudiñooooossss
Xa hai rumores dun novo laudo en contra do proceso electoral, a min non me sorprende nadiña. Non me sorprendería nin sequera que o laudo dictamine que temos que ir no mesmo proceso que o resto de traballadores da fundación. O interese é que non teñamos comité e, por tanto, órgano que nos represente.
Foise a persoa máis válida para min de coordinación.
Espero que teña moita sorte.
Pois si. María para mín foi moi "maja" e sempre que podía axudaba.
Tanto en trato como en eficacia e dilixencia, dende logo, era das persoas que mais apreciaba neste proxecto, ou mellor dito, das poucas.
I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^
非常感謝你罕見的貓
No te jode..
ánimo para María que sempre me transmiteu bo rollo no traballo, ao contrario dos demais...
A verdade é que era unha súper curranta, que non che devolvía as cousas corrixidas antes de que llas mandaras porque sería imposible, que senón...... e sempre explicando todos os cambios con bos modos. Que lle vaia bonito, por aquí botaráselle de menos
A verdade é que en Coordinación houbo persoas moi validas no seu traballo con nós.
Estaré sempre agradecida polo seu esforzo e dedicación, estou a falar de Maria e de Julián, grazas compañeiros e boa sorte.
Que teñades todas e todos boas festas!!! Comezan as vacaciónsss!!!
E convocan unha reunion informativa nun día laborable e nun horario no que , obviamente, case ningunha podemos ir....
Pero digo eu, si nos convocan será porque temos que ir non?
bueno, o pincho non o perdo
"Pero digo eu, si nos convocan será porque temos que ir non?"
A min non me comunicaron en ningún momento que teña ese día libre ou que poda coller horas para ir
A min Carme me dixo que podiamos coller horas como xq é unha convocatoria. Se non te comunicaron nada é porque tampouco preguntaches
Perdoade que me meta no tema, pero eu penso que deberian indicalo, non ti preguntalo. Tamen moitas veces invitan a ir a otros temas (xornadas, conferencias...) as que evidentemente non podemos asistir polo noso horario e non nos dan nin dias nin horas para acudir.¿ou seria que non preguntamos tamen?
Ola , alguén sabe onde vai ser a xuntanza e se temos que ir traballar antes ou despois dela.
Un saúdo e graciñas a todos
A xuntanza creo q é no mesmo sitio onde nos fixeron a entrevista despois de rematar a bolsa.
Sobre se temos que vir antes ao traballo, nin idea, mandeille un correo a Carme pero non contestou. O certo é que para os que estamos lonxe de Santiago é unha putada desprazarse ao traballo por 1 hora ou así, o seu sería que nos comunicaran algo pero, en cosas de palacio...
Ola xente, que vades a facer maña, vades ir traballar antes de ir a reunión?
A Xunta avanzou que fusionará as redes de telecentros actuais en resposta a unha interpelación parlamentaria do BNG
http://codigocero.com/A-Xunta-fusionara-as-redes-de
Publicar un comentario