ADVERTENCIA O LECTOR:
Todo o que vas ler aquí son datos verídicos e comprobados in situ sobre Galinux, así que se te apetece trollear esta e a túa.
Boas amig@s Dinamizadores, aquí vai outro artigo sobre Galinux, vai ser pequeno porque se refire a un detalle, aínda que penso que e importante, posto que como todo o que ten que ver coa administración sae dos petos de todos nos.
Fai mais ou menos mes e medio, chegoume unha actualización para o Galinux, instaleina sen problema, saíu en mancomun a nova e todo, pois ata aquí todo ben, pero fará dúas semanas ou así mais ou menos, saltoume o aviso de actualizacions de Ubuntu dicíndome que había unha nova do paquete Araos, e como e lóxico dispúxenme a baixala, cando me vexo co detalle de que non se pode, non me deixa nin baixala nin quitala de hai, por non poder non podo nin marcala.
Que se supón que e iso, deille tempo para que o arranxaran e paréceme que foi bastante.
Cal pode ser o fallo,e problema do meu Galinux ou pasouvos a todos, ou e que xa se pasa de todo e o carallo "o noso proxecto non vai ter financiación, pois os usuarios que confiaron en nos que lles dean".
miércoles, 1 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Este erro foi común para usuarios de Ubuntu, eu non teño Galinux e tiven o mesmo problema. A informarse antes de falar jajaja ignorantón
Ataque Troll xa de mañan pero e que Mordor non descansa.
Bueno pois logo o problema non e de Galinux e de Araos, que ven sendo o mesmo ou peor, porque supostamente faino a comunidade e non a xunta, asi que si a sua propia comunidae pasa de todo non sei onde vai parar esto.
Dime ti onde me podo informar porque eu poño en google "Erro en Galinux", "Erro actaluzacion Galiux" e cousas asi e non sale naaadaaaa.
Por certo amigo Troll coidado non che dea o sol pola mañan que vos transformades en pedra.
Bueno,que a comunidade lle dea as costas ao galinux non é algo novo. Eu creo que con todos os cartos que investiron ben podían ter potenciado Trisquel, que está moi recoñecida na comunidade e incluso recomendada pola GNU/FSF .
Mimadriña, que alguén que non sexa eu fale por fin de Trisquel en este blog, éncheme de orgullo e satisfacción, este ultimo comentario non podería ter mais razón.
E volvendo o primeiro comentario, ben ben amiguiñ@, pola maña contestei pero como non tivera tempo a documentarme pois non quedou todo o completo que me gustaría.
Vou comezar.
-Nin Galinux nin Araos teñen un miserable foro no que os usuarios poidan dar a súa opinión sobre o produto, nin consultar as dubidas e os problemas (así que contaras como te entearches de que e un erro tan común).
-Despois de moito buscar deime conta que a única maneira de atopar algo e entrar nun wiki de mancomun no que non hai nada medianamente útil.
Isto lévame a varias posibilidades:
-Pertences a pechada rede de usuarios de Araos que poden postear nas listas de correo de mancomun, e falaches con eles sobre ese erro.
-Ti e varios dos teus amig@s instálachevos Araos e falaches con eles de ese erro.
-No teu posto de traballo se usa Ubuntu con Araos e todos tendes ese problema (en que lugar coñecido por todos pasa isto).
Pois iso, vivirei na ignorancia, pero e todo gracias a campaña de desinformación na que se ven metidos estos proxectos.
E non esquezas dicir como te comunicas cos demais usuarios de Araos, se hai Blogs, foros ou algo.
Gracias de antebrazo.
Publicar un comentario